Anguía

A anguía, tamén coñecida como airoa, eiroa[4] ou anguía europea (Anguilla anguilla) é un peixe teleósteo da familia dos anguílidos.

Anguía
Anguilla anguilla
Anguilla anguilla

Estado de conservación
Crítico

Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Elopomorpha
Orde: Anguilliformes
Familia: Anguillidae
Xénero: Anguilla
Garsault, 1764 [2]
Especie: A. anguilla
Nome binomial
Anguilla anguilla
(Linnaeus, 1758) [3]
Sinonimia
  • Anguilla vulgaris Shaw, 1803 [3]

Caractarísticas

De corpo alongado e cilíndrico, a femia mide ata 150 cm e o macho ata 50 cm, con escamas rudimentarias cubertas dunha substancia viscosa, aletas pectorais moi pequenas e unha aleta dorsal que se prolonga ata a cola.

Crese que se reproduce no mar dos Argazos. Os pais morren e as larvas, de menos de 1 cm de longo, soben á superficie, onde as correntes as arrastran cara a terra, nunha migración que dura tres anos ata que se transforman en meixóns (que se comercializan co nome de angulas). Posteriormente, entran na auga doce, onde viven ata que lles chega a época da desova.

Aliméntase de larvas de insectos, crustáceos e peixes mortos.

Pesca e acuicultura

Dende os anos 70 o número de anguías en Europa caeu arredor do 90 % [Cómpre referencia] debido á contaminación, a parasitos como a Anguillicola crassus, ás barreiras que o home pon nos ríos (centrais hidroelécricas) e aos cambios naturais na oscilación do Atlántico Norte.

En Galicia, antigamente víase en todo o río Miño, pero hoxe non pasa do encoro de Belesar.

A pesar de ser unha especie en franca regresión en boa parte da súa área de distribución, a anguía europea segue a ser unha especie de grande importancia comercial, tanto pescada nlos ríos cando os remontan como angulas, como cando se pescan cando teñen gran tamaño antes de que regresen ao mar. Así mesmo, cultívanse en piscifactorías con excelentes resultados,[3] aínda que non se conseguiu pechar o ciclo e as granxas necesitan extraer da natureza unha subministración regular de crías salvaxes para a súa engorda.

Eel inEurope
Distribución natural nos ríos de Europa.
European eel farming
Países europeos con acuicultura da anguía.

Os ensaios con anguías xaponesas na acuicultura europea crearon un problema importante, ao estender por toda Europa un nematodo asiático, Anguilicola crassus, que ameaza a supervivencia da especie. O parasito interno é ben tolerado pola anguía xaponesa (Anguilla japonica), pero destrúe unha porcentaxe apreciable do tecido reprodutor da anguía europea, reducindo a súa fecundidade, e tamén dana a súa vexiga natatoria.[5] Para un animal que debe facer unha longa viaxe oceánica para reproducirse a carencia da vexiga pode ser desastrosa. Implica un gasto enerxético adicional moi importante para manterse a flote e é probable que as anguías parasitadas nunca cheguen ao seu destino por esgotar antes as súas reservas.

Os plásticos no mar son probablemente outro enorme problema para a supervivencia das larvas que probablemente inxiren partículas plásticas en vez de plancto e morrerían de inanición oi por obstrución intestinal. Todo iso, unido á sobreexplotación pesqueira fai que o futuro da especie a medio prazo, polo menos como recurso económico, sexa bastante preocupante. A UICN alertou de que nos últimos 60 anos a poboación pode que se reducira ata nun 80 %.[6]

Gastronomía

En gastronomía pode consumirse fresca ou conservada afumada ou conxelada, existindo multitude de pratos na gastronomía europea cociñados con ela.[7] Cómpre recordar, porén, que o sangue da anguía en cru e, por extensión, a pel ben irrigada, son tóxicas para os humanos. As toxinas deben ser eliminadas mediante varias formas de preparación (como, por exemplo, a cocción).

En Galicia

En varios lugares de Galicia celébranse festas gastronómicas dedicadas á anguía: Ponte Sampaio, Barral ou O Carballiño.

Notas

  1. Jacoby, D.; Gollock, M. (2014). "Anguilla anguilla". Lista Vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) 2014: e.T60344A45833138. doi:10.2305/IUCN.UK.2014-1.RLTS.T60344A45833138.en. Consultado o 3 de xaneiro 2018.
  2. Pl. 661 in Garsault, F. A. P. de 1764. Les figures des plantes et animaux d'usage en medecine, décrits dans la Matiere Medicale de Mr. Geoffroy medecin, dessinés d'après nature par Mr. de Gasault, gravés par Mrs. Defehrt, Prevost, Duflos, Martinet & c. Niquet scrip. [5]. - pp. [1-4], index [1-20], Pl. 644-729. Paris.
  3. 3,0 3,1 3,2 Anguilla anguilla (Linnaeus, 1758)[Ligazón morta] en FishBase,
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anguia..
  5. R. S. Kirk. The impact of Anguillicola crassus on European eels. Fisheries Management and Ecology. Volume 10, Issue 6, páxinas 385–394, Decembro de 2003.
  6. Anguilla anguilla na Lista vermella da UINC.
  7. Frimodt, C. (1995): Multilingual illustrated guide to the world's commercial coldwater fish. Fishing News Books, Osney Mead, Oxford, England. 215 p.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Deelder, C. L. (1984): "Synopsis of biological data on the eel, Anguilla anguilla (Linnaeus, 1758)", FAO Fish. Synop. (80, Rev. 1): pp. 73.
  • Dekker, W., B. van Os w J. van Willigen (1998): "Minimal and maximal size of eel. L'Anguille Europeenne". 10e Réunion du groupe de travail "Anguille" EIFAC/ICES. Bulletin Francais de Peche et Pecherie, Conseil superieur de la peche, Paris (France), 1998.

Outros artigos

Ligazóns externas

Actinopterixios

Os actinopterixios (Actinopterygii) son unha clase de peixes óseos (Osteichthyes).

Constitúen o grupo dominante entre os vertebrados, con máis de 27 000 especies actuais que desenvolveron estratexias adaptativas que lles permitiron colonizar toda clase de ambientes acuáticos, tanto mariños como dulciacuícolas.

Os peixes máis coñecidos pertencen a este grupo: troitas, salmóns, sardiñas, percas, arenques, atúns, linguados, carpas, anguías etc.

Anguila

Anguila é unha colonia británica no Caribe, que comprende a Illa de Anguila e máis algúns illotes próximas, e que ten fronteira marítima con San Martiño, unha dependencia de Guadalupe, ao sueste. Ao oeste, ten como veciño máis próximo outra colonia británica: as Illas Virxes Británicas. A súa capital é The Valley.

Anguía eléctrica

A anguía eléctrica (Electrophorus electricus) é unha especie de peixe da familia Gymnotidae. Pode emitir descargas eléctricas de até 600 voltios a partir dun grupo de células especializadas. Emprega as descargas eléctricas para cazar presas, para defenderse e para comunicarse con outras anguías. É a única especie do seu xénero. Aínda de chamarselle comunmente anguía, non está emparentada con ela, senón coa carpa, o bagre...

Son nativas de toda América do Sur, típica da Bacía amazónica (ríos Amazonas, Orinoco, Madeira), onde é coñecida como poraquê.

Anguílidos

Os anguílidos (Anguillidae) son unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes que inclúe un só xénero, Anguilla, coñecidos vulgarmente como anguías.

Son peixes eurihalinos que pasan parte da súa vida no mar e outra parte nos ríos, con comportamento catádromo. Están distribuídas pola maior parte das aguas tropicais e temperadas excepto no leste do océano Pacífico e no sur do Atlántico.

Angüiliformes

Os Angüiliformes (Anguilliformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos elopomorfos (Elopomorpha), caracterizados por teren o corpo de forma alongada que semella o dunha serpe, e que reúne especies tanto mariñas como de río.

Aparecen por primeira vez no rexistro fósil durante o cretácico medio.

O nome da orde procede do latín anguilla, que significa anguía (e que é o nome do xénero tipo, Anguilla) e o sufixo do latín cientíico -iformes, "en forma de"; é dicir, literalmente, "os [peixes] que teñen forma de anguía".

A orde inclúe especies de tanto valor comercial como as anguías, as moreas e os congros.

Catarroja

Catarroja é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud. Limita con Albal, Alcàsser, Massanassa, Paiporta, Picanya, Torrent e a cidade de Valencia.

Chlamydoselachus

Chlamydoselachus é o xénero tipo da familia dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae).

Conta con 2 especies vivas, Chlamydoselachus anguineus (o tiburón anguía), citado nas augas de Galicia, e C. africanus, o tiburón anguía surafricano, obxecto de discusión académica, e 8 máis extintas.

Clamidoseláquidos

A dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae) é unha pequena familia de elasmobranquios (Elasmpobranchia) moi primitivos da orde dos hexanquiformes (Hexanchiformes), que comprende tan só un xénero extinto e outro con oito especies extintas e unha viva, Chlamydoselachus anguineus, o tiburón anguía, presente nas augas de Galicia, e outra máis, C. africana (o tiburón anguía surafricano), propia dos mares da África austral, que está en discusión.

As especies fósiles e a actual (ou actuais) difiren o suficiente dos outros hexanquiformes (familia dos hexánquidos) que o ictiólogo Shigeru Shirai propuxo recentemente crear unha orde particular para estas especies, a dos clamidoselaquiformes (Chlamydoselachiformes).

Elopomorfos

Os elopomorfos (Elopomorpha) son unha superorde de peixes teleósteos, case todos mariños coa excepción das anguías de río. Presentan unha metamorfose na que as larvas (leptocéfalas) se converten en adultos morfoloxicamente moi distintos.

Algúns taxónomos non consideran que a existencia desta larva característica, como nesgo identificador do taxon, non é suficiente para constituír un taxon independente, o que provoca que a situación da superorde estea en revisión.

Heteroconger

Heteroconger é un xénero de peixes angüiliformes da familia dos cóngridos que comprende varias especies, coñecidas como heterocongros, e que, xunto coas do xénero Gorgasia, constitúen a subfamilia dos heterocongrinos.

Son peixes moi semellantes ás anguías, das que se diferencian sobre todo por viviren enterrados na area ou na lama do fondo, do que sobresae só a cabeza e a parte anterior do tronco, e que viven xeralmente agrupados en colonias, polo que tamén reciben os nomes de anguías de xardín ou anguías tubícolas. Aliméntanse de plancto.

O xénero foi descrito por Bleeker no ano 1868.

Meixón

Meixón é o nome que recibe a angula ou cría da anguía. Amais, o topónimo galego Meixón pode referirse a:

O Meixón, lugar da parroquia de Donas, no concello de Gondomar;

O Meixón, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Ortigueira;

Meixón Frío, lugar da parroquia de Liáns, no concello de Oleiros;

A Cruz do Meixón, lugar da parroquia de Sismundi, no concello de Cariño.

Mixíns

As mixinas (Myxini, do grego antigo μύξα mýxa, "moco"), tamén coñecidos como peixes bruxa ou hiperotretos (Hyperotreti), son unha pequena clase de ágnatos, que inclúe unha soa orde, a dos mixiniformes (Myxiniformes), cunha única familia, a dos mixínidos (Myxinidae) que reúne unhas 60 especies actuais.

Son peixes mariños, propios das augas frías, con forma de anguía, cubertos por unha substancia mucilaxinosa, e carecen de maxilares.

Constitúen o único grupo de de animais cosiderados como peixes que non pertence ao subfilo dos vertebrados, xa que non teñen un verdadeiro esqueleto interno: o corpo está sustentado pola corda dorsal, e o cranio é incompleto, estando o cerebro protexido apenas por unha vaíña fibrosa.

De acordo con estudos recentes, estes peixes clasfícanse dentro do clado dos Hyperotreti, que pode ser considerado como un subfilo dos cordados.

Muxe

O nome de muxe, munxe ou muxo designa varias especies de peixe, esencialmente Mugil sp, dentro da familia dos Muxílidos (Mugilidae). Tamén se aplica a outros peixes das familias Cyprinidae, Lebiasinidae ou Polynemidae.

Ourizo de mar

O ourizo do mar ou ourizo mariño é un animal mariño pertencente á clase Echinoidea dos equinodermos (do grego echinos, "espiñas", e derma, "pel"). Existen aproximadamente 940 especies que habitan todos os océanos, ata os 5000 metros de profundidade .

Río Bann

O río Bann (River Bann en inglés, en gaélico irlandés an Bhanna, posiblemente proveniente de an bhan-abha, "o río branco") é o maior río de Irlanda do Norte, cunha lonxitude total de 129 km. O río nace na esquina sueste de Irlanda do Norte fluíndo cara á costa noroeste, deténdose no medio do camiño para formar o gran lago Neagh. Segundo C.Michael Hogan, o val do río Bann é a área de asentamento dos primeiros humanos tras a fin da última glaciación. O río xogou un papel importante na industrialización do norte de Irlanda, especialmente coa industria do liño. Hoxe en día, a pesca do salmón e a anguía é a principal atracción económica do río. O río é a miúdo empregado para dividir Irlanda do Norte nunha zona oeste e leste. As poboacións, concellos e empresas do "oeste do Bann" son vistos a miúdo como que teñen menos investimento por parte do goberno que os outros do leste. Tamén se pode ver como unha división política e relixiosa, alén da económica, con católicos, nacionalistas e republicanos sendo maioría no oeste, e protestantes e unionistas sendo maioría no leste, sendo o oeste máis rural que o leste, onde se atopa o Gran Belfast, capital industrial e financeira, ademais da da propia Irlanda do Norte.A área de captación do lago Neagh ocupa o 43% do terreo de Irlanda do Norte, así como algunhas áreas limítrofes da República de Irlanda. A Rivers Agency controla o nivel da auga do lago empregando unha presa en Toome. O actual plan de drenaxe foi enxeñado por Percy Shepherd e foi permitido pola Acta de Navegación e Drenaxe no lago Neagh e o Bann Baixo de Irlanda do Norte de 1955.. O nivel das augas anda entre os 12,45 metros e 12,6 metros sobre a Ordnance Datum, como define o plan de 1955 (como tamén a emenda de 2004)..

Tiburón anguía

O tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus) é unha das dúas especies existentes de tiburóns da familia dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae), que se distribúe, ampla pero irregularmente, polos océanos Atlántico e Pacífico.

Esta especie pouco común áchase na plataforma continental exterior e na parte superior do noiro continental, polo xeral cerca do fondo. Presentando varias características primitivas, coinsidérase como un fósil vivente.

Alcanza unha lonxitude de ate 4 m e corpo, de cor parda escura, parecido ao duna anguía.

As aletas pectorais son curtas e arredondadas. A aleta dorsal única, pequeña, está colocada moi atrás, fronte á aleta anal, e ten a marxe arredondada. As aletas pélvicas a a anal son grandes e arredondadas. A aleta caudal é moi longa e de fotrma máis ou menos triangular, sen un lóbulo inferior ou unha incisura ventral no lóbulo superior.Presenta un par de pregas de pel grosa ao longo do ventre, de función desconocida, separadas por sucos.

Tiburón anguía surafricano

O tiburón anguía surafricano (Chlamydoselachus africana) é unha nova especie de tiburón da familia dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae) descrita en 2009 por Ebert e Compagno.Encóntrase en augas profundas das costas de Angola, Namibia e Suráfrica.

É difícil de distinguir do seu parente máis próximo, o tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus, o outro membro da familia.

Parece ser un organismo especializado depredador de tiburóns máis pequenos, aos que apaña coas súas mandíbulas flexíbeis dotadas de numerosos dentes recurvados, en forma de agulla, capturando e tragando as súas presas enteiras.

A súa reprodución é ovovivípara, como no outro membro da familia.

Valga

Valga é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2014 era de 6.050 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valgués, valguesa».

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.