Ano Santo Xacobeo

O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo Compostelán, é unha celebración católica que ten lugar en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto acontece cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século haxa catorce Xacobeos.

Contador Xacobeo 2010, Santiago de Compostela
Contador xacobeo 2010, Santiago de Compostela.

Historia e características

Para conseguir a bula xubilar ou xubileu o católico ten que visitar a catedral de Santiago de Compostela, onde segundo a tradición está o sartego do apóstolo Santiago o Maior, rezar algunha oración, cando menos o credo, o nosopai e pedir polas intencións do papa. Tamén debe recibir os sacramentos da comuñón e da penitencia. A graza que o peregrino obtén en ano santo é a indulxencia plenaria dos seus pecados.

O primeiro ano santo compostelán do que se ten noticia é o do ano 1428, convocado polo arcebispo Lope de Mendoza, aínda que a historiografía tradicional afirmaba que se debía a unha bula do papa Calisto II no ano 1122 grazas a unha falsificación feita a fins do século XV da bula de Alexandre III, Regis Aeterni, que o establecía así.

Táboa dos anos santos xacobeos [1]
Os 28 anos santos xacobeos dos séculos XX e XXI
+6 +5 +6 +11
+28 1909 1915 1920 1926
+28 1937 1943 1948 1954
+28 1965 1971 1976 1982
+28 1993 1999 2004 2010
+28 2021 2027 2032 2038
+28 2049 2055 2060 2066
+28 2077 2083 2088 2094

A bula Deus Omnipotens, promulgada polo papa León XIII en 1884, con ocasión do redescubrimento dos restos do Apóstolo no chan da Capela Maior que foran escondidos polo arcebispo Juan de Sanclemente tres séculos antes (en 1589), ademais de autenticar as reliquias atopadas, ratifica o privilexio de celebrar o ano santo naqueles anos nos que a festividade do Apóstolo coincida en domingo.

Houbo só dúas excepcións neste calendario, cos anos santos extraordinarios celebrados en 1885, pola proclamación da bula antedita, e en 1938, porque se prorrogou o de 1937, por cousa da guerra civil.

Notas

  1. Fonte: Calendario perpetuo Arquivado 04 de marzo de 2010 en Wayback Machine.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

1909

1909 foi Ano Santo Xacobeo.

1915

1915 foi Ano Santo Xacobeo.

1920

1920 foi Ano Santo Xacobeo.

1926

1926 foi Ano Santo Xacobeo.

1937

1937 foi Ano Santo Xacobeo.

1943

1943 foi Ano Santo Xacobeo.

1948

1948 foi Ano Santo Xacobeo.

1971

1971 foi Ano Santo Xacobeo.

1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

1993

1993 foi Ano Santo Xacobeo.

1999

1999 foi Ano Santo Xacobeo.

2004

2004 foi ano santo xacobeo.

2060

2060 será Ano Santo Xacobeo.

Burgo das Nacións

O Burgo das Nacións é un complexo residencial situado en Vite (Vista Alegre), construído con carácter provisorio en 1965 para albergar os peregrinos que viñan a Santiago de Compostela nese Ano Santo Xacobeo.

Consorcio de Santiago

O Consorcio de Santiago é un organismo nacido no ano 1991 (Real Padroado da Cidade de Santiago de Compostela), a partir da reformulación dun organismo que xa existía dende 1964, co obxectivo principal de coordinar e promover as accións do Goberno de España, Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela, orientadas á preservación e revitalización da cidade de Santiago de Compostela e do seu patrimonio cultural, nos seus aspectos histórico-artísticos e arquitectónicos, e tamén á difusión dos valores europeístas e ao desenvolvemento e potenciación das actividades turísticas e culturais vinculadas co Ano Santo Xacobeo.

A súa sede áchase no Pazo de Vaamonde, na rúa do Vilar nº 59.

No ano 2005 contou cun orzamento de 20 millóns de euros.

Galicia, un relato no mundo

Galicia, un relato no mundo será unha exposición temporal da Xunta de Galicia no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, feita co gallo da celebración do Ano Santo Xacobeo do ano 2021. Inaugurarase en novembro de 2019 e rematará no mes de abril de 2020.

Na península Ibérica
En Francia
Noutros países

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.