Ana Romero Masiá

Ana María Romero Masiá, nada en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1952, é unha historiadora e profesora galega.[1]

Ana Romero Masiá
Ana Romero Masiá Culleredo 2012 2
Nacemento4 de xaneiro de 1952
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriadora, arqueóloga e escritora

Traxectoria

Fixo a licenciatura de Historia Antiga e Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente fixo o seu doutoramento en Historia na Universidade da Coruña. Actualmente traballa como Catedrática de Xeografía e Historia no IES Monte das Moas da Coruña.

Durante a década dos 80 encargouse das escavacións do castro de Borneiro.[2]

Obra

  • Libro de Sociais de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO[1]
  • Historia de España. Selección documental
  • Historia contemporánea e cine. Modelos de aproveitamento didáctico
  • A Coruña medieval
  • A Coruña dos Austrias
  • O hábitat castrexo na ría de Ferrol. 1997.
  • Os castros: recoñecemento e catalogación. 1985.
  • Cultura de los castros. 1980.
  • A fábrica de tabacos da Palloza. Producción e vida laboral na decana das fábricas coruñesas. 1997.
  • Apoio de Ferrol á Coruña no 1889. 1997.
  • Antecedentes históricos no tráfico marítimo dos portos galegos con Europa. 1996.
  • Obxectos metálicos no castro de Borneiro. 1992.
  • Fontes para o estudio da Torre de Hércules. 1991.
  • Castro de Borneiro. 1987.
  • A Coruña liberal, 1808-1874 a loita polas liberdades a través da documentación municipal. 2005. Baía Edicións.
  • María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970). 2014.

Obras colectivas

  • A Coruña na época da Ilustración. 1700-1808. 1997 (en colab.).
  • A Coruña: evolución urbanística. Planos e imaxes. 1997 (en colab.).
  • A Coruña romana. 1989 (en colab.).
  • A Historia das civilizacións a través do cine. 1989 (en colab.).
  • Historia do Mundo Contemporáneo. Guía da Revolución Francesa. 1989 (en colab.).
  • Historia do Mundo Contemporáneo. Guía do curso. 1987 (en colab.).
  • Historia do Mundo Contemporáneo. Textos escollidos. 1986 (en colab.).
  • Traballos prácticos de Xeografía. 1987 (en colab.).
  • Itinerarios naturais: A Frouxeira. 1979 (en colab.).
  • Diccionario de termos de Arqueoloxía e Prehistoria. 1995 (en colab.).
  • Castelao, ilustrador de "El cuento semanal". 1992 (en colab.).
  • Ferrol a través dos textos literarios e históricos- 1990, reed. 1995 (en colab.).
  • Galicia nos textos clásicos. 1988, Museo Arqueolóxico Provincial da Coruña.
  • Germinal. Centro de Estudios Sociais (Cultura obreira na Coruña, 1902-1936). 2003. Con Carlos Pereira.
  • Republicanismo coruñés. Aproximación histórica e selección documental. 1868-1936. 2001 (en colab.).
  • Severino Chacón. Líder sindical do mundo do tabaco, 2003, Fundación Luís Tilve.
  • O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, 2005, Baía Edicións (en colab.).
  • Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, 2011, Fundación Luís Tilve. Con Carlos Pereira.

Premios

  • Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica no 2011, por Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, con Carlos Pereira.

Notas

  1. 1,0 1,1 Ficha da autora Arquivado 22 de abril de 2016 en Wayback Machine. en Baía Edicións
  2. Un balneario castreño en Bergantiños La Voz de Galicia, 9/3/2011 (en castelán)

Véxase tamén

Bibliografía

4 de xaneiro

O 4 de xaneiro é o 4º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 361 días para finalizar o ano, 362 nos anos bisestos.

Carlos Pereira Martínez

Carlos Pereira Martínez, nado en Montevideo o 24 de marzo de 1959, é un historiador, escritor e artista plástico galego.

Castro de Borneiro

O castro de Borneiro ou da Cibdá é un castro galaico datado a finais da Idade de Bronce, pertencente á coñecida como Cultura castrexa, tamén coñecido como. Sitúase na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), a 500 metros da estrada LC-430 de Ponteceso a Baio. A poucos quilómetros está o famoso dolmen de Dombate. O poboado castrexo ten sido obxecto de escavacións arqueolóxicas e traballos de consolidación que permiten a súa visita. Foi catalogado como Ben de Interese Cultural en 2011

Felipe Arias

Felipe Arias Vilas, nado en Lugo o 5 de xullo de 1949, é un arqueólogo galego.

Mámoa

As mámoas ou medoñas son túmulos funerarios característicos do Neolítico do noroeste da Península Ibérica.

Módulo (arquitectura)

O módulo, na arquitectura clásica, designa unha medida común e convencional das ordes arquitectónicas que permite establece-la proporción entre os distintos elelemtos dunha obra ou dun edifico, como o diámetro inferior do fuste dunha columna.

Orde composta

A orde composta é unha orde arquitectónica romana que combina elementos corintios, ábacos e follas, e elementos xónicos, as volutas. Ata o renacemento a orde foi considerada unha versión tardía da corintia. Trátase dun estilo mixto en que se insiren no capitel as volutas do xónico e as follas de acanto do corintio. A columna ten dez módulos de altura.

Os artistas romanos non tiveron a pretensión de aplicar sobre iso un novo sistema arquitectónico, para o adorno como para a ordenanza a orde composta non difire máis da orde corintia que as variedades diversas desta última difiren ordinariamente entre elas. Son os arquitectos do século XVI os que imaxinaron facer unha orde especial desta combinación de formas observadas en munumentos romanos. O capitel corintio, pola variedade dos seus aspectos, pola facilidade de modificar a mercé da alegoría na decoracion, pola riqueza das esculturas que contén, foi a que serviu mellor o gusto dos arquitectos polos símbolos e a magnificencia dos atributos; por isto vemos variedades innumerables de capiteles, nos cales a orde primitiva desapareceu case por completo de estar tan cargados a chegar ao cambio da forma esencial. Logo de ver delfines, tritones, trofeos, na composición dun capitel corintio, vimos volutas xónicas, sen inquietarse polos motivos desa mudanza. É deste xeito que a orde composta se fixo un sistema bastardo e parasito, que non se sabería erixir en orde especial. Con todo foi aplicada sobre un gran número de edificios do Renacemento, e as regras foron postas por mestres famosos que se poden citar: Baldassarre Peruzzi, Sebastiano Serlio ou Philibert Delorme, entre outros.

Segunda República Española

A Segunda República Española foi o réxime político polo que se rexeu España no período que vai dende o 14 de abril de 1931, data de proclamación da mesma, até o 1 de abril de 1939, data da vitoria definitiva do bando autoproclamado nacional (é dicir, o dos alzados contra a República os días 17 e 18 de xullo de 1936, chamados así en oposición ós leais a ela, que eran coñecidos como republicanos).

Segundo Moreno Barcia

Segundo Moreno Barcia, nado en Ribadeo o 21 de outubro de 1841 e finado na Coruña o 27 de abril de 1909, foi un avogado, profesor e político galego.

Vagalume (revista)

Vagalume foi unha publicación infantil e xuvenil de periodicidade quincenal, escrita en galego baixo a supervisión do Instituto da Lingua Galega. Foi editada en Santiago de Compostela pola editorial Lumeiro S.A., cidade na cal foi publicado o seu primeiro número en xaneiro de 1975.

Nun primeiro momento, foi dirixida nominalmente por Marta Isabel García Leániz se ben o director real e inspirador do proxecto foi Xosé María Méndez Doménech, quen debido ó seu pasado antifranquista non aparecía como tal, e que para levalo adiante contou coa participación de varios estudantes ligados na súa maioría á Federación Socialista Galega do PSOE, pero no ano 1978 é Xosé Fortes Bouzán o que se encarga desta actividade.

A partir do número 13 (xaneiro 1976), a revista inicia unha nova etapa formal e temática: elabórase en papel satinado, de maior calidade e desaparecen moitas das seccións e historietas, para dar paso ás colaboracións dos escolares galegos de EXB, que adquiren un maior protagonismo na publicación. Co nº 25 a redacción trasladouse a Pontevedra e en xaneiro de 1978, baixo a dirección de Xosé Fortes Bouzán, iníciase unha nova etapa en Vagalume; amplía o seu capital en dous millóns e medio de pesetas mediante accións de mil pesetas, tírase nunha nova imprenta a offset, aumenta o número de páxinas de 20 a 24 páxinas e convértese nunha publicación de periodicidade mensual. Pero a pesar destas melloras citadas a revista desaparece en abril-maio de 1978 co seu último número extra 45/46 adicado ao día das letras galegas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.