Andrés Torres Queiruga

Andrés Torres Queiruga, nado en Aguiño, Ribeira, o 28 de maio de 1940, é un teólogo e escritor galego.

Andrés Torres Queiruga
Queiruga foto
Andrés Torres Queiruga no 2004.
Nacemento28 de maio de 1940
 Aguiño
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade Pontificia Comillas
Ocupaciónteólogo, autor, escritor, profesor, tradutor e editor literario
XénerosEnsaio
EstudosTeoloxía, Filosofía
PremiosPremio Nacional de Tradución de España

Traxectoria

Realizou estudos de teoloxía no seminario de Santiago de Compostela e na Universidade Pontificia Comillas. Licenciado en Filosofía (1962) e Teoloxía (1966). Posteriormente, tras dous anos en Roma, realizou a súa tese sobre Ángel Amor Ruibal, en 1973. É tamén doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela no 1988, coa tese Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri.

A súa actividade como docente levouno á Universidade de Santiago, onde foi profesor de Filosofía da Relixión, Clásicos da Metafísica e Filosofía Alemá na Época da Ilustración na Facultade de Filosofía. Foi tamén profesor de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán.

Membro da Real Academia Galega (1980) e do Consello da Cultura Galega, foi ademais un dos fundadores e director da revista de pensamento cristián Encrucillada.

A súa obra divulgou a miúdo posturas discordantes co que postulaba a Igrexa católica, en particular sobre os conceptos do Espírito Santo e a interacción de Deus sobre a creación. Esta visión discrepante levou a diversas tensións co goberno da Igrexa, e a que en 2012 a Comisión da Doutrina da Fe da Conferencia Episcopal Española o apercibise publicamente por "distorsionar elementos da fe da Igrexa" como "a clara distinción entre o mundo e o creador e a posibilidade de que Deus interveña na historia e no mundo alén das leis que el mesmo estableceu" ou a distinción entre "creación e salvación", así como "a necesidade da graza sobre natural para alcanzar o fin último do home"[1]

Ante esta nota, a Real Academia Galega fixo público un comunicado expresando a súa protesta contra o que cualificaba de "conculcación da liberdade de pensamento" do intelectual galego [2].

Predecesor:
Francisco Fernández Rei
 Vicesecretario da RAG 
2013-
Sucesor:
No cargo

Obra en galego

Ensaio

Estas son as súas principais obras[3]:

  • Teoloxía e sociedade, 1974, SEPT.
  • Recupera-la salvación, 1977, SEPT.
  • Nova aproximación a unha filosofía da saudade, 1981, Real Academia Galega.
  • A revelación como maieútica histórica, 1984.
  • Rolda de ideas, 1984, SEPT.
  • A revelación de Deus na realización do home, 1985, Galaxia. Traducida ao español (1987) e ao italiano (1991[4]).
  • Creo en Deus Pai. O Deus de Xesús e a autonomía humana, 1986, SEPT.
  • Noción, religación, trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri, 1990, Fundación Barrié.
  • O inferno a revisión, 1995, Irimia.
  • Recupera-la creación. Por unha relixión humanizadora, 1996, SEPT.
  • Do Terror de Isaac ó Abbá de Xesús, 1999, SEPT.
  • Repensar a resurrección. A diferencia cristiá na continuidade das relixións e da cultura, 2002, SEPT. Traducido ao castelán como Repensar la resurrección, publicado en Trotta, no 2003.
  • Para unha filosofía da saudade, 2003, Fundación Otero Pedrayo.
  • Diálogo das relixións e autocomprensión cristiá, 2005, SEPT.
  • Repensar o mal. Da poneroloxía a teodicea, 2010, Galaxia.
  • Alguén así é o Deus en quen eu creo, 2012, Galaxia.

Obras colectivas

Premios

Obra en castelán

Ensaio

  • Constitución y evolución del dogma: la teoría de Amor Ruibal y su aportación, 1977, Marova, Madrid.
  • Opción por los pobres: La justicia del Dios cristiano, 1988, Editorial S. M.
  • El Dios de Jesús. Aproximación en cuatro metáforas, 1991, Sal Terrae, Santander.
  • La constitución moderna de la razón religiosa. Prolegómenos a una Filosofía de la Religión, 1992, Verbo Divino, Lizarra.
  • El cristianismo en el mundo de hoy, 1992, Sal Terrae.
  • El diálogo de las religiones, 1992, Cuadernos Fe y Secularidad, Madrid.
  • Confesar hoy a Jesús como el Cristo, 1995, Cuadernos Fe y Secularidad, Santander/Madrid.
  • La democracia en la Iglesia, 1995, S. M.
  • Repensar la Cristología. Ensayos hacia un nuevo paradigma, 1996, Verbo Divino.
  • Un Dios para hoy, 1997, Cuadernos Aquí y Ahora, Sal Terrae.
  • El problema de Dios en la Modernidad, 1998, Verbo Divino.
  • Creer de otra manera, 1999, Cuadernos Aquí y Ahora, Sal Terrae.
  • Fin del cristianismo premoderno. Retos hacia un nuevo horizonte, 2000, Sal Terrae.
  • Por el Dios del mundo en el mundo de Dios. Sobre la esencia de la vida religiosa, 2000, Sal Terrae.
  • Esperanza a pesar del mal. La resurrección como horizonte, 2005, Sal Terrae.
  • Filosofía de la religión en Xavier Zubiri, 2005, Tirant lo Blanch, Valencia.
  • Repensar la revelación. La revelación divina en la realización humana, 2008.

Obras colectivas

  • Los gallegos, 1976, Istmo, Madrid.
  • Galicia. Realidade económica e conflicto social, 1978, Banco de Bilbao.
  • 10 Palabras clave en Religión, 1992, Verbo Divino, Estella.

Notas

  1. A Inquisición condena a Torres Queiruga por "distorsionar a fe da Igrexa", artigo de David Lombao para Praza Pública, 31/3/2012.
  2. Comunicado da Academia en apoio de Torres Queiruga (3.04.2012).
  3. As datas de publicación das obras están recollidas de Dolores Vilavedra (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995, páx. 579 e da biografía que aparece en Vieiros
  4. Andrés Torres Queiruga: “A gran tarefa é unha Galicia soberana na nova configuración mundial”, El Correo Gallego, 27/9/2010

Véxase tamén

Ligazóns externas

28 de maio

O 28 de maio é o 148º día do ano do calendario gregoriano e o 149º nos anos bisestos. Quedan 217 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.

Encrucillada

Encrucillada é unha revista bimestral, editada pola Asociación Encrucillada, que apareceu en 1977 (daquela editada por SEPT). O seu primeiro director foi o teólogo e académico Andrés Torres Queiruga. Nunha etapa intermedia, a Asociación Irimia (que edita outra revista, Irimia) foi a responsable da edición, permanecendo estable a liña editorial. Actualmente é dirixida por Pedro Castelao, teólogo e profesor da Universidade Comillas, mentres que Torres Queiruga preside a Asociación Encrucillada que publica actualmente a revista.

Encrucillada defínese como "revista galega de pensamento cristián", e aínda que está especializada na temática teolóxica e relixiosa, publica tamén artigos relacionados coa realidade cultural, política e sociolóxica galega. Así, á parte dos artigos específicos en torno a estes temas, cada número inclúe tres crónicas de actualidade: política, cultural e relixiosa. Tamén publica recensións de libros.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Premio Trasalba

O Premio Trasalba é un galardón anual e de carácter honorífico, que recompensa o labor cultural e galeguista de distintos persoeiros vivos (ou recentisimamente falecidos). Promovido pola Fundación Otero Pedrayo, entrégase ininterrompidamente dende 1983 na casa-museo do escritor Ramón Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro).

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Torres

O topónimo Torres pode referirse a:

GalizaSouto de Torres, parroquia do concello lugués de Castroverde;

Torres, lugar de dita parroquia;

Torres, parroquia do concello coruñés de Vilarmaior;

Torres, lugar da parroquia de Borrifáns no concello de Oza-Cesuras;

Castorres, lugar da parroquia de Xiá, no concello de Friol.PortugalTorres Novas, concello do distrito de Santarém;

Torres Vedras, concello do distrito de Lisboa;

Torres, freguesía do concello de Trancoso, no distrito da Guarda;

Torres do Mondego, freguesía do concello de Coímbra, no distrito de Coimbra;

Cabanas de Torres, freguesía do concello de Alenquer, no distrito de Lisboa.Resto do mundoTorres, localidade arxentina do partido de Luján, na provincia de Buenos Aires;

Miguel Torres, localidade arxentina do departamento General López, na provincia de Santa Fe;

Torres, municipio brasileiro do estado de Río Grande do Sur;

Torres del Paine, comuna chilena da provincia de Última Esperanza;

Sabana de Torres, municipio no do departamento de Santander;

Torres, concello andaluz da provincia de Xaén;

Torres Torres, concello da provincia de Valencia.

Torres, localidade aragonesa do concello de Calatayud (provincia de Zaragoza);

Torres, localidade castelá do concello de Medina de Pomar (provincia de Burgos);

Torres, localidade cántabra do concello de Torrelavega;

Torres, localidade alacantina do concello de La Vila Joiosa;

Torres Cabrera, localidade andaluza do concello de Córdoba, na provincia de Córdoba;

Cabo de Torres, cabo asturiano no concello de Xixón;

Porto Torres, municipio italiano da provincia de Sassari;

Zacoalco de Torres, municipio mexicano do estado de Xalisco;

Torres Causana, distrito peruano da provincia de Maynas;

Illas de Torres, arquipélago uruguaio do departamento de Rocha;

Illas Torres, arquipélago de Vanuatu, na provincia de Torba;

Torres, municipio venezolano do estado de Lara;

Estreito de Torres, entre Australia e Papúa Nova Guinea.Amais, como apelido pode referirse a:

Manuel Torres, mestre e pintor galego (1901-1995);

José Torres Mourelles, futbolista galego (n. 1901);

Andrés Torres Queiruga, teólogo galego (n. 1940);

José Luis Torres Colomer, político galego (n. 1942);

Fernando Torres, futbolista español (n. 1984);

Àxel Torres, periodista español;

Curro Torres, futbolista español;

Lolita Torres, cantante arxentina nai do anterior;

Diego Torres, cantautor arxentino;

Joaquín Torres García, artista plástico e teórico da arte uruguaio;

John Fitzgerald Torres Sanmiguel, poeta e narrador colombiano;

Juan José Torres González, político boliviano;

Mara Torres, periodista española;

Xesús Ferro Ruibal

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.