Ameixa asiática

A ameixa asiática é unha variedade de molusco, semellante a unha ameixa, propia de augas doces. Identifícase como Corbicula fluminea e considérase como especie invasora dos ecosistemas nos que se instala.

Corbicula fluminea
Ameixa asiática mostrando o típico desgaste do umbo.

Ameixa asiática mostrando o típico desgaste do umbo.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Heterodonta
Orde: Veneroida
Suborde: Sphaeriacea
Superfamilia: Corbiculoidea
Familia: Corbiculidae
Xénero: Corbicula
Especie: C. fluminea
Nome binomial
'Corbicula fluminea'
(O. F. Müller, 1774)

Área de distribución

Foi detectada no río Miño por vez primeira na Península Ibérica, a finais dos anos oitenta, e bautizada como ameixa xaponesa de auga doce ou ameixa asiática.

A área natural de distribución é o sueste asiático, onde se utiliza para consumo. De aí pasou ós Estados Unidos en 1924, onde fora introducida por inmigrantes chineses. A chegada a España pode explicarse por importacións de ameixa xaponesa desde Portugal, pero tamén cabe a posibilidade de que viñese adherida ós cascos dos barcos, como aconteceu con outras especies invasoras, como foi o caso do mexillón cebra (Dreissena polymorpha).

En España xa foi atopada en Cataluña, Aragón, Andalucía e Extremadura. En Galicia pode atoparse con preocupante frecuencia nos fondos areosos do curso do Miño desde Salvaterra a Tui (Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández, 2004) e tamén noutros ríos galegos, así como na lagoa de Antela no Vilar de Santos ou no regato Pontiñas, en Lalín.

Morfoloxía

A cuncha é de cor marrón. Presenta unhas estrías concéntricas moi apertadas e marcadas, alcanzando tamaños de ata 4–5 cm de lonxitude, normalmente menores (ó redor dos 2 cm). Resulta característico o desgaste do umbo (vértice apical que sobresae da articulación ou charnela)

Impacto ambiental

Posúe unha elevada capacidade reprodutora, polo que alcanza altísimas densidades, de ata 20.000 individuos por metro cadrado, e pode causar importantes danos nas infraestruturas hidráulicas, así como en centrais hidroeléctricas. Provoca tamén importantes alteracións na cadea trófica e chega a desprazar ós bivalvos autóctonos.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Ameixa (molusco)

O nome de ameixa é denominación común dun grupo de moluscos bivalvos de alto interese comercial e de morfoloxía semellante aínda que pertencen a especies diferentes. A superficie da cuncha é substancialmente lisa e de cores variables. Viven soterrados a escasa profundidade nos fondos areosos do mar, malia que hai especies que viven en augas doces.

As ameixas pertencen a especies diferentes da familia Veneridae.

Lista de bivalvos de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética dos moluscos bivalvos atopados en Galicia. Está baseada na información recollida dos traballos feitos polo experto galego en malacoloxía Emilio Rolán.Este grupo conten arredor de 30.000 especies vivas das cales máis de 200 foron atopadas con maior ou menor abundancia nas costas galegas.

A taxonomía da fauna malacolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.

Unha das intencións da presente lista é a de engadir, cando existan, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de bivalvos, procurando sempre citar a referencia oportuna.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.