Anselmo Feijoo Montenegro

Anselmo Feijoo Montenegro, nado no século XVII en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), foi un militar e escritor galego dos Séculos Escuros. As composicións máis coñecidas a el atribuídas son "​Prantos da ninfa Zigalia" e "​E vós non vedes a teima?".

Prantos da ninfa Zigalia.pdf
"Prantos da ninfa Zigalia" (en PDF), que uns autores atribúen a Benito Jerónimo Feijoo Montenegro e outros ao seu irmán Anselmo.
Anselmo Feijoo Montenegro
Nacementoséculo XVII
 O Pereiro de Aguiar
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
IrmánsBenito Xerónimo Feijoo e Montenegro

Traxectoria

Anselmo Feijoo Montenegro viviu durante a época dos Séculos Escuros, na cal a produción literaria en galego era moi escasa e non saíron á luz un gran número de obras literarias. Algunhas das súas obras foron publicadas como é o caso das súas quintillas "​Llanto de la flota por una ninfa gallega" ou ​E vos non vedes a teima?.[1] A primeira, tamén coñecida como "Prantos da ninfa Zigalia",[2] foi a súa obra mais relevante. Anselmo lla mandou ao seu irmán, Benito Jerónimo Feijoo Montenegro, para que a revisase e a corrixise.[Cómpre referencia] Isto ocasionou que se lle atribuíse ao maior dos irmáns a autoría desta obra. Aínda así, máis alá do estrito valor literario ou testemuñal para a historia da cultura galega, os textos escritos en galego durante os Séculos Escuros deste personaxe teñen unha importancia extraordinaria para poder reconstruír sobre datos fiables a evolución lingüística do galego durante ese longo período de máis de trescentos anos.

Obra

E vós non vedes a teima
"¿E vós non vedes a teima?"

Prantos da ninfa Zigalia: Este poema publicado en 1702 foi obxecto de moitas investigacións e estudos xa que primeiramente non se soubo con precisión a autoría da obra. Logo disto e tras moito traballo chegouse á conclusión de que fora escrito por Anselmo Feijoo Montenegro, e que logo llo enviou a seu irmán Benito Xerónimo Feijoo Montenegro para que este llo corrixira.[Cómpre referencia] Deste modo o poema apareceu nos manuscritos de Benito. O poema foi conservado con dúas versións, ámbalas dúas en castelán. Unha delas ten un título no que se fala dunha ninfa identificada cun nome propio, “Zigalia”, e outra versión na que se caracteriza a esta ninfa cun xentilicio, pero non está determinada de por si. O tema do poema é o fracaso da frota da prata na batalla de Rande, en outubro de 1702, no contexto da Guerra de Sucesión Española, que enfronta os partidarios de Filipe V de España) e os partidarios de arquiduque Carlos de Austria. O poema disponse en 15 quintillas octosilábicas nas que a rima consonante segue o esquema abaab.

E vós non vedes a teima?: Este poema, incluído en Sagradas flores del Parnasso,[3] componse de 5 estrofas de 10 versos octosílabos, a estrutura da rima é: abbaaccddc (repetida en todas as estrofas). Podería dicirse que pertence ao xénero da poesía culta, dentro dos Séculos Escuros. Neste poema faise referencia a unha anécdota protagonizada polo rei Filipe V e a súa dona Isabel de Farnesio en 1722, cando baixaron do seu coche para montar nel a un crego que ía levar o viático; con tal motivo a Gazeta de Madrid espallou por toda España a invitación a glosala, que foi aceptada por un bo número de poetas, e entre eles os irmáns Anselmo e Plácido Feijoo.

Curioso romance en lengua gallega (hoxe perdido). Seguramente escribise máis obras na súa vida, mais dada a época literaria na que viviu non se puideron recuperar nin transcribir para a posteridade. Do mesmo xeito tamén hai posibilidades de que algunhas das súas obras as publicase seu irmán Benito Xerónimo xa que Anselmo adoitaba enviarlle os seus poemas para que este llos corrixise.

Notas

  1. E vós non vedes a teima? Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna.
  2. "Prantos da ninfa Zigalia" Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna.
  3. Bazàn Benavides, Alvaro (1723). Juan de Ariztia, ed. Sagradas flores del Parnasso, consonancias metricas de la bien templada lyra de Apolo. Madrid.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Benito Xerónimo Feijoo

Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego. Xunto co valenciano Gregorio Mayans constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración española. Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo). Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.

Feijoo Montenegro

Os apelidos Feijoo Montenegro poden facer referencia a algún dos seguintes persoeiros:

Anselmo Feijoo Montenegro (Casdemiro, O Pereiro de Aguiar), poeta e militar, irmán dos dous seguintes.

Bieito Xerome Feijoo Montenegro (Casdemiro, O Pereiro de Aguiar), ilustrado, irmán do anterior e do seguinte.

Plácido Feijoo Montenegro (Casdemiro, O Pereiro de Aguiar), poeta, irmán dos dous anteriores.

Vicente María Feijoo-Montenegro (Allariz 1813 - Baiona 1854), escritor.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.