Amalia Álvarez Gallego

Amalia Álvarez Gallego, nada en Lugo o 10 de febreiro de 1906 e finada en Pontevedra o 27 de novembro de 2001, foi unha funcionaria galega.

Amalia Álvarez Gallego
Amalia Álvarez Gallego e Alexandre Bóveda
Amalia Álvarez Gallego e Alexandre Bóveda
Nacemento10 de febreiro de 1906
 Lugo
Falecemento27 de novembro de 2001
 Pontevedra
SoterradaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra e funcionaria pública
PaiXerardo Álvarez Limeses
CónxuxeAlexandre Bóveda
Fillos5: Xela, Alexandre, Xosé Lois, Dolores e Amalia
IrmánsXerardo Álvarez Gallego

Traxectoria

Foi a quinta dos seis fillos de Xerardo Álvarez Limeses e Dolores Gallego. Sendo nena, a familia instalouse en Pontevedra. Alí realizou os seus estudos primarios e despois estudou Maxisterio. Coñeceu a Alexandre Bóveda nos ensaios da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra, na que ambos cantaban. Casaron o 20 de outubro de 1930. Rematou a carreira e púxose a dar clases, mentres preparaba as oposicións. Optou por facer as de Facenda en Madrid. Obtivo praza en Cádiz e deixou aos fillos con familiares. Foi trasladada a Pontevedra. Tivo complicacións para conseguir un certificado de adhesión ao réxime que lle permitiu ocupar a súa praza de funcionaria. As súas fillas foron sinaladas. Participou nas homenaxes que lle fixeron ao seu home coa chegada da democracia.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Alexandre Bóveda

Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.

Alfonso Álvarez Cáccamo

Alfonso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 23 de outubro de 1952, é un escritor e profesor galego.

Alfonso Álvarez Gándara

Alfonso Álvarez Gándara, nado en Tui o 27 de xaneiro de 1939, é un avogado e político galego.

Berta Cáccamo

Berta Álvarez Cáccamo, coñecida artisticamente como Berta Cáccamo, nada en Vigo o 1 de setembro de 1963 e finada en Coruxo (Vigo) o 11 de maio de 2018, foi unha pintora abstracta galega.

Celso Álvarez Cáccamo

Celso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 15 de decembro de 1958, é un escritor e sociolingüista galego.

Darío Álvarez

O nome de Darío Álvarez pode referirse a:

Darío Álvarez Limeses, médico galego (1877-1936);

Darío Álvarez Blázquez, médico e escritor galego, fillo do anterior (1910-1979);

Darío Álvarez Gándara, médico e escritor galego, fillo do anterior (1936-2015);

Darío Álvarez Basso, pintor galego, fillo do anterior (n. 1966).

Darío Álvarez Basso

Darío Álvarez Basso, nado en Caracas o 12 de maio de 1966, é un pintor galego.

Darío Álvarez Blázquez

Darío Álvarez Blázquez, nado en Tui o 30 de setembro de 1910 e finado en Vigo o 7 de xuño de 1979, foi un médico e escritor galego.

Darío Álvarez Gándara

Darío Álvarez Gándara, nado en Tui o 22 de xaneiro de 1936 e finado en Nigrán o 17 de agosto de 2015, foi un médico e escritor galego.

Darío Álvarez Limeses

Darío Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de novembro de 1877 e finado o 30 de outubro de 1936, foi un médico e xornalista galego.

Emilio Álvarez Blázquez

Emilio Álvarez Blázquez, nado en Tui o 16 de abril de 1919 e finado en Vigo o 22 de decembro de 1988, foi un escritor e editor galego.

Emilio Álvarez Giménez

Emilio Álvarez Giménez, nado en Pobra de Seabra o 21 de marzo de 1830 e falecido en Pontevedra o 12 de xuño de 1911, foi un dramaturgo, rexionalista e político galego.

Emilio Álvarez Negreira

Emilio Álvarez Negreira, nado en Pontevedra o 9 de setembro de 1926 e finado na mesma cidade o 4 de xullo de 2002, foi un xornalista e poeta galego.

Xerardo Álvarez Gallego

Xerardo Álvarez Gallego, nado en Ourense o 29 de novembro de 1899 e finado en Miami o 4 de abril de 1986, foi un escritor e político galego.

Xerardo Álvarez Limeses

Xerardo Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de decembro de 1871 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 1940, foi un mestre e escritor galego.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Xosé María Álvarez Cáccamo

Xosé María Álvarez Cáccamo, tamén coñecido como Pepe Cáccamo, nado en Vigo o 6 de xullo de 1950, é un escritor galego, crítico literario e profesor de literatura.

Álbum de Mulleres

O Álbum de Mulleres é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que botou a andar en decembro do ano 2005.

Álvarez Blázquez

Os apelidos Álvarez Blázquez fan referencia, ademais doutras persoas, aos fillos de Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester:

Darío Álvarez Blázquez (1910-1979);

Celso Álvarez Blázquez (n. 1913);

Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985);

Alfonso Álvarez Blázquez (n. 1917);

Emilio Álvarez Blázquez (1919-1988);

Álvaro Álvarez Blázquez (1921-2005).

Árbore xenealóxica

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.