Anceu, Ponte Caldelas

Santo André de Anceu é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 163 habitantes (77 homes e 86 mulleres), distribuídos en tres entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 245 habitantes.

Coordenadas: 42°21′30.37″N 8°27′59.24″O / 42.3584361, -8.4664556

Anceu
Anceu, igrexa
Igrexa parroquial de Santo André.
ConcelloPonte Caldelas
Poboación163 hab. (2017)
Entidades de poboación3

Patrimonio

Igrexa Parroquial de Santo André.

Anceu, calvario e capela
Calvario.

Calvario do Lugar dos Cruceiros.

Capela Guadalupe
Capela da Guadalupe.

A capela da Guadalupe é un templo barroco. Ten planta rectangular con tellado a dúas augas, coas esquinas rematadas con pináculos. A fachada ten unha porta adintelada e ten dos óculos laterais. Conta tamén cunha pequena espadana proporcional o campanario.

No arco esquerdo do interior depositouse a patroa, a Virxe de Guadalupe, tallada nunha soa peza, baixo a arcada que antes estaba no altar. Na metade da nave encóntrase outra arcada que leva a imaxe da Nosa Señora das Dores.

Na entrada da capela encontrase un cruceiro que data no 1771-76. O seu pedestal é case cúbico e a columna de sección cadrada pasando a octogonal. A cruz é de sección cadrada con capitel corintio. Sobre o capitel ten unha columna cunha imaxe de Cristo e da Virxe.

A uns vinte metros encontrase un peto de ánimas. O estilo artístico, de cantería defínese como popular.

Galería de imaxes

Cruceiro
Cruceiro 
Peto de ánimas
Peto de ánimas 

Lugares e parroquias

de Ponte Caldelas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.