Andrea Nunes Brións

Andrea Núñez Briones, coñecida tamén como Andrea Nunes Brións[1], nada en Marín o 13 de abril [Cómpre referencia] de 1984, é unha escritora galega.

Andrea Nunes Brións
Andrea Nunes Brións
Nome completoAndrea Nunes Brións
Nacemento13 de abril de 1984
 Marín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta e escritora

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. É unha activista política e feminista. A súa obra céntrase no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007 editado por Aturuxo (Federación Galega de Asociacións Lésbicas, Gais, Bisexuais e Transexuais).

A súa última obra Todas as mulleres que fun, publicada en 2011, é un poemario ilustrado por Annet Borrás de temática erótica e de crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica.

Obra

Poesía

  • Corrente do esquecemento. Santiago de Compostela: Aturuxo, 2007.
  • Todas as mulleres que fun. Santiago de Compostela: Corsárias, 2011.

Obras colectivas

En colaboración coas Candongas do Quirombo

Premios

  • Gañadora con María Rosendo do premio de Poesía Erótica Illas Sisargas non 2017, por Diáspora de amor balea[2].

Notas

  1. Hemeroteca de Galicia Hoxe
  2. Andrea Nunes e María Rosendo gañan o Illas Sisargas de poesía erótica

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Sega

A Sega é unha plataforma de crítica literaria feminista galega. Fundouse no ano 2013.

Nas primeiras segadoras estaban Andrea Nunes Brións, María Reimóndez, Marga Romero, Lara Rozados, Susana Sánchez Aríns e Beatriz Suárez Briones.En 2014 comezaron a celebrar o Día das Galegas nas Letras.

Lázaro Louzao

Hilario Pérez Louzao, máis coñecido como Lázaro Louzao, nado en Xove en 1988, é un cineasta e fotógrafo galego.

María Rosendo

María Rosendo Priego, nada en Vigo o 16 de febreiro de 1984, é unha poeta galega.

Premio de poesía Pérez Parallé

O Premio Nacional de Poesía Xosémaría Pérez Parallé convócao cada ano desde 1987 o Círculo Mercantil e Industrial Unidad de Fene como homenaxe a Xosé María Pérez Parallé o día do seu pasamento o 1 de novembro. Nun principio o premiado era un só poema en lingua galega ou española. En 2005, prodúcese unha transformación radical das bases do premio, en boa parte por iniciativa de Eduardo Estévez, que dirixía un obradoiro literario do Concello de Fene. O premio pasa a dirixirse de forma específica a libros de poesía en galego de autores inéditos. A convocatoria conta coa colaboración do Concello de Fene, inicialmente carecía de retribución económica, consistindo o premio na publicación da obra pola editorial Espiral Maior. Desde a XXV edición o premio conta cunha dotación económica que foi inicialmente de 500 € e foi subindo até acadar os 2500 € na edición de 2018.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.