Amnistía

A amnistía (do grego ἀμνηστία amnestía, esquecemento) é unha causa de extinción da responsabilidade penal. É un acto xurídico, normalmente emanado do poder lexislativo, polo que unha pluralidade de individuos que foran declarados culpables dun delito pasan a considerarse inocentes por desaparición da figura delituosa.

Amnistía e indulto

A diferenza do indulto, que extingue a responsabilidade penal actuando sobre a pena derivada dun delito (a persoa segue sendo culpable, pero se lle perdoou o cumprimento da pena), a amnistía actúa sobre o delito mesmo. Por iso, a amnistía adoita ter efectos retroactivos e, entre outros, extingue toda responsabilidade penal ou civil e anula os antecedentes penais. Polo mesmo motivo, é xeral, dado que actúa sobre todos os que cometeron ese delito, e non sobre individuos concretos.

A amnistía adoita supor un novo xuízo de valor sobre a conveniencia de prohibir ou sancionar unha conduta. Por esa razón, as leis ou actos de amnistía son máis frecuentes en momentos de cambios sociais ou de réximes políticos e, en ocasións, asóciase ao perdón de presos políticos. Con todo, o seu emprego pode ser obxecto de polémica, pois pode provocar a impunidade de quen cometeron graves feitos durante un réxime anterior.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
2016

2016 foi un ano común do calendario gregoriano, que comezou en venres. Foi declarado Ano Valle-Inclán en conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento. O Día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María.

25 de febreiro

O 25 de febreiro é o 56º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 309 días para finalizar o ano, 310 nos anos bisestos.

Activismo

O activismo e a actividade a favor dunha doutrina ou organización que implique un cambio social ou político.

O termo apareceu pola primeira vez na prensa belga en 1916 para facer referencia ó movemento nacionalista flamengo.

O activismo pode consistir en realizar múltiples tarefas como escribir cartas ós xornais, poñer mensaxes en foros de internet, participar en campañas políticas, boicots, manifestacións ou folgas e mesmo nalgúns casos tode asumir tácticas de guerrilla, o que pode levar a que sexa considerado terrorista por uns e liberador por outros.

En especial, o activismo de carácter relixioso, feminista ou ecoloxista pode tratar de convencer á xente para cambiar os seus hábitos no canto de dirixirse ós gobernos.

Amnistía Internacional

Amnistía Internacional é un movemento mundial integrado por persoas cuxo fin é contribuír a que se respecten os dereitos humanos, traballando por eses dereitos proclamados na Declaración Universal e noutras normas internacionais. Promovendo a súa observancia e a súa concienciación pública con actividades de acción, así como por medio da educación e da presión para que se ratifiquen e apliquen nos tratados. Está formado por máis dun millón e medio de persoas, de máis de 150 países e territorios, que dedican o seu tempo e o seu esforzo para traballar por un mundo no que todas as persoas gocen de todos os dereitos humanos e para apoiar ás vítimas cuxos dereitos foron violados. En 1976 foi galardoada co Premio Erasmus.

Flavio Xosefo

Flavio Xosefo, nado en Xerusalén no ano 37 e finado en Roma no ano 100, foi un historiador xudeu. Os seus relatos son unha importante referencia histórica da Palestina do século I.

Pertencía a unha familia sacerdotal de Xudea, súa nai estaba vinculada aos Asmoneos. Durante o goberno de Nerón foi enviado a unha embaixada onde conseguiu a amnistía para varias autoridades xudías. Foi nomeado gobernador de Galilea polo Sanedrín. Loitou contra os exércitos romanos de Vespasiano. Feito prisioneiro, acadou o favor do emperador e fíxose cidadán romano sen renegar do xudaísmo. Tomou o nome de Flavio por ser este o da familia imperial que o protexeu.

Guerra civil española

A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948.

O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

País

Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.

Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (País do Loira). Un exemplo de país é Galicia.

Moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis ben nacións.

Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:

país é unha área xeográfica.

nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.

estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.

terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca.

Pena de morte

A pena capital ou pena de morte é a execución dun prisioneiro como castigo por un crime ou delito. A expresión provén do latín capita (=cabeza), onde á súa vez chegou supostamente dun termo indoeuropeo kaput, co mesmo significado. Así, etimoloxicamente, a pena capital é o castigo imposto a un crime tan grave que, a xuízo dalgúns, merece a decapitación.

Segundo o informe anual de execucións xudiciais de Amnistía Internacional, no ano 2003 foron executadas polo menos 1.146 persoas en 28 países. O 84% das mortes documentadas ocorreron en catro países: a República Popular China levou a cabo 726 execucións, Irán matou 108 persoas, Estados Unidos 65 e Vietnam 64.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou o 18 de decembro de 2007 unha resolución chamando a tódolos países a suspender a pena de morte en todo o mundo. 104 Estados votaron a favor, 54 en contra e 29 abstivéronse. No 2008, 137 países xa aboliran este castigo pero 60 aínda o manteñen e o aplican. Durante o 2007 foron condenadas a morte 3.347 persoas e executadas 1.252 (42 delas nos Estados Unidos).

O 10 de outubro celébrase o Día Mundial contra a Pena de Morte para sensibilizar a poboación.

Poder executivo

Seguindo o esquema de Montesquieu, o poder executivo é un dos tres poderes do Estado moderno, cuxa función é executar as leis aprobadas polo poder lexislativo.

O poder executivo é desenvolvido polo goberno do Estado. Este está sometido ao control parlamentario e ao control xudicial, nun sistema de pesos e contrapesos no que cada poder controla aos demais a través de distintos mecanismos, que se estudan na teoría da separación de poderes.

Presidencia

A presidencia é un cargo que ostentan as/os líderes de organizacións, empresas e entidades políticas. Etimoloxicamente, presidencia vén do latín prae- 'antes' e sedere 'sentarse'. Orixinalmente o termo referíase a quen presidía unha cerimonia ou asemblea, mais hoxe en día o termo refírese a unha persoa que ten poderes executivos.

Nunha república, a xefatura de Estado recibe o nome de presidenta/e desa república. Nalgúns países con goberno presidencialista a presidencia é tamén da xefatura de goberno (ex: Arxentina, Estados Unidos), namentres, noutros con réxime parlamentario (ex: Italia) o xefatura de goberno é do Primeiro Ministro.

Presidencialismo

O presidencialismo é un sistema de goberno no que o líder do poder executivo é escollido polo pobo para mandatos regulares acumulando a función de xefe de Estado e xefe de goberno. Este sistema de goberno foi creado polos norte-americanos no século XVIII. A monarquía inglesa actuava como xefe de Estado sobre as trece colonias. O descontento coa actuación do monarca e as influencias de autores que se opoñían ó sistema absolutista, principalmente Locke e Montesquieu, foron determinantes para que os americanos adoptasen un sistema onde houbesen mecanismos que impedisen a concentración de poder.

Xuridicamente o presidencialismo caracterízase pola separación de poderes. O presidente é o xefe de Estado, e é el quen escolle os xefes dos grandes departamentos (ministerios). O lexislativo, o xudicial e o executivo son independentes entre si.

Primeiro ministro

O primeiro ministro é un político que serve como xefe da póla executiva. É xeralmente o xefe do goberno no sistema parlamentario. Para o feminino úsase "a primeira ministra".

A míudo, un primeiro ministro traballa cun presidente ou un monarca que é o xefe do estado. O primeiro ministro é normalmente o líder do partido político que ten a maioría no parlamento. As súas principais responsabilidades inclúen coordina-lo goberno , designar ós oficiais do goberno, e á representación do goberno do seu país no mundo.

Os primeiros ministros poden recibir diferentes nomes dependendo do país no que gobernen: así o primeiro ministro de España recibe o nome de Presidente do Goberno, o de Italia, Presidente do Consello, o de Irlanda Taoiseach, e o do Perú, Premier.

Protectorado

Denomínase protectorado á soberanía parcial que un Estado exerce, especialmente no referido ás relacións exteriores, nun territorio que non foi incorporado plenamente ao da súa nación e no cal existen autoridades autóctonas propias.

Como exemplo, podemos citar o protectorado que no seu día exerceron España e Francia sobre Marrocos, onde a autoridade sobre a poboación nativa era exercida polo Sultán, existindo forzas militares e policiais autóctonas, pero tuteladas polos exércitos dos países protectores.

Os gobernos destes países estaban representados, no caso da zona controlada por España, polo Alto Comisario, normalmente un xeneral, e no da zona francesa polo Residente Xeral.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Rexencia

A rexencia (do latín regentia) é un período transitorio durante o cal unha personalidade (xeralmente da familia real) exerce o poder en nome do monarca titular xa sexa porque este é demasiado novo ou vello, por ausencia do mesmo, ou pola súa incapacidade para gobernar por si mesmo.

A rexencia cesa cando desaparece a causa que a motivou. A rexencia pode ser individual ou colectiva. Xeralmente exercen a rexencia persoas achegadas á Coroa como o pai ou a nai do rei, tamén o príncipe herdeiro no suposto caso de ausencia ou incapacidade do rei.

Tortura

A tortura é o acto de causar dano físico ou psicolóxico intencionadamente a unha persoa ou animal.

O obxectivo pode ser variado: obter unha confesión ou información da vítima ou dunha terceira persoa, como vinganza por un feito cometido pola vítima ou tamén unha terceira persoa, como preludio dunha execución (nese caso fálase de morte-suplicio) ou simplemente como entretemento do torturador.

Este dano pódese causar de varias formas. O dano físico pódese causar mediante golpes, rotura de ósos, rachos musculares, castración, esmagamento, picadas, cortes, descargas eléctricas, desfiguracións, queimaduras, aplicación de temperaturas extremas, auga, inxestión de produtos químicos ou elementos cortantes, afogamento, violación, privación do soño ou posturas corporais incómodas.

O dano psicolóxico pódese realizar mediante a privación sensorial, o illamento ou mediante falsas execucións que contribúan á desmoralización do individuo.

Xuntas Galegas pola Amnistía

As Xuntas Galegas pola Amnistía, (XUGA), chamadas a partir de 1988 Juntas Galegas pola Amnistia, é unha organización galega de defensa dos dereitos das persoas presas, en especial as vinculadas co independentismo galego.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.