Anselmo López Carreira

Anselmo López Carreira, nado en Vigo en 1951, é un historiador galego.

Anselmo López Carreira
Anselmo López Carreira (AELG)-3
Nacemento1951
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
FillosCatuxa López Pato e Sabela López Pato

Traxectoria

Licenciado (1976) e doutorado (1994) en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas, logo de ter traballado en Celanova, Verín, Santiago, Barcelona e Hannover. É tamén profesor titor da UNED en Ourense, catedrático de secundaria e historiador ligado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

Anselmo López é autor dunha ampla obra ensaística de investigación histórica, centrada na historia medieval de Galicia. Tamén é coautor de varias Historias Xerais de Galicia (1979, 1991, 1996 e 1997).

Estivo casado coa poeta e política Chus Pato, coa que tivo dúas fillas: a historiadora Sabela López Pato e a tradutora Catuxa López Pato.

Obra

Ensaio

Anselmo López Carreira
  • A revolución irmandiña (1987), Ourense, Galiza editora. ISBN 84-86129-13-3
  • Os irmandiños: textos, documentos e bibliografía (1991), A Nosa Terra.
  • Ourense no século XV: economía e sociedade urbana no Baixa Idade Media (1991), Vigo, Xerais. ISBN 84-7507-571
  • De Ourense medieval, rexistro de Xoán García, notario do Concello de Ourense, do ano 1484 (1992), Museo Arqueolóxico de Ourense.
  • Padróns de Ourense do século XV Fontes estatísticas para a historia medieval de Galicia (1995), Consello da Cultura Galega.
  • Martiño de Dumio: a creación dun reino (1996), Vigo, Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-044-1
  • A cidade de Ourense no século XV: sociedade urbana na Galicia baixomedieval (1998), Ourense, Deputación de Ourense. ISBN 84-87575-60-9
  • O pleito das fortalezas da cidade de Ourense (1455-1456) (1998), Ourense, Museo Arqueolóxico Provincial. ISBN 84-88522-06-1
  • O Reino de Galiza (1998), A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas S.A., ISBN 84-89976-43-0.
  • A cidade medieval galega (1999), A Nosa Terra.
  • Os reis de Galicia (2003), A Nosa Terra. ISBN 84-96203-27-1.
  • O reino medieval de Galicia (2005), A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, ISBN 84-96403-54-8.
  • Libro De Protocolos De Xoán García, Notario De Ourense (Ano 1490) (2007), CSIC, Madrid, ISBN 8400086023 / 84-00-08602-3 EAN 9788400086022.
  • Ourense monumental (2008), A Nosa Terra.
  • Historia de Galicia (2013), Xerais. ISBN 978-84-9914-532-7.
  • O Miño. Un caudal de historia (2015), Xerais. ISBN 978-84-9914-779-6.
  • Arte e escritura na Galicia medieval. Séculos VI-X (2019). Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-9121-561-5.

Edicións

  • Libro de notas de Álvaro Afonso: Ourense, 1434, 2001, Consello da Cultura Galega. 2ª edición en 2005.

Obras colectivas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Afonso I de Asturias

Afonso I, nado no 739 e finado no 757, foi segundo as Crónicas Afonsinas un princeps (señor territorial) da Cordilleira Cantábrica que viviu na Galicia alto-medieval a comezos do século VIII.

Diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX asignáronlle o recorrente título de rey de Asturias —que motivou pois engadirlle "de Asturias"—, así como o alcume de "o Católico", denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle. Porén, as crónicas árabes denomínano rei de Galicia (Adhfunsh, malik Jilliquiyya).

Aurelio

Aurelio, nado cara ao 740 e finado no 774, foi un nobre galego, que gobernou en boa parte da Galicia alto-medieval desde 768 a 774, segundo as crónicas afonsinas. As súas orixes son un enigma histórico, A Crónica Albeldense non dá ningún dato sobre a súa ascendencia, e a Crónica de Afonso III, escrita máis de cen anos despois explica que era curmán de Froila I, posiblemente co obxectivo de facelo entroncar con Afonso I e a súa mítica liñaxe real dende Leovixildo.

Catuxa López Pato

Catuxa López Pato, nada no Rosal o 22 de agosto de 1973, é unha tradutora galega.

Chus Pato

María Xesús Pato Díaz, máis coñecida como Chus Pato, nada en Ourense o 29 de agosto de 1955, é unha poeta en lingua galega e académica de número da Real Academia Galega.

Comarca

Unha comarca (do latín commarca ou comarcha, á súa vez derivado do termo de orixe xermánica Mark, "confín", "límite", "marca") ou bisbarra é unha subdivisión do territorio que configuran varias poboacións que adoitan ter uns nexos comúns condicionando unha unidade, política, natural ou cultural.

Nos diferentes países do mundo, as comarcas representan unha subdivisión non corresponde coa galega, tendo distintos fins e significado. Na Península Ibérica as comarcas foron un xeito de ordenación do territorio moi estendido, existindo matices entre as distintas rexións e países, así en Portugal unha comarca actualmente designa unha división xudicial correspondente á xurisdición dun Tribunal de Primeira Instancia. No Principado de Asturias, as comarcas englobarían a varios concellos, mais as oito comarcas de Asturias non teñen existencia oficial, empregan un sistema de comarcas funcionais ou áreas de planificación territorial.

En italiano: contea

En francés: contrée

En inglés: countyAs bisbarras galegas remóntanse tempos atrás, mesmo á época castrexa. De moita importancia é tamén o Parrochiale suevum, datado na segunda metade do século VI e onde se reflicte a organización administrativa e eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses (ademais menciónase a diocese Britoniarum). O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos. Este documento, realizado en base á conformación do territorio xa existente anteriormente, mantívose en gran parte ata a actualidade.

Estudantes Revolucionarios Galegos

Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA) foi unha organización estudantil nacionalista de esquerdas, activa entre 1972 e 1988.

Fundouse a iniciativa da UPG, nun clima de tensión tras folgas na Universidade de Santiago e a morte dun estudante pola policía, en decembro de 1972, encargouselle a Manuel Mera, que acababa de chegar da Arxentina e alí tivera experiencia na organización universitaria do grupo maoísta Vanguardia Comunista, artellar unha organización que agrupase aos universitarios e estudantes de secundaria. En Santiago de Compostela, coa axuda de simpatizantes da UPG, logra captar a un feixe de universitarios procedentes de todo o país e consegue a incorporación dalgúns militantes do Movemento Comunista da Coruña, entre eles Elvira Souto. Aos poucos meses chega aos 40 militantes, entre eles Anselmo López Carreira, Alfredo Suárez Canal e Chus Pato. En 1976 celebrou a súa primeira asemblea e en 1977 a segunda. En xaneiro de 1978 organizouse o I Congreso ao que asistiron 1.000 delegados e elíxese unha dirección da que formaban parte Xulio Ríos ou Xosé Miranda. Cando se formou o BNG en 1982, ERGA integrouse nel.

ERGA tiña como órgano de expresión o boletín Lume que editou o seu primeiro número en febreiro de 1973. ERGA constituíu a primeira organización de masas do nacionalismo tras a guerra civil, conseguiu unha ampla presenza na Universidade e nos institutos galegos e forneceu á UPG dirixentes e cadros.

Fávila

Fávila (¿? - 739), foi o sucesor de Paio no trono do reino de Asturias, no que gobernou entre 737 e 739.

As crónicas (Albendense, Rotense, Ovetense), redactadas en lingua latina, citan o seu nome como Fafila. É tamén corrente citalo como Favila, con acentuación grave.

Historia de Galicia (homónimos)

Co título de Historia de Galicia ou Historia de Galiza, e outras variantes, escribíronse diversas obras relativas á historia de Galicia:

Historia de Galicia, publicada en 1838, Ferrol, de José Verea y Aguiar (1775–1849), 474 pp., castelán.

Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia, 1849, de Leopoldo Martínez Padín, 344 pp.;

Historia de Galicia, publicada entre 1865 (Tomo I) e 1873 (Tomo VII), de Benito Vicetto (en castelán);

Historia de Galicia, publicada entre 1865 (Tomo I) e 1913 (Tomo V), de Manuel Murguía (en castelán);

Resume da Historia de Galicia, publicada 1898 na Cruña[sic], de Florencio Vaamonde Lores, 186 pp.[1]

Historia sistética de Galicia, publicada en 1927 por Nós na Cruña[sic], de Ramón Villar Ponte, 218 pp.;

Historia de Galicia, 1952, en Manuales Galaxia, Vicente Risco, impreso en Faro de Vigo, 193 pp.;

Historia de Galiza, 1962 en Buenos Aires (3 t.), coordinada e parcialmente escrita por Otero Pedrayo;

Historia de Galicia, 1979, Barreiro; Carballo; López e Senén, Frente Cultural da Asemblea Nacional-Popular Galega;

Historia de Galicia, 1980, A Coruña, González, prólogo de Blanco, La Voz de Galicia, 944 p., ISBN 8485287223 (castelán);

Historia de Galiza. Proxecto experimental de Ciencias Sociais de Galiza, 1980, Villares, Santillana, 128 p., bilingüe;

Historia de Galicia e Historia de Galiza, 1980, Bermejo, Pallares, Pérez, Portela, Vázquez e Villares (ed,s. galego e castelán).

Historia de Galicia IV edade contemporánea[sic], 1981, Galaxia, Barreiro Fernández, ISBN 8471543893.

Historia Política de Galicia, 4 tomos, 1982, Ediciones Gamma, La Coruña, X. Ramón Barreiro Fernández.

Breve Historia de Galicia (cómic), 1984, José Antonio Parrilla García, Caixa Galicia, ISBN 8485620089.

Historia de Galicia, 1991, Faro de Vigo, dir. Villares, coord. Mato, 4 t., 1.008 p., ISBN 84-404-9520-X (castelán).

Historia de Galicia I e II, 1992, Biblioteca 114, Ramón Villares, ISBN 84-85553-14-4 e ISBN 84-85553-15-2 (castelán).

Historia de Galicia, 1991, A Nosa terra, Carballo, Senén, López, Obelleiro e Alonso, ISBN 9788489138650.

A Historia de Galicia: o máxico arrecendo, 1992, Francisco Bueno et al., Vía Láctea, cómic, ISBN 84-86531-74-8.

Historia de Galicia, 1995, 5 t., AAVV, Vía Láctea Editorial, A Coruña, ISBN 84-89444-11-0.

Nova Historia de Galicia, 1996, Tambre, de Vázquez, Bermejo, Fernández, Portela, Pallares, Pérez, Villares e Fernández, ISBN 84-88681-27-5.

Historia xeral de Galicia, 1997, A Nosa Terra, de Calo, López, Carballo et al., ISBN 84-89138-99-0.

Historia de Galicia (cómic), publicada en 2000, A Nosa Terra, de Pepe Carreiro, ISBN 9788495350534.

Breve Historia de Galiza, 2000, por A Nosa Terra, de Francisco Carballo, 62 p., ISBN 84-95350-57-2.

Breve Historia de Galicia, 2004, por Alianza Editorial, de Ramón Villares, ISBN 9788420656427.

Historia de Galicia, publicada en 2004, de Hortensio Sobrado Correa, ISBN 8495364220 (en castelán).

Historia de Galicia, publicada en 2004 por Galaxia, de Ramón Villares Paz, ISBN 9788482886558.

Historia Contemporánea de Galicia, 2005, Barcelona, de Juana et al., ISBN 8434467909 (castelán).

A gran historia de Galicia, 2007, de X. R. Barreiro e R. Villares (coords.), 32 v., La Voz de Galicia

História da Galiza, 2008, de Manuel Recuero e Baudilio Barreiro, ISBN 9789726184928, 264 p. (portugués).

Historias de Galiza (cómic), 2008-09, Ramos, Luxán, Piñeiro, Pérez, Fernández e Eizaguirre, 3 t.

Historia breve de Galicia, 2011, Silex, Antonio Míguez Macho, ISBN 978-84-7737-507-4 (castelán).

Historia de la Galicia Moderna, publicada en 2012, Dubert, Rey et al., ISBN 9788498878448 (castelán).

Historia de Galicia, 2013, Xerais, de Anselmo López Carreira, 304 p., ISBN 9788499145327.

Historia de Galicia, 2015, Do Cumio, de David Pérez López, 328 p., ISBN 978-84-8289-491-1.

Historia mínima de Galicia, 2016, J. Beramendi, Turner, 280 pp., ISBN 978-84-16354-07-8 (castelán).

HistoriadeGalicia.gal, portal de Internet, coordinado por Íñigo Mouzo e editado por Xurxo Salgado.

Irmandade Fusquenlla

A Irmandade Fusquenlla foi unha irmandade formada en 1431 nas terras de Nuno Freire de Andrade, alcumado "O Mao", por mor da extrema dureza con que trataba os seu vasalos. Así a revolta nace entre Pontedeume e Betanzos, pero acaba por estenderse a outras comarcas dos bispados de Lugo, Mondoñedo e Santiago. Ao fronte da revolta estaba Roi Xordo, un fidalgo da Coruña ou Ferrol.

López Carreira

Os apelidos López Carreira poden referirse a:

Xesús Ignacio López Carreira, político galego do BNG.

Anselmo López Carreira, historiador galego

Mauregato

Mauregato, finado en Pravia no ano 789, foi princeps (título similar ao de rei ou gobernante) de parte da Galicia altomedieval entre os anos 783 e 789.

Nepociano de Asturias

Nepociano, foi un comes palatii (conde de palacio) na corte do rei Afonso II en Oviedo, chegando a suceder a este efemeramente no ano 842. É citado nas crónicas como cognatus regis (cuñado do rei) ou en calquera caso, parente do rei, probablemente por vía materna xa que Afonso II tiña ascendencia materna vasca, e foron precisamente vascos e astures os principais valedores da causa de Nepociano.Á morte do rei Afonso II, e aproveitando a ausencia de Ramiro I, que segundo as crónicas afonsinas fora nomeado sucesor por Afonso II , ocupou o trono. Reuniu ás súas tropas compostas por asturianos e vascóns e tratou de opoñer ao exercito galego encabezado por Ramiro I. O encontro tivo lugar na localidade de Cornellana, xunto ao río Narcea, pero o exército de Nepociano finalmente foi derrotado.Segundo as crónicas posteriores, Nepociano foi capturado, cegado e encerrado nun convento de localización descoñecida.

Ordoño I de Oviedo

Ordoño I, nado en Oviedo no 821, foi fillo de Ramiro I herdando deste, o goberno de toda a Galiza alto-medieval desde 2 de febreiro do ano 850 ata o 27 de maio de 866, data na que morre.

Desde mediados do século XIX é designado tradicionalmente pola historiografía española como rei de Asturias mais gran parte da historiografía galega desde finais do século XIX rexeita tal denominación por ser inconsistente e levar a engano.

Raigame

Para: Raigame, boletín informativo da irmandade galega de Madrid, véxase Raigame (1979).Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares é unha publicación cultural semestral do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e a Deputación de Ourense.

Ramiro I de Oviedo

Ramiro I, nado posiblemente polo 790, foi un rei de toda a Galiza alto-medieval, sucesor de Afonso II o Casto no 843, que accedeu ao trono tras depoñer a Nepociano, un nobre palatino, parente de Afonso II. Rexeitou os ataques normandos e aos musulmáns, legando a súa coroa ó seu fillo Ordoño I á súa morte en 850. Ao seu reinado fíxose remontar a tradición do "Voto de Santiago".

Reino suevo

O reino suevo ou reino suevo de Galiza configúrase como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal. despois da caída do Imperio Romano. É o primeiro estado medieval, e o primeiro en separarse do Imperio Romano e cuñar moeda.

Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas). Tomaron o control do territorio rapidamente mais, debido ao seu número reducido, non modificaron grandemente a estrutura nin a cultura dos territorios onde se asentaron.

O Cronicón de Hidacio é unha das fontes que máis datos nos fornecen sobre a estadía deste pobo no noroeste peninsular e posúe gran valor por tratarse dunha fonte contemporánea dos feitos sinalados.

O sistema monetario Galaico-Suevo foi o primeiro en emanciparse do Imperio Romano.

A Igrexa galega transformouse nunha institución política do Reino e formalizouse a distribución interior demográfica de Galiza en parroquias, erixidas en boa parte sobre asentamentos prerromanos.

Sabela López Pato

Sabela López Pato, nada en Ourense o 14 de outubro de 1975, é unha historiadora da arte e museóloga galega.

Silo (rei)

Silo (Silo Silonis), finado en Pravia (Asturias) no 783, foi un rei (princeps asturorum segundo as crónicas) que gobernou gran parte da Galicia altomedieval desde 774 a 783. Accedeu ao trono polo seu casamento con Adosinda, filla do rei Afonso I e mudou a corte de Cangas de Onís a Pravia (Asturias). O seu reinado está marcado pola paz con Al-Andalus, sendo coetáneo do rei franco Carlomagno e do emir Omeia de Córdoba Abderramán I.

Suevos

Os suevos foron un grupo de pobos xermánicos mencionados por vez primeira por Xulio César en relación coa campaña de Ariovisto na Galia, c. 58 a. C. Mentres que César os considerou como unha única tribo xermánica, numerosa e belicosa, autores posteriores como Tácito, Plinio e Estrabón especifican que os suevos "non constitúen, como os Chatti ou Tencteri, unha soa nación. Actualmente ocupan máis da metade de Xermania, e están divididos en varias tribos con distintos nomes, malia que todos son chamados de xeito xeral como suevos".Outrora, a etnografía clásica aplicou o termo "suevo" a tantas tribos xermánicas que se cre que nos primeiros séculos despois de Cristo ben puidera ser un substituto de "xermanos". Os autores clásicos consideraron que os suevos, en comparanza con outras tribos xermánicas, eran moi móbiles e non moi dependentes da agricultura.Varios grupos de suevos trasladáronse dende o Mar Báltico e o río Elba, converténdose nunha ameaza ó Imperio Romano nas fronteiras dos ríos Rin e Danubio. Cara a fin do imperio, os alamáns, un grupo de tribos suevas, asentáronse nos Campos Decumanos e posteriormente cruzaron o Rin e ocuparon a rexión de Alsacia. Un reduto deles ficou na rexión hoxe chamada Schwaben, unha área do suroeste de Alemaña cuxo nome moderno procede dos suevos. Outros movéronse cara a Gallaecia e estableceron o Reino Suevo de Galicia, que durou 170 anos antes de ser integrado no Reino visigodo.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.