Andrés Díaz Sobral

Andrés Díaz Sobral é un político galego do PSdeG-PSOE.

Andrés Díaz Sobral
 Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 2015 volveu ser o cabeza de lista do PSdeG e foi elixido alcalde co apoio da Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas e do BNG.

Predecesor:
Perfecto Rodríguez Muíños
 Escudo de Puente Caldelas.svg
Alcalde de Ponte Caldelas
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

Outros artigos

Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas

A Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas é un partido político, de corte independente, xurdido no concello de Ponte Caldelas no ano 2015. Liderado por Alfonso Rodríguez Santiago, o partido naceu, en parte, arredor do movemento de oposición á instalación dun crematorio na Reigosa. Participou nos comicios municipais de maio de 2015, obtendo o 14,9 % das papeletas e 2 asentos na corporación. Na investidura, apoiaron como alcalde ao socialista Andrés Díaz Sobral.

Andrés Díaz

O nome de Andrés Díaz pode referirse a:

Andrés Díaz Venero de Leyva, maxistrado e funcionario español (f. 1578);

Andrés Díaz de Rábago, misioneiro galego (n. 1917);

Andrés Díaz Marrero, escritor portorriqueño (n. 1940);

Andrés Díaz, violoncellista chileno (n. 1964);

Andrés Díaz Sobral, político galego;

Andrés Díaz Díaz, atleta galego (n. 1969);

Andrés Díaz Sánchez, escritor español (n. 1973);

Andrés Alejandro Díaz, futbolista arxentino (n. 1983);

Andrés Díaz Durán, futbolista chileno (n. 1995);

Andrés Díaz Rollano, baloncestista español (n. 1996).

Concellos de Galicia

En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais en Ponte Caldelas

Corporacións democráticas en Ponte Caldelas desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — UCD.Modelo:Ponte Caldelas 1979

1983 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — CP.Modelo:Ponte Caldelas 1983

1987 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — AP.Modelo:Ponte Caldelas 1987

1991 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — PPdeG.Modelo:Ponte Caldelas 1991

1995 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — PPdeG.Modelo:Ponte Caldelas 1995

1999 Alcalde: Fidel Rodríguez Toubes — PPdeG.Modelo:Ponte Caldelas 1999

2003 Alcalde: Perfecto Rodríguez Muíños — PPdeG.Modelo:Ponte Caldelas 2003

2007 Alcalde: Perfecto Rodríguez Muíños — PPdeGModelo:Ponte Caldelas 2007

2011 Alcalde: Perfecto Rodríguez Muíños — PPdeG

2015 Alcalde: Andrés Díaz Sobral — PSdeG-PSOECandidatos: Perfecto Rodríguez Muíños (PP), Andrés Díaz Sobral (PSdeG-PSOE), Alfonso Gutiérrez Santiago (Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas) e Manuel Xesús Muíños Rodríguez (BNG).

Perfecto Rodríguez Muíños

Perfecto Rodríguez Muíños, nado en Ponte Caldelas o 12 de febreiro de 1969, é un avogado e político galego do PPdeG.

Ponte Caldelas

Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontecaldelán.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.