Antón Santamarina

Antón Luís Santamarina Fernández, nado en San Martín de Suarna (A Fonsagrada) o 18 de febreiro de 1942, é un lingüista galego, catedrático de filoloxía románica na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega. É un experto en lexicografía recoñecido internacionalmente.

Antón Santamarina
Antón Santamarina
Nacemento18 de febreiro de 1942
 San Martín de Suarna
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónlingüista e catedrático de universidade
CónxuxeMaría do Carmo Ríos Panisse

Traxectoria profesional

Estudou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, graduándose en 1967 coa memoria de licenciatura Vocabulario del Valle del Suarna e doutorándose en 1973 coa tese doutoral El habla del valle de Suarna, sobre os dialectos orientais do galego e en concreto da lingua falada en San Martín de Suarna, tese dirixida polo profesor Constantino García.

Profesor adxunto interino desde 1967[1], compaxinou o cargo de profesor da Universidade de Santiago, por oposición desde 1975, co de secretario do Instituto da Lingua Galega entre 1971 e 1991. En 1991 foi elixido polo consello científico director do Instituto da Lingua Galega, deixando este cargo no 2005.

Foi tamén secretario do departamento de Lingua Galega na Xunta preautonómica en 1979, cargo que lle permitiu comezar coa implantación do ensino do galego na EXB e o BUP. Desde 1979 é secretario da Comisión de Toponimia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En 1983 gañou a cátedra de Filoloxía Románica en Cádiz pero permaneceu na Universidade de Santiago, obtendo a cátedra nesta en setembro dese mesmo ano. Entre 1992 e 1997 foi vicepresidente do Consello da Cultura Galega.

O 24 de outubro de 1998 ingresou na Real Academia Galega co discurso A linguaxe e as linguas: Ramón Piñeiro revisitado ós 30 anos do seu ingreso na Real Academia Galega.[2] Foi presentado por Marino Dónega Rozas e Carlos Casares Mouriño.

Foi codirector, con Manuel González González, do Dicionario da Real Academia Galega do 2012.[3]

Casou con María do Carmo Ríos Panisse.

Obra

Biblioteca Básica da Cultura Galega, 19, Cántigas populares, Dorothé Schubarth e Antón Santamarina
Cántigas populares, BBdCG.

Xa en 1971, xunto a Guillermo Rojo, Ramón Lorenzo e José Luis Couceiro, publicou os libros de texto Galego 1, 2 e 3 (1971-1974). Neste último ano comezou a dirixi-la revista Verba. Anuario galego de Filoloxía, desde o primeiro número ata o nº 13, en 1986, data na que pasou a se-lo Secretario desta publicación.

Participou en numerosas obras colectivas fundamentais na fixación do estándar e na pescuda lexicográfica e etnolingüística galega. Así, participou na elaboración da primeira edición das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982); coescribiu o Cancioneiro popular galego que elaborou con Dorothé Schubarth; colaborou e dirixiu o Atlas lingüístico galego (1987-2003); coordinou, xunto a Constantino García, o Diccionario da lingua galega editado pola Real Academia Galega-Instituto da Lingua Galega (1990); e foi coordinador, xunto a Manuel González González, do Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa), editado tamén pola Real Academia Galega-Instituto da Lingua Galega en 2004 [4].

Desde 1986 dirixe desde o ILG o Tesouro Informatizado da Lingua Galega, unha base de datos con máis de once millóns (11 409 358 en novembro de 2007) de rexistros extraídos de textos publicados desde 1612 á actualidade.

Dirixiu o Dicionario de dicionarios, editado en 2000 en formato electrónico polo Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié, patrocinado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A terceira edición (2003) contén máis de 300.000 entradas extraídas de 25 dicionarios e vocabularios editados ou inéditos, así como de textos de Martín Sarmiento.

Notas

  1. VV.AA. Cada palabra pesaba, cada palabra medía: homenaxe a Antón Santamarina. USC, 2008, páxina 20
  2. Ligazón ó discurso no sitio web da RAG
  3. Créditos do Dicionario da RAG
  4. Sen esquecer a súa dirección na versión anterior do VOLGa, inédita e que circulara anos atrás como fotocopia en mans de tódolos que traballaban na lingüística en Galicia.

Véxase tamén

Ligazóns externas

16 de novembro

O 16 de novembro é o 320º día do ano no Calendario Gregoriano e o 321º nos anos bisestos. Quedan 45 días para rematar o ano.

18 de febreiro

O 18 de febreiro é o 49º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 316 días para finalizar o ano, 317 nos anos bisestos.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Antón Santamarina Delgado

Antón Santamarina Delgado, nado en Melilla o 16 de novembro de 1928, é un escritor e político galego.

Diccionario gallego

O Diccionario gallego é un dicionario bilingüe galego castelán de 10.943 voces coas definicións en castelán, elaborado por Xoán Cuveiro Piñol e publicado en Barcelona en 1876. Constitúe o primeiro dicionario galego pancrónico.

Diccionario gallego-castellano (1863)

O Diccionario gallego-castellano é un dicionario bilingüe galego castelán de 3.834 entradas definidas en castelán elaborado por Francisco Javier Rodríguez Gil e publicado postumamente por Antonio de la Iglesia en 1863 na Coruña como suplemento da revista Galicia. Revista Universal de este Reino. Constitúe o primeiro dicionario galego moderno.

Diccionario gallego-castellano (1884)

O Diccionario gallego-castellano é un dicionario bilingüe galego castelán de 10.600 voces coas definicións en castelán, elaborado por Marcial Valladares e publicado en 1884 en Santiago de Compostela.

Comezou a papeletizar en 1850 e rematou en 1869. Valladares continuou recollendo léxico con posterioridade á publicación do seu Diccionario e consérvanse cinco apéndices: un asinado en 1886, dous sen data, un "Nuevo suplemento al Diccionario Gallego-Castellano" de 1896, e un "Nuevo Apéndice al Diccionario Gallego-Castellano" en 1902. A partir de todo isto, Antón Santamarina inclúe un total de 16.082 voces no seu Diccionario de diccionarios.

Dorothé Schubarth

Dorothé Schubarth nada en Basilea en 1944, é unha musicóloga e compositora suíza, onde fixo estudos musicais, ampliados logo en Colonia e Múnic. Rexistrou, xunto con Antón Santamarina, o Cancioneiro Popular Galego.

Francisco Fernández Rei

Francisco Fernández Rei, nado en Fefiñáns (Cambados) o 30 de novembro de 1952, é un filólogo galego. Exerce a docencia na USC, sendo catedrático de Filoloxía Románica desde 1992.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Instituto da Lingua Galega

O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971 para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega, tanto na súa primeira elaboración, de forma conxunta coa Real Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG .

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel González González (filólogo)

Manuel González González, nado en Beba (Mazaricos) o 25 de outubro de 1951, é catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

María do Carmo Ríos Panisse

María do Carmo Ríos Panisse, nada en Santiago de Compostela o 18 de maio de 1946, é unha filóloga galega.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Rosario Álvarez Blanco

Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela). É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega, converténdose na primeira muller en presidilo.

VOLG

VOLG (habitualmente pronunciado /bolga/) é o acrónimo do Vocabulario ortográfico da lingua galega. Se as NOMIG son as prescricións ortográficas e morfolóxicas da RAG e do ILG, asumidas por lei, o VOLG consiste na súa aplicación. Malia circular en copias privadas durante anos, no ano 2004 por fin apareceu publicado oficialmente en papel por estas dúas institucións baixo a coordinación de Manuel González González e de Antón Santamarina Fernández, co cal se creou a base normativa de facto (non de iure) para calquera obra lexicográfica xeral do galego.

Vogal temática

A vogal temática é un constituínte da flexión verbal que permite a clasificación dos verbos en conxugacións. Está situada entre a raíz verbal e o sufixo modo-temporal, se ben non tódalas formas do paradigma verbal teñen vogal temática, é o caso do presente de subxuntivo.

Así a todo, hai diverxencias en canto á consideración da entidade ou localización da vogal temática. Tres son as interpretacións que se fan da mesma:

a vogal temática é parte do radical,

a vogal temática é independente da raíz e do morfema modo-temporal

a vogal temática é parte do morfema de modo e tempo.Na análise da flexión verbal do portugués, Mattoso Câmara segmenta catro constituíntes:

o radical (R), formado por un morfema lexical que pode levar morfemas derivacionais;

a vogal temática (VT), que amplía o radical e serve para clasificar morficamente os verbos;

o sufixo modotemporal (SMT), con amálgama das nocións gramaticais de modo e tempo;

o sufixo número-persoal (SNP), onde están amalgamadas as nocións de número e persoa do suxeito.Os dous primeiros constituíntes forman o tema (T) e os outros o sufixo flexional (SF).

Na descrición sincrónica do verbo galego realizada por Antón Santamarina aplícase o método proposto por Mattoso Câmara, con idéntica segmentación e consideración da vogal temática verbo dos outros tres constituíntes. E o mesmo se fai na Gramática Galega.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.