Ameneiro

O fitónimo Ameneiro fai referencia ao amieiro (Alnus glutinosa), unha árbore do xénero Alnus, da familia das betuláceas. Pode referirse a:

Véxase tamén

Outros artigos

18 de decembro

O 18 de decembro é o 352º día do ano do calendario gregoriano e o 353º nos anos bisestos. Quedan 13 días para finalizar o ano.

21 de novembro

O 21 de novembro é o 325º día do ano no Calendario Gregoriano e o 326º nos anos bisestos. Quedan 40 días para finalizar o ano.

Ameneiro, Calo, Teo

Ameneiro é un lugar da parroquia de Calo, no concello de Teo, na comarca de Santiago. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2010 era de 321 persoas (166 mulleres e 165 homes).

En Ameneiro naceu Enrique Líster.

Amieiro

O amieiro (Alnus glutinosa), tamén coñecido por ameneiro ou abeneiro, é unha árbore do xénero Alnus, da familia das betuláceas. Atópase en toda Europa, Siberia e norte de África. É a árbore por excelencia das ribeiras galegas formando os chamados bosques galería.

As árbores na cultura popular galega

As plantas teñen un significado primordial na cultura galega sendo as árbores e os bosques e as fragas os máximos expoñentes.

Castelao dicía : O albre é o símbolo do señorío espritual de Galiza.O albre é un engado dos ollos, pola súa fremosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.

Bamio, Vilagarcía de Arousa

San Xens de Bamio é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa na comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 1 269 habitantes (671 mulleres e 598 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ós anos 2010, cando tiña 1 375 habitantes, e 2005, cando eran 1 423.

Caaveiro, A Capela

San Boulo de Caaveiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Capela. Segundo o IGE en 2013 tiña 163 habitantes (85 mulleres e 78 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 220 habitantes.

Calo, Teo

San Xoán de Calo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 3.961 habitantes (2.021 mulleres e 1.190 homes) distribuídos en 31 entidades de poboación en 15,1 km², o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.758 habitantes.

Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.

Enrique Líster

Enrique Liste Forján, coñecido como Enrique Líster, nado en Ameneiro (Calo, Teo) o 21 de abril de 1907 e falecido en Madrid o 8 de decembro de 1994, foi un militante comunista e dirixente militar republicano galego, que combateu na guerra civil española e na Segunda guerra mundial.

Recibiu formación militar na Unión Soviética, en academias do Exército Vermello e durante a guerra civil española tivo un destacado papel organizando e dirixindo as milicias do Quinto Rexemento. Posteriormente pasou a mandar varias unidades do Exército Popular da República. En menos de dous anos pasou de mandar unha brigada mixta a dirixir todo un corpo do exército, o famoso V Corpo do Exército. Pero ao final da guerra, tivo que marchar do país, exiliándose de novo na Unión Soviética, onde ampliou os seus estudos militares e chegou a Xeneral, participando na Segunda guerra mundial.

Lister foi un dos membros do núcleo duro do Partido Comunista de España e acabaría por enfrontarse a Santiago Carrillo polo seu abandono das teses marxista-leninistas que o partido seguira anteriormente. Debido a isto abandonou o PCE e fundou en 1973 o Partido Comunista Obreiro Español (PCOE), o cal volveu integrar en 1986 no PCE, logo de que este expulsase a Carrillo.

O Ameneiro, Caaveiro, A Capela

O Ameneiro é un lugar da parroquia de Caaveiro no concello coruñés da Capela na comarca do Eume. Tiña 6 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 2 eran homes e 4 eran mulleres.

O Ameneiro, Ribeira, Ribeira

O Ameneiro é un lugar da parroquia de Ribeira no concello coruñés de Ribeira, na comarca da Barbanza.

O Ameneiro, Sillobre, Fene

O Ameneiro é un lugar da parroquia de Sillobre no concello coruñés de Fene na comarca de Ferrol. Tiña 16 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 7 homes e 9 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 21 habitantes.

Pedrafita, Guitiriz

San Mamede de Pedrafita é unha parroquia de Guitiriz pertencente ó arciprestado de Parga. O seu nome vén do latín petra fictus, que significa pedra cravada.

Segundo o IGE en 2012 tiña 152 habitantes dos cales eran 82 homes e 70 mulleres censados en 14 grupos de poboación. En 1991 eran 215 as persoas censadas cunha densidade media de 15,7 hab/km². Esta parroquia prestou tres quendas na presentación do beneficio parroquial: á casa de Friol, á casa de Miraz e á casa de Trasmonte.

Rego do Ameneiro, Pedrafita, Guitiriz

Rego do Ameneiro é un lugar da parroquia de Pedrafita no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá. Tiña 6 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 2 homes e 4 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 7 habitantes.

Ribeira, Ribeira

Santa Uxía de Ribeira é unha parroquia pertencente ao Concello de Ribeira na Comarca do Barbanza (A Coruña). Segundo o IGE en 2013 tiña 14.823 habitantes (7.433 mulleres e 7.390 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón un aumenton en relación ao ano 1999 cando tiña 12.770 habitantes.

Régoa, Cedeira

Santa María de Régoa é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 398 habitantes (201 homes e 197 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 442 habitantes.

Senén Barro

Senén Barro Ameneiro, nado o 21 de novembro de 1962 nas Pontes de García Rodríguez é un físico e profesor universitario galego.

Sillobre, Fene

Santa Mariña de Sillobre é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.098 habitantes (564 mulleres e 534 homes) distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.286 habitantes.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.