Anaïs Nin

Anaïs Nin Culmell, nada en Neuilly-sur-Seine o 21 de febreiro de 1903 e finada nos Ánxeles (California) o 14 de xaneiro de 1977, foi unha escritora estadounidense.

Viviu e traballou en París, Nova York e Os Ánxeles. Relacionouse con personalidades do mundo artístico e literario, así como do mundo da psicoloxía, como Henry Miller, Antonin Artaud, Otto Rank, Salvador Dalí, Edmund Wilson, Gore Vidal, James Agee ou Lawrence Durrell. Autora de novelas avant-garde no estilo do surrealismo francés, é coñecida principalmente polos seus escritos autobiográficos, recopilados nos Diarios de Anaïs Nin en sete volumes. Comezou o seu diario con once anos, e continuouno durante varias décadas. Os manuscritos orixinais dos seus diarios, que constan dunhas 35 000 páxinas, consérvanse no Departamento de Coleccións Especiais da Universidade de California nos Ánxeles.

Anaïs Nin
Anais Nin
Nacemento21 de febreiro de 1903
 Neuilly-sur-Seine
Falecemento14 de xaneiro de 1977
 Os Ánxeles
Causacancro
SoterradaMar
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónescritora, autobiógrafa, autora de diarios, guionista e novelista
PaiJoaquín Nin Castellanos
NaiRosa Culmell Vaurigaud
CónxuxeIan Hugo e Rupert Pole
IrmánsJoaquín Nin-Culmell e Thorvald Nin-Culmell
Premiosdoutor honoris causa
George Leite and Anaïs Nin at daliel's bookstore in Berkeley, CA, 1946
Nin canda a George Leite en Berkeley, California, 1946.

Traxectoria

Foi bautizada como Ángela Anaïs Juana Antolina Rosa Edelmira Nin Culmell. Era filla da cantante cubana Rosa Culmell, de orixe francesa e dinamarquesa, e mais do compositor e pianista cubano de ascendencia catalá Joaquín Nin, quen as abandonou cando Anaïs tiña once anos.[1] Este abandono, que marcou a Nin para o resto da súa vida, foi o detonante para que comezase a escribir sobre a súa vida nos seus diarios, que se iniciaron coma unha carta dirixida ao seu pai, con quen non volveu contactar nos seguintes 20 anos.

Aos 19 anos conseguiu un traballo como modelo e bailarina de flamenco. En 1923 casou na Habana co banqueiro Hugh Guiler, co que foi vivir a París. Alí estudou danza española con Francisco Miralles Arnau durante varios anos.

A lectura de D. H. Lawrence animouna a adicarse á escritura. En 1930 publicou un ensaio sobre este autor, e un ano despois coñeceu a Henry Miller, con quen comezou unha apaixonada correspondencia. Convertéronse en amantes, e despois de deixaren a relación seguiron intercambiando cartas o resto das súas vidas. Ao tempo, a muller de Miller, June, iniciouna no voyeurismo e o safismo.

En París comezou a escribir a novela House of Incest. Logo de ser psicanalizada polo doutor René Allendy e por Otto Rank, iniciouse no estudo da psicanálise, e traballou como psicanalista en Nova York apoiada polo propio Rank.

20 anos despois do abandono reencontrouse co seu pai Joaquín Nin en Louveciennes. Segundo os Diarios, iniciaron unha relación incestuosa, que segundo a escritora cubana Zoé Valdés foi negada polo irmán de Anaïs. Escribiu Winter of Artifice e publicou House of Incest, nunha edición confeccionada nunha imprenta rústica que montou nunha sobrado dun edificio de Macdougal Street, en Nova York, onde imprimiu os seus libros e os dos seus amigos.

En 1939 estableceuse nos Estados Unidos, e converteuse na primeira muller en escribir relatos eróticos, cunha forte influencia do Kamasutra[Cómpre referencia]. Enfrontada coa necesidade de conseguir cartos, Nin e Miller comezaron na década de 1940 a escribir narrativas eróticas e pornográficas para un "coleccionista anónimo" a un dólar por páxina. Nin consideraba os personaxes dos seus escritos eróticos como caricaturas extremas e no pretendía publicalos, pero cambiou de opinión a principios da década de 1970 e permitiu que se publicasen a modo de compilacións en Delta of Venus e Little Birds.

Na súa propia editorial publicou en 1947 Under a Glass Bell, obra ben recibida pola crítica, destacando o comentario de Edmund Wilson. En 1955 casou por segunda vez, con Rupert Pole, sen antes divorciarse do seu primeiro esposo, Hugh Guiler. Durante varios anos Nin mantivo unha dupla vida, nunha casa modesta con Rupert Pole en Sierra Madre (California) e un opulento apartamento con Hugh Guiler en Nova York. Nin nunca se divorciou de Guiler, quen toleraba as relacións da súa muller, se ben posiblemente nunca chegou a saber do segundo matrimonio. Nin apreciaba a devoción inquebrantable de Guiler, e tamén os seus cartos, que axudaban a financiar a súa vida en California con Pole.[2]

O éxito definitivo chegoulle en 1966 coa publicación do seu Diario, se ben nesa época tivo problemas de saúde por mor dun tumor de ovarios. A fama provocou o seu temor a que a súa poliandria saíse á luz, e decidiu anular o seu matrimonio con Pole. Non obstante continuou vivindo alternativamente con Pole e con Guiler, até que a mediados da década de 1970 o cancro lle impediu seguir viaxando a Nova York e quedou a vivir a tempo completo con Pole.

Tras a súa morte o seu corpo foi incinerado e as súas cinzas espalladas na baía de Santa Mónica.

Recoñecementos

En 1973 recibiu o doutoramento honoris causa do Philadelphia College of Art. En 1974 foi elixida membro do Instituto Nacional das Artes e as Letras.

A escritora cubana Daína Chaviano rendeulle tributo na novela Gata encerrada (2001), na que Anaïs Nin aparece como un dos personaxes principais da trama, na que tamén aparece Henry Miller. A autora cubana, Wendy Guerra recreou algúns dos episodios da súa vida no libro Anaïs Nin: Posar desnuda en la Habana (2009).

Obra

Nin foi aclamada por boa parte da crítica coma unha das autoras máis notables de literatura erótica feminina. A súa obra foi levada ao cine en Henry and June (Philip Kaufman, 1990) e ao teatro con La casa del incesto en adaptación de Georgina Tábora.

Existen dúas versións publicadas dos seus diarios, debido a que os anacos publicados en vida foron autocensurados porque aínda vivían algunhas das persoas que aparecían neles. Co paso do tempo foron publicándose as versións orixinais.

Bibliografía

Diarios e correspondencia

  • The Early Diary of Anaïs Nin (1931–1947, en catro volumes)
  • The Diary of Anaïs Nin, en sete volumes, autoedito
  • Henry and June: From A Journal of Love. The Unexpurgated Diary of Anaïs Nin (1931–1932) (1986), editado por Rupert Pole tras a morte dela
  • A Literate Passion: Letters of Anaïs Nin & Henry Miller (1987)
  • Incest: From a Journal of Love (1992)
  • Fire: From A Journal of Love (1995)
  • Nearer the Moon: From A Journal of Love (1996)
  • Mirages: The Unexpurgated Diary of Anaïs Nin, 1939-1947 (2013)
  • Trapeze: The Unexpurgated Diary of Anaïs Nin, 1947–1955 (2017)

Ficción

Novelas

  • House of Incest (1936)
  • Winter of Artifice (1939)
  • Cities of the Interior (1959), en cinco volumes:
    • Ladders to Fire
    • Children of the Albatross
    • The Four-Chambered Heart
    • A Spy in the House of Love
    • Seduction of the Minotaur, orixinalmente publicada como Solar Barque (1958)
  • Collages (1964)

Relatos

  • Waste of Timelessness: And Other Early Stories (escrita antes de 1932, publicada tras a súa morte)
  • Under a Glass Bell (1944)
  • Delta of Venus (1977)
  • Little Birds (1979)
  • Auletris (2016)

Non ficción

  • D. H. Lawrence: An Unprofessional Study (1932)
  • The Novel of the Future (1968)
  • In Favor of the Sensitive Man (1976)
  • Aphrodisiac: Erotic Drawings by John Boyce for Selected Passages from the Works of Anaïs Nin

Notas

  1. "Anaïs Nin.". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2006. Consultado o 09 de xullo de 2006.
  2. «Rupert Pole, 87, Diarist's Duplicate Spouse, Dies.»

Véxase tamén

Ligazóns externas

21 de febreiro

O 21 de febreiro é o 52º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 313 días para finalizar o ano, 314 nos anos bisestos.

Ernestina de Champourcín

Ernestina de Champourcín Morán de Loredo, nada en Vitoria o 10 de xullo de 1905 e finada en Madrid, o 27 de marzo de 1999, foi unha poea española da Xeración do 27. Está na nómina das Sensombreiro.

Henry Miller

Henry Valentine Miller, nado en Nova York o 26 de decembro de 1891 e finado en California o 7 de xuño de 1980, foi un novelista estadounidense. A súa obra componse de novelas semiautobiográficas nas que o ton cru e sensual suscitou unha serie de controversias no seno dunha sociedade puritana que Miller quixo estigmatizar denunciando a hipocrisía moral norteamericana. Influíu notablemente na chamada Xeración Beat.

Joaquín Nin

Joaquín Nin y Castellanos, nado na Habana o 29 de setembro de 1879 e finado na mesma cidade o 24 de outubro de 1949, foi un compositor, pianista e musicólogo cubano-español.

Lista dos cráteres de Venus

Esta é a lista dos nomes do cráteres de Venus. Tódolos nomes de accidentes xeolóxicos excepto os Maxwell Montes, Alpha Regio e Beta Regio, son nomes de mulleres famosas ou nomes de pía femininos.

Dirección do incremento da lonxitude: leste.

Latitude positiva: norte.

Latitude negativa: sur.

Literatura erótica

A literatura erótica é un xénero literario no cal os textos se relacionan, directa ou indirectamente, co erotismo e o sexo. En ocasións pódese referir tamén á literatura pornográfica se as escenas sexuais son realmente moi explícitas, aínda que normalmente segue considerándose dentro do erotismo.

Dentro deste xénero poden atoparse habitualmente novelas de ficción de contido erótico, historias curtas ou contos, poesía, obras de teatro, memorias e manuais de sexo.

Maya Deren

Eleanora Derenkowsky (en ucraíno: Елеоно́ра Деренко́вська), nada en Kiev o 29 de abril de 1917 e finada en Nova York o 13 de outubro de 1961, foi unha directora de cinema, bailarina, coreógrafa, poeta e escritora ucraína nacionalizada estadounidense, coñecida como Maya Deren. Foi unha das principais realizadoras de cine experimental dos anos 40. Está considerada a nai do cinema underground, surrealista e de vangarda nos Estados Unidos. Os seus filmes inspíranse na psicanálise e no surrealismo. A súa obra Meshes of the Afternoon, premiada no Festival Internacional de Cannes, está considerada un dos filmes experimentais máis importantes e influentes do século XX. A curtametraxe de carácter feminista explora as imaxes do interior dunha muller, que nos seus soños ten un terror cara aos obxectos da súa vida cotiá.

Poliamor

O poliamor é unha relación análoga á de parella que involucra varias persoas, co seu pleno coñecemento e consentimento. Esta relación ten unha duración suficiente para que non poida ser considerada efémera.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.