Ana Boullón

Ana Isabel Boullón Agrelo, nada na Pobra do Caramiñal o 1 de abril de 1962, é unha lingüista galega. Dende 2012 é membro correspondente da Real Academia Galega.

Ana Boullón
Ana Isabel Boullón
Nacemento1 de abril de 1962
 A Pobra do Caramiñal
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónlingüista e catedrática

Traxectoria

Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse coa tese Contribución ó estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1993), e é profesora da mesma universidade. Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia.[1] Participou na elaboración do Dicionario normativo galego-castelán (1988), Vocabulario comercial básico (1988), Dicionario escolar galego (1990), Léxico administrativo castelán-galego (1991) e do Dicionario dos nomes galegos (1992). É colaboradora das revistas Verba e Cadernos da Lingua e no proxecto PATROM (Patronymica Romanica) para a elaboración do Ditionnaire historique des noms de famille romans.

Obras

Ensaio

Obras colectivas

Como editora

Como tradutora

  • Un ordenador nada ordinario, de Michele Kahn, 1990.
  • A cripta do apóstolo, de Pere Tobaruela, 2010, Xerais.
  • Poñente, de Pere Tobaruela, 2011.
  • Resurrección, de Lea Tobery, 2011, Xerais.
  • Vapor, de Lea Tobery, 2014, Xerais.

Notas

  1. ""Os nomes das vías urbanas deben rescatar a microtoponimia xa existente no lugar" - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-10-10.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Pere Tobaruela

Pere Tobaruela Martínez, nado en Barcelona o 14 de novembro de 1965, é un escritor en catalán e en galego.

Poñente (novela)

Poñente é unha novela en lingua catalá de Pere Tobaruela, publicada en 2009 co título orixinal de Llum de ponent. Foi traducida ao galego por Ana Boullón.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.