Antón Lamazares

Antón Lamazares Silva, nado en Maceira (Lalín) o 2 de xaneiro de 1954, é un pintor galego da xeración dos '80. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.[1]

Antón Lamazares
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Lamazares berlin 2005
Lamazares en Berlín, 2005.
NomeAntón Lamazares Silva
Nacemento2 de xaneiro de 1954
 Lalín
NacionalidadeEspaña
EidoPintura
MovementoExpresionismo, abstracción

Estilo

Nas súas obras, feitas sobre madeira e cartón, crea unha linguaxe propia a partir da experimentación con vernices e outras materias. O estilo de Lamazares evoluciona dende un inicial expresionismo lúdico, avanzando cara o informalismo e a abstracción, cunha deriva minimalista na súa última etapa, na que acolle o diálogo entre alma e memoria, e tamén entre sensualidade e espiritualidade, onirismo e poesía. Con unha consolidada proxección internacional, as súas pezas foron expostas en numerosas cidades de distintos continentes, e está tamén presente nas coleccións dos grandes centros da arte como o Museo Nacional Reina Sofía, o Centro Galego de Arte Contemporánea ou o Museo de Arte Contemporánea de Madrid, así como nas máis importantes coleccións privadas e en fundacións.

Traxectoria

Galicia, 1954-1977

Pieza de serie lamazares
Pezas das series Sueño e colorao e Titania e Brao.

Lamazares nace o 2 de xaneiro de 1954 en Maceira, aldea de Lalín (Pontevedra, Galicia); o contorno rural da súa infancia déixalle unha fonda pegada no seo imaxinario e no seu proceso creador. Pasa gran parte dos seus estudos internado no convento franciscano de Herbón, entre 1963 e 1969; durante eses anos entregase á lectura fervente de textos literarios, sobre todo dos clásicos grecolatinos. A finais dos sesenta comeza a escribir poesía, e comeza unha amizade co escritor Álvaro Cunqueiro, e tamén cos pintores Laxeiro e Manuel Pesqueira, que se converterán nos seus primeiros referentes plásticos. A súa vocación creadora comeza a desprazarse cara á pintura, optando pola formación autodidacta. Neste sentido será crucial a súa longa viaxe de 1972 por distintos países europeos para estudar de primeira man a pintura dos mestres que venera: Van Gogh, Paul Klee, Rembrandt e Joan Miró, aos que logo se sumarán Antoni Tàpies, Manuel Millares, Alberto Giacometti ou Francis Bacon, así como a arte oceánico e a medieval.

Á volta quédase en Barcelona, onde traballa como obreiro da construción e estuda os seus centros de arte, especialmente as coleccións de arte románica do Museo Marés e o Museo Nacional de Arte de Cataluña. Despois viaxa a Madrid, onde se reencontra co seu mestre, Laxeiro, e onde coñece o poeta Carlos Oroza, amizade que será esencial para o pintor: o intercambio entre pintura e poesía será unha constante en toda a súa obra.

No 1973, con 19 anos, empeza a expoñer as súas obras en exposicións tanto colectivas (as da Praza da Princesa auspiciadas polo concello de Vigo) como individuais (en 1974 realiza a primeira exposición individual en Compostela). No ano 1975 ingresa na Infantería de Mariña, en Ferrol. O 27 de setembro dese mesmo ano sorpréndeo a noticia dos últimos fusilamentos do franquismo, tralo proceso de Burgos; un dos reos executados é o seu amigo Humberto Baena, pontevedrés de 24 anos. Lamazares cae nunha fonda depresión e é internado na área de psiquiatría, durante ese período escribirá o seu poemario Adibal.

Madrid-Nova York, 1978-1989

Exposición en la Galería Nacional de Jordania
Mauro, de Gracias vagabundas, na Galería Nacional de Xordania.

En 1978 traslada a súa residencia a Madrid, onde traba unha estreita amizade co pintor Alfonso Fraile, e tamén coa galerista Juana Mordó,[2], o crítico de arte e poeta Santiago Amón, e co neurólogo Alberto Portera, figura aglutinadora dun amplo grupo de artistas –escritores, cineastas, músicos e pintores– que se xuntaban as fins de semana na súa herdade de Mataborricos, onde Lamazares realiza unha exposición ao aire libre en 1979. Ese mesmo ano coñece persoalmente a Joan Miró, e viaxa pola Provenza para reencontrarse coa paisaxe de artistas como Van Gogh, Picasso, Cézanne ou Matisse.

Os anos oitenta son de intenso traballo e tamén de gran proxección: antes de cumprir os trinta, a obra de Lamazares xa ten un espazo propio no panorama español e no exterior. Nas súas obras proxecta figuras de alento lúdico e onírico, de liña expresionista, cun potente cromatismo e unha poderosa orixinalidade. Está na primeira edición do Grupo Atlántica, en Baiona, en 1980. Expón a súa obra coa galería Juana Mordó en Madrid, con Elisabeth Franck en Bélxica e a sala Gaspar en Barcelona.[3] De seguido trasladase a Nova York, onde está dous anos cunha bolsa de estudos Fulbright, evoluciona cara unha concepción mais depurada e matérica, que expón na galería neoiorquina Bruno Fachetti.[4] Comeza a saltar fronteiras e expón en Buenos Aires, ese mesmo ano. Consegue bolsas e é seleccionado para mostras moi restritivas, no Museo de Arte Contemporánea de Madrid. A súa obra viaxa a Brasil, Alemaña, Francia etc.

Comparte a súa residencia entre Nova York e Salamanca, e no 1988 viaxa por Asia Menor –para visitar o templo de Didima, como homenaxe ao Hiperión de Hölderlin– e a Istambul onde o impresionan e fascinan as igrexas bizantinas e a súa imaxinería, que se pode entrever nas obras que presenta na galería Miguel Marcos, creadas por xustaposición de madeiras.[5] En 1990 prepara unha nova serie de pezas, creadas e pensadas para seren vistas por ambos os lados, que chama bifrontes.

París-Madrid, 1990-2003

Lamazares leyendo en su taller
Antón Lamazares no seu taller.

Instálase en París durante 1990 e 1991, cunha bolsa da Cité des Arts, en 1991 abre un gran taller en Madrid, onde traballa nas series Gracias vagabundas e Desazón de vagabundos.[6] En 1993 coñece persoalmente a Tàpies, e publica unha extensa entrevista que realiza co motivo de recibir este o León de Ouro da Bienal de Venecia. Invitado polo CGAC, de maio a novembro de 1996 permanece en Galicia e pinta a serie Gracias do lugar: Eidos de Rosalía, Eidos de Bama.[7] De xuño a novembro do 1997, en Santa Baia de Matalobos (A Estrada), pinta ao aire libre Bés de Santa Baia. Ese ano coñece o escultor Jorge Oteiza, con quen mantén unha conversa de varias horas que é filmada pola cineasta Chus Gutiérrez. En 1998 pinta en Madrid a serie Titania e Brao, unha homenaxe ao verán de Castela, e despois pinta a serie Pol en Adelán.[8][9]

Realiza tamén tarefas de arte gráfica, como os gravados que acompañan cinco textos de Gustavo Martín Garzo no libro do artista El Canto de la Cabeza (Galería Sen, Madrid), ou as litografías que acompañan o Itinerarium de Egeria (Raíña Lupa, París), nomeado libro do ano en Francia polo Le Monde diplomatique. En 2001 realiza unha magna exposición na Estación Marítima da Coruña, baixo o título Un saco de pan duro.[10]

A súa obra é seleccionada para a promoción internacional polo programa Arte Español para o Exterior do Ministerio de Asuntos Exteriores (SEACEX), xunto coa doutros artistas españois como Antonio Saura, Martín Chirino, Hernández Pijuan, Millares, Pablo Serrano, Oteiza ou Tàpies. Lamazares viaxa a Florencia e Asís, para acercarse a algunhas pezas da arte renacentista, e tamén ao universo de San Francisco, ao que lle dedica a súa nova serie Follente Bemil.[11][12][13]

Berlín, dende 2004

Detalle de la serie Domus Omnia
Exposición de Domus Omnia en Santiago de Compostela, 2009.

Traslada a súa residencia a Berlín, onde vive dende 2004. Trala morte do seu pai, comeza a serie E fai frío no lume. Ten grandes exposicións en Eslovenia, e tamén no museo (igrexa) Kiscelli de Budapest (Hungría).[14][15]

Detalle de la exposición Lamazares NY
Exposición en Nova York, 2009.

Dedícase despois á serie Domus Omnia,[16] e colabora cos seus gravados noutros dous libros de artista, con poemas de Oroza: Desexo sen Trámite, cunha serigrafía (Augatinta, Vigo) e Un sentimiento ingrávido recorre el ambiente, con cinco litografías (Raíña Lupa, París).[17][18]

En 2008 expón Horizonte sin dueño na galería Nacional de Xordania (Amán) e unha antoloxía da súa obra gráfica no Instituto Cervantes de Damasco (Siria), onde o poeta Taher Riyad lle dedica o seu poemario Cantos de Lamazares. En 2009 expón a súa obra en Nova York –no Queen Sofia Spanish Institute–,[19] e tamén en Ourense, no Centro Cultural da Deputación.[20] Participa tamén nunha exposición itinerante dedicada ao poeta Vicente Aleixandre, e recibe o premio Laxeiro pola súa traxectoria e proxección internacional. En 2010 expón a súa obra na Igrexa da Universidade, en Santiago de Compostela, e tamén en Tui, no festival internacional de cine –Play-Doc– preséntase a longametraxe Horizonte sin dueño,[21] realizada polos irmáns Nayra e Javier Sanz (Rinoceronte Films), un percorrido polo universo da pintura, da poesía e da natureza, a través da mirada de Antón Lamazares.

Notas

  1. Medallas Castelao para Luz Casal e César Antonio Molina Arquivado 28 de xuño de 2010 en Wayback Machine.
  2. "Juana Mordó, una vida por el arte español". El País (en castelán). 15 de marzo de 1984.
  3. Spiegel, Olga (22 de xaneiro de 1987). "Antón Lamazares: "Cuando pinto trato de expresarme con cosas mínimas, y tocar el alma"". La Vanguardia (en castelán). p. 37.
  4. Saura Medrano, Antonio (19 de abril de 1988). "Chirino y Lamazares exponen en Nueva York". El País.
  5. Castaño, Adolfo (16 de novembro de 1989). "Fieles a su propia sangre". ABC (xornal) (en castelán). p. 49.
  6. Castilla, Amalia (23 de setembro de 1995). "Utilizo la pintura a bofetadas". El País (en castelán).
  7. Hermida, Xosé (19 de xullo de 1996). "Lamazares presenta un montaje "poseído por el hábitat" de Galicia". El País (en castelán).
  8. Díaz-Guardiola, Javier (11 de novembro de 2000). "Antón Lamazares: "A mi pintura hay que acercarse a gatas, con mirada de niño"". ABC (xornal) (en castelán). p. 36.
  9. Castro Flórez, Fernando (11 de novembro de 2000). "Territorios de la emoción". ABC (xornal) (en castelán). p. 36.
  10. Estévez, Jose Luis (29 de decembro de 2001). "Apoteosis del exceso". El País (en castelán).
  11. Huici, Fernando (29 de novembro de 2003). "Canto de la carne". El País (en castelán).
  12. Solana, Guillermo (04 de febreiro de 2019). "El Kama-sutra de Lamazares". El Cultural (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 04 de febreiro de 2019.
  13. Castro Flórez, Fernando (13 de decembro de 2019). "La carne no es triste". El Cultural ABC (xornal) (en castelán). p. 28.
  14. Estévez, José Luis (31 de maio de 2007). "Los demonios interiores de Lamazares asaltan el museo Kiscelli de Budapest". El País (en castelán).
  15. "Exhibition - The exhibition of the painter Antón Lamazares from Spanish - Museum.hu". www.museum.hu (en inglés). Consultado o 04 de febreiro de 2019.
  16. "Antón Lamazares expone en SCQ la serie «Domus Omnia»". La Voz de Galicia (en castelán). 05 de xuño de 2009.
  17. Cuíñas, Teresa (16 de setembro de 2007). "Carlos Oroza reaparece con un libro ilustrado por Antón Lamazares". El País (en castelán).
  18. "Un sentimiento ingrávido entre Lamazares y Oroza". Faro de Vigo (en castelán). 14 de setembro de 2007. Consultado o 04 de febreiro de 2019.
  19. PAto, Alfonso (22 de novembro de 2009). "Filmando a Lamazares". El País (en castelán). "Anton Lamazares at Queen Sofia". Village Voice (en English).
  20. Huete, Cristina (29 de xaneiro de 2010). "A construción da alma de Antón Lamazares". El País.
  21. Torres, Mónica (18 de marzo de 2010). "Un documental sobre el pintor Antón Lamazares levanta el telón de la sexta edición del festival de cine de Tui". La Voz de Galicia (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

  • AMÓN, Santiago, "La pintura de Lamazares y la luz crepuscular", Lamazares 1978-1986, A Coruña, Durán, 1986.
  • CALVO SERRALLER, Francisco, "La musa en cueros", Madrid, Montenegro, 1986; "Casa de la pintura", Domus Omnia, Madrid, Álvaro Alcázar, 2007.
  • CASTRO, Fernando, "Fragmentos de un texto que no pude escribir", Antón Lamazares. Un saco de pan duro, A Coruña, Ayto. de La Coruña, 2001.
  • CASTRO, Luisa, "Alma en lunes o la noche de las estrellas que brillan poco", Antón Lamazares. Alma en lunes, Ourense, Museo Municipal, 2002.
  • FUENTES FEO, Javier, "Inventar y divulgar nuevos secretos. En torno a la pintura de Antón Lamazares", Lamazares, Madrid, SEACEX, 2005.
  • GABILONDO, Ángel, "Del verde llover", Antón Lamazares. Gracias do lugar, Santiago de Compostela, CGAC, 1997; "Una conversación entre Ángel Gabilondo y Antón Lamazares" (entrevista), Lamazares, Madrid, SEACEX, 2005.
  • LOGROÑO, Miguel, "Todos los ojos del mundo", Reconocimientos. Colección Miguel Logroño, Santander, Museo de Bellas Artes, 2007.
  • MARTÍN GARZO, Gustavo, "Jonás y la calabacera", Antón Lamazares. Iles Quén, Madrid, La Caja Negra, 2000.
  • MIKUŽ, Jure, "La imagen original bajo las capas del palimpsesto de la conciencia", Lamazares, Madrid, SEACEX, 2005.
  • MON, Fernando: "Pintura contemporánea en Galicia". A Coruña, Caixagalicia, 1987.
  • MOURE, Gloria, "Antón Lamazares", Artforum, Nova York, mayo de 1987.
  • MURADO, Miguel-Anxo, "Hermana carne", Follente Bemil, Madrid, Metta, 2003.
  • PABLOS, Francisco: "Plástica galega". Vigo, Caixavigo, 1981.
  • RIVAS, Manuel, "La leyenda de Antón Lamazares", Antón Lamazares, Murcia, Palacio Almudí, 1995.
  • SANDOVAL, Michael, "Antón Lamazares. The Vagabond Shaman", Antón Lamazares, Nova York, Queen Sofía Spanish Institute, 2009.
  • VV. AA.: "Un siglo de pintura gallega 1880/1980". Bos Aires, Museo Nacional de Bellas Artes, 1984.

Outros artigos

Ligazóns externas

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

Francisco Leiro

Francisco Leiro Lois, máis coñecido como Paco Leiro, nado en Cambados en 1957, é un pintor e escultor galego, residente en Nova York desde 1988.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Maceira, Lalín

San Martiño de Maceira é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2010 tiña 123 habitantes (63 mulleres e 60 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 139 habitantes.

Nesta parroquia naceu o pintor Antón Lamazares.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.