Amerigo Vespucci

Amerigo Vespucci, nacido o 9 de marzo de 1451 en Florencia e finado o 22 de febreiro de 1512 en Sevilla, foi un navegante florentino que traballou ao servizo do reino de Portugal e da Coroa de Castela. Está considerado o primeiro europeo en comprender que as terras descubertas por Cristovo Colón conformaban un novo continente. Por esta razón, o cartógrafo Martin Waldseemüller no seu mapa de 1507 utilizou o nome de "América" na súa honra como designación para o Novo Mundo. O relato a miúdo fantasioso e contraditorio das súas viaxes situárono como unha das figuras máis controvertidas da era dos descubrimentos.

Amerigo Vespucci
Amerigo Vespucci - Project Gutenberg etext 19997
Nome completoAmerigo Vespucci
Nacemento9 de marzo de 1454
 Florencia
Falecemento22 de febreiro de 1512
 Sevilla
Causamalaria
EtniaPobo italiano
Ocupaciónexplorador, comerciante e cartógrafo
AmerigoVespucci Signature

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
1 de xaneiro

O 1 de xaneiro é o primeiro día do ano do calendario gregoriano. Quedan 364 días para finalizar o ano, 365 nos ano bisestos.

9 de marzo

O 9 de marzo é o 68º día do ano do calendario gregoriano e o 69º nos anos bisestos. Quedan 297 días para finalizar o ano.

Aeroporto de Florencia

O aeroporto de Florencia-Peretola (IATA: FLR, OACI: LIRQ), anteriormente aeroporto Amerigo Vespucci, é o aeroporto internacional de Florencia, a capital da rexión italiana da Toscana. É o segundo aeroporto máis concorrido desa rexión en termos de pasaxeiros tras o de Pisa. Serve como cidade focal para Vueling. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 2 515 138 pasaxeiros.

América do Norte

América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central. Cobre unha área de aproximadamente 24 709 000 km², o que representa ao redor dun 4,8 % da superficie total do planeta e un 16,5 % das terras emerxidas.

En 2009 a súa poboación estimada era de máis de 528 millóns de habitantes. En 2013 a media do Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) de todos os países do subcontinente norteamericano foi de 0,895.

América boreal é un sinónimo, pero este concepto a miúdo só inclúe os Estados Unidos e Canadá, excluíndo a zona de México a que ás veces se considera dentro de América Central.

Américo

Américo é un nome propio galego de home, procede do xermánico haimi (casa) e rich (rico). O seu feminino é América. No ano 2010 levaban o nome 121 residentes en Galicia .

Arxentina

A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.

O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao este con Uruguai e o océano Atlántico.

Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal. Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina. Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo, aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo. Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.O 25 de maio de 1810 tivo lugar a Revolución de Maio, na que foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse a Primeira Xunta de goberno. O 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.

Cristovo Colón

Cristovo Colón, naceu na República de Xénova en 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os século XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do Océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana.

As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci.

Malia que posibelmente non foi o primeiro explorador europeo de América, Colón foi quen descubriu un novo continente para Europa e a historia, ao ser o primeiro navegante capaz de trazar unha ruta de ida e retorno aproveitando as correntes mariñas do Atlántico que hoxe aínda se utilizan, abrindo deste modo un Novo Mundo para explorar, e explotar, nos vellos reinos europeos.

O seu antropónimo (coñecido pola latinización Columbus ou adaptado ás diferentes linguas) é unha icona mundial que inspirou innumerables denominacións, como a dun país: Colombia, e dúas rexións de Norteamérica: a Columbia Británica, no Canadá, e o Distrito de Columbia, nos Estados Unidos.

Daniel Pennac

Daniel Pennac, alcume de Daniel Pennacchioni, nado en Casablanca o 1 de decembro de 1944, é un escritor francés.

Descubrimento de América

O descubrimento de América referirse ás primeiras chegadas documentadas de europeos a América e as súas grandes consecuencias históricas. A poboación indíxena ocupou o norte do continente desde hai 15-30 mil anos e o sur desde hai 14,5 mil anos.. A primeira chegada de europeos foi de viquingos. Construíron poboados e asentáronse entre o 960-1100 DC (século X) na Terra Nova do Canadá, no que foi unha continuación da saída deste pobo cara a Islandia e Groenlandia. Isto foi tralo aumento imporante das súas poboacións no norte europeo e o comezo no século VIII da súa expansión comercial polo Atlántico norte.. Probablemente tamén chegaron aos actuais Estados Unidos a finais dese século. De feito, as tradicións orais atribúenlle a Erik o Roxo o descubrimento de Vinland, un 9 de outubro do ano 1000, polo que sería o primeiro europeo en pisar América. Con todo a ocupación dos viquingos non tivo unha importancia histórica posterior na poboación do continente.

No século XV un segundo descubrimento, e que habitualmente se lle chama descubrimento de América, si foi importante e supuxo unha ocupación do territorio e cristianización da poboación indíxena. Foi coa chegada a América dun grupo expedicionario castelán-aragonés representando ós Reis Católicos de Castela e Aragón. Partiron dende o Porto de Palos de la Frontera, comandados por Cristovo Colón, e chegaron o venres 12 de outubro de 1492 a unha illa do mar Caribe chamada Guanahani. As viaxes dos portugueses a India seguindo a costa Africana significaron un estímulo para os que crían na ruta cara ó oeste como o camiño máis curto para chegar ata Asia. Cristovo Colón foi partidario desta hipótese. Apoiado polos Reis Católicos, organizou unha viaxe de exploración que o conduciu á costa americana en 1492. Cristovo Colón cría que chegara ó continente asiático, denominado polos europeos Indias e morreu sen saber que chegara a un continente descoñecido polos europeos. O "descubrimento de América" pode abranguer non só a descuberta senón tamén a tódalas viaxes realizadas por Colón a América, á conquista de América e ao encontro e conflitos dos europeos cos indíxenas americanos e a súas culturas. Trátase dun dos momentos álxidos da historia universal porque significou o encontro de dous mundos humanos que se desenvolveran independentemente, sen que ningún coñecese a existencia do outro.[Cómpre referencia]As consecuencias do descubrimento foron dramáticas para os nativos americanos. Supuxo a morte de millóns de persoas por guerras, escravitude e, sobre todo, por enfermidades. Cando Hernán Cortés, en 1519 chegou a México estimase que a poboación era de 25 millóns de persoas. Porén, as epidemias, como a chamada en azteca "cocoliztli" e que é unha infección bacteriana estomacal por Salmonella, traídas posiblemente polos europeos reduciu a poboación mexicana en máis do 80%, quedando só en 1 millón de persoas e facilitando a conquista. Implicou a desaparición de culturas e linguas.

Estados Unidos de América

Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) son un estado federal composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico. O país tamén posúe cinco territorios poboados e nove non poboados no Pacífico e no Caribe. Con 9,85 millóns de km2 e 318 millóns de persoas, os Estados Unidos son o terceiro ou cuarto meirande país por área total e o terceiro país por poboación. É un dos países máis multiculturais e diversos etnicamente do mundo, debido á inmigración de moitos países. A xeografía e o clima son moi diversos, e o país é tamén o fogar dunha variada vida salvaxe.

Os paleoindios migraron dende Eurasia ata os actuais Estados Unidos hai 15 000 anos, e a colonización europea comezou no século XVI. Os Estados Unidos xurdiron das Trece Colonias Británicas localizadas na Costa Atlántica. As disputas entre o Reino de Gran Bretaña e as colonias levaron á Revolución Americana. O 4 de xullo de 1776, mentres as colonias estaban a loitar contra Gran Bretaña na guerra de independencia, os delegados das 13 colonias asinaron a Declaración de Independencia. A guerra rematou en 1783 co recoñecemento da independencia dos Estados Unidos dende o Reino de Gran Bretaña, e foi a primeira guerra de independencia exitosa contra un imperio colonial europeo. A actual Constitución foi adoptada o 17 de setembro de 1787. As primeiras dez emendas, chamadas colectivamente Declaración de Dereitos, foron ratificadas en 1791 e deseñadas para garantir os dereitos e liberdades civís fundamentais.

De acordo coa doutrina do destino manifesto, os Estados Unidos embarcáronse nunha grande expansión en Norteamérica ó longo do século XIX. Isto supuxo o desprazamento das tribos nativas, adquisicións de novos territorios e a admisión gradual de novos estados. Durante a segunda metade do século XIX, a guerra civil estadounidense acabou coa escravitude legal no país. A finais dese século, os Estados Unidos estendéronse ata o Océano Pacífico, e a súa economía comezou a evolucionar. A guerra hispano-estadounidense e a primeira guerra mundial confirmaron o status do país como potencia militar. Os Estados Unidos emerxeron da segunda guerra mundial como superpotencia mundial ó ser o primeiro país en desenvolver armas nucleares, o único en usalas en guerra, e como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. A fin da guerra fría e a disolución da Unión Soviética permitiron que os Estados Unidos ficaran como a única superpotencia.Os Estados Unidos son un país desenvolvido e a meirande economía do mundo. A economía aliméntase da abundancia de recursos naturais e a produtividade da man de obra. Mentres a economía estadounidense está considerada como post-industrial, continúa a ser un dos manufactureiros máis importantes do mundo. O 37% dos orzamentos do país corresponden a gasto militar, sendo a primeira potencia económica e militar, unha gran forza cultural e política, e o líder en investigación científica e innovación tecnolóxica.

Golfo de Venezuela

O golfo de Venezuela é un golfo situado na parte meridional do mar Caribe, ao norte de América do Sur, entre as penínsulas de Paraguaná e da Guajira. As súas augas e costas pertencen a Venezuela e os estados de Zulia e Falcón, e Colombia (departamento de La Guajira). Colombia e Venezuela enfróntanse desde ai anos un diferendo polos límites marítimos sobre o golfo. Cabe destacar que se usa o arquipélago Los Monjes como a fronteira imaxinaria entre o mar Caribe marítimo e devandito corpo de auga.

Gran Nebulosa de Magalhães

A Gran Nebulosa de Magalhães (abreviada como LMC, do inglés Large Magellanic Cloud) és unha galaxia anana, satélite da Vía Láctea e membro do Grupo Local.

Encóntrase a 136 000 anos luz (uns 41 700 pársecs) de distancia, sendo a terceira galaxia máis próxima á Vía Láctea despois da galaxia Anana do Can Maior e a galaxia Anana Elíptica de Saxitario (SagDEG).

É visíbel a simple vista como un débil obxecto no hemisferio austral terrestre situado entre as constelacións de Dorado e Mensa. Forma unha das chamadas Nubes de Magalláns do hemisfero sur xunto á Pequena Nebulosa de Magalhães (galaxia anana NGC 292).

Historia do Río de Xaneiro

O sitio actual da cidade de Río de Xaneiro foi descuberto o 1 de xaneiro de 1502 polo explorador portugués Gaspar de Lemos acompañado por Amerigo Vespucci. Antes do século XVI, os amerindios foron os primeiros habitantes da baía de Guanabara. Despois das rivalidades entre franceses e portugueses, coa vitoria destes o 1 de xaneiro de 1565, fúndase a cidade de São Sebastião do Río de Xaneiro. De 1763 ata 1960 Río de Xaneiro foi a capital de Brasil, despois quedou sendo a capital do Estado do Río de Xaneiro.

John Howe

John Howe, nado en Vancouver o 21 de agosto de 1957, é un ilustrador canadense de libros e filmes, coñecido principalmente polos seus traballos baseados na obra de J. R. R. Tolkien.

Mapamundis antigos

Os mapamundis antigos abarcan as representacións do mundo desde a antigüidade clásica á época dos descubrimentos e o nacemento da xeografía moderna.

Martin Waldseemüller

Martin Waldseemüller, nado contra 1470 en Wolfenweiler e finado en Saint-Dié-des-Vosges (Francia) en 1521 ou 1522 foi un xeógrafo e cartógrafo alemán.

Foi o primeiro canda a Mathias Ringmann en empregar o nome de América, en honra de Amerigo Vespucci, nun mapa publicado en 1507, Universalis Cosmographia, no que tamén por primeira vez se presentaba América separada de Asia.

Porto da Coruña

O porto da Coruña, matrícula das embarcacións CO, é un porto galego situado tralo dique de abrigo da cidade da Coruña, bañada polo océano Atlántico. É un dos motores económicos da comarca, con seis quilómetros de peiraos e preto dun millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre. Está integrado na provincia marítima da Coruña.

O porto da Coruña conta cun sector acondicionado para desembarcar graneis sólidos (carbón, coque) e contedores. No ano 2007 movéronse 13.842.964 toneladas de mercadorías no porto, o que supón un incremento total do 3,68 % respecto ao 2006, o que o converte no gran porto de mercadorías de Galicia e un de referencia no norte da Península Ibérica, seguido de preto por Ferrol-San Cibrao (10.228.000 toneladas).

Universalis Cosmographia

O Universalis Cosmographia é un mapa planisferio publicado baixo a dirección do cartógrafo Martin Waldseemüller en Saint-Dié-des-Vosges e impreso en Estrasburgo en 1507, no que por primeira vez se utilizou o nome de «América», ao considerar a Amerigo Vespucci descubridor do novo continente. Titulado Universalis Cosmographia Secundum Ptholomei Traditionem et Americi Vespuci Aliorumque Lustrationes, o planisferio acompañaba a un pequeno tratado de xeografía titulado Cosmographiae Introductio.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.