André Malraux

André Malraux,[1] nado en 1901 e finado en 1976, foi un escritor, aventureiro e político francés, e unha figura dominante na política e na cultura de seu país.

André Malraux
André Malraux, Pic, 22
Nacemento3 de novembro de 1901
 Marsella
Falecemento23 de novembro de 1976
 Créteil
Causacancro
SoterradoPanteón de París
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Alma máterInstitut national des langues et civilisations orientales, Lycée Turgot e Lycée Condorcet
Ocupaciónpolítico, director de cine, guionista, montador, historiador da arte, novelista, escritor e xornalista
CónxuxeClara Malraux e Madeleine Malraux
FillosFlorence Malraux
IrmánsEmma Simon e Claude Malraux
Coñecido/a porMan's Fate
Premiosoficial da Lexión de Honor, Cruz de guerra 1939-1945, Prêmio Jawaharlal Nehru para Compreensão Internacional, Companion of the Liberation, Ordem de Serviços Distintos, Médaille de la Résistance, Order of the Polar Star - Commander's Grand Cross, Great Cross with Star and Sash of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Prix Interallié, Grand Cordon of the National Order of the Cedar‎, Grand Cross of the Order of the Crown, Grand Cross of the Order of the Oak Crown, Knight Grand Cross of the Order of St. Olav‎, Grand Officer of the Order of Merit of the Italian Republic, Grã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, Ordem do Leão da Finlândia, Grand Cross of the Order of the Dannebrog, Grand Cross of the Order of Wissam El Alaouite, Grand Cross of the Order of George I, Order of the Rising Sun, 1st class, Grand Officer of the Order of the Southern Cross, Order of the Equatorial Star, Premio Goncourt e Prémio Louis-Delluc
SignatureAndréMalraux

Traxectoria

Na década de 1930 integrou á Fronte Popular Antifascista en Francia, e participou na guerra civil española ao lado das forzas republicanas. Despois da segunda guerra mundial, foi nomeado por Charles de Gaulle como ministro de Información, entre o 1945 e o 1946. Tamén foi ministro de Estado entre o 1958 e o 1959, e ministro da cultura entre o 1959 e o 1969. Recibiu o Premio Goncourt en 1933.[2]

Notas

  1. "André Malraux - Site Gallimard". www.gallimard.fr (en francés). Consultado o 16-2-2018.
  2. "Histoire d'un livre : La Condition humaine d'André Malraux - Entretiens et documents". www.gallimard.fr (en francés). Consultado o 16-2-2018.

Véxase tamén

Bibliografía

Todd, Olivier (2001). André Malraux. Une vie. Collection NRF Biographies (en francés). Gallimard. p. 704. ISBN 2070749215.

1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

23 de novembro

O 23 de novembro é o 327º día do ano no Calendario Gregoriano e o 328º nos anos bisestos. Quedan 38 días para rematar o ano.

7 de outubro

O 7 de outubro é o 280º día do ano do calendario gregoriano (281 nos anos bisestos). Quedan 85 días para finalizar o ano.

Albert Camus

Albert Camus, nado en Mondovi -actual Dréan (en arabe : الذرعان)- (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin no departamento de Yonne (Francia) o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés. Dende un punto de vista artístico, trátase dun autor vencellado ao existencialismo, malia que afirmou non comungar cos seus postulados filosóficos. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.

Cinémathèque Française

A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.

Fernando Gerassi

Fernando Gerassi Story, nado en Istambul o 5 de outubro de 1899 e finado en 1974, foi un pintor e activista español de orixe turca.

Grecia

Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O Mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o Mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania. Tanto no seu leste coma no seu oeste, Grecia posúe unha gran cantidade de illas, sendo a maior a Illa de Creta.

Grecia atópase na conxuntura de Europa, Asia e África. A Grecia actual constitúese como herdeira do patrimonio da Grecia antiga, o Imperio Romano o Imperio Bizantino, e o Imperio Otomán. Así mesmo, Grecia é o berce da democracia, a filosofía occidental, os Xogos Olímpicos, a literatura occidental e historiografía, as ciencias políticas, os principios matemáticos, e o drama occidental incluíndo a traxedia e a comedia.

A Grecia actual é un país do primeiro mundo, membro da Unión Europea dende 1981, da Unión económica e monetaria dende 2001, da OTAN dende 1952, da OCDE dende 1961, e da Axencia Espacial Europea dende 2005. Atenas é a súa capital; Salónica e Patras son xunto a capital, as principais cidades do país.

Ideoloxía

Unha ideoloxía é o conxunto de ideas, tendentes á conservación ou transformación do sistema existente (económico, social, político...), que caracterizan a un grupo, institución, movemento cultural, social, político ou relixioso.

O termo ideoloxía foi formulado por Destutt de Tracy (Mémoire sur la faculté de penser, 1796), e orixinalmente denominaba á ciencia que estuda as ideas, o seu carácter, a orixe e as leis que as rexen, así como as relacións cos signos que as expresan. Medio século máis tarde, o concepto dótase dun contido combativo por Carlos Marx, para quen a ideoloxía é o conxunto de ideas (erróneas na súa maior parte) cuxa relación coa realidade é menos importante que o seu obxectivo, que é evitar que os oprimidos perciban o seu estado de opresión. Desde un punto de vista ou outro, o concepto adquire unha tinguidura pexorativa do que non se desprendeu.

Jacques Rivette

Jacques Rivette ([ʒak ʁivɛt]), nado en Ruán (Sena Marítimo) o 1 de marzo de 1928 e finado en París o 29 de xaneiro de 2016 foi un director, guionista e crítico cinematográfico francés, membro do grupo da Nouvelle Vague.

José Carlos González

José Carlos González Rodríguez, nado en Lisboa o 27 de maio de 1937 e finado no ano 2000, foi un poeta, escritor, tradutor e técnico da Biblioteca Nacional Portuguesa.

Lorenzo Varela

Xesús Manuel Lorenzo Varela Vázquez, nado na Habana, Cuba, o 10 de agosto de 1916 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1978, foi un combatente republicano, escritor e poeta galego que viviu a meirande parte da súa vida no exilio. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2005.

María Luz Morales

María Luz Morales Godoy, nada na Coruña en 1898 e finada en Barcelona en 1980, foi unha xornalista e escritora galega do século XX. É considerada unha referencia para a incorporación das mulleres ao xornalismo e literatura no século XX en España. Foi a primeira muller na historia de España en dirixir un xornal nacional.

Despois da guerra civil española foi desactivada das dúas ocupacións polo réxime de Franco, e despois do regreso da democracia continuou a súa actividade, traballando co Diario de Barcelona, ata a súa morte aos 91 anos de idade.

Max Aub

Max Aub Mohrenwitz, nado en París o 2 de xuño de 1903 e finado en Ciudad de México o 22 de xullo de 1972, foi un escritor en lingua castelá de orixe franco-alemá.

A súa obra céntrase sobre todo na novela e no teatro. Foi un dos representantes senlleiros dos narradores españois no exilio, ó que marchou en 1939 obrigado polo seu apoio á Segunda República Española. A súa obra máis coñedida é a serie de novelas El laberinto mágico, no que se recrean os antedentes e o desenvolvemento da guerra civil española.

Orchestre de Paris

A Orchestre de Paris é unha orquestra francesa creada en 1967 na cidade de París e o seu actual director musical é Christoph Eschenbach.

Tras a disolución da Orchestre de la Société des Concerts du Conservatoire o ministro francés de cultura, André Malraux e o director xeral de música, arte lírica e danza do ministerio Marcel Landowski convocaron a Charles Münch para crear unha nova orquestra en París. En 1976 a Orchestre de Paris formou o seu propio coro, habitualmente a Orchestre actúa na Salle Pleyel, agás entre 2002 e 2006 cando actuou no Théâtre Mogador.

Persoeiros da guerra civil española

Esta é unha lista das personalidades máis destacadas da guerra civil española.

Premio Goncourt

O premio Goncourt é un premio literario de Francia creado por Edmond de Goncourt en 1896 na memoria do seu irmán hermano Jules. A entidade encargada da súa organización e entrega é a Academia Goncourt. O primeiro galardón entregouse en 1903 e dende entón ten carácter anual. Algúns dos gañadores máis recentes foron Michel Houellebecq, Marie NDiaye ou Jean Echenoz.

Serafín Ferro

Serafín Fernández Ferro, coñecido como Serafín Ferro, nado no barrio de Monelos da Coruña probablemente en 1912 e morto en México en 1957, foi un actor galego.

Éditions Gallimard

Éditions Gallimard é unha editorial independente francesa, fundada por Gaston Gallimard e dirixida en 2011 por Antoine Gallimard.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.