Amancio Prada

Amancio Prada, nado o 5 de febreiro de 1949 en San Pedro de Devesas (Ponferrada), comarca do Bierzo, é un destacado cantautor español.

Amancio Prada
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Amancio Prada en Boimorto en 2015
Amancio Prada en Boimorto, en 2015.
Nome completoAmancio Prada Prada
Nacemento5 de febreiro de 1949 (70 anos)
OrixeDevesas, comarca do Bierzo León Castela e León Castela e León
OcupaciónCantautor
Instrumento(s)Guitarra
Selo(s) discográfico(s)Fonomusic, BMG Music Spain, Camaina, Musicamaina
Tempo en activo1972 - actualidade
Na rede
http://www.amancioprada.com

Traxectoria

Fillo de labradores, estudou Socioloxía na Universidade da Sorbona (París). Alí mesmo, na Francia, xa se deu a coñecer aparecendo na televisión e nas radios francesas, e mesmo gravou o seu primeiro disco Vida e morte (Alvarès, 1974). A partir de aquí comezou unha longa etapa de produción de discos, xunto con numerosas actuacións por todo o mundo, pois participou en concertos por todo o territorio nacional e internacional (Roma, Estocolmo, Xenebra, Buenos Aires, Nova York, Lisboa, Caracas, Porto, Chicago, México, Rabat, Colonia, Utrecht, Rávena, Atenas, Bruxelas, Medellín...)

Amancio Prada pódese considerar como un dos mellores embaixadores da lírica galega no mundo (Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, diversos trobadores galaico-portugueses, cancións populares etc), razón que expuxo o xurado para que gañase o XXI Premio Celanova -Casa dos Poetas- en 2005 ou o Premio Xarmenta en 2006.

Discografía

  • Vida e morte (1974)
  • Amancio Prada (1975)
  • Caravel de caraveles
  • Canciones de amor y celda
  • Leliadoura (homenaxe aos trobadores galaico-portugueses medievais).
  • Cántico espiritual (homenaxe a san Xoán da Cruz).
  • Canciones y Soliloquios (poemas de Agustín García Calvo).
  • De la mano del aire (1984)
  • Dulce vino de olvido (1985)
  • Sonetos de amor oscuro (1986), baseado en poemas de Federico García Lorca.
  • A dama e o cabaleiro (1987), baseado na poesía neotrobadoresca de Álvaro Cunqueiro.
  • Navegando la noche (1988)
  • Trovadores, místicos y románticos (1990), disco dobre.
  • Emboscados (1994)
  • Rosas a Rosalía (1997), conxuntamente coa Orquestra Real Filharmonía de Galicia.
  • 3 poetas en el círculo (1998), en homenaxe a Cunqueiro, García Lorca e García Calvo. É a súa primeira gravación ao vivo e en directo.
  • De mar e terra (1999), baseado na tradición oral en galego.
  • Escrito está (2001)
  • Canciones del alma (2003), disco-libro, dedicado a textos de San Juan de la Cruz.
  • Sonetos y canciones de Federico García Lorca (2004), o seu segundo disco-libro
  • Hasta otro día, Chicho (abril de 2005), disco-libro dedicado a Francisco Sánchez-Ferlosio.
  • Rosalía siempre (2005)
  • Huellas de Salamanca (2005)
  • Zamora (2006)
  • Concierto de amor vivo (2007)
  • Vida de artista (2007)
  • Del amor que quita el sueño (2010)
  • Cántico espiritual y otras canciones de San Juan de la Cruz (2010)
  • Emboscados (2010)
  • Jorge Manrique. Coplas a la muerte de su padre (2010)
  • Canciones de Agustín García Calvo. Libre te quiero ( 2013)
  • Federico García Lorca. Poeta en Galicia (2013)
  • Resonancias de Rosalía (2014)
  • La voz descalza (2015)

Premios e distincións

Véxase tamén

Ligazóns externas

5 de febreiro

O 5 de febreiro é o 36º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 329 días para finalizar o ano, 330 nos anos bisestos.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Negra sombra

"Negra sombra" é un dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro publicado no seu libro Follas novas de 1880.

Prada

O topónimo Prada pode referirse a:

Prada, parroquia do concello da Veiga;Prada, lugar de dita parroquia;

Poboado de Prada, lugar de dita parroquia;

Prada, lugar da parroquia de Cruces, no concello de Padrón;

Prada, lugar da parroquia de Xuances, no concello de Xove.Amais como apelido pode referirse a:

Amancio Prada, cantautor español.

Rodolfo Prada, persoeiro do galeguismo.

Premio Xarmenta

O premio Xarmenta é un galardón que organiza e entrega desde 2005 a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta para promover a lingua galega do Bierzo. A gala de entrega dos galardóns ten lugar no Teatro Bergidum de Ponferrada no mes de xaneiro de cada ano. Desde a súa cuarta edición ten unha periodicidade bienal.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Teófilo Caamaño

Teófilo Caamaño Caamaño, nado en Carnota en 1912 e falecido na Coruña en 1997, foi un mariñeiro e guerrilleiro antifascista galego.

Vida e morte

Vida e morte é o primeiro álbum de estudio do cantante e compositor español Amancio Prada. Foi publicado en 1974, baixo o selo Disques Alvarès.

O disco gravouse nos estudios Sofreson (París) en novembro de 1973. No álbum, Amancio musica poemas de distintos autores, tanto en galego (Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana) como en castelán (Nicolás Guillén, Miguel Hernández, Luis López Álvarez), así como poemas propios (os temas "Labregos" e "Canción de amor Nº 2").

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.