Amancio Amaro

Amancio Amaro Varela, nado na Coruña o 16 de outubro de 1939,[1] é un ex futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. Foi alcumado como El Brujo pola súa facilidade para realizar caneos inverosímiles.

Amancio
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Amancio Amaro 1971
Amancio Amaro en 1971.
Información persoal
Nome completo Amancio Amaro Varela
Nacemento 16 de outubro de 1939 (80 anos)
  A Coruña
Nacionalidade España
Altura 1,66 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1954–1958 Victoria
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1958–1962 Deportivo da Coruña 96 (54)
1962–1976 Real Madrid 344 (119)
Selección nacional
1962–1974 España 42 (11)
Adestrador
1976–1977 Real Madrid (xuvenís)
1982–1984 Castilla
1984–1985 Real Madrid

Traxectoria

Amancio Amaro empezou a súa carreira con quince anos no Victoria CF, e na tempada 1958–59 incorporouse ó Deportivo da Coruña, que daquela militaba na Segunda División. Ó ascender o Deportivo á Primeira División na tempada 1961–62, Amancio empezou a chamar a atención dos olleadores de equipos importantes, entre eles o Real Madrid.

A fichaxe de Amancio polo equipo merengue estivo a piques de non ser levado a cabo, xa que de non ser pola insistencia de Santiago Bernabéu na fichaxe do xogador, a súa astronómica ficha botaría a perder as negociacións.

Xunto con Amancio, no verán de 1962 tamén chegaron ó Real Madrid Ignacio Zoco, Lucien Müller e Yanko Daucik. Nesa época o equipo vivía unha etapa de transición, xa que anos atrás destacara tanto en España como en Europa. Amancio debutou en competición europea fronte ó RSC Anderlecht (3-3 no Estadio Santiago Bernabeu), e en liga fronte ó Real Betis en Sevilla, cun resultado de 2-5.

Como xogador do Real Madrid Amancio acadou a fama internacional, chegando a ser convocado para unha selección mundial, auspiciada pola FIFA.

Amancio vestiu a camisola da selección española en 42 ocasións, debutando ante Romanía. Coa selección Amancio foi partícipe dun dos maiores logros da súa historia, a consecución da Eurocopa de 1964 ó vencer por 2-1 á Unión Soviética.

Retirouse en 1976 e pasou ó corpo técnico do Real Madrid.

Ó retirarse iniciou unha nova etapa no banco. Empezou adestrando ós xuvenís do Real Madrid durante unha tempada. Ó rematar adicouse ós seus negocios, sendo recuperado en 1982 por Luis de Carlos, que acababa de gañar as eleccións á presidencia do club.

Amancio fíxose cargo do Real Madrid Castilla, co que conquistou o campionato nacional de Segunda División na súa segunda tempada. Naquel conxunto formouse deportivamente a famosa Quinta del Buitre, composta por Butragueño, Míchel, Sanchís, Martín Vázquez e Pardeza.

Na campaña 1984-85 fíxose cargo do primeiro equipo. Aínda que os resultados acompañaron deixou o posto. Tras unha etapa como informador, deixou o club para incorporarse á firma deportiva Kelme, como delegado e responsable para a área de Madrid.

En xullo de 2000 presentouse como vogal na candidatura á Presidencia e Xunta Directiva do Real Madrid encabezada polo presidente do club, Florentino Pérez, saíndo elixido vogal da xunta. Desde ese posto propiciou a incorporación de ex-xogadores madridistas en distintos postos de responsabilidade do club. A Xunta Directiva do Real Madrid acordou que Amancio Amaro se fixese cargo da organización do Centenario do equipo.

Palmarés

Club

Real Madrid

Selección

España

Indvidual

Véxase tamén

Ligazóns externas

  1. Ficha en realmadrid.com
17 de outubro

O 17 de outubro é o 290º día do ano do calendario gregoriano (291º nos anos bisestos). Quedan 75 días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Centenario do Deportivo

O Centenario do Deportivo fai referencia ao conxunto de actos celebrados ao longo de 2006 para celebrar o século de historia do RC Deportivo da Coruña, cen anos que se cumpriron exactamente o día 2 de marzo dese ano.

Encomenda do Cocido

A Encomenda do Cocido é unha sociedade gastronómica promovida polo concello de Lalín.

É unha sociedade gastronómica sen ánimo de lucro, nada no ano 2000 por iniciativa do Concello de Lalín coa finalidade de promover o cocido desta vila, e de grande importancia neste concello e, en xeral, de toda a comarca do Deza.

Acada a súa máxima expresión durante a celebración da Feira do cocido de Lalín (festa gastronómica celebrada dende o ano 1969 o domingo antes do entroido).

Entre os ilustres comendadores atópanse, por exemplo, o maxistrado Baltasar Garzón, o cantante Julio Iglesias, o presidente do Goberno Mariano Rajoy, o humorista Moncho Borrajo, a cociñeira Toñi Vicente ou o ex xogador do Deportivo e do Real Madrid Amancio Amaro.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Primeira división española 1968/69

A tempada 1968/69 da Primeira división española de fútbol, que foi a 38ª edición do campionato, disputouse entre o 14 de setembro de 1968 e o 20 de abril de 1969.

O Real Madrid proclamouse campión, por oitava vez nos últimos nove anos.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Trofeo Pichichi

O Trofeo Pichichi é o premio que outorga cada ano o xornal deportivo español Marca ao máximo goleador da Primeira división da Liga española de fútbol. Por extensión, en España adoita utilizarse de forma xenérica o termo Pichichi para referirse ao máximo goleador de cada torneo futbolítisco.

Ao premio chámaselle así en coma homenaxe ó famoso xogador do Athletic Club de Bilbao Rafael Moreno "Pichichi", que destacou pola súa grande capacidade goleadora ó longo dos anos 1910 e 1920, antes da creación da Liga española de fútbol.

O premio non ten en conta as actas arbitrais. O trofeo correspondente para o gardameta menos goleado é o Trofeo Zamora.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.