Amoeiro

Amoeiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.264 habitantes[5] (2.274 en 2014, 2.371 no 2006, 2.356 no 2005, 2.322 no 2004, 2.276 no 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amoeirés»[6].

Coordenadas: 42°24′54.45″N 07°56′50.23″O / 42.4151250, -7.9472861

Amoeiro
Escudo de Amoeiro
Casa do concello de Amoeiro
Casa do concello de Amoeiro.
Situacion Amoeiro
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación2.265 hab. (2018)
Área39,7 km²
Densidade57,05 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Luis González López (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 6
Outros: ESCO 1
Eleccións municipais en Amoeiro
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes64,91%
Na rede
www.amoeiro.gal

Poboación

Censo Total (Habitantes) 2.274 (2014)
Menores de 15 anos 158 (6.95 %)
Entre 15 e 64 anos 1.349 (59.32 %)
Maiores de 65 anos 767 (33.73 %)
Evolución da poboación de Amoeiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.490 4.580 4.169 2.593 2.322 2.300 2.274 2.264 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O municipio ten 39,7 km². Está situado na meseta dos Chaos, ao noroeste do val do río Miño. Limita ao norte con Vilamarín e San Cristovo de Cea, ao sur con Ourense e Punxín, ao leste con Coles, e ao oeste con Maside.

Ten un terreo chan e fértil, con fragas de piñeiros e eucaliptos. Conta cun couto cinexético e cunha zona de pesca no río Barbantiño, no que está a fervenza do Cachón.

Polo concello discorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.

Historia

No lugar da Ferradura (Trasalba), consérvanse restos de petróglifos da Idade de Ferro no conxunto do Chan da Feradura. No castro de Zarra tamén hai restos de petróglifos, así como no Raposo. No Coto de Castro e en Marmán atopouse abundante cerámica e estruturas arquitectónicas.

No lugar do Formigueiro hai restos dun castelo medieval, asentado sobre un castro, do que quedan vestixios en diversas casas e na igrexa do lugar. O castelo do Formigueiro, documentado xa no século XI, era coñecido primitivamente co nome de Alba de Búbal, de onde procede o topónimo Trasalba.

Consérvanse varios templos relixiosos de arquitectura románica, como as igrexas de San Martiño de Cornoces (levantada sobre penas e un antigo castro) , Santa María de Amoeiro, Santiago de Parada e Santa Mariña de Fontefría (no adro da cal se descubriu un sarcófago de granito anterior ao século XI). Consérvanse restos do mosteiro de Bóveda (o primeiro construído en Galiza da orde do Císter, na segunda metade do século XII), o mosteiro de Cornoces e o mosteiro de San Damián.

As terras do concello pertenceron ao señorío da Casa de Vilamarín, e estivo incluído entre as enormes posesións do mosteiro de Oseira, da orde cisterciense. Tivo gran produción de gran e pan de trigo, que abastecía ao mercado de Ribadavia, de onde se traía o viño.

En 1809, durante a guerra da Independencia española, os habitantes dos Chaos salvaron o gando dos ataques das tropas napoleónicas escondéndoo nos habitáculos abovedados soterrados do castelo.

Na construción da capela de Sanxiao foron utilizadas dúas pedras decoradas procedentes dun poboado castrexo próximo (este tipo de restos atópanse tamén noutras construcións da aldea) e na mesma atopamos unha das únicas aras romanas da provincia reutilizadas como pila bautismal.

Do patrimonio civil consérvanse pazos e casas grandes coma a dos Mirandas (Parada), Coto Martín (Bóveda), Reinoso (Cornoces), San Damián (Abruciños), Gaión (Amoeiro) e a casa de Cima de Vila en Trasalba, casa natal de Ramón Otero Pedrayo. Pola ponte de San Fiz, sobre o río Barbantiño, no límite co concello de Maside, pasaba o camiño real de Ourense cara a Pontevedra. O forno comunal de Sabariz ten gran valor etnográfico.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Amoeiro.
Iglesia de San Pedro de Trasalba 5

Igrexa de San Pedro de Trasalba.

Amoeiro.Ourense,Solpor

Solpor

Pazo Museo Otero Pedrayo

Pazo Museo Otero Pedrayo

Lugares de Amoeiro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Amoeiro vexa: Lugares de Amoeiro.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Amoeiro". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Amoeiro. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Consultado o 27 de febreiro de 2017.
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Torre de Rouzós, Rouzós, Amoeiro

A Torre de Rouzós é un lugar da parroquia de Rouzós no concello ourensán de Amoeiro na comarca de Ourense. Tiña 20 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 8 eran homes e 12 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 15 habitantes (7 homes e 8 mulleres).

Abruciños, Amoeiro

San Xoán de Abruciños é unha parroquia do concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 50 habitantes (23 homes e 27 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 51 habitantes.

Amoeiro, Amoeiro

Santa María de Amoeiro é unha parroquia do concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 586 habitantes (284 homes e 302 mulleres), o que supón un aumento con respecto ao ano 1999 cando tiña 563 habitantes.

Antón Pulido Novoa

Antón Pulido Novoa, nado en Bóveda de Amoeiro en 1944, é un pintor e gravador galego.

Bóveda de Amoeiro, Amoeiro

San Paio de Bóveda de Amoeiro é unha parroquia do concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 318 habitantes, dos cales 164 eran mulleres e 154 homes, o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 255 habitantes.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Cornoces, Amoeiro

San Martiño de Cornoces é unha parroquia do concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 253 habitantes, dos cales 137 eran homes e 116 mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 265 habitantes.

Fontefría, Amoeiro

Santa Mariña de Fontefría é unha parroquia do concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 165 habitantes (74 homes e 91 mulleres), o que supón un aumento con respecto ao ano 1999 cando tiña 136 habitantes.

Fundación Otero Pedrayo

A Fundación Otero Pedrayo é unha fundación cultural de carácter privado que ten como obxectivo o mantemento e promoción da memoria colectiva sobre o escritor e intelectual ourensan, Ramón Otero Pedrayo, chamado "Patriarca das Letras Galegas", a través das actividades lembradoiras propias dunha fundación destas características, e da custodia da súa Casa-Museo no lugar de Cimadevila, na parroquia de Trasalba, no concello de Amoeiro (Ourense).

Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia

Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Lugares de Amoeiro

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Amoeiro

Monte Asnal, Trasalba, Amoeiro

Monte Asnal é un lugar da parroquia de Trasalba no concello ourensán de Amoeiro na comarca de Ourense. Tiña 13 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 7 eran homes e 6 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 13 habitantes (8 homes e 5 mulleres).

O Chan da Ferradura

O Chan da Ferradura é un conxunto de gravados rupestres, situados na parroquia de San Pedro de Trasalba, pertencente ao concello de Amoeiro e parte no concello de Punxín, a poucos quilómetros da capital provincial Ourense.

As rochas foron descubertas ao longo dos traballos de seguimento arqueolóxico da construción do gasoduto Pontevedra - Ourense, realizados na segunda metade da década de 1990 polo Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. Durante estes traballos localizáronse unhas 30 rochas con gravados distribuídas en vinte grupos nunha área de 500 m².

Parada de Amoeiro, Amoeiro

Santiago de Parada de Amoeiro é unha parroquia do concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 302 habitantes (139 homes e 163 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 354 habitantes.

Premio Trasalba

O Premio Trasalba é un galardón anual e de carácter honorífico, que recompensa o labor cultural e galeguista de distintos persoeiros vivos (ou recentisimamente falecidos). Promovido pola Fundación Otero Pedrayo, entrégase ininterrompidamente dende 1983 na casa-museo do escritor Ramón Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro).

Rouzós, Amoeiro

San Cibrao de Rouzós é un parroquia do concello ourensán de Amoeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 287 habitantes (153 mulleres e 134 homes), distribuídos en 8 entidades de de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 308 habitantes.

Trasalba, Amoeiro

San Pedro de Trasalba é unha parroquia do concello de Amoeiro, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 312 habitantes (158 homes e 154 mulleres), 16 menos ca en 1999.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.