Ames

Ames é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2018 tiña 31.278 habitantes (15.015 homes e 16.263 mulleres) (en 2012 29.331 habitantes, 27.900 no 2010, 24.553 no 2007, 23.219 no 2006, 22.228 no 2005, 20.840 no 2004).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amesán»[3].

Coordenadas: 42°51′36″N 08°39′00″O / 42.86000, -8.65000

Ames
Escudo de Ames
Bertamiráns-Ames-Galicia 101
Casa do Concello
Situacion Ames
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Santiago
Poboación31.278 hab. (2018)
Área80,0 km²
Densidade390,98 hab./km²
Entidades de poboación11 parroquias
Capital do concelloBertamiráns
Política (2019)
AlcaldeJosé Miñones Conde (PSdeG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 8
Outros: Ames Novo 1; CP 2; C's 1; Ames Novo 1
Eleccións municipais en Ames
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes39,10%
Na rede
www.concellodeames.gal

Poboación

Censo total 31.278 (2018)
Menores de 15 anos 5.874 (18.78 %)
Entre 15 e 64 anos 21.733 (69.48 %)
Maiores de 65 anos 3.671 (11.74 %)
Evolución da poboación de Ames   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7.097 7.602 9.425 9.527 20.840 27.900 28.852 29.331 29.689 29.975 30.267 30.544 30.835 {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Ten unha superficie de 80 km². Limita cos concellos de Santiago de Compostela, Teo, Brión, Negreira, A Baña e Val do Dubra. As poboacións principais son O Milladoiro e Bertamiráns.

Historia

O val da Amaía estivo moi vinculado, desde a Baixa Idade Media, ás principais e máis influentes liñaxes nobres. Situado no Camiño Xacobeo a Fisterra, destaca a ponte Maceira sobre o río Tambre en Agrón. No Milladoiro situábase o fito onde os peregrinos divisaban por primeira vez as torres da catedral compostelá. En 1812, constituíuse o concello de Biduído, adscrito ó partido xudicial de Santiago e á provincia única de Galicia. En 1821 o concello de Biduído pasou a integrarse na provincia da Coruña e, en 1835 a capital pasou á ser a parroquia de Ames, cambiando o nome do concello. Destacan os Santuarios de Barouta e da Madalena e os pazos de Lens e Leboráns.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Ames.
Bertamiráns - Ames GFDL16

Rúa principal de Bertamiráns.

Bertamiráns - Ames GFDL17

Rúa lateral de Bertamiráns.

Bertamiráns - Ames GFDL18

Regato que atravesa a vila de Bertamiráns.

Bertamiráns - Ames GFDL19

Praza de Bertamiráns.

Ames Cemiterio de 20eue

Vista desde o cemiterio de Ames.

Lugares de Ames

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ames vexa: Lugares de Ames.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  3. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Bibliografía

  • López Boullón, Xosé Ramón (2019). Toponimia de Ames (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-7-4.

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Agrón, Ames

San Lourenzo de Agrón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago, cunha superficie de 7,24 Km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 421 habitantes (204 homes e 217 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 525 habitantes.

Ameixenda, Ames

Santa María de Ameixenda é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 11,09 km². Segundo o padrón municipal (INE 2013 ten 334 habitantes (167 homes e 167 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 397 habitantes.

Ames, Ames

San Tomé de Ames é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 16,43 Km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.575 habitantes (772 homes e 803 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.459 habitantes.

Bertamiráns, Ortoño, Ames

Bertamiráns é unha vila da parroquia de Ortoño, no concello coruñés de Ames na comarca de Santiago, sendo a segunda maior entidade deste concello. Segundo datos do INE en 2009 tiña 6799 habitantes (3340 homes e 3459 mulleres), o que supón un aumento de 4179 habitantes respecto do ano 2000, cando tiña 2620.

Biduído, Ames

Santa María de Biduído é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 5,8 km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 13.722 habitantes (6606 homes e 7116 mulleres). A parroquia ten 16 entidades de poboación, sendo O Milladoiro a máis habitada.

Bugallido, Ames

San Pedro de Bugallido é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 8,04 km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.557 habitantes (750 homes e 807 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.307 habitantes.

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Covas, Ames

Santo Estevo de Covas é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 5,86 km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 867 habitantes (432 homes e 435 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 650 habitantes.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Harrison Barnes

Harrison Bryce Jordan Barnes, nado o 30 de maio de 1992 en Ames, Iowa, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).

Julián Estévez

Julián Estévez, nado en Ames en 1855 e finado en Teis o 24 de xullo de 1928, foi un agrarista e político galego. Foi membro do Directorio Antiforista de Teis e alcalde de Lavadores, o primeiro alcalde agrarista de Galicia.

Lens, Ames

San Paio de Lens é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 1,64 km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 98 habitantes (47 homes e 51 mulleres).

Ortoño, Ames

San Xoán de Ortoño é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 9,03 km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 10.381 habitantes (5.039 homes e 5.342 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.826 habitantes. En boa medida, este gran número de habitantes está marcado pola presenza de Bertamiráns, unha vila que medrou moito nos últimos anos.

Piñeiro, Ames

San Mamede de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 246 habitantes (119 homes e 127 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 306 habitantes. O reconto do 2006 reflicte que había 279 habitantes.

Ramón Lorenzo

Ramón Lorenzo Vázquez, nado en Eirapedriña (Ames) o 16 de setembro de 1935, é un estudoso da lingua galega e da prosa medieval, catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela dende 1981 e membro da RAG desde 1999.

Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

Santiago TV

Santiago TV, coñecida como Localia Santiago ata novembro de 2010, é unha televisión local de Santiago de Compostela, propiedade do grupo de comunicación La Región que emite a través da canle 23 da Televisión Dixital Terrestre na demarcación de Santiago de Compostela, que tamén inclúe os concellos de Ames, Teo, Padrón, Brión, Negreira, Rois e Vedra. Formou parte como asociada da cadea estatal Localia TV ata que esta cesou as súas emisións a comezos de 2009.

A canle pertence ao grupo UTEGA, que distribúe contidos entre diversas televisións locais galegas.

Tapia, Ames

San Cristovo de Tapia é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 2,9 km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 120 habitantes (57 homes e 63 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 153 habitantes.

Trasmonte, Ames

Santa María de Trasmonte é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Ten unha superficie de 5,8 km². Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 368 habitantes (168 homes e 200 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 480 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.