Amendoados de Allariz

Os amendoados de Allariz son unha das sobremesas máis tradicionais dentro da provincia de Ourense (Galicia).

Almendrados de Allariz (Ourense, España)
Amendoados de Allariz

Composición e elaboración

Os amendoados son unha mestura de améndoa moída, azucre e clara de ovo. Cando está sólida a masa resultante colócase en anacos por riba dunhas obleas e lévase ao forno. Esta é a sobremesa máis inequívoca do municipio ourensán de Allariz.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Allariz

Allariz é un concello da provincia de Ourense pertencente á bisbarra de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2018 tiña 6.110 habitantes (6049 en 2015, 5506 no 2007, 5433 no 2006, 5351 no 2005, 5313 no 2004, 5216 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é allaricense ou allarizao.

Amendoados

O amendoado é un doce característico das vilas medievais galegas como Melide (onde comparte protagonismo co rico e co melindre na festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide), Ribadavia ou Allariz.

Galería de imaxes de Allariz

Galería de imaxes do concello de Allariz na provincia de Ourense.

Galería de imaxes de sobremesas de Galicia

Galería de imaxes de sobremesas de Galicia.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Sobremesa

Na cultura occidental recente, a sobremesa é o derradeiro prato que se serve no curso dunha comida (xantar ou cea). Componse dun prato cociñado máis ou menos azucrado ou ben de froitas, pasteis, cremas, tortas, flans, xeados, pudins e doces.

Nunha acepción máis antiga, a sobremesa comprendía tamén o queixo e algúns s secos (noces, castañas asadas).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.