Ana Belén Vázquez

Ana Belén Vázquez Blanco, nada o 27 de xaneiro de 1975 en Bande, é unha política galega do PPdeG.

Ana Belén Vázquez
(Ana Belén Vázquez Blanco) Constitución comisión modelo policial1
Nacemento27 de xaneiro de 1975
 Bande
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónpolítica

Traxectoria

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Vigo e saltou rapidamente á política pois foi elixida concelleira de Bande polo PPdeG nas eleccións municipais de 1995, revalidando a súa acta nas eleccións de 1999 e 2003. Ocupou o cargo de concelleira de Cultura e Deporte e posteriormente de segunda tenente de alcalde. Nas eleccións xerais do ano 2000 xa foi escollida deputada por Ourense. Revalidou o seu cargo nas eleccións de 2004, nas de 2008 e nas de 2011.

O 21 de novembro de 2006 foi elixida alcaldesa logo do falecemento do anterior alcalde, Amador de Celis[1], pero non se presentou ás eleccións municipais de 2007, onde quen encabezou a lista foi o seu home, José Antonio Armada.

Predecesor:
Amador de Celis
 Escudo de Bande.svg
Alcaldesa de Bande
 
2006 - 2007
Sucesor:
José Antonio Armada

Notas

  1. La diputada Ana Belén Vázquez asume la alcaldía de Bande en substitución del fallecido Amador de Célis

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Amador de Celis

Amador de Celis Suárez, nado en Villaquilambre (León) en 1937 e finado o 13 de novembro de 2006, foi un político galego do PPdeG.

Belén (homónimos)

Belén pode referirse a:

Belén, cidade cisxordana;

pesebre, representación do nacemento de Xesús Cristo en dito lugar;

Belén Artesanal de Valga, representación celebrada en Valga;

Belén, lugar da parroquia de Castelo, no concello de Cervo;

Belén, lugar da parroquia de Santa Cristina de Fecha, no concello de Santiago de Compostela;Amais, como antropónimo feminino pode referirse a:

Ana Belén, cantante e actriz española (n. 1951);

Belén Constenla, actriz galega (n. 1961);

Belén Feliu, escritora galega (1961-1997);

Belén do Campo Piñeiro, política galega (n. 1963);

Belén Rueda, actriz española (n. 1965);

Belén Prado, avogada e política galega (n. 1968);

Belén Cachafeiro, empresaria e política galega (n. 1969);

Belén Martínez, filóloga galega (n. 1973);

Belén Esteban, personaxe mediático español (n. 1973);

Ana Belén Vázquez, política galega (n. 1975);

Belén Regueira, xornalista galega (n. 1977);

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Eleccións xerais en Ourense

Eleccións xerais na provincia de Ourense desde 1977. No período comprendido entre 1977 e 2016 o número de representantes de Ourense no Congreso dos deputados diminuíu de 5 a 4.

José Antonio Armada

José Antonio Armada Pérez, nado en 1965 en Bande, é un político galego do PPdeG.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.