Andrea Porto

Andrea Porto Mato, nada en Codeseda (A Estrada) o 14 de decembro de 1989, é mestra, música e poeta.

Andrea Porto
Nome completoAndrea Porto Mato
Nacemento14 de decembro de 1989
 Codeseda, A Estrada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra e escritora

Traxectoria

Mestra Diplomada de Educación Musical na Universidade de Santiago de Compostela, e titulada superior na especialidade de Pedagoxía da Linguaxe e da Educación Musical, no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Gañou os premios de poesía O Grelo e Avelina Valladares cos seus libros Eco in aeternam e SaLGada, respectivamente. En 2015 gañou o premio de poesía Xosé Manuel Ardeiro co poemario Caleidoscopio[1]. Actualmente é compositora e baixista no grupo galego A banda da Loba.[2]

Obras

Poesía

  • Eco in aeternam, 2009, Fundación Amigos de Galicia.
  • SaLGada, 2010, Fervenza.
  • Caleidoscopio, 2015, Concello de Negreira.

Obras colectivas

  • Deitados en leitos de follas novas, Premios Literarios Minerva.
  • Narrativa Contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.
  • VI Certame Literario do Concello de Ames, 2009, Concello de Ames.
  • Elas teñen a palabra, 2010, Xunta de Galicia.
  • Dairas, 2010.
  • O libro dos Reis Magos, 2012, Editorial Galaxia.
  • Pedigree, 2013.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.

Premios

  • Gañadora do XV Premio de Poesía O Grelo no 2009, por Eco in aeternam.
  • Gañadora da XIV edición do Premio de poesía Avelina Valladares, convocado polo Concello da Estrada, por SaLGada.
  • Gañadora do III Premio de poesía Xosé Manuel Ardeiro, convocado polo concello de Negreira, por Caleidoscopio.

Notas

  1. La poetisa estradense Andrea Porto recibe el Premio de Poesía Xosé Manuel Ardeiro
  2. "La banda que aúlla desde Codeseda". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de abril de 2018. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

14 de decembro

O 14 de decembro é o 348º día do ano do calendario gregoriano e o 349º nos anos bisestos. Quedan 17 días para finalizar o ano.

A banda da Loba

A banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular. Bailando as rúas é o título do seu primeiro traballo, enteiramente autoproducido e editado no Nadal de 2017. En marzo de 2018 gañaron o certame aRi[t]mar de música galega portuguesa.

Premio de poesía Avelina Valladares

O premio Avelina Valladares Núñez de poesía, é un premio literario convocado polo Concello da Estrada dende 1997.

Que ten como obxectivo a promoción da nosa lírica contemporánea así como propalar a figura de Avelina Valladares.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.