Animais

Un animal (do latín animus, "espírito", ou "principio vital") é, segundo a clasificación clásica, un ser vivo heterótrofo, é dicir, que se alimenta de substancias orgánicas. Hoxe en día resérvase o termo animais aos seres complexos e multicelulares, aínda que durante moito tempo se consideraban tamén os protozoos como animais unicelulares.

Nas clasificacións científicas dos seres vivos modernas, o reino dos animais constitúe un amplísimo grupo de organismos cuxo taxon se denomina Animalia [1][2], creado orixinalmente por Linné en 1758, ou ben Metazoa, sinónimo creado por Haeckel en 1874. Calquera que sexa o termo empregado, ou calquera que sexa a clasificación considearada (sistemática evolucionista ou cladista), os animais son consensuadamente descritos como organismos eucariotas, heterótrofos, pluricelulares e tisulares caracterizados pola súa capacidade para a locomoción, pola ausencia de clorofila e de parede nas súas células e polo seu desenvolvemento embrionario, que atravesa unha fase de blástula e determina un plan corporal fixo (aínda que moitas especies poden sufrir posteriormente metamorfoses).

Os animais forman un grupo natural estreitamente emparentado cos fungos (Fungi) e as plantas (Plantae). É un dos catro reinos do dominio Eukaryota, e a el pertence o ser humano.

A mobilidade é a característica que máis chama a atención dos membros do reino dos animais, pero non é exclusiva do grupo, o que dá lugar a que sexan nomeados a miúdo como animais certos organismos que pertencen ao reino dos protistas (Protista). (Véxase protistas e protozoos).

Na fala coloquial emprégase o termo animal contrapoñéndoo ao termo humano, pero débese ter en conta que desde o punto de vista científico o ser humano é unha especie máis do reino Animalia.

Animais
(Animalia vel Metazoa)

Rango fósil: ediacárico - actualidade
Diversos tipos de animais

Diversos tipos de animais
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Linnaeus, 1758
Subreinos

Estrutura

No seguinte esquema, amósanse as características comúns a todos os animais:

Características xerais

Panthera tigris sumatran subspecies
Tigre de Sumatra (Panthera tigris sumatrae Pocock).

Con poucas excepcións, máis notábeis nas esponxas (filo dos poríferos), os animais teñen corpos diferenciados en tecidos separados. Estes inclúen músculos, que poden contraérense para producir o movemento, e un sistema nervioso, que envía e procesa sinais. Adoitan teren tamén unha cámara dixestiva interna, con unha ou dúas aberturas. Os animais con este tipo de organización son coñecidos como eumetazoos, en contraposición aos parazoos e mesozoos, que son niveis de organización máis simples dentro dos metazoos, xa que carecen dalgunhas das características mencionadas.

Todos os animais teñen células eucariotas, rodeadas dunha matriz extracelular característica composta de coláxeno e glicoproteínas elásticas. Esta pode calcificarse para formar estruturas como cunchas, ósos e espículas. Durante o desenvolvemento forma unha armazón relativamente flexíbel pola que as células poden moverse e reorganizarse, facendo posíbeis estruturas máis complexas. Isto contrasta cos outros organismos pluricelulares como as plantas e os fungos, cuxas células permanecen no sitio mediante paredes celulares, que desenvolven un crecemento progresivo.

Funcións esenciais

Os animais levan a cabo as seguintes funcións esenciais: alimentación, respiración, circulación, excreción, resposta a estímulos, movemento e reprodución:

  • Alimentación. A maioría dos animais non poden absorber comida: inxírena. Os animais evolucionaron de diversas maneiras para alimentarse. Os fitófagos comen plantas, os carnívoros comen outros animais, e os omnívoros aliméntanse tanto de plantas como de animais. Os detritívoros comen materia vexetal e animal en descomposición. Os comedores por filtración son animais acuáticos que inxiren minúsculos organismos que flotan na agua, filtrándoos. Algúns animais tamén poden establecer relacións simbióticas, nas que dúas especies viven en estreita asociación mutua. Un caso especial é o parasitismo; un parasito é un organismo que vive dentro ou sobre outro organismo, o hóspede; o parasito aliméntase do hóspede, e o dana.[3]
  • Respiración. Non importa se viven na agua ou en terra, todos os animais respiran; isto significa que poden tomar osíxeno e despedir dióxido de carbono. Grazas aos seus corpos moi simples e de delgadas paredes, algúns animais utilizan a difusión destas substancias a través da pel. Porén, a maioría dos animais, para poderen aumentar o seu tamaño corporal, tiveron que evolucionar para dotarse de complexos tecidos e sistemas orgánicos para a respiración.[3]
  • Circulación. Moitos animais acuáticos pequenos, como algúns vermes, utilizan só a difusión para transportar oxíxeno e moléculas de nutrientes a todas as súas células, e recoller delas os produtos de refugallo. A difusión basta porque estes animais apenas teñen un espesor dunhas poucas células. Porén, os animais máis grandes posúen algún tipo de sistema circulatorio para desprazar substancias polo interior dos seus corpos.[3]
  • Excreción. Un produto de refugallo primario das células é o amoníaco, substancia velenosa que contén nitróxeno. A acumulación de amoníaco e outros produtos de refugallo poderían matar ao animal. A maioría dos animais teñen un sistema excretor que ben elimina amoníaco ou ben o transforma nunha substancia menos tóxica que se elimina do corpo. Grazas á eliminación dos refugallos metabólicos, os sistemas excretores axudan a manter a homeostase. Os sistemas excretores varían desde células que bombean auga fóra do corpo até órganos complexos como os riles.[3]
  • Resposta a estímulos. Os animais usan células especializadas, chamadas células nerviosas, para responder ás variacións do ambiente que os rodea. Na maioría dos animais, as células nerviosas están conectadas entre si para formaren un sistema nervioso. Algunhas células chamadas receptores, captan sons, luz e outros estímulos externos. Outras células nerviosas procesan a información recibida e determinan a resposta do animal. A organización das células nerviosas dentro do corpo cambia profundamente dun fillo a outro.[3]
  • Movemento. Algúns animais adultos permanecen fixos nun lugar determinado, aínda que a maioría teñen mobilidade. Porén, tanto os fixos como os máis veloces normalmente posúen músculos ou tecidos musculares que se acurtan para xerar forza. A contracción muscular permite que os animais móbiles se despracen, moitas veces en combinación cunha estrutura chamada esqueleto. Os músculos tamén axudan aos animas, mesmo aos máis sedentarios, a comer e bombear auga e outros líquidos fóra do corpo.[3]
  • Reprodución. A maioría dos animais reprodúcense sexualmente mediante a produción de gametos haploides. A reprodución sexual favorece que se produza diversidade xenética nunha poboación. Por conseguinte, axuda a mellorar a capacidade dunha especie para evolucionar cos dos ecosistemas. Moitos invertebrados tamén poden reproducirse asexualmente. A reprodución asexual dá orixe a descendentes xenticamente idénticos aos proxenitores; pero esta forma de reprodución permite que os animais aumenten rapidamente en cantidade.[3]

Clasificación (subreinos e filos)

(sen clasificar) Radiata (radiados)

(sen clasificar) Bilateria bilaterais)

  • Secernentea vel Phasmidia
  • Adenophorea vel Aphasmidia

(sen clasificar) Lophophorata (lofoforados)

(sen clasificar) 'Deuterostomia (deuteróstomos)

  • Cephalaspida (cefaláspidos)
  • Heterostraci (heterostracos)
  • Anaspida (anáspidos)

Filoxenia

No seguinte cladograma represéntase as relacións filoxenéticas entre os diversos filos de animais. Está baseado na segunda edición de Brusca & Brusca (2005).[4] Trátase dunha hipótese filoxenética "clásica" na que se recoñecen os grandes clados admitidos tradicionalmente (pseudocelomados, articulados etc.) e asume a teoría colonial como a explicación sobre a orixe dos metazoos.

Choanoflagellata

Animalia
Parazoa

Porifera

Placozoa

Eumetazoa

Cnidaria

_______

Ctenophora

Bilateria
Protostomia
Acoelomata

Platyhelminthes

Schizocoelomata

Nemertea

Sipuncula

Mollusca

Echiura

Articulata

Annelida

____

Onychophora

____

Tardigrada

Arthropoda

Gnathostomulida

Entoprocta

Cycliophora

Rotifera

Acanthocephala

Pseudocoelomata

Gastrotricha

Nematoda

Nematomorpha

Priapula

Kinorhyncha

Loricifera

Deuterostomia
Lophophorata

Phoronida

Ectoprocta

Brachiopoda

Chaetognatha

Echinodermata

Hemichordata

Chordata
____

Vertebrata

Cephalochordata

Urochordata

Segundo o punto de vista que se acaba de expoñer, os bilaterais subdivídense en catro grandes liñaxes:

As modernas técnicas de secuenciación de bases de ADN, xunto coa metodoloxía da cladística, permitiron reinterpretar as relacións filoxenéticas dos distintos filos animais, o que conduciu a unha revolución na clasificación dos mesmos; aínda non hai un acordo unánime sobre o tema, pero son cada vez máis os zoólogos que admiten a nova clasificación; así, a maioría ds bilaterais parecen pertencer a un destas catro liñaxes:

Orixe e rexistro fósil

Mentres que nas plantas se coñecen varias series de formas que conducen da organización unicelular á pluricelular, no reino animal sábese moi pouco sobre a transición entre protozoos e metazoos. Dita transición non está documentada por fósiles, e as formas recentes supostamente intermedias tampouco non nos axudan demasiado.

Neste campo da transición poden mencionarse, por unha parte, a Proterospongia, coanoflaxelado mariño e planctónico que forma unha masa xelatinosa con coanocitos na parte exterior e células ameboides no interior, e, por outra, ao pequeno organismo mariño Trichoplax adhaerens (do filo dos placozoos) que forma unha placa pechada por epitelio pavimentoso na parte dorsal e cilíndrico na parte central, e que presenta na cavidade interna células en forma de estrela; reprodúcese por xemas flaxeladas e ovos. Outra forma sinxela de metazoo é Xenoturbella, que vive sobre os fondos fangosos do mar; de varios centímetros de lonxitude e forma de folla, ten unha boca ventral que conduce a un estómago en forma de saco; entre a epiderme e o intestino existe unha capa de tecido conxuntivo cun tubo muscular lonxitudinal e células musculares no mesénquima; na parte basal da epiderme existe un plexo nervioso e, na parte anterior, presenta un estatocisto; produce óvulos e espermatozoides, estes idénticos aos de diferentes metazoos primitivos; a súa posición sistemática é incerta, propoñéndose como membro dun filo independente (xenoturbélidos), que se debería situar, talvez, na base dos deuteróstomos. Polo que respecta aos mesozoos, xa non son considerados un estado de transición entre protistas e metazoos; o seu modo de vida parasito parece que os conduciu a unha redución e simplificación extremas a partir de vermes acelomados.

Por tanto, débese recorrer á morfoloxía, fisioloxía e ontoxenia comparadas dos metazoos para poder reconstruír esta etapa da evolución. Os datos obtidos con microscopia electrónica e análises moleculares apagaron antigas controversias sobre a orixe dos metazoos. Neste sentido, parece definitivamente rexeitada a hipótese sobre unha orixe polifilética; incluso os placozoos e os mesozoos, considerados ás veces como orixinados directa e independentemente dos protistas, parecen á luz dos novos datos claramente metazoos.

Principais teorías

Tres son as principais teorías sobre a orixe dos metazoos:[5]

Teoría colonial

A teoría máis aceptada é a que postula que os metazoos tiveron unha orixe colonial a partir dos coanoflaxelados, un pequeno grupo de mastigóforos monoflaxelados; algúns son individuais, e outros coloniais. Dita teoría vése avalada tanto por datos moleculares (ARN ribosómico) como morfolóxicos (as mitocondrias e as raíces flaxelares son moi semellantes nos metazoos e nos coanoflaxelados, e un certo número de metazoos presenta células tipo coanocito, e os espermatozoides son uniflagelados na maior parte deles). Os seguidores desta teoría inclúen o filo Choanozoa no reino animal, en contraposición ao resto de animais, os metazoos. O antecesor dos metazoos sería unha colonia oca e esférica de ditos flaxelados; as células sería uniflaxeladas na superficie externa; a colonia tería un eixe anteroposterior, e os organismos nadarían co polo anterior cara a adiante; entre as células somáticas existirían algunhas células reprodutoras. Este estado hipotético denominouse blastaea, créndose que é o reflexo do estado de blástula que se produce no desenvolvemento de todos os animais. Por tanto, esta teoría considera que os animais evolucionaron de protozoos flaxelados. O seus parentes vivos máis próximos son os coanoflaxelados, flaxelados coa mesma estrutura que certo tipo de células das esponxas. Estudos moleculares sitúanos no supergrupo dos opistocontos, que tamén inclúe aos fungos e a pequenos protistas parasitarios emparentados con estes. O nome vén da localización traseira do flaxelo nas células móbiles, como en moitos espermatozoides animais, mentres que outros eucariontes teñen flaxelos dianteros (acrocontos).

Teoría simbiótica

Unha segunda hipótese contempla a posibilidade de que diferentes protistas se asociaran simbioticamente orixinando un organismo pluricelular. Esta é a orixe que se presupón para as células eucariotas a partir de células procariotas. Porén, non hai probas que respalden a orixe simbiótica dos metazoos.

Teoría da celularización

Outra teoría, que provocou profundas diverxencias entre os zoólogos, é a que considera aos turbelarios como os metazoos máis primitivos e, por tanto, cuestiona o carácter ancestral de cnidarios e esponxas. Segundo esta hipótese, os turbelarios derivarían de protistas ciliados multinucleados, por medio de celularización dos núcleos, o que concorda co concepto de protozoo como organismo acelular. Porén, hai moitos aspectos en contra desta teoría, xa que non ten en conta os criterios fundamentados na embrioloxía, e dá moita máis importancia á organización do adulto.

Rexistros fósiles

Os primeiros fósiles que poderían corresponder a animais aparecen contra a final do precámbrico, hai ao redor de 600 millóns de anos, e se coñecen como fauna de Ediacara. Porén, son moi difíciles de relacionar cos fósiles posteriores. Algúns destes organismos poderían ser os precursores dos filos modernos, pero tamén poderían ser grupos separados, e é posíbel, incluso, que non foran realmente animais en sentido estrito. A parte deles, moitos filos coñecidos de animais fixeron unha aparición máis ou menos simultánea durante o período cámbrico, hai preto de 570 millóns de anos. Aínda se discute se este evento, chamado explosión cámbrica, representa unha rápida diverxencia entre diferentes grupos ou un cambio de condicións ambientais que facilitou a fosilización.

Entre os antecesores de grupos posteriores pódese destacar Anomalocaris, do cámbrico, como posíbel antecesor de diversos grupos posteriores de artrópodos polo seu corpo segmentado, evolucionado de Opabinia e outros similares. Os cordados podreían ter relación con Pikaia.

Historia da clasificación dos animais

Véxase tamén: Fixismo, Creacionismo (pseudociencia), Carl von Linné, Evolución, Lamarckismo e Charles Darwin.

En Occidente, Aristóteles dividiu o mundo do vivente entre os animais e as plantas. A súa concepción, denominada fixismo, non é moi diferente da que tiñan os sabios que o precederan e que sería posteriormente retomada polos teólogos cristiáns, especialmente a partir de San Tomé de Aquino, que facían unha lectura literal da Biblia, considerando que o universo e o mundo coñecido fora creado nunha semana, e que non conviña poñer esta idea en cuestión. Os animais existían para servir ao home.

Porén, a partir do Renacemento, certas ideas foron postas en cuestión. E despois dos traballos de Carl von Linné no século XVIII que trataba de clasificar sistematicamente todas es especes viventes, dándolles un único e preciso (nome binomial), Jean-Baptiste Lamarck e, despois, sobre todo, Charles Darwin, elaboraron teorías da evolución das especies.

Destas teorías, e máis particularmente coa teoría sintética da evolución, de Darwin e os seus seguidores (neodarwinistas neceu unha agria controversia cos cracionistas. A teoría de Darwin foi (e aínda o é) particularmente denigrada polos ceacionistase porque non só fai do home un animal, senón tamén o resultado dunha evolución por procesos de selección natural, entre eles o da sexualidade.

Linneo definiu en principio a todos os seres existentes no mundo en tres reinos (Mineralia, Vegetalia, Animalia) cos animais repartidos nos grupos seguintes: Vermes, Insecta, Pisces, Amphibia, Aves e Mammalia. Esta clasificación foi pouco a pouco evolucionando ao fío dos descubrimentos en zooloxía ou en paleontoloxía. Esta clasificaciónn baseada nos caracteres anatómicos e fisiolóxicos tendeu cara a unha clasificación filoxenética, é dicir, a máis próxima posíbel da árbore xenética.

Notas

  1. Cavalier-Smith, Thomas (1998): "A revised six-kingdom system of life", Biological Reviews, Cambridge Philosophical Society, 73, (3), p. 208.
  2. Sina M. Adl et al. (2005): "The New Higher Level Classification of Eukaryotes with Emphasis on the Taxonomy of Protists", Journal of Eukaryotic Microbiology, International Society of Protistologists, 52 (5), p. 415.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Miller, Kenneth (2004): Biología. Prentice Hall. ISBN 0-13-115538-5.
  4. Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
  5. Altaba, C. R. et al. (1991): Invertebrats no artròpodes. Història Natural dels Països Catalans, 8. Enciclopèdia Catalana, S. A., Barcelona. ISBN 84-7739-177-7

Véxase tamén

Bibliografía

  • D'Ancona, H. (1970): Tratado de Zoología. 2 vols. Barcelona: Editorial Labor.
  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Grassé, P.-P., dir. (1950-1979): Traité de zoologie, anatomie, systématique, biologie. Paris: Masson.
  • Grassé, P.-P., dir. (1976): Zoología. 4 vols. Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0199-7.
— Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Tomo 1. Invertebrados. ISBN 84-311-0200-4.
— Devillers, Ch. e P. Clairambault (1977); Tomo 2. Vertebrados. Anatomía comparada. ISBN 484-311-0211-X.
— Grassé, P.-P. (1978): Tomo 3. Vertebrados. Reproducción, biología, evolución y sistemática. Agnatos, peces, anfibios y reptiles. ISBN 84-311-0233-0.
— Grassé, P.-P. (1980): Tomo 4. Vertebrados. Reproducción, biología, evolución y sistemática. ISBN 84-311-0270-5.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Nielsen, K. (2001): Animal Evolution: Interrelationships of the Living Phyla 2nd edition. Oxford University Press.
  • Schmidt-Nielsen, K. (1997): Animal Physiology: Adaptation and Environment. 5th edition. Cambridge University Press.

Outros artigos

Ligazóns externas

Agricultura

A agricultura (do latín agri ‘campo’, e cultūra ‘cultivo’, ‘crianza’) é o conxunto de técnicas, coñecementos e saberes para cultivar a terra e a parte do sector primario que se dedica a iso. Nela englóbanse os diferentes traballos de tratamento do chan e os cultivos de vexetais. Comprende todo un conxunto de accións humanas que transforma o medio ambiente natural.

As actividades relacionadas son as que integran o chamado sector agrícola. Todas as actividades económicas que abarca devandito sector teñen o seu fundamento na explotación dos recursos que a terra orixina, favorecida pola acción do ser humano: alimentos vexetais como cereais, froitas, hortalizas, pastos cultivados e forraxes; fibras utilizadas pola industria téxtil; cultivos enerxéticos etc.

A agricultura tamén comprende unha demanda global do ramo e servizo da alimentación mundial depende en gran medida do clima e das técnicas para poder facer a terra fértil, conserva a súa orixe na propiedade privada e na explotación da terra entregada a familias para poder establecerse.

É unha actividade de gran importancia estratéxica como base fundamental para o desenvolvemento autosuficiente e riqueza das nacións.

A persoa que traballa na agricultura é o agricultor ou a agricultora, a se mesmo a ciencia que estuda a práctica da agricultura é a agronomía.

Animal Diversity Web

Animal Diversity Web (ADW) é o sitio web do Museo de Zooloxía da universidade de Michigan.

É unha base de datos online que recompila a historia natural, a clasificación, as características, a bioloxía da conservación e información da distribución de miles de especies de animais. Inclúe miles de fotografías, centos de clips de son e un museo virtual.

Artrópodos

O dos artrópodos (Arthropoda, do grego ἄρθρον, árthron, «articulación» e πούς, poús, «pé») é un filo de animais caracterizados por teren un exoesqueleto (esqueleto externo), o corpo segmentado e provisto de apéndices articulados.

Constitúen o filo máis numeroso e diversificado do reino animal, e inclúe, entre outros, aos insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Coñécense case 1 200 000 especies descritas, a súa maioría insectos (un millón), que representan polo menos o 80 % de todas as especies animais coñecidas.

Varios grupos de artrópodos están perfectamente adaptados á vida no aire, igual que os vertebrados amniotas, e a diferenza de todos os demais filos de animais, que son acuáticos ou requiren ambientes húmidos.

A súa anatomía, a súa fisioloxía e o seu comportamento revelan un deseño simple pero admirabelmente eficaz. Os artrópodos existen en todos os ambientes da terra: no mar, na auga doce, no medio terrestre e no aire. Existen tamén moitas formas parasitas e simbióticas.

CITES

O Convenio CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de fauna e flora silvestres) é un acordo internacional concertado entre os gobernos para asegurar que o comercio internacional de espécimes de animais e plantas salvaxes non ameace a súa supervivencia no seu medio natural. Foi asinado en Washington o 3 de marzo de 1973 por 21 países e entrou en vigor o 1 de xullo de 1975. Actualmente están adheridos 172 países, denominados Partes. A adhesión de España ao Convenio CITES efectuouse mediante o Instrumento de ratificación de 16 de maio de 1986.

Hoxe en día, o CITES ofrece diversos graos de protección a máis de 33.000 especies de animais e plantas.

Cinexética

A cinexética é a arte da caza, entendendo por esta a actividade ou acción en que xeralmente se captura un animal.

Clasificación científica

Clasificación científica ou clasificación biolóxica é a maneira en que os biólogos agrupan e categorizan especies extinguidas ou actuais de organismos. A clasificación moderna ten as súas raíces no sistema de Carl von Linné, que agrupou as especies de acordo con características físicas compartidas. Estas agrupacións foron revisadas dende a época de Linneo para mellorar a consistencia co principio de descendencia común de Charles Darwin. A sistemática molecular, que utiliza a análise do ADN xenómico, levou a moitas revisións recentes e é probable que o continúe facendo. A clasificación científica pertence á ciencia da taxonomía ou bioloxía sistemática.

Cordados

Os cordados (Chordata, do latín chordata, pl. de chordatum "cordado", "con corda"; de chorda, "corda"; literalmente "os que teñen corda") son un filo do reino animal caracterizado por presentar cinco sinapomorfias, a máis destacada das cales é a presenza dunha corda dorsal ou notocorda de células turxentes (e dun tubo neural) polo menos nalgunha fase do seu desenvolvemento.Coñécense preto de 65 000 especies actuais, a maioría pertencentes ao subfilo dos vertebrados, e case a metade das cales son peixes.

Os cordados son un grupo con gran diversidade, adaptados a un gran número de nichos ecolóxicos e que demostraron ao longo da súa historia evolutiva notábeis adaptacións, sobre todo ao medio terrestre e os seus ambientes, aínda que tamén ao acuático ou o anfibio, nos cales moitos deles constitúen os últimos elos tróficos dos seus ecosistemas.

Nos cordados destaca a capacidade de autorregulación e organización interna; algúns, como as aves e os mamíferos, poden elevaren e manteren constante a temperatura do corpo. Estes e outros factores engadiron complexidade a este grupo de animais, permitindo un maior control sobre as reaccións metabólicas e o desenvolvemento dun complexo sistema nervioso.

Fauna Europaea

Fauna Europaea é unha base de datos en liña de nomes científicos e áreas dedistribución de todos os animais pluricelulares terrestres e de auga doce europeos.

A súa construción foi inicialmente promovida pola Unión Europea (2000-2004). O proxecto está coordinado pola Universidade de Ámsterdam.

Gandaría

A gandería ou gandaría é unha actividade económica do sector primario, dedicada á cría do gando, o conxunto de gando dunha explotación gandeira ou a propia explotación gandeira. O obxectivo é sacar proveito da cría e explotación de animais, xeralmente domésticos, para obter carne e outros produtos coma o leite, ovos, coiro ou la.

A gandería bovina, porcina, equina e caprina son as máis comúns, aínda que ultimamente a cría de animais alternativos parece aumentar.

A gandería está intimamente relacionada coa agricultura, e estas dúas actividades humanas dependen dun tipo especial de ambiente e ecosistemas, que son os do medio rural ou agroecosistema.

Global Biodiversity Information Facility

A Global Biodiversity Information Facility (GBIF) é unha organización internacional que trata de que os datos científicos sobre biodiversidade estean dispoñíbeis na Internet usando servizos web. Os datos son proporcionados por moitas institucións de todo o mundo, e a estrutura da información da GBIF fai que estes datos sexan accesíbeis e permite buscas nun único portal. Os datos dispoñíbeis a través do portal da GBIF son principalmente datos de distribución de plantas, animais, fungos e microorganismos, e datos de nomes científicos.

A misión da GBIF é facilitar o acceso libre e aberto aos datos de biodiversidade do mundo para propiciar un desenvolvemento sustentábel. As prioridades, cun énfase en promover a participación e traballar con socios, inclúen mobilizar datos sobre biodiversidade, desenvolver protocolos e estándares para asegurar a integridade científica e a interoperabilidade, construír unha arquitectura informática que permita a interconexión de distintos tipos de datos provenientes de fontes dispares, promover a construción de capacidades e catalizar o desenvolvemento de ferramentas analíticas para unha mellor toma de decisións.

A GBIF trata de formar ligazóns informáticas entre recursos de datos dixitais de todo o espectro da organización biolóxica (de xenes a ecosistemas), e conectar estes con problemas importantes para a ciencia, a sociedade e a sustentabilidade usando xeoreferenciación e ferramentas de información xeográfica. Traballa en asociación con outras organizacións internacionais como a asociación do Catálogo da Vida, Biodiversity Information Standards (TDWG), Consortium for the Barcode of Life (CBOL), a Encyclopedia of Life (EOL) e GEOSS.

Insectos

A dos insectos (Insecta) é unha clase de animais invertebrados, do filo dos artrópodos.

A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía.

Lista Vermella da IUCN

A Lista Vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) é unha lista de especies, subespecies, variedades ou mesmo poboacións de seres vivos ameazados de extinción, en graos variados, organizada hai corenta anos. É o inventario máis completo das especies animais e vexetais a nivel mundial.

Pola súa solidez científica, a Lista Vermella da UICN está considerada como a relación de maior autoridade sobre o estado da diversidade biolóxica.

O obxectivo da Lista Vermella é transmitir a urxencia e magnitude dos problemas de conservación a toda a sociedade e ás autoridades, motivando así á comunidade mundial para tratar de reducir a extinción das especies animais e vexetais. A Lista Vermella actualízase cada 4 ou 5 anos e está dispoñíbel en internet.

Pel

A pel é o órgano de revestimento externo do corpo humano e de moitos animais. Nos humanos é o maior órgano do corpo, responsable da protección do organismo contra o medio externo.

Por extensión, denomínase pel á superficie externa doutras realidades, como das froitas ou da propia terra, así como o material elaborado con este tecido animal para a confección de roupa, con ou sen pelo (como sería o caso da pel de visón ou do coiro, por exemplo).

Reino (bioloxía)

En bioloxía, reino é cada unha das grandes subdivisións en que se consideran distribuídos os seres naturais, por razón dos seus caracteres comúns.

Foi Aristóteles quen deu en facer a primeira clasificación en Reinos de tódalas entidades que se manifestan na Natureza. En base ás diferenzas entre estas entidades establécese a clásica distinción entre os reinos animal, vexetal e mineral. Na actualidade, case tódalas clasificacións deixan á parte ós minerais. Isto non simplificou a taxonomía dos entes naturais, senón que propiciou para os virus unha especie de non clasificación, xa que non se consideran seres vivos en sentido estrito, a pesar de que «paradoxalmente, todo o mundo quere matalos» . Así pois, a primera subdivisión dos entes da natureza debe distinguir entre seres vivos, virus e minerais. En bioloxía, a clasificación en reinos céntrase nos seres vivos.

A seguinte é unha comparativa dos sistemas de clasificación en reinos biolóxicos máis salientables:

Debido á enorme variedade da vida establecéronse numerosos niveis de clasificación denominados taxóns. O nivel de Reino era ata hai pouco o nivel superior da clasificación biolóxica. Nas clasificacións modernas o nivel superior é o Dominio. Cada un dos Dominios subdivídense en Reinos; os Reinos, á súa vez, poden organizarse en Subreinos etc. Os niveis superiores da clasificación biolóxica amósanse a continuación (de xeral a concreto, os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa):

As diferenzas básicas dos seres vivos danse a nivel molecular (estrutura dos lípidos, proteínas e xenoma) e permiten distinguir os dominios Archaea, Bacteria e Eukarya (dende este punto de vista, unha planta e un animal son máis semellantes entre si ca unha archaea e unha bacteria). Os dominios Archaea e Bacteria inclúen só organismos unicelulares procariotas (organismos con células sen núcleo). O dominio Eukarya inclúe tódalas eucariotas (organismos con células con núcleo) e comprende numerosos reinos, entre os cales se atopan os protozoos (clasificados en varios reinos), plantas, fungos e animais.

A continuación amósase a clasificación en reinos dos seres vivos segundo os últimos datos moleculares. Os virus clasifícanse á parte.

Réptiles

Os réptiles son os animais pertencentes á clase Reptilia, grupo de vertebrados amniotas e tetrápodos que teñen escamas ou diversas estruturas córneas na pel. Trátase dun grupo de animais que comprende non só tódolos réptiles que existen hoxe no mundo senón que inclúe ademais algúns outros grupos que foron moi abondosos no pasado e que logo desapareceron durante o proceso evolutivo como son, por exemplo, os dinosauros.

Réptil significa "que repta", é dicir que anda arrastrándose. Esta non é unha característica universal deste grupo de animais xa que algúns non se arrastran senón que, por exemplo, teñen patas para o seu desprazamento (exemplo: os lagartos e as tartarugas).

A parte da zooloxía que trata dos réptiles leva o nome de herpetoloxía, na que tamén se inclúe o estudo dos anfibios.

Sociedade

A sociedade é o conxunto de individuos que comparten fins, condutas e cultura, e que se relacionan interactuando entre si, cooperativamente, para constituír un grupo ou unha comunidade. Existen sociedades animais, cuxo estudo realízao a sociobioloxía ou a etoloxía social, como as sociedades de formigas ou as de primates. As sociedades de humanos son estudadas polas chamadas disciplinas sociais, principalmente a socioloxía e outras como a antropoloxía e a economía. Modernamente, existe un interese da física, desde a perspectiva de sistemas complexos, polo estudo de fenómenos sociais; este esforzo deu lugar a disciplinas como a sociofísica e a econofísica. Nun sentido aínda máis amplo, fálase de sociedade virtual referida ós fenómenos que se xeran e observan en grupos baixo interacción no ciberespazo, sociedades artificiais como a de ordenadores interconectados ou sociedades de robots, de autómatas, de criaturas dixitais etcétera.

Uberon

Uberon é unha ontoloxía de anatomía comparada que representa unha gran variedade de estruturas atopadas en animais, como pulmóns, músculos, ósos, plumas e aletas. Estas estruturas están conectadas a outras estruturas vía relacións como meronimia e "desenvolvido dende". Un dos usos desta ontoloxía é o de integrar datos dende bases de datos biolóxicas diferentes, e dende outras ontoloxías específicas de especies como o Foundational Model of Anatomy.

Vertebrados

Os vertebrados (Vertebrata) ("os que teñen vértebras"), son un subfilo moi diverso de cordados que comprende aos animais con espiña dorsal ou columna vertebral composta de vértebras.

Inclúe case 62 000 especies actuais e moitas máis fósiles.

Aínda que procedentes do medio dulciacuícola, os vertebrados conseguiron evolucionar no mar e pasar, posteriormente, ao medio terrestre, onde dominan na actualidade logrando colonizar e adaptarse a diferentes ambientes, incluídos os máis difíciles e inhóspitos.

O termo Vertebrata, usado en sentido amplo, é sinónimo de Craniata, e inclúe os mixíns, que non posúen auténticas vértebras; pero de usarmos Vertebrata en sentido estrito (só os cordados con vértebras), debe excluírse dito grupo. Porén, hai evidencias de que os mixíns deben seren incluídos.

Zooloxía

A zooloxía (dos termos do grego antigo ζῷον zõon, 'animal', e λόγος lógos, 'discurso', 'tratado') é a ciencia que estuda os animais, incluíndo a súa estrutura, embrioloxía, evolución, clasificación, hábitos e distribución de todas as especies.

Reunindo varias disciplinas e utilizando numerosas técnicas, esta ciencia foi lentamente elaborada a través do paso dos tempos, desde a máis remota antigüidade. Historicamente, as primeiras reflexións precientíficas referidas á zooloxía que chegaron até a actualidade son as do filósofo grego Aristóteles, do IV a.C.. As tentativas de clasificación das especeies animais foron numerosas e frecuentemente modificadas desde aquela época.

Filos do Reino Animal

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.