Amancio Ortega

Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936,[1] é un empresario galego da moda, creador de Zara[2]. Amancio é o segundo de catro irmáns, dous homes e dúas mulleres: o maior, Antonio, faleceu en 1987; Josefina (Pepita) é a menor e Pilar falecida en 2000, que nunca formou parte do negocio téxtil da familia.

Amancio Ortega Gaona
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Amancio Ortega Portrait Painting Collage By Danor Shtruzman
Retrato de Amancio Ortega.
Nacemento28 de marzo de 1936
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónemprendedor
CónxuxeRosalía Mera (1966–1986; divorciado)
Flora Pérez Marcote (2001–presente)
FillosSandra Ortega, Marcos Ortega, Marta Ortega
PremiosMedalla Castelao e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil
Amancio Ortega Gaona signature
faortega.org

Traxectoria

Actividade profesional

Gala fábrica de camisas A Coruña
Gala, fábrica de camisas.
Primeira tenda de zara juan flórez
Primeira tenda de Zara na rúa Juan Flórez da Coruña.

Fillo de pais de orixe vallisoletana,[3] naceu en Busdongo, unha aldea leonesa do concello de Villamanín, e aos tres meses marchou con eles a Tolosa, onde viviu ata 1944.[3] Nesa altura destinaron a seu pai, xefe de estación de ferrocarril, á Coruña, onde marchou, e onde con catorce anos comezou a súa carreira no mundo do téxtil como empregado de dúas coñecidas tendas de roupa: a camisería Gala[4] onde traballa tres anos e a mercería La Maja a onde vai traballar cos seus irmáns con dezasete anos[5].

É en 1963 cando crea coa axuda dos seus irmáns a compañía Confecciones GOA (as súas iniciais en sentido inverso), dedicada á fabricación de batas. O negocio crece progresivamente nesta década, e coa súa muller daquela, Rosalía Mera, funda Zara como empresa. En 1975 ábrese a primeira tenda de Zara na céntrica rúa de Juan Flórez, na Coruña. Os seus establecementos comezan a abrirse por toda España e o mundo. Co aumento do volume de actividades da empresa, en 1985 créase o grupo Inditex, para acoller as distintas empresas da confección e a distribución que posúe.

Como presidente de Inditex, é a persoa máis rica de Galiza e España, a 2ª de Europa e a 7ª do mundo segundo a revista Forbes en 2011, cunha fortuna calculada de 31.000 millóns de dólares[6]. En 2017, calculouse a súa fortuna en 72 700 millóns de dólares, e levaba varios anos entre os cinco homes máis ricos do mundo.[7][8]

En xaneiro de 2011 anunciou que en xullo dese ano deixaría a presidencia do grupo téxtil, onde sería relevado por Pablo Isla[9].

Ademais do negocio téxtil, Ortega diversificou a súa iniciativa empresarial cara a outros sectores industriais como o inmobiliario, o financeiro, os concesionarios de automóbiles ou a xestión de fondos de investimento.

Vida persoal

Escola infantil en Esteiro Amancio Ortega
Escola infantil de Esteiro, Ferrol. Fundación Amancio Ortega.

Refuxiado na normalidade e obsesionado polo anonimato, toda a súa vida e ata o seu rostro foron durante moitos anos un dos segredos mellor gardados. Nunca concedeu unha entrevista, aínda que si ten colaborado nalgún libro biográfico. Entre as súas afeccións coñecidas destacan a hípica, os automóbiles e a pintura.

Marcos, o único fillo home de Ortega, naceu cunha grave discapacidade e o empresario e mais a muller daquela, Rosalía Mera, promoveron a creación da Fundación Paideia, unha institución de integración de discapacitados. Separouse en 1986 e despois casou con Flora Pérez Marcote, con quen tivo unha filla, Marta Ortega, quen se perfila como sucesora á fronte do grupo empresarial e no que xa ten ocupado diversos postos como en Bershka.

En 2001 crea a Fundación Amancio Ortega, institución privada sen fin de lucro que promove actividades no campo da cultura, a investigación, a educación e a ciencia.

É propietario do pazo de Anceis en Anceis, e o impulsor das instalacións hípicas de Casas Novas, en Larín.

No ano 2012 Amancio Ortega, a través da fundación que leva o seu nome, realizou unha doazón a Cáritas por valor de 20 millóns de euros, que nese momento se calculou que supoñía o 0,05% do seu patrimonio.[10][11] En 2017 doou 300 millóns de euros para equipamento contra o cancro.[12]

Honras

Notas

  1. Viana, Israel (23-10-2015). "Tras el misterio de Amancio Ortega". abc.es. Consultado o 06-01-2018.
  2. Amancio Ortega Gaona Arquivado 30 de decembro de 2012 en Wayback Machine. na web de Inditex
  3. 3,0 3,1 Vela, Víctor (28-12-2015). "Y el hombre más rico del mundo llegó a Valladolid". elnortedecastilla.es. Consultado o 06-01-2018.
  4. Vázquez, Sofía (16 de xaneiro de 2011). "O pai de Inditex aclara o seu futuro"". [La Voz de Galicia]]. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2012. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
  5. "Seis millonarios de la nada", artigo en El Mundo (en castelán).
  6. "The World's Billionaires: Amancio Ortega.". Forbes. Consultado o 11 de marzo de 2011.
  7. "Amancio Ortega". forbes.com. Consultado o 06-01-2018.
  8. "El fundador de Zara es ya el segundo hombre más rico del mundo". elpais.com. 05-06-2015. Consultado o 06-01-2018.
  9. Amancio Ortega propón a Pablo Isla como novo presidente de Inditex, Galicia Hoxe, 10/1/2011.
  10. La Fundación Amancio Ortega dona veinte millones de euros a Cáritas. laopinioncoruña.es (en castelán)
  11. Calcula cuánto donarías si hicieras como Amancio Ortega con Cáritas (en castelán)
  12. "Así se ha repartido la donación millonaria de Amancio Ortega para combatir el cáncer".
  13. Amancio Ortega, condecorado por el Gobierno con la Gran Cruz de la Orden al Mérito Civil. leonnoticias.com

Véxase tamén

Bibliografía

  • Badía, Enrique (2008). Zara...y sus hermanas. Col. Historia Empresarial. Madrid: LID Editorial Empresarial, S.L. ISBN 978-8483560266.
  • Blanco, Xabier; Salgado, Jesús (2004). Amancio Ortega, de cero a Zara: El primer libro de investigación sobre el imperio Inditex. Madrid: Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-167-7.
  • Martín, David (2012). Zara, visión y estrategia de Amancio Ortega. Conecta. ISBN 978-8415431367.

Ligazóns externas

28 de marzo

O 28 de marzo é o 87º día do ano do calendario gregoriano e o 88º nos anos bisestos. Quedan 278 días para finalizar o ano.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Bershka

Bershka é unha cadea de tendas de roupa pertencente ao grupo español INDITEX fundado por Amancio Ortega Gaona.

Bershka abriu as súas portas no mes de abril do ano 1998. O concepto de moda destas tendas está dirixido ao público novo, con cambios de deseños para as tempadas outono/inverno e primavera/verán.

O estilo das tendas Bershka é xuvenil e informal, pero dentro dela pódense elixir distintos estilos e gustos da moda.

Ten máis de mil tendas en máis de 54 países.

Marta Ortega, a filla de Amancio Ortega, traballou en Bershka en diversos postos.

Carpintería Cerqueiro

Carpintería Cerqueiro é unha empresa galega adicada ao deseño, construción e instalación de mobiliario, a súa sede está en Carral. Cerqueiro é unha das empresas que traballa para Inditex na construción das súas tendas.A empresa ten Certificado de Xestión Forestal Sostible PEFC.

Centro Hípico Casas Novas

O Centro Hípico Casas Novas é un recinto adicado á práctica de deportes ecuestres e ó coidado de cabalos, situado na parroquia de Larín (Arteixo). Comezou as súas actividades en agosto de 2000, por iniciativa do empresario local Amancio Ortega.

Cándido Hermida

Cándido Hermida é unha empresa galega da madeira xurdida en 1984 en Valdoviño, actualmente ten a súa sede no Polígono industrial Río do Pozo, Narón.

As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro de carpintaría artesán. En 1991 a empresa comezou a traballar para Inditex. A empresa ten feito traballos para marcas como Guess, Loewe, Michael Korrs, Bimba y Lola, Mango ou a xoiaría Tiffany. A empresa fai mobles de deseño por encargo e mobiliario para iates.

Fundación Amancio Ortega

A Fundación Amancio Ortega (FAO) é unha organización sen ánimo de lucro xurdida ao abeiro do éxito internacional de Inditex, sendo o seu presidente e fundador o propio Amancio Ortega.

Inditex

Industria de Diseño Textil, S.A. (Inditex) é un grupo galego da industria téxtil. É o primeiro grupo europeo de confección de roupa diante de H&M, a xaponesa Uniqlo e a estadounidense Gap. Sendo a terceira empresa do sector a nivel mundial tras Nike (34.350 millóns de dólares) e LVMH (42.636 millóns de euros; Louis Vuitton, Moët Hennessy). Ten a súa sede central no Polígono de Sabón en Arteixo, A Coruña. Está composto por case un cento de compañías de deseño, fabricación e distribución téxtil. Amancio Ortega, o home máis rico de España (e de Europa) é o fundador e o accionista maioritario. O seu presidente actual é Pablo Isla.

Inditex a 31 de xaneiro de 2018 ten 7.475 tendas en todo o mundo e posúe as marcas Massimo Dutti, Bershka, Oysho, Pull and Bear, Stradivarius, Zara, Tempe e Uterqüe, e tamén a marca de baixo custo Lefties. En marzo de 2015 Inditex acadou un valor en bolsa de 89.761 millóns de euros, sendo a segunda empresa do IBEX-35, despois do Banco Santander, en valoración.

A maioría da produción atópase en países con man de obra barata como Marrocos, China e Turquía, malia que boa parte da produción continúa en España e Portugal, en particular a da marca Zara. Ademais, Inditex ten unha fábrica de deseño e produción de calzado na vila de Elx.

José Pablo del Bado Rivas

José Pablo del Bado Rivas nado o 26 de maio de 1958 é directivo de empresas sendo director de Pull and Bear. Reside en Oleiros.Comezou a traballar con Amancio Ortega e Rodríguez Cebrián a mediados dos anos 70 á busca de clientes. Del Bado era coñecido en Arteixo como “o fillo que a Amancio Ortega lle gustaría ter”. A partir de 2011 os familiares políticos de Amancio Ortega afastárono de Inditex ocupando postos en distintas empresas do grupo.

Lefties

Lefties é unha empresa galega de roupa e complementos, propiedade de Inditex e con sede na vila de Tordera, en Barcelona.

Marta Ortega

Marta Ortega Pérez, nada na Coruña en 1983, é unha empresaria galega, vicepresidenta de dúas sociedades do grupo Inditex.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Partler 2006

Partler 2006 é unha empresa galega adicada ao investimento en sociedades mercantís. Foi fundada por Amancio Ortega para a xestión de activos en Inditex e investimento.

Pazo de Anceis

O Pazo de Anceis é unha edificación do século XVII-XVIII situada no concello de Cambre. É a residencia habitual de Amancio Ortega.

Ten arquitectura típica galega, con planta en forma de U con baixo e un andar. A construción en pedra ten nun extremo unha capela e noutro un patín de entrada. Ten alpendres, hórreos e fonte nunha superficie de 42.000 metros cadrados.

Pontegadea

Pontegadea é unha empresa galega adicada á xestión de activos inmobiliarios e ao investimento financeiro. Move máis de 20 mil millóns de euros ao ano. O seu único accionista é Amancio Ortega.A empresa adícase a mercar e xestionar locais comerciais que son cedidos en alugueiro ás marcas de Inditex e outras empresas. Amancio Ortega controla o 50,01% das accións de Inditex empregando Pontegadea como empresa xestora.

Entre os edificios que posúe están:

Torre Picasso

Torre CepsaEn 2013 foi fusionada Pontegadea con Gartler, a outra sociedade de xestión.

Rosalía Mera

Rosalía Mera Goyenechea, nada na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e finada na mesa cidade o 15 de agosto de 2013, foi unha empresaria galega. Foi co fundadora de Inditex xunto con Amancio Ortega.

Sandra Ortega

Sandra Ortega Mera, nada na Coruña o 19 de xullo de 1968, é unha empresaria galega, unha das principais accionistas de Inditex.

Torre Picasso

A Torre Picasso é un rañaceos situado en Madrid, España, na Praza de Pablo Ruiz Picasso, dentro do complexo empresarial e comercial AZCA, situado xunto ao Paseo da Castellana no corazón financeiro da capital española.

No seu momento, coas súas 47 plantas e 157 metros de altura, foi o rañaceos máis alto de Madrid e de España. Foi proxectada polo arquitecto estadounidense de orixe xaponés Minoru Yamasaki quen tamén proxectou o desaparecido World Trade Center de Nova York, en colaboración co equipo español dirixido por Jordi Mir Valls e Rafael Coll Pujol. En decembro de 2011 foi adquirida por Pontegadea Inmobiliaria, do empresario galego Amancio Ortega, polo valor de 400 millóns de euros.

Zara

Zara é unha cadea galega de tendas de moda e complementos pertencente ao grupo Inditex con sede en Arteixo.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.