Amarante, Portugal

Amarante é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito do Porto, na rexión Norte e subrexión do Támega, con cerca de 9.900 habitantes.

Coordenadas: 41°16′10″N 08°04′42″O / 41.26944, -8.07833

Amarante, Portugal
Pt-amt3
AMT1
Localización
LocalAmarante
PaísFlag of Portugal.svg Portugal
RexiónNorte
SubrexiónTámega
DistritoPorto
Xeografía
Superficie301,4 km²
Demografía
Poboación56.217 hab. (2011)
Densidade186,52 hab/km²
Outros datos
AlcaldeArmindo Abreu (PS)
www.cm-amarante.pt

Xeografía

Amarante bank
Vista de Amarante e o río Támega.

É cabeza dun municipio con 299,25 km² de área e 61.029 habitantes (2004), subdividido en 26 freguesías.[1] O concello limita ao norte co municipio de Celorico de Basto, ao nordeste co de Mondim de Basto, ao leste co de Vila Real e co de Santa Marta de Penaguião, ao sur cos concellos de Baião, Marco de Canaveses e Penafiel, ao oeste co de Lousada e a noroeste co de Felgueiras.

No contexto de políticas sub-rexionais de desenvolvemento e de mobilidade, é membro da Comunidade Urbana (ComUrb) do Baixo Támega, constituída por 7 municipios, que en total contabilizaban 198.058 habitantes en 2001, sendo tamén a súa capital.

O comercio e os servizos céntranse principalmente na cidade de Amarante e en Vila Meã, que constitúen os dous principais núcleos urbanos do concello.

Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de San Gonzalo.

Freguesías

Amarante freguesias 2013
Freguesías do concello de Amarante logo da reorganización administrativa de 2013.

Desde a reorganización administrativa de 2012/2013,[1] o concello de Amarante está composto por 26 freguesías:

  • Aboadela, Sanche e Várzea
  • Amarante (São Gonçalo), Madalena, Cepelos e Gatão
  • Ansiães
  • Bustelo, Carneiro e Carvalho de Rei
  • Candemil
  • Figueiró (Santiago e Santa Cristina)
  • Fregim
  • Freixo de Cima e de Baixo
  • Fridão
  • Gondar
  • Jazente
  • Lomba
  • Louredo
  • Lufrei
  • Mancelos
  • Olo e Canadelo
  • Padronelo
  • Real, Ataíde e Oliveira
  • Rebordelo
  • Salvador do Monte
  • São Simão de Gouveia
  • Telões
  • Travanca
  • Vila Caiz
  • Vila Chã do Marão, anteriormente Vila Chão do Marão
  • Vila Garcia, Aboim e Chapa

Notas

  1. 1,0 1,1 Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I. Acedido a 19/07/2013.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Gonzalo de Amarante

Gonzalo de Amarante, nado en Tagilde, Vizela, Portugal en 1187 e finado o 10 de xaneiro de 1259, é un beato dominicano da Igrexa Católica, e a súa festividade celébrase o 10 de xaneiro.Sábese moi pouco da vida deste popular beato. Pertenceu a unha extensa familia nobre, desde pequeno, practicamente desde o bautismo, sentiuse atraído pola relixión, dándose conta o arcebispo de Braga, quen o tomou como aprendiz e preparouno para o sacerdocio. Aceptárono os frades dominicos, sendo reitor da orde do bispo en San Pelagio. Foi de peregrino aos catorce anos a Palestina e Roma, e ao seu retorno, por múltiples cambios e problemas co seu sobriño retirouse en Amarante a vivir de xeito solitario, dedicándose á evanxelización. Aos poucos, unha grave enfermidade foi deteriorando a súa saúde, ata falecer o 10 de xaneiro de 1259.En 1560 o papa Pío IV beatificouno. A súa canonización nunca se concretou pero de igual forma é chamado comunmente santo, celebrándose a súa festa o 10 de xaneiro, día do seu falecemento.

É invocado como casamenteiro das vellas e nos casos de infertilidade.En honor deste beato portugués, unha coñecida canle brasileira que cruza a cidade de Pelotas (Río Grande do Sur), foi chamada Canle São Gonçalo.

Orquestra do Norte

A Orquestra do Norte ou abreviado ON é unha orquestra sinfónica da cidade de Amarante (Portugal), que concretiza dende 1992 o proxecto de descentralización da cultura musical e presentado pola Associação Norte Cultural (asociación que actualmente a xestiona). Foi a gañadora do primeiro concurso nacional para a creación de orquestras rexionais instituído polo Estado Portugués ese mesmo ano. A Orquestra do Norte conta co apoio do Ministerio de Cultura portugués e ten colaborado con 71 autarquías, fundacións, empresas patrocinadoras e institucións culturais.

Río Támega

O río Támega (Tâmega en portugués), é un curso fluvial que nace en Galiza, e percorre parte do norte de Portugal, ata desembocar no río Douro, logo dun percorrido de 145 km. É o único río principal galego, xunto cos seus afluentes, que pertence á Confederación hidrográfica do río Douro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.