Ana Pastor Julián

Ana María Pastor Julián, nada o 11 de novembro de 1957 en Cubillos, provincia de Zamora,[1] é unha médica e política española que realizou a maioría da súa vida profesional en Galicia.

Dende xullo de 2016 é presidenta do Congreso dos Deputados. Anteriormente foi ministra de Sanidade e Consumo do Goberno de España entre os anos 2002 e 2004 e ministra de Fomento entre 2011 e 2016.

Ana Pastor Julián
Medalla de Galiza.svg
(Ana Pastor) Desayuno Informativo Nueva Economía Forum 2017 (38208523502) (cropped)
Nome completoAna María Pastor Julián
Nacemento11 de novembro de 1957
 Cubillos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónpolítica
CónxuxeJosé Benito Suárez Costa
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll e Grã-Cruz da Ordem Militar de Cristo
Ana Pastor (19 de noviembre de 2007)
Ana María Pastor Julián.

Traxectoria

Formación

Naceu no seo dunha familia de labradores. O seu pai, Victoriano Pastor, aínda que nacido en Viveiro, residía na vila zamorana de Cubillos.[2] Ana Pastor fixo os seus primeiros estudos na escola da súa vila natal, sendo unha alumna avantaxada de Evangelina, a súa mestra. Na súa xuventude pensaba ser matemática,[1] pero máis tarde orientouse cara á medicina, licenciándose na Universidade de Salamanca, e especializándose en Medicina Familiar e Comunitaria.

Ademais de licenciada en Medicina e Cirurxía, é MBA en Business Administration.[3] Ademais, é funcionaria do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria do Estado.[Cómpre referencia]

Actividade como médica

O seu primeiro destino profesional foi como médica no centro de saúde do concello de Crecente, posto obtido por oposición. Alí coñeceu ao que sería o seu marido, o crecentense José Benito Suárez Costa, hoxe presidente da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra.[1][4]

Posteriormente foi xefa do servizo de Planificación Sanitaria da delegación pontevedresa da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, logo foi xerente de Atención Primaria na provincia de Pontevedra e despois directora provincial do Sergas.

Actividade na política

Galicia Bilingue-Rosa Díez-Praza Publica
Ana Pastor canda Rosa Díez, nunha manifestación de Galicia Bilingüe.
Ana Pastor 2014
Ana Pastor en 2014.

En 1996, tras o triunfo electoral do Partido Popular nas eleccións xerais, foi nomeada directora xeral da Mutualidad Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE), dependente do ministerio de Administracións Públicas, que tiña daquela como titular a Mariano Rajoy.

A partir dese momento inicia unha carreira ascendente na administración do Estado, que a levan a ocupar sucesivamente os postos de subsecretaría en todos os departamentos dos que Rajoy foi nomeado ministro: Educación e Cultura (1999), Presidencia (2000) e Interior (2001). Finalmente, entre 2002 e 2004 convértese en ministra de Sanidade e Consumo.[5]

Eleccións a Cortes Xerais 2016. Deputados. Pontevedra. Partido Popular
Eleccións a Cortes 2016. Candidatos a deputados por Pontevedra polo PP.

Foi elixida deputada en 2000, 2004, 2011, decembro de 2015 e de xuño de 2016 polo Partido Popular pola provincia de Pontevedra.

Desde 2004 é Secretaria Executiva de Política Social e Benestar do PP.

En 21 de decembro de 2011 foi designada ministra de Fomento por Rajoy, para formar parte do primeiro goberno do PP tras o triunfo do devandito partido nas Eleccións Xerais do 20 de novembro, posto que ocupou durante toda a lexislatura.

Presidencia do Congreso

O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, anunciou o 18 de xullo de 2016 que Pastor era a candidata dos populares á presidencia do congreso dos Deputados.[6]

O 19 de xullo de 2016 foi proclamada presidenta do Congreso da XII Lexislatura. A súa designación necesitou de dúas roldas de votacións da sesión constitutiva, xa que na primeira non alcanzou a maioría absoluta requirida polo regulamento da Cámara. Na segunda acadou a maioría simple, obtendo 169 votos dos deputados do PP e de Ciudadanos, e 10 máis seguramente dos nacionalistas cataláns e vascos, fronte aos 155 obtidos polo candidato socialista e anterior presidente da Cámara, Patxi López (ademais, houbo 25 votos en branco).[5][7][8]

Tras a súa toma de posesión, Pastor converteuse na segunda muller que preside o Congreso, tras a tamén popular Luisa Fernanda Rudi.[9][10]

Ao día seguinte á súa proclamación, a nova presidenta foi recibida polo rei Filipe VI, a quen lle comunicou oficialmente que a Cámara Baixa quedara constituída e lle trasladou a relación de forzas políticas que a compoñen, para que o xefe do Estado poida iniciar así a rolda de consultas políticas previas á investidura.[5][11]

Honras e distincións

  • No ano 2000 foi galardoada coa Medalla de Galicia, na súa categoría de prata.
  • No ano 2003 foi nomeada filla adoptiva de Crecente, e déuselle o seu nome á praza principal da vila, anteriormente denominada plaza del Caudillo.[12]

Cargos públicos desempeñados desde 1999

Predecesor:
Ignacio González González
 Escudo de España.svg
Subsecretaria de Educación, Cultura e Deporte
 
1999-2000
Sucesor:
Mariano Zabía Lasala
Predecesor:
Juan Junquera González
 Escudo de España.svg
Subsecretaria da Presidencia
 
2000-2001
Sucesor:
Dolores de la Fuente Vázquez
Predecesor:
Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín
 Escudo de España.svg
Subsecretaria do Interior
 
2001-2002
Sucesor:
María Dolores de Cospedal García
Predecesor:
Celia Villalobos
 Escudo de España.svg
Ministra de Sanidade e Consumo
 
2002 - 2004
Sucesor:
Elena Salgado
Predecesor:
Ángeles Muñoz
 People's Party (Spain) Logo (2008-2015).svg
Secretaria executiva de Política Social do PP
 
2004 - 2008
Sucesor:
José Ignacio Echániz
Predecesor:
Jordi Vilajoana
 Escudo de España.svg
Vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados
 
2008 - 2011
Sucesor:
Javier Barrero
Predecesor:
Xosé Blanco
 Escudo de España.svg
Ministra de Fomento
 
2011 - 2016
Sucesor:
Rafael Catalá (en funcións)
Predecesor:
Patxi López
 Escudo de España.svg
Presidenta do Congreso dos Deputados
 
2016 - 2019
Sucesor:
Meritxell Batet

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 El perfil de Ana Pastor. La amiga de Rajoy en Hoy.es, 12-01-14.
  2. Fallece el padre de la ministra de Fomento, Ana Pastor La Voz de Galicia, 12-07-2014.
  3. Ficha de Ana pastor no Congreso dos deputados, X lexislatura.
  4. José Benito Suárez se perfila como sustituto de Surís en la Autoridad Portuaria de Marín La Voz de Galicia, 24-04-2009.
  5. 5,0 5,1 5,2 Ana Pastor traslada al Rey la nueva composición del Congreso El Correo Gallego, 20-07-2016.
  6. 20 minutos (18/7/2016). "Mariano Rajoy propone a Ana Pastor como candidata a la presidencia del Congreso". Consultado o 19 de xullo de 2016..
  7. Ana Pastor, elegida presidenta del Congreso. La cabeza de lista del PP por Pontevedra logra el respaldo de Ciudadanos y se impone al socialista Patxi López La Voz de Galicia, 19-07-2016.
  8. El País (20 de xullo de 2016). "Los nacionalistas ayudan a Rajoy para que pueda controlar el Congreso". Consultado o 20 de xullo de 2016.
  9. Congreso de los Diputados (19 de xullo de 2016). "Ana Pastor, elegida presidenta del Congreso de los Diputados para la XII Legislatura". Consultado o 20 de xullo de 2016..
  10. El Mundo (19 de xullo de 2016). "Ana Pastor, presidenta del Congreso con 169 votos a favor frente a los 155 de Patxi López". Consultado o 19 de xullo de 2016.
  11. El rey comunicará mañana el nuevo calendario de consultas La Voz de Galicia, 20-07-2016.
  12. La ministra regresa a su consulta La Voz de Galicia, 5-07-2003.

Véxase tamén

Ligazóns externas

11 de novembro

O 11 de novembro é o tricentésimo décimo quinto (315º) día do ano do calendario gregoriano e número 316 nos anos bisestos. Quedan 50 días para rematar o ano.

Ana Pastor

Ana Pastor pode referirse a:

Ana Pastor Julián (1957-), política española que realizou parte da súa vida profesional en Galicia.

Ana Pastor García (1977-), xornalista española.

Casa da Navegación

A Casa da Navegación é un espazo expositivo de titularidade municipal do concello de Baiona, na provincia de Pontevedra.

Eleccións xerais en Pontevedra

Eleccións xerais na provincia de Pontevedra desde 1977. No período comprendido entre 1977 e 2016 o número de representantes de Pontevedra no Congreso dos deputados diminuíu de 8 a 7.

José Benito Suárez Costa

José Benito Suárez Costa, nado en Crecente o 16 de abril de 1953, é un capitán da Mariña mercante, enxeñeiro industrial, profesor universitario e político galego. Desde 2009 é presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

Lista de presidentes do Congreso dos Deputados de España

O presidente do Congreso dos Deputados é o terceiro cargo en importancia no Estado Español segundo a Constitución española de 1978. A súa función é a presidencia do Congreso dos Deputados, e é escollido polos membros da cámara.

Parque empresarial da Laracha

O parque empresarial da Laracha é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada na parroquia de Lendo, no concello da Laracha, desenvolvida por Suelo Empresarial del Atlántico.

Rafael Catalá Polo

Rafael Catalá Polo, nado en Madrid o 21 de xuño de 1961, é un político e alto funcionario español. Foi ministro de Xustiza entre 2014 e 2018.

Semana Santa de Viveiro

A Semana Santa de Viveiro é unha celebración católica que ten lugar de xeito anual, na cidade galega de Viveiro. É unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia, que se vén realizando de modo ininterrompido dende o século XIII. Nesta conmemórase a paixón, morte e resurrección de Xesús de Nazaret a través dos diferentes actos, celebracións e procesións que realizan as confrarías. Ademais do seu carácter relixioso, a Semana Santa de Viveiro é tamén considerada coma un acontecemento cultural, popular e de atracción turística.A Semana Santa de Viveiro é un dos principais reclamos turísticos da localidade conseguindo ano a ano atraer a miles de visitantes que chegan chamados polo carácter único destas celebracións. Como reflexo da súa importancia, a celebración da Semana Santa de Viveiro alcanzou a declaración de Interese Turístico Internacional, recoñecemento que logrou no ano 2013. Esta Semana Santa destaca polo gran valor artístico da imaxinería e ourivaría, ademais de ter un carácter xeralmente sobrio e austero, que fai que se asemelle máis á Semana Santa castelá, en comparación con exemplos quizais máis soados como a Semana Santa andaluza.Os actos centrais da Semana Santa de Viveiro dan comezo o Venres de Dores e a súa celebración prolóngase durante máis dunha semana, finalizando o Domingo de Resurrección. Nela participan un total de oito Confrarías e Irmandades que compoñen a Xunta de Confrarías, encargada de coordinar os diferentes actos e desfiles procesionais que representan a Paixón de Cristo.

Túnel do Corno

O túnel do Corno é unha construción do tramo ferroviario Lubián-Ourense, un dos segmentos máis complexos xeográfica e tecnicamente da liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia, debido á accidentada orografía que atravesa. Ten 100 km de lonxitude e supón a entrada da LAV en Galicia, cruzando transversalmente a provincia de Ourense desde o seu límite coa de Zamora. As obras discorren pola localidade da Gudiña, onde se localizará a estación proxectada de Porta de Galicia, dirixíndose despois, ao norte da autovía A-52, até Ourense.

Os grandes túneles son as infraestruturas máis salientábeis deste tramo. O seu trazado conta cun total de 18 túneles, algúns coa dificultade engadida de que se dividen en dúas vías, esquerda e dereita. A principal peculiaridade, que distingue este tramo do resto da liña, reside en que dos 100 km de lonxitude total, 77,8 se constrúen mediante 2 vías únicas paralelas.

No cómputo global das infraestruturas proxectadas e xa construídas dentro da LAV Madrid-Galicia os túneles deste tramo son os de maior extensión, sobre todo comparados cos escavados no tramo Ourense-Santiago, xa en funcionamento, onde o túnel da Burata, entre os concellos de Ourense e Amoeiro, é o de maior lonxitude, con 4068 m.

V-18

O Viario 18 ou Conexión da autovía AC-14 coa autoestrada de peaxe AP-9, é unha vía de alta capacidade en proxecto que suporía unha alternativa para desconxestionar o tráfico existente entre a AC-11 e a AP-9.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.