Amador Montenegro

Amador Manuel Joaquín de la Concepción Montenegro L. de Saavedra, chamado Amador Montenegro, nado en Santiago de Compostela o 30 de abril de 1864 e falecido en Lugo o 22 de setembro de 1932, foi un escritor e xornalista que fundou o periódico A Monteira en 1889.

Amador Montenegro
Amador Montenegro
Nacemento30 de abril de 1864
 Santiago de Compostela
Falecemento22 de setembro de 1932
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
CónxuxePura López Saavedra
XénerosPoesía e fábula
EstudosDereito

Traxectoria

Amador era fillo de Siro Montenegro López, nobre terratenente de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, que foi alcalde de Lugo en 1852; e de Pilar Saavedra Costas, tamén natural de Lugo.

Estudou a carreira de dereito na universidade de Santiago, rematando os estudos na de Valladolid. A súa carreira profesional foi breve: comezou de pasante dun avogado parente da familia en Monforte e encargáronlle un preito entre dous labregos. Como conseguiu que se amañasen sen chegar ao xuízo, o parente díxolle que así non lle interesaba e despediuno. Desde entón, Amador Montenegro dedicouse á agricultura e ó movemento agrarista.

Casou con Pura López Saavedra [1], a súa curmá, que residía en Moaña (Pontevedra), dunha familia de grandes propiedades agrícolas que chegaban ata Vilafranca do Bierzo (León) e que pasou a administrar el, o que o levou a fixar a residencia en Vigo, onde naceron os seus nove fillos. Nesta cidade traballou tamén como profesor no colexio La Concepción, formou parte da Liga dos Defensores de Vigo e ocupou diversos cargos no Concello e na Cámara de Comercio.

Sen chegar a militar nunca en ningún partido político, tivo nun principio certa ideoloxía nacionalista e combateu o caciquismo imperante na época e, sobre todo, a sistema de foros imperante. Tamén desenvolveu certo papel no movemento galeguista cultural da súa época.

Amador Montenegro foi así mesmo divulgador de temas agrícolas (entre os seus títulos, Causas generales de la decadencia agrícola en Galicia, Lugo, 1903; ntra el mildiu, el oídio y el black-root, Vigo, 1917).

Ingresou na Real Academia Galega e o seu discurso, Alma da poesía galega (Santiago, 13/12/1909), asíu como a súa contestación, a cargo de Barcia Caballero, foron os primeiros lidos en galego na douta institución.[2][3]

Obras

Da súa ocupación como administrador de terras agrícolas veu a publicación de diversos estudos neste eido, como Causas generales de la decadencia agrícola en Galicia (1903) ou Contra el mildiu, el oídio y el 'black-root' [4] (1917).

Foi nomeado membro da Real Academia Galega en 1909 e o seu discurso de ingreso, Alma da poesía gallega, pronunciado o 13 de decembro, foi o primeiro pronunciado en galego nesta institución. Foi contestado polo académico Juan García Caballero, tamén en galego.

Aires d'a Miña Terra. Año 1 Núm. 05. Buenos Aires.pdf&page=6
Aires d'a Miña Terra. Núm. 05. 7/7/1908.

As súas publicacións, escasas, foron obras de poesía e fábulas:

  • Muxenas (1888, reeditado en 1896).
  • Fábulas i epigramas (Lugo, 1892; contén 27 fábulas).
  • Fábulas galaico-castellanas (Lugo, 1897, edición corrixida e ampliada da anterior: 47 fábulas en galego e outras en castelán).
  • Trabajo folk-lórico gallego (1912, recompilación de cultura popular).
  • Colección de cantares gallegos recogidos de la tradición oral (1912).

Ás anteriores obras hai que engadir numerosas colaboracións xornalísticas non só n'A Monteira, senón tamén noutros xornais da época, como Aires da Miña Terra, O Gaiteiro de Lugo, El Eco de Galicia, Galicia Moderna, O Tío Marcos da Portela ou Vida Gallega, por citar uns poucos exemplos. Nestes traballos asinaba de forma directa, co seu nome completo ou as iniciais; ou con pseudónimos, como os de El Vate de la Raposeira ou Esperanza Roca.

O Centro Ramón Piñeiro (CIRP) publicou no 2007 unha recompilación: Obra narrativa en galego de Amador Montenegro Saavedra.

A Monteira

A obra pola que realmente é recoñecido foi o semanario A Monteira, que fundou xunto a Manuel Pardo Becerra e que dirixiu durante toda a súa edición, desde outubro de 1889 a decembro de 1890.

Nas mesmas datas creou outro xornal en Vigo: La Razón (1889-1894).

Notas

  1. Irmá de Ildefonso López Saavedra, tamén escritor, e filla de Dores Saavedra Costas, á súa vez irmá da nai de Amador Montenegro.
  2. "Montenegro y Saaveda, Amador" in Gran Enciclopedia Galega, 1972, 31, páxs. 188-189.
  3. Agrelo, Eulalia: "Montenegro y Saavedra, Amador" in Gran Enciclopedia Galega, 2003, 30, páxs. 140-141.
  4. Tres enfermidades das vides. O 'black-root' é unha podremia da raíz.

Véxase tamén

Bibliografía

  • De Abel Villela, Adolfo: "O Lugo da Monteira", en A Monteira, edición facsimilar, Xunta de Galicia 1989.
  • Álvarez Blázquez, X. M. (2008) [1960]. (A cidade e os días. Calendario histórico de Vigo) [La ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo] (en galego [en castelán]). Ed. e trad.: Manuel Bragado e X. P. Sánchez. Vigo: (Xerais) Monterrey. p. 181. ISBN 978-84-9782-716-4.
  • Agrelo, Eulalia: Montenegro y Saavedra, Amador en Gran Enciclopedia Galega, 2003, 30, 140-141.

Outros artigos

Ligazóns externas

22 de setembro

O 22 de setembro é o 265º día do ano do calendario gregoriano e o 266º nos anos bisestos. Quedan 100 días para finalizar o ano.

30 de abril

O 30 de abril é o 120º día do ano do calendario gregoriano (121º nos anos bisestos). Quedan 245 días para finalizar o ano.

A Monteira (periódico)

A Monteira foi un semanario cultural galego editado en Lugo entre 1889 e 1890 e dirixido por Amador Montenegro Saavedra (1864-1932). O seu obxectivo rexionalista quedaba evidenciado no subtítulo que acompañaba á cabeceira: "Somanario de intreses rexionales e literatura".

Publicáronse en total só 65 números, entre o 5 de outubro de 1889 e o 27 de decembro de 1890. En 1989, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou un facsímile coa colección completa. A numeración das páxinas era correlativa ó longo do ano, non para cada número publicado. Así, os 52 primeiros números (ano I) numeraron as páxinas desde a 1ª ata a 416. A partir do nº 53 (ano II) reiniciouse a numeración, para rematar na páxina 104 do nº 65, último publicado.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Galicia Recreativa

Galicia Recreativa, foi un periódico galego que se editou Pontevedra entre 1890 e 1893.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Espinosa Rodríguez

José Espinosa de los Monteros y Rodríguez, nado no Porriño o 14 de febreiro de 1880 e finado en Vigo o 13 de decembro de 1966, foi un farmacéutico e historiador galego, cronista oficial de Vigo desde 1937.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Manuel Gómez Román

Manuel Gómez Román, nado en Vigo o 24 de xullo de 1875 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1964, foi un arquitecto galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Ángel Ilarri

Ángel Ilarri Gimeno, nado en 1913 en Corella, Navarra, e finado en 1998 en Vigo, foi durante corenta anos administrador e director do Museo Quiñones de León de Vigo.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.