Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño[2] e coa participación da Fronte Popular Galega[3][4]. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017.[5] Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.[6]

Anova-Irmandade Nacionalista (Anova)
Partido político da Galicia
Logo de ANOVA-Irmandade Nacionalista
Dirixentes e organización
Portavoz nacionalAntón Sánchez
Historia
Fundación14 de xullo de 2012
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda, socialismo, nacionalismo, anticapitalismo, independentismo, asamblearismo, ecoloxismo, internacionalismo, republicanismo, antiimperialismo[1]
Representación
Parlamento Europeo
0 / 751
(dentro de La Izquierda Plural)
Parlamento de Galicia
2 / 75
(dentro de En Marea)
Alcaldes de Galicia
5 / 313
Congreso dos Deputados (escanos galegos)
2 / 23
(dentro de En Marea)
Outros datos
Páxina webwww.anova.gal

Historia

Pouco despois da escisión de varios sectores do Bloque Nacionalista Galego (BNG) tras a súa XIII Asemblea Nacional, entre os que destacaron Máis Galiza e Encontro Irmandiño,[7] comezaron varios procesos de confluencia que, por unha banda, se materializaron na creación do Novo Proxecto Común. Con todo, sectores de Máis Galiza se descolgaron deste proceso, buscando crear un proxecto máis conservador e cuestionando o proxecto impulsado polo Encontro Irmandiño no chamado Novo Proxecto Común.[8] No devandito proxecto participaron militantes de Fronte Popular Galega,[9], Fronte Obreira Galega[10], Movemento pola Base e Causa Galiza, entre outras organizacións; con todo Causa Galiza finalmente se desmarcou do proceso.[11]

Finalmente, o 14 de xullo de 2012 celebrouse en Santiago de Compostela a Asemblea Nacional do Novo Proxecto Común,[12] adoptando o nome de ANOVA-Irmandade Nacionalista, cunha coordinadora nacional de 75 membros entre os que se atopaban Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, alcalde de Teo.[13][14] Como elementos do seu programa, anunciouse que a formación incorporaría o ecoloxismo,[15] o republicanismo e o independentismo.[6]

Así mesmo o membro da coordinadora, líder da Fronte Popular Galega e concelleiro de Alternativa Canguesa de Esquerdas Mariano Abalo anunciou que traballaría para incorporar a Esquerda Unida ao proxecto.[16]

Malia a anunciarse no seu momento a integración de Unidade da Esquerda Galega en Compromiso por Galicia,[17] posteriormente anunciouse que o seu líder Óscar Lomba foi elixido membro da Coordinadora Nacional de ANOVA e viuse forzado a abandonar o Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia.[18] Actualmente a militancia de Unidade da Esquerda Galega atópase repartida entre Compromiso por Galicia e ANOVA-Irmandade Nacionalista, aínda que todos manifestaron o seu desexo de contribuír á unidade da esquerda e o nacionalismo galego.

A pesar de non sumarse ao proceso que orixinou Compromiso por Galicia, ambas as partes mostráronse dispostas a seguir dialogando.[19][20]

Anova-Irmandade Nacionalista rexistrouse como partido político o 11 de febreiro do ano 2013, baixo as siglas AINA[21].

Nese ano, o sector de Unidade da Esquerda Galega integrado en Anova dende a súa creación formou xunto cos militantes de Nova Esquerda Socialista un colectivo organizado dentro de Anova, baixo o nome Nova Esquerda Galega.[22]

En setembro de 2014, os integrantes da Fronte Obreira Galega deciden abandonar Anova de xeito progresivo.[23] Ao mes seguinte, tras a segunda Asemblea Nacional de Anova, a corrente Cerna decidiu tamén deixar a formación tras consultalo nun referendo interno[24].

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

Tras o anuncio do adianto das eleccións autonómicas, ANOVA manifestou a súa vontade de conformar unha ampla coalición de esquerdas, que englobaría o Bloque Nacionalista Galego, Compromiso por Galicia e Esquerda Unida;[25] EQUO Galicia tamén mostrou a súa predisposición a unirse á fronte.[26] Pola súa banda Compromiso por Galicia tamén ofreceulle só a ANOVA concorrer xuntos en coalición.[27]

O 4 de setembro o Consello Político de Esquerda Unida aceptou presentarse con ANOVA ás eleccións;[28] igualmente uniranse á coalición EQUO.[29] Será esta unha alianza electoral de esquerda anticapitalista, denominada Alternativa Galega de Esquerda.[30][31]

Malia a anunciarse a incorporación de Compromiso por Galicia (CxG) á coalición,[32] esta finalmente presentarase en solitario.[33]

Alternativa Galega de Esquerda obtivo o 13,99% dos votos nas eleccións de 2012 e 9 deputados, dos cales 4 corresponden a Anova.

En outubro dese mesmo ano, o parlamentario de Anova e cabeza de lista de AGE por Ourense, David Fernández Calviño, deixou o seu escano no Parlamento para marchar a investigar a Dinamarca[34]. O seu posto ocupouno a número dous da lista, que era membro de Esquerda Unida, deixando en 3 os representantes de Anova no Parlamento.

En novembro de 2014, outra parlamentaria de Anova, Consuelo Martínez García deixa a formación xunto co resto de membros da corrente Cerna[35], pasando ao grupo mixto do Parlamento, e deixando a Anova con só 2 parlamentarios.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

Nas eleccións ao Parlamento Europeo do ano 2014, Anova participou na coalición La Izquierda Plural xunto con outras forzas políticas de esquerda do Estado, como Izquierda Unida, Iniciativa per Catalunya Verds e Espazo Ecosocialista Galego entre outras[36]. Anova acadou un eurodeputado nestas eleccións, xa que dos seis parlamentarios que acadou La Izquierda Plural, a número cinco, Lidia Senra representaba a Anova[37].

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

Nas eleccións municipais do ano 2015, Anova apostou por apoiar candidaturas cidadás de confluencia[38] en varios concellos, participando militantes de Anova nas listas de Marea Atlántica na Coruña, Compostela Aberta en Santiago de Compostela, Marea de Vigo, Ferrol en Común, Marea Pontevedra e Lugonovo nas grandes cidades galegas, así como en listas de confluencia noutras vilas pequenas. Na cidade de Ourense, inicialmente apoiaron a lista Ourense en Común, pero finalmente presentáronse ás eleccións en solitario[39].

Así mesmo, promoveu xunto con Esquerda Unida o partido político instrumental SON[40] coa finalidade de poder acadar algún deputado provincial. As candidaturas adscritas a esta coalición levaron a palabra SON no seu nome.

Tras as eleccións foron elixidos alcaldes cinco membros de Anova: Martiño Noriega en Santiago de Compostela, Rafael Sisto Edreira en Teo, Benito Portela Fernández en Sada, Antonio Negreira Noya en Val do Dubra e David Rodríguez Estévez en Manzaneda.

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2012. Consultado o 09 de xaneiro de 2013.
  2. "El proyecto liderado por Beiras nace como ANova - Irmandade Nacionalista", La Voz de Galicia, 14-07-2012.
  3. A Conferencia Nacional ante o proceso constituínte dun novo referente político Arquivado 06 de setembro de 2012 en Wayback Machine., páxina web da FPG.
  4. No Día da Patria xunt@s con ANOVA-Irmandade Nacionalista Arquivado 17 de outubro de 2012 en Wayback Machine., páxina web da FPG.
  5. Beiras entrega el relevo en su partido al diputado Antón Sánchez con el encargo de unir izquierda y nacionalismo
  6. 6,0 6,1 Beiras arenga a ANOVA-Irmandade Nacionalista pedindo "independencia", Europa Press, 15 de xullo de 2012.
  7. O nacionalismo galego refúndase, El Mundo, 11 de maio de 2012.
  8. Beiras cre que o referente de 'Novo Proxecto Común' debe "ser colectivo" O Correo Galego, 14 de xullo de 2012.
  9. Non Día da Patria xunt@s con ANOVA-Irmandade Nacionalista Arquivado 17 de outubro de 2012 en Wayback Machine., Web de FPG].
  10. Anova pierde a FOGA, uno de los tres partidos que la forman. www.lavozdegalicia.es, 13/09/2014 (en castelán)
  11. Causa Galiza desmárcase do Novo Proxecto Común de Beiras, La Voz de Galicia, 15 de xullo de 2012.
  12. Novo Proxecto constitúese en asemblea sen o independentismo e cunha candidatura de consenso con Beiras e Noriega, Europa Press, 13 de xullo de 2012.
  13. ANOVA-Irmandade Nacionalista, nome da organización política, Europa Press, 14 de xullo de 2012.
  14. Constituída a nova formación galega ANOVA-Irmandade Nacionalista Arquivado 24 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., ABC, 14 de xullo de 2012.
  15. Militantes escindidos do BNG crean ANOVA-Irmandade Nacionalista, Faro de Vigo, 15 de xullo de 2012.
  16. Abalo pugnará para que EU en Galicia participe en Anova-Irmandade Nacionalista, Faro de Vigo, 16 de xullo de 2012.
  17. O colectivo que integran exmilitantes do PSdeG entra en Compromiso, Europa Press, 24 de xuño de 2012.
  18. "O responsábel de Unidade da Esquerda Galega renuncia ao seu posto non Consello Nacional de Compromiso por Galicia". Sermos Galiza. 20 de xullo de 2012.
  19. Compromiso por Galicia volverá establecer conversacións con Encontro Irmandiño, Europa Press, 11 de xuño de 2012.
  20. Beiras cre que o referente do novo proxecto nacionalista, que ten "as portas abertas", debe "ser colectivo" Arquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. Que, 14 de xullo de 2012.
  21. Rexistro de partidos políticos Arquivado 30 de setembro de 2017 en Wayback Machine.. Ministerio de Interior.
  22. Anova xa conta con outro colectivo organizado "transformador e revolucionario". www.galiciaconfidencial.com, 26/03/2013.
  23. Anova pierde a FOGA, uno de los tres partidos que la forman. www.lavozdegalicia.es, 13/09/2014
  24. Resultados do referendo de Cerna. www.cerna.org, 27/10/2014.
  25. Beiras expón unha «alianza estratéxica» para as eleccións galegas a BNG, EU e Compromiso por Galicia Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 31 de agosto de 2012.
  26. EQUO ve "con bos ollos" a proposta de Beiras de conformar unha fronte electoral amplo "contra o PP" Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine., Que, 1 de setembro de 2012.
  27. Compromiso ofrécelle a Anova un pacto electoral, El País, 30 de agosto de 2012.
  28. Esquerda Unida acepta presentarse en coalición con Beiras ás eleccións galegas Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 4 de setembro de 2012.
  29. EQUO súmase á Syriza galega con Xosé Manuel Beiras e Esquerda Unida, El Mundo, 5 de setembro de 2012.
  30. Esquerda Unida acepta presentarse en coalición con Anova, El Progreso, 4-9-2012
  31. Anova e EU presentaranse como 'Alternativa Galega de Esquerda', Europa Press, 11 de setembro de 2012.
  32. Compromiso por Galicia aposta por unha “coalición técnica” con EU e Beiras, El País, 6 de setembro de 2012.
  33. Compromiso por Galicia descólgase do pacto de esquerdas, O País, 8 de setembro de 2012.
  34. Os 60 días que tensaron as costuras de AGE. praza.gal, 16/12/2013.
  35. Martínez abandona AGE tras marchar de Anova e compartirá o Mixto con Carmen Iglesias. praza.gal, 4/11/2014.
  36. Resultados obtidos por La Izquierda Plural nas Eleccións ao Parlamento Europeo. elecciones.mir.es, 26/5/2014.
  37. Lidia Senra, elixida candidata de Anova ao Parlamento Europeo Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. www.crtvg.es, 31/03/2014.
  38. Anova-IN aposta pola confluencia nacional de mareas e outras fórmulas cidadás para dar a batalla tamén nas Deputacións Arquivado 02 de xuño de 2015 en Wayback Machine.. anova.gal, 6/9/2014
  39. Lito Prado encabezará la candidatura de Anova en Ourense. www.lavozdegalicia.es, 20/4/2015
  40. Case noventa concellos contarán con candidaturas cidadás ou de confluencia. praza.gal, 22/04/2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alexandra Fernández Gómez

Alexandra Fernández Gómez, nada en Vigo o 21 de outubro de 1988, é unha política galega de Anova-Irmandade Nacionalista.

Alternativa Galega de Esquerda

Alternativa Galega de Esquerda é unha coalición política galega creada para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 polo partido nacionalista galego Anova - Irmandade Nacionalista, Esquerda Unida (federación galega de EU), EQUO Galicia (federación galega de EQUO) e Espazo Ecosocialista Galego. Actualmente só segue activa a nivel do Parlamento Europeo, onde está representada pola eurodeputada Lidia Senra, de Anova

Antón Sánchez García

Antón Sánchez García, nado en Alacant en 1974, é un enxeñeiro técnico, sindicalista e político galego de Anova, do cal é o portavoz nacional dende o 2017.

Cerna (organización política)

Cerna é unha organización nacionalista galega de esquerda escindida de Anova - Irmandade Nacionalista, da cal foi unha corrente crítica. Está composta por uns 200 ex-militantes de Anova-IN. Os seus máximos dirixentes son Mario López Rico, Luís Eyré e Consuelo Martínez García.

Posteriormente, uniuse ao partido instrumental En Marea, no que confluíron Anova-IN, Esquerda Unida, Podemos e diversos colectivos locais co propósito de participar nas eleccións xerais.

Consuelo Martínez García

María Consuelo Martínez García, nada en Vigo en 1961, é unha sindicalista e política galega.

En Marea

En Marea é un partido galego que xurdiu como unha candidatura para se presentar ás eleccións xerais de 2015 e ás eleccións autonómicas en 2016. A candidatura está inspirada nas candidaturas unitarias nas eleccións municipais de 2015 en Galicia. O nome da coalición nas papeletas era "En Marea (Podemos-En Marea-Anova-EU)".

Trátase dunha coalición conformada por diversos partidos e plataformas:

Marea Atlántica

Compostela Aberta

Marea Pontevedra

Ferrol en Común

Encontro por unha Marea Galega

Ourense en ComúnHistoricamente tamén formaron parte de En Marea os partidos políticos Podemos, Esquerda Unida e Anova-Irmandade Nacionalista, ata que se retiraron en xaneiro de 2019.

Encontro Irmandiño

O Encontro Irmandiño é un partido político galego que naceu como colectivo do Bloque Nacionalista Galego no ano 2007. O 12 de febreiro de 2012 deslígase do BNG, rexistrándose pouco despois, o 23 de marzo, como partido político. Encontro Irmandiño liderou o proceso de confluencia do chamado Novo Proxecto Común, que culminou na creación do partido Anova-Irmandade Nacionalista en xullo de 2012.

Frente Popular Galega

A Frente Popular Galega é unha organización política galega situada ideoloxicamente no marxismo-leninismo e no independentismo, que traballa pola consecución dunha República Galega.

A súa acción política guíase polos principios de: independencia nacional, socialismo, anticolonialismo, democracia popular, anti-imperialismo, solidariedade internacionalista e auto-organización.

Fronte Obreira Galega

A Fronte Obreira Galega é unha organización de esquerdas, anticapitalista e independentista galega proveniente da CIG.

Lidia Senra

Lidia Senra Rodríguez, nada na Pobra do Brollón o 14 de xuño de 1958, é unha destacada sindicalista do agro galego. Foi membro da Executiva da Coordinadora Labrega Europea (CPE) durante catro anos.

Luís Eyré

Luís Eyré Diéguez, nado en Chantada, é un político galego.

Mario López Rico

Mario López Rico, nado en Ribadeo en 1949, é un arquitecto e político galego.

Martiño Noriega

Martiño Noriega Sánchez, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1975, é un médico e político galego.

Nova Esquerda Galega

Nova Esquerda Galega é unha organización política galega. Formouse no ano 2013 con antigos militantes de Unidade da Esquerda Galega (UEG) e toda a miltancia de Nova Esquerda Socialista (NES), ambos os dous grupos integrados en ANOVA-Irmandade Nacionalista desde a súa creación. A esta organización, nacida da fusión deses dous pequenos partidos, incorporáronse unha vintena de militantes do PSdeG-PSOE.

Actualmente[cando?] mantén unha relación de colaboración permanente con organizacións como Izquierda Aberta (IzAb), Convergencia por Estremadura (CEX), Ezker Batua (EB-B), Compromís, Espacio Plural e Iniciativa Socialista de Izquierdas (ISI)[Cómpre referencia] e forma parte da coalición La Izquierda que avoga pola creación, de cara a futuras convocatorias electorais, dunha fronte de esquerdas que poida crebar o bipartidismo en España.

Os seus máximos dirixentes son Óscar Lomba Álvarez e Lois Pérez Leira, ambos co-voceiros nacionais.

Nova Esquerda Socialista

Nova Esquerda Socialista é unha organización política galega. Formouse no ano 2010 con militantes procedentes do ámbito do activismo social, sindicalismo e grupos inmigrantes de ideoloxía esquerdista. Nova Esquerda Socialista defínese como unha organización galega, republicana e socialista.

O seus máximos dirixentes son Lois Pérez Leira, secretario Xeral, e Xosé Manuel Graña, presidente nacional.

En marzo de 2013, uniuse a un sector de Unidade da Esquerda Galega para formar Nova Esquerda Galega, organización integrada en Anova-Irmandade Nacionalista.

Rafael Sisto

Rafael Carlos Sisto Edreira, nado Luou (Teo) o 30 de xaneiro de 1963, é un político galego. Actualmente é o alcalde de Teo, pola formación Son de Teo-Anova.

Unidade da Esquerda Galega

Unidade da Esquerda Galega é unha forza política galega cuxo ámbito de actuación é Galicia. Formouse o 14 de outubro de 1994 con antigos militantes do POG, Unidade Galega, PSG-EG e persoas independentes. O partido refundouse en 2006 da man de Lois Pérez Leira para se presentar as eleccións municipais de 2007 en Vigo, o que fixo xunto con Nós-UP formando a candidatura Vigo de Esquerdas, que tivo o 0.21% dos votos . O partido volveu reactivarse a comezos de 2012 cando varios militantes do PSdeG-PSOE da zona de Vigo deixaron o partido e entraron na organización. En xuño de 2012 celebrou unha conferencia política e anunciou a súa entrada en Máis Galiza . Os seus máximo dirixentes foron Óscar Lomba Álvarez e Marcial Amadeo Martínez, ex-concelleiro do PSG-EG en Vigo. Tiña militantes en Anova e outros en Compromiso por Galicia ata que en 2013 o sector integrado en Anova formou cos militantes de Nova Esquerda Socialista un novo partido Nova Esquerda Galega.

Xosé Cid Cabido

Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía o 29 de decembro de 1959, é un escritor galego.

Óscar Lomba

Óscar Lomba Álvarez, nado en Vigo en 1966, é un avogado e político galego.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.