Anátidos

Os anátidos (Anatidae),[2] son unha familia de aves da orde dos anseriformes.

Son aves usualmente migradoras que adoitan vivir nas proximidades da auga; unha das súas adaptacións ao medio acuático é que son palmípedes.

Entre as moi diversas especies desta familia (aproximadamente unhas 150) encóntranse os patos ou parrulos, os gansos, os cisnes, os cisnes arborícolas, os mergos, os eideres, e outras.

Nas eras modernas a súa distribución natural abarca practicamente todo o planeta Terra, a excepción (salvo casos ocasionais) da Antártida.

Anátidos
Anatidae
Parella de Anas platyrhynchos.

Parella de Anas platyrhynchos.
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Vigors, 1825 [1]
Subfamilias

Notas

  1. The Paleobiologie Database
  2. Do latín anas, anatis "pato", por ser os patos os representantes máis difundidos e coñecidos desta familia.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans) Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona (España): Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.

Outros artigos

Ligazóns externas

Anas

Anas é un xénero de aves anseriformes da familia Anatidae, o máis nutrido en especies da familia. Inclúe 39 especies de patos, cercetas, silbóns e serretas, que habitan a auga doce e, polo xeral, só mergullan a cabeza e o pescozo en busca de alimento. Non se zambullen nin nadan por abaixo da superficie, polo que tamén se lles chaman os patos de superficie.

Anatinos

Os anatinos (Anatinae) son unha subfamilia de aves anseriformes da familia Anatidae, que corresponde principalmente aos patos aínda que non exclusivamente a estes.

Anser

Anser é un xénero de aves anseriformes da familia dos anátidos e subfamilia dos anserinos coñecidos vulgarmente como gansos (aínda que hai outros gansos que pertencen a outros xéneros, como o ganso de Exipto, do xénero Alopochen, e varias especies do xénero Branta).

De dúas das súas especies, Anser anser e Anser cygnoides, derivan varias razas domésticas.

Anserinos

Os anserinos (Anserinae) son unha subfamilia pertencente á familia dos anátidos, dentro da orde dos anseriformes, que inclúe os gansos e os cisnes.

Dúas destas destas especies, o ganso bravo (Anser anser) e o ganso cisnoide ou ganso chinés (Anser cygnoides), foron domesticados e críanse para aproveitar a súa carne, as súas plumas e o seu fígado, este último como materia prima do foie-gras de ganso.

Asubiador

O asubiador (Anas penelope) é unha ave da orde dos anseriformes e da familia dos anátidos.

Cerceta

A cerceta (Anas crecca) é unha ave anseriforme do xénero dos patos nadadores (Anas). E o pato máis pequeño dos que viven en Europa, cunha lonxitude de entre 35 e 36 cm. Nas ribeiras do río Louro atópase a única zona de cría regular da Península Ibérica.

Cerceta albela

A cerceta albela ou cerceta do estío (Anas querquedula) e unha anátida de tamaño pequeno que habita na maior parte de Europa e oeste de Asia. É estritamente migratoria e desprázase no inverno a África, onde poden xuntarse bandos de moitos individuos. É unha das aves incluídas no "Acordo de conservación das aves acuáticas migratorias de África e Eurasia" AEWA.

Cisne

Un cisne (Cygnus olor) é unha ave palmípede da familia dos anátidos, de plumaxe branca (tamén pode ser doutras cores), cabeza pequena, caracterizada por un pescozo moi longo que lle dá elegancia.

Cisne bravo

O cisne bravo (Cygnus cygnus) e un cisne que cría nas zonas subárticas de Eurasia.

Cullerete

O cullerete (Anas clypeata) é unha ave da familia dos anátidos (Anatidae) caracterizada polo bico espatulado en forma de culler que lle dá nome. Trátase dunha das especies de parrulo máis comúns e espalladas polo hemisferio norte.

Cygnus (xénero)

Cygnus é un xénero de aves da orde dos anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos anatinos coñecidas vulgarmente como cisnes. Son aves acuáticas de gran tamaño, que se emparellan de por vida.

A maioría das especies de cisne son brancas, aínda que en Australia existe unha especie, o cisne negro, de plumaxe de cor negra (aínda que adoita ter manchas brancas baixo as ás; ademais o seu bico é vermello, en vez de amarelo ou negro, como nas outras especies. Este cisne é o emblema oficial estatal de Australia Occidental.

Por outra parte, no cono sur suramericano existe o cisne de pescozo negro.

Ganso

Co nome de ganso coñécense varias aves anseriformes da familia dos anátidos, a maioría delas pertencentes ao xénero Anser, pero tamén outras parecidas integradas nos xéneros Branta (ambos os dous xéneros da subfamilia dos anserinos, e Alopochen, que pertence a outra subfamilia, a dos tadorninos.

Son máis corpulentas que os patos e máis repoludas que os cisnes.

Ganso bravo

O ganso bravo (Anser anser) é unha ave da familia dos anátidos (Anatidae), considerada, xunto coa especie asiática Anser cygnoides, o antepasado dos gansos domésticos. É unha das especies incluídas no Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias de África e Eurasia AEWA

Lavanco

O lavanco (Anas platyrhynchos) é probablemente a forma de parrulo máis coñecida, e a orixe de case tódolos parrulos domésticos. É unha ave da familia dos anátidos (Anatidae). O nome científico significa, en grego antigo parrulo de bico chan.

Lista das aves de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo. Indícase a súa pesenza (nativa, invernante, accidental...). Tamén se di se é común ou pouco común, xa que unha especie nativa ou moi estendida polo territorio pode non ser moi abondosa. Igualmente se indica o seu status en Galicia (que non ten por que coincidir co seu status mundial), para o cal se utilizaron as equivalencias co sistema da IUCN. Unha ave pouco común pode ter un status pouco preocupante se as súas poboacións son estables, e mesmo pode estar en expansión. Móstrase unha soa imaxe de cada ave, aínda que en moitas delas o macho e a femia e os inmaturos teñen plumaxes diferentes ou presentan plumaxes de inverno e verán ou de tempada reprodutora.

Merxinos

Os merxinos (Merginae) son unha subfamilia de aves anseriformes da familia dos anátidos. Porén, algúns autores considéranos como unha tribo, a dos Mergini, dentro da subfamilia dos anatinos (Anatinae).A maioría das especies, pero non todas, son esencialmente mariñas, fóra da estación reprodutora. Moitas especies desenvolveron glándulas do sal, especializadas para permitirlles tolerar o consumo de auga salgada, como na orde dos procelariiformes, pero estas non están desenvolvidas en aves inmaturas. Algunhas prefiren os hábitats de ribeira.

O grupo está formado por patos coñecidos como patos mergulladores ou patos mariños. (Tamén son patos mergulladores os membros da subfamilia dos aitiínos).

Pato

Pato ou parrulo é o nome común para varios tipos de aves da familia dos anátidos. Son na súa maioría aves acuáticas de auga doce e salgada, nadadoras ou mergulladoras, que se somerxen total ou parcialmente para conseguir o alimento, e que presenta cores moi variadas que adoitan seren máis vistosas nos machos e xeralmente apencadas nas femias.Son menores en tamaño que os seus parentes os cisnes e os gansos.

Os patos aliméntanse dunha variedade grande de fontes alimenticias, como herbas, grans, plantas acuáticas, peixes, insectos etc.

Os patos domésticos son criados pola súa carne, ovos e as súas plumas.

Os machos de especies do hemisferio norte teñen coloridas plumaxes que mudan en verán, o que lles outorga unha aparencia máis feminina nesa época. En moitas especies, os machos adultos pasan épocas sen voaren porque buscan protexer o seu hábitat, para o que teñen suficiente alimento de reserva. Normalmente, posteriormente á muda da pluma, hai unha migración.

Pato cristado

O pato cristado ou parrulo cristado (Aythya fuligula) é un anátido mergullador de pequeno tamaño.

Pato rabilongo

O pato rabilongo ou pato rabudo (Anas acuta) é unha ave de familia dos anátidos (Anatidae) de distribución moi ampla

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.