Ana Acuña

Ana Acuña Trabazo, nada en Marín o 22 de febreiro de 1971, é unha profesora e investigadora galega.

Ana Acuña
Anacuña
Nome completoAna Acuña Trabazo
Nacemento22 de febreiro de 1971
 Marín
NacionalidadeEspaña
Ocupacióninvestigadora

Traxectoria

Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua e Literatura na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, da Universidade de Vigo.

Colaborou en Grial, Verba, A Trabe de Ouro. Pertence ao consello de redacción da revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.

Tamén coordinou o Programa para Maiores no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

Obra

Ensaio

Edición

Obras colectivas

  • Lingua e literatura 3º ESO. Proposta didáctica (2011) (Libros De Texto - Educación Secundaria Obrigatoria - Lingua). Con Agustín Fernández Paz e 5 máis, Xerais, ISBN 978-8499142739
  • Lingua e literatura 1º ESO. Proposta didáctica (2011) (Libros De Texto - Educación Secundaria Obrigatoria - Lingua). Con Agustín Fernández Paz e 5 máis, Xerais, ISBN 978-8499142722
  • Rosalía na cobiza do lonxe, 2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  • Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega (ed. de Ana Acuña), (2014), Frank & Timme., ISBN 9783732900954
  • Homenaxe a Xosé Luís Sánchez Ferraces (Ana Acuña, Aquilino Alonso e Antón Palacio coord.), (2015), Universidade de Vigo, ISBN 978-84-8158-695-4
  • Reformulando: unidade didáctica, (2016), con Miguel Cuevas Alonso e 5 máis, Andavida Editora, ISBN 978-8484088936
  • Casalderrey, F.; Acuña, A. (2018). Camiñadas con María Victoria Moreno. Con prólogo de M. A. Fernández Lores. Concello de Pontevedra. Depósito legal PO 168-2018.

Colaboracións

  • "O amor na obra de María Xosé Queizán", con Carmen Mejía Ruiz, Madrygal: Revista de estudios gallegos,  1138-9664, Nº 2, 1999páxs. 11-20
  • Palabras Secretas de Ana Lois”, en Boletín Galego de Literatura, nº 50 (1º semestre 2017)[1]

Premios

  • Premio Losada Diéguez de investigación en 2015, por Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000).

Investigación

Liñas principais: Literatura popular; literatura galega contemporánea.

Investigadora do grupo GAELT (FG3) da Universidade de Vigo.

Investigadora dos proxectos

  • “poesiagalega.org“. Constitución e xestión dun repositorio dixital da poesía galega (séculos XIX-XXI) no campo cultural. 09SEC022204PR, coordinado polo Dr. Arturo Casas (USC).
  • “Ex-sistere. A mobilidade  das mulleres na literatura galega e irlandesa contemporánea” (FFI2012-35872), coordinado pola Dra. Manuela Palacios (USC).[2]
  • “Eco-ficcións. Discursos emerxentes sobre muller e natureza en Galicia e Irlanda”. Código FEM2015-66937-P (MINECO/FEDER) Entidade financiadora: Ministerio de Economía y Competitividad e Fondo Europeo de Desarrollo Regional. Coordinado pola Dra. Manuela Palacios (USC)

Notas

  1. "Revistas". usc.es.
  2. "Ana Acuña Trabazo". uvigo.es. Consultado o 04/11/2017.

Véxase tamén

Ligazóns externas

100 % CEF

100 % CEF é un documental galego sobre o escritor Celso Emilio Ferreiro, dirixido por Aser Álvarez e estreado en 2012.

Avelino Díaz

Avelino Díaz Díaz, nado na Órrea (Riotorto) o 14 de novembro de 1897 e finado en Buenos Aires o 29 de marzo de 1971, foi un xornalista e poeta galego.

Begoña Caamaño

Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega.

Donicela

A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno. Prefire as paisaxes abertas, os campos, praderías, lindes dos bosques e terreos baldíos invadidos pola maleza. É un animal bastante común, que se alimenta sobre todo de pequenos roedores, aos que persegue ata nos seus tobos, debido á súa delgadez.

As donicelas poden presentar sorprendentes variacións de tamaño. Estas débense, por unha banda, ao dimorfismo sexual, xa que as femias son bastante máis pequenas que os machos e, por outra, á existencia nas poboacións de individuos de tamaño moi reducido, considerados ata hai pouco como pertencentes a unha especie autónoma.

As donicelas viven en toda Europa, excepto en Irlanda, algunhas illas do mar Mediterráneo e Islandia. Tamén se atopan no norte de África e en toda a zona tépeda asiática ata o Xapón. Vexáse o mapa de distribución en Galicia embaixo.

Grupo Bilbao

O Grupo Bilbao é un grupo literario de poetas de expresión galega residente en Madrid. “Expresión galega” refírese a que o grupo non estaba unicamente formado por autores galegos, senón que hai diversidade de procedencias. Dito grupo naceu no ano 1996 no Café Comercial na Glorieta de Bilbao, Madrid. A localización do local é crucial, xa que Vicente Araguas a utilizará como nome do grupo.

Olivia Rodríguez

Olivia Rodríguez González, nada na Coruña en 1959, é unha filóloga e ensaísta galega. Dende 2012 é académica correspondente da Real Academia Galega.

Poesiagalega.org

Poesiagalega.org é unha páxina web que serve de base de datos e repositorio dixital de poesía galega desde o século XIX até a actualidade. É, basicamente, un arquivo dixital creado polo Grupo Alea de Análise Poética (GAAP) como ferramenta de apoio e referencia.

Premio Antón Losada Diéguez

O Premio Antón Losada Diéguez convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense.

Prémianse obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais. Hai dúas categorías: creación literaria e investigación,

Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra, nado como Eugenio Novo Neira en Parada (Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel), o 19 de xaneiro de 1930 e finado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego. Sendo fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Xosé Luís Méndez Ferrín encadrouno dentro da Xeración das Festas Minervais. A Real Academia Galega escolleuno como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2010.

Verónica Martínez Delgado

Verónica Martínez Delgado, nada en Valdoviño o 4 de abril de 1976, é unha escritora e profesora galega.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.