Amersfoort

Amersfoort é un concello neerlandés da provincia de Utrecht, situado nas ribeiras do río Eem. Ten 134.768 habitantes (2005).

Coordenadas: 52°9′N 5°23′L / 52.150, -5.383

Amersfoort
Amersfoort flag outline
Amersfoort wapen
Koppelpoort Amersfoort 2008
Vista da cidade
Localización
Amersfoort en Países Baixos

Amersfoort
Amersfoort
PaísFlag of the Netherlands.svg Países Baixos
ProvinciaUtrecht (province)-Flag.svg Utrecht
Xeografía
Altitude3 msnm
Superficie63,86 km²
Demografía
Poboación151 534 hab. (2014)
Densidade2 411 hab/km²
XentilicioAmersfoorter
Outros datos
Código postal3800–3829
AlcaldeLucas Bolsius (CDA)
Páxina oficial

Historia

Amersfoort-c-the river
O río Eem ao seu paso por Amersfoort, vista da Torre da Nosa Señora ao fondo.

Os primeiros asentamentos na rexión de Amersfoort datan de arredor do 1000 a.C., pero o nome de Amersfoort non aparece ata o século XI. En 1259 bispo de Utrecht, Hendrik van Viandeno dálle o status de cidade. A construción da igrexa da Nosa Señora comezou en 1444, en 1787 vense abaixo, permanecendo tan só A Torre (Onze-Lieve-Vrouwentoren), unha das torres de igrexa máis altas do país, con 98 m. A cidade vella permanece case idéntica ao aspecto que tiña na Idade Media, época na que a cidade era un importante centro da industria téxtil. No século XVIII a cidade floreceu a causa do cultivo do tabaco.

Durante a Segunda Guerra Mundial preto da cidade houbo un campo de concentración.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Web oficial do concello (en neerlandés)

Ben Pon

Bernardus Marinus "Ben" Pon nado en Amersfoort, Países Baixos o 9 de decembro de 1936 é un ex deportista olímpico e expiloto de competición dos Países Baixos. Competiu nunha carreira de Fórmula 1, o Gran Premio dos Países Baixos de 1962, pero tivo unha andaina moito máis larga competindo con coches deportivos, antes de dar as costas á competición para concentrarse no comercio do Viño. Tamén representou aos Países Baixos en tiro nos Xogos Olímpicos de 1972, terminando o 31º.

Charles Leclerc

Charles Leclerc (nado o 16 de outubro de 1997) é un piloto de carreiras Monegasco e membro da Ferrari Driver Academy. Gañou o campionato GP3 Series en 2016 e o Campionato FIA de Fórmula 2 en 2017. Pilotará para Sauber no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018.

Frits Zernike

Frits Zernike, nado en Ámsterdam, Países Baixos, o 16 de xullo de 1888 e finado o 10 de marzo de 1966 en Amersfoort, foi un físico neerlandés gañador do Premio Nobel de Física o ano 1953 pola súa invención do microscopio de contraste de fases.

Giedo van der Garde

Giedo van der Garde (nado o 25 de abril 1985 en Rhenen, Países Baixos) é un piloto de carreiras Holandés.

Hendrik Scherpenhuijzen

Hendrik Dorotheus Scherpenhuijzen, nado en Rotterdam o 3 de abril de 1882 e finado en Amersfoort o 28 de xuño de 1971, foi un militar e tirador de esgrima neerlandés, gañador dunha medalla olímpica.

Kevin Magnussen

Kevin Magnussen, nado en Roskilde o 5 de outubro de 1992 é un piloto de carreiras dinamarqués. É fillo do corredor e ex piloto de coches deportivos Jan Magnussen, forma parte do programa de novos pilotos de fórmula 1 de McLaren. Pilotará para o equipo durante a tempada 2014.

Leiden

Leiden (antigamente escrita como Leyden) é unha poboación da provincia de Holanda Meridional, nos Países Baixos. Ten 118.070 habitantes (2008), e é, despois de Rotterdam, A Haia, Amersfoort e Dordrecht, a quinta cidade máis poboada da provincia. Forma parte do chamado Randstad.

Max Verstappen

Max Verstappen Emilian, nado o 30 de setembro de 1997 en Hasselt (Bélxica), é un piloto de carreiras holandés. Piloto do equipo Red Bull Racing na tempada 2016 de Fórmula Un. Naceu nunha familia de pilotos de carreiras. O seu pai Jos Verstappen é un ex piloto de Fórmula 1, mentres que a súa nai Sophie Kumpen é unha famosa ex piloto de kart. O seu avó Paul Kumpen é un ex piloto de resistencia GT e o seu tío Anthony Kumpen é un piloto de FIA GT e das 24 Horas de Le Mans. Con 17 anos e 166 días, converteuse no piloto máis novo en competir na Fórmula 1 no Gran Premio de Australia de 2015 con Toro Rosso. Tamén é o piloto máis novo en liderar unha volta durante un Gran Premio de Fórmula Un, o piloto máis novo en lograr un podio e o gañador máis novo dun Gran Premio de Fórmula 1.

Logo de pasar toda a tempada 2015 con Toro Rosso, tamén comezou a tempada de Fórmula Un de 2016 co equipo italiano, antes de ser promovido por Red Bull como substituti de Daniil Kvyat, quen se fixo cargo do seu asento en Toro Rosso. Gañou o Gran Premio de España de 2016 na súa primeira carreira con Red Bull á idade de 18 anos, converténdose no gañador máis novo dun Grand Prix e o primeiro que baixo a bandeira holandesa.

Mick Schumacher

Mick Schumacher (Vufflens-lle-Château, Suíza; 22 de marzo de 1999) é un piloto de automobilismo alemán, fillo do sete veces campión de Fórmula 1 Michael Schumacher.Schumacher comezou a súa carreira de deporte motor en 2008. Para evitar a atención debido ao seu pai, correu os seus primeiros anos baixo o pseudónimo Mick Betsch, usando o apelido de solteira da súa nai. Logrou dous sucampeonatos en Fórmula 4, é o campión de Fórmula 3 Europea e en 2019 será piloto de Prema en F2. En xaneiro de 2019 foi confirmado como novo membro da Academia de Pilotos de Ferrari.

Países Baixos

Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma usual de se referir a todo o país, en holandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.

O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seus diques, os seus tulipáns, os seus muíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rexen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.

Politicamente o reino dos Países Baixos é unha monarquía constitucional e membro da Unión Europea. Ámsterdan é a capital constitucional e onde está a residencia oficial da raíña. A se do goberno e a residencia habitual da raíña, as embaixadas e o Tribunal Internacional de Xustiza teñen a súa sede na Haia.

Pieter Mondrian

Pieter Cornelis Mondriaan (nado en Amersfoort, Utrecht, 1872 e finado en Nova York, 1944), máis coñocido como Piet Mondrian, foi un pintor vangardista neerlandés. Membro de De Stijl e fundador do neoplasticismo xunto con Theo van Doesburg. Evolucionou dende o naturalismo e o simbolismo ata a abstracción, do cal foi un dos maiores representantes xunto os rusos Wassily Kandinsky e Kasimir Malevitch.

Randstad

O Randstad (do neerlandés rand: beira e stad: cidade) é o nome que recibe a maior conurbación dos Países Baixos, a súa vez unha das maiores de Europa.

Hai que distinguir entre a rexión metropolitana de Randstad, cunha poboación ao redor dos 6,5 millóns de habitantes (40% do total dos Países Baixos), e a Rexión de Randstad, (unha asociación socio-económica) que reúne uns 7,6 millóns de habitantes (case a metade da poboación do país).

Ambas as entidades esténdense polas provincias de Holanda Meridional, Holanda Setentrional, Utrecht e Flevoland.

Rijksmonument

Un rijksmonument (pronuncia neerlandesa: [ˈrɛiksmoːnyˌmɛnt]) é un lugar ou un edificio catalogado como monumento nacional dos Países Baixos, segundo a listaxe da Axencia Nacional do Patrimonio Cultural (Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed -RCE-), en representación do Ministerio de Educación, Cultura e Ciencia dos Países Baixos.

Século -XI

século XII adC < século XI adC > século X adC

O século XI antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 1100 a. C. e terminou o 31 de decembro de 1001 a. C.

O século XI a.C. en Europa forma parte do período da Idade de Ferro onde continúan os cambios postos en marcha no século anterior, de modo que as antigas civilizacións da Idade de Bronce ceden o control a novos pobos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.