América do Norte

América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur.[1] Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central. Cobre unha área de aproximadamente 24 709 000 km², o que representa ao redor dun 4,8 % da superficie total do planeta e un 16,5 % das terras emerxidas.

En 2009 a súa poboación estimada era de máis de 528 millóns de habitantes. En 2013 a media do Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) de todos os países do subcontinente norteamericano foi de 0,895.

América boreal é un sinónimo, pero este concepto a miúdo só inclúe os Estados Unidos e Canadá, excluíndo a zona de México a que ás veces se considera dentro de América Central.[2]

América do Norte
Location North America
Área24 709 000 km2
Poboación528 720 588 h.
Densidade poboacional22.9 h. km2
XentilicioNorteamericano, americano
Países
Dependencias
linguas
 Linguas de América do Norte
Inglés, castelán, francés, danés, náhuatl...
Fusos horariosDe UTC-10 en Alasca a
UTC 0 en Groenlandia
Cidades máis grandes1. Cidade de México
2. Nova York
3. Os Ánxeles
4. Chicago
5. Toronto

Etimoloxía

North America satellite orthographic
Imaxe por satélite de América do Norte.

Está aceptado amplamente que os nomes de América do Norte e de América do Sur denomináronse así por Amerigo Vespucci, e que foi o cartógrafo alemán Martin Waldseemüller quen lles puxo ese nome. Vespucio, que explorou América do Sur entre 1497 e 1502, foi o primeiro europeo en suxerir que América non eran as Indias Orientais senón un novo mundo descoñecido para os europeos.[3]

A segunda teoría, con menos aceptación que a anterior, é que os seus nomes proveñen dun comerciante inglés chamado Richard Amerike, de Bristol, que se cre que financiou a viaxe de John Cabot de Inglaterra a Terranova en 1497.[4] Outra teoría é que o nome provén dunha lingua amerindia.[5]

Delimitación

Mapa de América del Norte
Considérase a Norteamérica como un subcontinente (ata México), noutros casos como un continente (os 3 tons de verde) ou unha subrexión da ONU (en verde claro).

Non hai un só criterio para definir este termo. Nos países hispanofalantes, o uso normalmente define a Norteamérica como o subcontinente conformado por Canadá, Estados Unidos (incluíndo Alasca), México, o Istmo de Tehuantepec, Groenlandia e illas adxacentes. En cambio nos países angloparlantes e outros, adóitase considerar a Norteamérica como un continente que está conformado polos territorios antes mencionado ademais de Centroamérica e as Antillas, presentando un límite natural con Suramérica máis ou menos á fronteira actual de Panamá/Colombia. Doutra banda, o xeoesquema da ONU usa "América do Norte" como descrición cultural angloamericana, conformando unha subrexión conformada por Estados Unidos e Canadá (excluíndo a México).

Historia

Claude Bernou Carte de lAmerique septentrionale
Antigo mapa de América do Norte
Battle Spanish Otomies Metztitlan
Representación dos conquistadores casteláns e os seus aliados tlaxcaltecas loitando contra os otomís no territorio da actual Estado de Hidalgo (México)

De acordo coas probas arqueolóxicas, a ocupación humana de América do Norte comezou durante o Plistoceno, no período cuaternario, fai uns 50.000 anos. Probablemente, pobos mongoloides chegaron ao norte de América desde Asia en torno á última gran glaciación, a través dunha lingua de terra que atravesaba a zona que actualmente ocupa o Estreito de Bering, creando unha ponte terrestre, desde onde se empezaron a estender cara ao sur e o leste.[6]

Os primeiros habitantes eran pobos do Paleolítico que vivían da caza e da recolección, e empregaban ferramentas non moi diferentes das coñecidas en Siberia. Máis tarde foron desprazados por outros grupos que posuían ferramentas máis evolucionadas. Crese que estes pobos son os primeiros devanceiros dos pobos amerindios, os cales desenvolveron culturas complexas e habitaban o continente na época en que chegaron por primeira vez os europeos.[7]

Groenlandia foi a primeira rexión do continente á que chegaron os europeos. De acordo coas sagas islandesas, Erik o Roxo explorou e colonizou a illa por primeira vez. O primeiro europeo que divisou unha parte da terra firme continental foi probablemente Bjarni Herjólfsson, un comerciante islandés que viu a liña de costa ao redor do ano 986.[8] Despois, Leif Eriksson, o fillo de Erik o Roxo, realizou unha viaxe a unha terra que chamou Vinland ou terra do Viño, e que, talvez, era algún lugar entre Labrador e Nova Inglaterra .[9] Este relato foi verificado en parte grazas ao descubrimento en 1963 dun emprazamento de tipo viquingo en L'Anse aux Meadows (actual parque nacional histórico declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1978), preto da punta meridional de Terra Nova. Determinouse que as ruínas databan do ano 1000 aproximadamente.[10]

Era precolombiana

Os antropólogos teñen diversas teorías achega da orixe das primeiras poboacións que se estableceron en América do Norte. Os pobos indíxenas teñen toda unha serie de mitos cos que intentan explicar que xa estaban establecidos nesta terra desde que se creou. O consenso é que os indíxenas norteamericanos chegaron por primeira vez desde Asia durante a última Idade do xeo, moi probablemente a través da ponte terrestre de Bering, e posiblemente tamén, con barcos primitivos.

Antes do contacto cos europeos, os pobos indíxenas de América do Norte dividíanse en múltiples entidades políticas, desde pequenos grupos dunhas poucas familias a grandes imperios. Vivían en varias áreas culturais que se correspondían en grandes liñas coas distintas zonas xeográficas e biolóxicas que ocupaban e que dan unha boa idea dos distintos usos e costumes da xente que vivían alí (por exemplo, os cazadores de bisontes das Grandes Chairas, ou os agricultores de Mesoamérica). A estes grupos indíxenas tamén se lles pode clasificar pola súa familia de linguas (por exemplo, a atapascana ou a uto-azteca), aínda que é importante ter en conta que as persoas con linguas da mesma familia non sempre compartían a mesma cultura material, nin sequera foron sempre aliados.

Os antropólogos creen que os inuit do Ártico chegaron a América do Norte moito máis tarde que outros grupos indíxenas, como o demostra a desaparición das ferramentas da cultura Dorset, segundo os rexistros arqueolóxicos, e a súa substitución polas do pobo Thule. É posible que en Norteamérica houbese varios pobos entre os seus primeiros poboadores.[11] A evidencia máis coñecida que apoia esta teoría é o achado do Home de Kennewick.[12]

A era das exploracións

As exploracións europeas en América do Norte comezaron coa viaxe realizada en 1492 por Cristovo Colón ao servizo da Coroa de Castela.[13] Máis tarde, en 1497, un navegante italiano ao servizo de Inglaterra, Giovanni Caboto ou Xoán Caboto (en galego, desembarcou na illa de Cabo Bretón, e en 1498 percorreu as costas do Labrador, Terra Nova e Nova Inglaterra e, posiblemente, chegou á baía de Delaware.[14] O navegante portugués Gaspar Corte-Real realizou unha viaxe o ano 1500 pola costa de Labrador e o sueste de Terra Nova.[15]

Conquistas castelás

O éxito da conquista castelá na zona meridional de América do Norte foi debido, en gran parte, ás loitas que enfrontaban aos diferentes pobos indíxenas da rexión. A desorde interna era especialmente grave no Imperio Azteca, civilización que caeu ante Cortés en 1521. Os aztecas eran odiados por gran parte das súas tribos vasalas especialmente polos tlaxcaltecas, os cales convertéronse en aliados de Hernán Cortés. Debido a esta circunstancia e a superioridade das armas europeas, a vitoria castelá foi rápida.[16]

Os maias, outro pobo indíxena que poboaba a Península de Iucatán, non foron capaces de ofrecer unha resistencia efectiva aos casteláns. Aínda que un elevado número de amerindios de México e da América Central foron exterminados durante a conquista e o dominio castelán ou se mesturaron cos conquistadores, o feito é que os maias e outros pobos indíxenas puideron sobrevivir ata os nosos días. Os descendentes deste mestizaxe constitúen a maioría da poboación actual desta parte do subcontinente.[17] Hernán Cortés chegou á Baixa California en 1536[18] as expedicións máis importantes durante a primeira parte do século xvi foron as de Pánfilo de Narváez e Álvar Núñez Cabeza de Vaca, os cales exploraron parte de Florida, as costas septentrionais e orientais do Golfo de México, e parte do norte de México entre 1528 e 1536.[19][20] Hernando de Soto chegou o río Mississippi en 1541,[21] i Francisco Vázquez de Coronado explorou extensas áreas do sueste dos Estados Unidos entre 1540 e 1542.[22] o asentamento permanente europeo máis antigo en Estados Unidos é San Agustín (Florida), o cal foi fundado en 1565 polo asturiano Pedro Menéndez de Avilés.[23]

Antes de 1600, os casteláns dominaran os pobos indíxenas das illas máis grandes das Antillas, de Florida e do sur de México. Por motivos administrativos, as colonias creadas pola Coroa de Castela na área de México agrupáronse no vicerreinado de Nova España. Logo de consolidar o seu control sobre Nova España, as autoridades castelás avanzarón gradualmente cara ao norte, completaron a conquista de México e ocuparon grandes zonas do sur do que hoxe en día son os Estados Unidos de América. A audiencia de Guadalajara comprendía os estados do norte de México e os actuais Texas e Novo México nos Estados Unidos.[24]

A colonización francesa e inglesa

Samuel de Champlain arrive à Québec - George Agnew Reid - 1909
Arribada de Samuel de Champlain a Quebec no ano 1608.
Mayflower II
Reprodución do Mayflower: barco que no 1620 levou 102 emigrates inglesés a Nova Inglaterra para fundar a colonia de Plymouth en Massachusetts, Estados Unidos

Mentres Castela consolidaba a súa posición na América do Norte meridional, Francia e Inglaterra exploraron e colonizaron o subcontinente desde o Canadá cara ao sur. En xeral, Inglaterra e Castela eran aliados en política internacional durante a primeira metade do século xvi, polo que os ingleses non intentaron competir con Castela en Norteamérica. Francia (o principal rival de Castela pola hexemonía en Europa) entrou na carreira colonial con algún atraso, con todo, as súas adquisicións no Novo Mundo foron importantes. Así, en 1524, o navegante florentino Giovanni da Verrazzano, ao servizo de Francia, percorreu a costa norteamericana desde o cabo Fear, ao norte, ata o punto no que normalmente se identifica como Illa de Cabo Bretón. No curso desta viaxe explorou as baías de Narragansett e Nova York.[25] Pola súa banda, o francés Jacques Cartier realizou tres viaxes entre 1534 e 1542, e explorou a costa que hai entre o Golfo de San Lourenzo, o río San Lourenzo e un asentamento de pobos amerindios onde máis tarde se situaria Montreal.[26][27] Francia reivindicou a parte setentrional de América do Norte a partir de todas estas expedicións pero, debido á crise provocada en Francia pola Reforma protestante, os franceses víronse obrigados a suspender a actividade colonial durante máis de medio século. Con todo, desde 1599, estableceu postos de comercio de peles ao longo do río San Lourenzo e, posteriormente, numerosos sacerdotes xesuítas franceses chegaron a estas rexións. Entre os máis destacados destes exploradores atópase Samuel de Champlain (o cal fundou Quebec en 1608 e explorou o territorio onde hoxe se atopa Nova York),[28] o misioneiro xesuíta Jacques Marquette e o navegante Louis Jolliet, os cales percorreron xuntos a parte superior do río Mississippi e baixaron cara ao sur ata a rexión que hoxe en día ocupa Arcansas.[29][30] O 1682, un dos máis destacados pioneiros de Norteamérica Robert Cavalier e o seu socio, o italiano Henri de Tonty, percorreron o Mississippi dende a súa unión co río Ohio ata o Golfo de México, e reclamaron todos os territorios bañados por aquel río para Luís XIV de Francia.[31][32] É na súa honra que bautizaron estas terras co nome de Luisiana.[33]

A coroa inglesa reclamou os seus dereitos sobre Norteamérica baseándose na viaxe de Giovanni Caboto entre 1497 e 1498, pero durante case un século non fixo ningún intento de colonización. A primeira colonia inglesa en América do Norte foi fundada en 1583 preto da actual cidade de Saint John's (Terra Nova) polo navegante e soldado Humphrey Gilbert,[34] pero os colonizadores volveron a Inglaterra ese mesmo ano. Noutras dúas ocasións (nos anos 1585 e 1587) Walter Raleigh intentou establecer unha colonia na illa de Roanake (Carolina do Sur) pero, cando os exploradores ingleses visitaron Roanoke en 1591 non encontraron rastro dos colonos.[35] Non foi ata o ano 1607 en que se fundou a primeira colonia inglesa permanente en América do Norte, a de Jamestown, Virxinia.[36] Máis tarde foi creada en 1620 a colonia de Plymouth, ás beiras da baía do Cabo Cod,[37] e a colonia da baía de Massachusetts estableceuse entre os anos 1628 e 1630.[38] Despois de 1630, os ingleses colonizaron sistematicamente todo o litoral atlántico entre Acadia (unha antiga colonia francesa) e Florida. O 1664 anexionáronse a colonia holandesa de Nova Ámsterdan (fundada en 1624) e que rebautizaron como Nova York,[39] e os asentos xunto ao río Delaware que os holandeses arrebataran aos colonos suecos en 1655.[40]

A principios da década de 1690, a maior parte de América do Norte (desde Canadá ata o Golfo de México) estaba ocupada por Francia e Inglaterra . As colonias francesas estaban moi dispersas: os principais asentamentos atopábanse no Canadá e preto da desembocadura do río Mississippi, mentres que unha liña de postos comerciais e militares, situada ao longo dos cursos fluviais dos ríos Ohio e Mississippi, conectaba ambas as rexións.[41] As posesións inglesas consistían en doce colonias que se estendían polo litoral atlántico. A decimotercera, Xeorxia, foi incorporada o 1732.[42]

Guerra e revolución

Como consecuencia dos seus intentos de expansión cara ao oeste, máis aló das montañas Allegheny, os ingleses entraron finalmente en conflito cos franceses no val do río Ohio. En 1689, as dúas potencias comezaron unha loita pola supremacía militar e colonial. En América do Norte, o conflito desenvolveuse en catro fases sucesivas:

Os reveses sufridos durante a mencionada guerra e a súa extensión a Europa (a guerra dos Sete Anos) obrigaron aos franceses a capitular. Segundo os Tratados de París de 1763, Francia foi obrigada a ceder á Gran Bretaña todas as súas posesións do Canadá e tamén a parte da Louisiana ao leste do río Mississippi.[43] Previamente, Francia cedera a España (aliado seu) Nova Orleáns e todo o territorio francés ao oeste do Mississippi.[44]

O feito máis destacado sucedido entre 1763 e 1783 no subcontinente foi o conflito económico, político e militar entre o Reino de Gran Bretaña e as súas trece colonias situadas no litoral atlántico ao sur do Canadá. Coñecida como a guerra de Independencia dos Estados Unidos, este conflito que durou entre 1775 e 1782 provocou o nacemento dos Estados Unidos de América.[45] O éxito independentista destas colonias tivo moi pronto repercusións nas colonias españolas de América. Así, inspiradas pola vitoria estadounidense e tamén polo resultado da revolución francesa (1789-1799), aproveitaron que España viuse involucrada nas guerras napoleónicas (1799-1815) para comezar a súa loita pola independencia en 1810. México rebelouse contra España ese mesmo ano, pero a consecución da súa independencia non tivo lugar ata o 1821, cando o representante da Coroa española , o vicerrei Juan O'Donojú, recoñeceu a independencia de México.[46] A finais do século xix e principios do xx, o Canadá tamén obtivo un grao total de autonomía da Gran Bretaña.[47]

Expansión dos Estados Unidos

Outros eventos marcaron a historia de América do Norte durante os séculos XIX e XX, e ocasionaron que a importancia dos Estados Unidos se incrementase como resultado do crecemento sen precedentes da súa poboación e da explotación da riqueza das súas terras, do aumento do seu territorio, así como a resolución de moitos problemas económicos e políticos internos (como a escravitude[48] e a unidade do novo país) e a súa aparición a finais do século XIX como potencia mundial.[49]

A expansión territorial dos Estados Unidos estivo marcada por unha serie de guerras contra os pobos amerindios, os que se resistían á invasión das súas terras.[50]

Entre o 1832 (cando o xefe amerindio Falcón Negro iniciou unha guerra en defensa das terras situadas ao leste do río Mississippi) e o 1877 (cando o pobo nez perce de Oregón foi derrotado)[51] os pobos amerindios das Grandes Planicies, no suroeste, e das Montañas Rochosas loitaron contra case todos os movementos migratorios dos colonos de orixe europeo cara ao oeste. Gran parte da oposición armada á autoridade dos Estados Unidos orixinouse entre os síux e chegou ao seu punto álxido na batalla de Little Bighorn (25 de xuño de 1876) que tivo lugar no territorio da actual Montana. Nesta batalla unha gran forza de síux e cheyennes do norte aniquilaron un destacamento do VII Rexemento de Cabalería de Estados Unidos dirixido polo tenente coronel George Armstrong Custer.[52] Ao final, con todo, non só foron os conflitos armados os que dominaron estes pobos, senón a asimilación pola forza e a expropiación das súas terras por medio dos tratados e a lexislación.

Ademais da apropiación do territorio indio durante os séculos XIX e XX, os Estados Unidos anexionaron outras rexións de América do Norte: Alasca (adquirida a Rusia en 1867 por 7 millóns de dólares), Porto Rico (gañado a España en 1898 logo da guerra hispano-estadounidense), a zona da canle de Panamá (tomada en 1903 e devolta a Panamá en 1979) e as illas Virxes Americanas (compradas a Dinamarca en 1917 por 25 millóns de dólares).

A época do desenvolvemento

Os Estados Unidos exerceron ao longo dos últimos séculos un papel hexemónico no continente, que comezou en 1823 coa doutrina Monroe (proclamación feita polo presidente James Monroe pola que os Estados Unidos non permitirían que as potencias europeas controlasen máis territorios americanos dos que xa foran propietarios naquela época).[53] Esta doutrina conduciu a unha política imperialista, en especial na América Central e no Caribe. O único conflito internacional serio foi a guerra entre México e Estados Unidos (1846 - 1848) que provocou a perda por parte mexicana de Texas , Novo México e California mediante o Tratado de Guadalupe Hidalgo.[54] Durante o século XX, a tendencia ás boas relacións entre os diferentes estados americanos tomou forma en 1910 co estabelecemento da Unión Panamericana.

Unha das máis importantes demostracións da solidariedade entre os estados do hemisferio occidental tivo lugar durante a Conferencia de Defensa Interamericana do ano 1947, o cal promulgou o Tratado Interamericano de Asistencia Recíproca tamén chamado Tratado de Río, asinado por Estados Unidos, México e outros dezasete estados de Centroamérica e América do Sur . O tratado estabelece a solución pacífica dos desacordos entre os estados americanos, do mesmo xeito que a unión defensiva contra agresións na rexión que se estende desde o mar de Bering ata o Polo Sur.[55] En 1948 naceu o Organización dos Estados Americanos (OEA) para executar o Tratado de Río e como sistema de seguridade colectivo.[56]

As serias disensións internas en México, ocorridas entre 1910 e 1920,[57] e a nacionalización do petróleo en 1938 dificultaron as relacións entre este país os Estados Unidos e o Canadá durante a primeira metade do século XX.[58] Con todo, máis recentemente estas relacións volvéronse máis amistosas, como evidencia a firma do Tratado de libre comercio de América do Norte (TLCAN) o 1992 e que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1994.[59]

Xeografía física

Plaques tectoniques petit
Placas tectónicas da Terra (a de América do Norte é de cor marrón).

América do Norte sitúase na rexión superior do continente americano, conectado co subcontinente suramericano por medio da rexión centroamericana, máis especificamente, polo istmo de Panamá. América do Norte comeza, segundo a maioría das autoridades académicas, no istmo de Tehuantepec (no sueste de México), e esténdese cara ao norte ata a rexión ártica canadense e de Alasca. Todo o subcontinente pertence á placa norteamericana (incluíndo o istmo de Tehuantepec, pero, excluíndo algunhas rexións de California e Baixa California que pertencen á placa do Pacífico e outras rexións da Baixa California Sur e do leste de México que pertencen á placa de Cocos.[60] Atópanse numerosas illas, principalmente as illas do arquipélago Ártico, o arquipélago Alexander, e as illas Aleutianas. Groenlandia, a illa danesa autónoma, é localizada sobre a placa tectónica norteamericana, e xa que logo, considérase, xeograficamente, como parte do subcontinente norteamericano. As Bermudas, pola contra, non se atopan sobre esta placa, senón que son illas oceánicas sobre a dorsal Atlántica.

A vexetación e o clima en América do Norte son moi variados. Ao norte atópase a tundra ártica (por exemplo, en Groenlandia, ou Yukón), pero tamén hai unha gran variedade de bosque (por exemplo, as montañas Rochosas, os Apalaches, Serra Nai Occidental, Serra Nai Oriental, Serra Nai do Sur, Serra Nai de Chiapas), desertos (Pinacate, Zona do Silencio), chairas (as Grandes Chairas dos Estados Unidos, Comarca Lagunera), mangleirais (por exemplo, en Luisiana e Tabasco) etcétera. Xeralmente, a vexetación asociada a eles é a típica da ecozona holártica, ao norte, e da ecozona neotropical, no sur. A fronteira entre ambas sitúase en torno aos 40 ° N.

Medidas

  • Área: 23 477 000 km²
  • Anchura máxima: 6 437,3 km
  • Lonxitude de costa: 154 497 km
  • Punto máis alto: Mt. McKinley (Alasca), 6 194 m
  • Punto máis baixo: Val da Morte (Death Valley, EUA), -86 m

Países independentes

Catedral de México
Catedral da Cidade de México
North america
Mapa político de América do Norte.

Como resultado da evolución histórica, a estrutura norteamericana conta actualmente por tres estados independentes e tres dependencias europeas:

Países
Area
(km²)
Poboación
hasta xaneiro 2009
Densidade
de poboación
(por km²)
Capital
Flag of Canada.svg Canadá 9,985,700 33,311,389 3.0 Otava
Estados Unidos de América Estados Unidos 9,630,100 306,050,595 25.0 Washington DC
Flag of Mexico.svg México 2,100,380 109,955,400 20.0 Cidade de México
Dependencias
Flag of Bermuda.svg Bermudas 55 60,000 1,233.33 Hamilton
Groenlandia Groenlandia 2,380,100 50,000 0.026 Nuuk
Saint-Pierre-et-Miquelon Saint-Pierre-et-Miquelon 245 7,000 29 Saint-Pierre-et-Miquelon

Demografía

Linguas

Beringia land bridge-noaagov
A ponte de terra de Berinxia entre o ano 21000 a.C. eo tempo presente

Aínda que se perderon un gran número de linguas indíxenas desde a conquista europea, aínda se falan máis de 250 linguas autóctonas (pertencentes a máis de 40 familias lingüísticas distintas), principalmente en México e Estados Unidos. En México, recoñécense unhas 60 linguas indíxenas que están recoñecidas como linguas nacionais cooficiais. En Estados Unidos e Canadá, as linguas indíxenas non teñen recoñecemento oficial, e a gran maioría delas son linguas ameazadas. En México as linguas indíxenas teñen recoñecemento oficial, e a secretaría de educación publica materiais escolares nalgunhas destas linguas.

En canto ás linguas alóctonas de América do Norte, o inglés, o francés e o español, teñen recoñecemento oficial. Ademais en Estados Unidos existe un gran número de comunidades inmigrantes que seguen usando as súas linguas orixinarias.

Hoxe en día, as linguas máis estendidas en América do Norte son o inglés, o español e o francés. O termo Angloamérica é usado algunhas veces para referirse aos países anglófonos de todo o continente americano. O termo América Latina refírese á zona de América onde as linguas romances (derivadas do latín) predominan. Ambos termos poden ser empregados para o subcontinente norteamericano.

  • A lingua inglesa, aínda que non é oficial, é a lingua común de Estados Unidos. É a lingua maioritaria das dúas linguas cooficiais en Canadá. Tamén é a lingua oficial nas illas Bermudas, que son unha dependencia británica.
  • A lingua castelá, aínda que non é oficial, é a lingua nacional[61] de México segundo a Ley General de los Derechos Lingüísticos dese país e é a segunda lingua máis falada nos Estados Unidos. México ten a maior poboación de hispanoparlantes no mundo e Estados Unidos o segundo.[62][63][64][65][66][67]
  • A lingua francesa historicamente xogou un papel importante en América do Norte e mantense presente en varias rexións. En Canadá é a lingua oficial máis falada da provincia de Quebec, ademais de ser unha das dúas oficiais na provincia de Novo Brunswick. Fronte á costa de Terranova, as illas de Saint-Pierre-et-Miquelon son dependencias francesas, e no estado de Luisiana (ao sur de Estados Unidos) quedan pequenas comunidades bilingües (francés e inglés).
  • A lingua groenlandesa desde xuño de 2009 é a única lingua oficial de Groenlandia, un país autónomo do Reino de Dinamarca, ademais de ser a lingua máis falada dese territorio. A lingua danesa, sen ser oficial, é usada en asuntos administrativos e por unha minoría europea.

Relixión

O cristianismo é a relixión máis importante de América do Norte: a gran maioría dos mexicanos, preto dun 45% dos canadenses e un 26% dos estadounidenses profesan o catolicismo; aproximadamente o 28% dos canadenses son protestantes e cerca do 11% son anglicanos. Nos Estados Unidos os protestantes supoñen o 60% da poboación.[68] No Canadá, nos Estados Unidos e, en menor medida, en México tamén hai minorías relixiosas budistas, xudías, islámicas, mormóns, cristiás ortodoxas e confucionistas.[69]

Economía

As actividades económicas de América do Norte son extraordinariamente diversas. Os Estados Unidos e Canadá presentan unha economía moderna e sofisticada. A modernización foi desigual en México, onde a inflación crónica e o enorme peso da débeda externa dificultan o desenvolvemento da enerxía, o transporte e a industria.[70]

Norteamérica, excepto Groenlandia e as dependencias británicas e francesas, está integrada comercialmente na Área de Libre Comercio de América do Norte coñecida como NAFTA, o bloque comercial máis grande do planeta. Desde marzo de 2005, a rexión está unida tamén baixo a Alianza para a Seguridade e a Prosperidade de América do Norte.[71]

Agricultura

Chinatown-II
Tenda en Chinatown (Nova York)

A agricultura é relativamente máis importante en México que nos demais países de América do Norte e, segundo datos do ano 2003, proporcionaba emprego a máis do 25% da man de obra (fronte ao 3% dos Estados Unidos e Canadá).[72] A agricultura de subsistencia é importante en todo México, especialmente no sur, con todo, a agricultura comercial desenvolveuse adecuadamente en moitas áreas, sobre todo na chaira central e o norte do país. Os principais cultivos son o millo, o sorgo, o trigo e os feixóns (destinados todos eles, na súa maior parte, o consumo doméstico), e o algodón, o café e a cana de azucre, cultivados principalmente para o exportación. Tamén produce importantes cantidades de froitas (como laranxa, manga, limón, lima, sandía, uva e papaia, entre outros), e desenvolve unha notable actividade gandeira (vacún).[73][74][75]

A agricultura nos Estados Unidos e no Canadá está dominada por granxas moi mecanizadas, as cales producen inmensas cantidades de cultivos e produtos gandeiros. As Grandes Chairas do centro dos Estados Unidos e de parte do Canadá (Alberta, Manitoba e Saskatchewan) son importantes produtoras mundiais de cereais (en especial trigo, pero tamén cebada, avea, centeo e sorgo), sementes oleaxinosas e gando ( vacún, destinado á industria láctea e cárnica, e la). Outra zona agrícola importante é o cinto do millo (Corn Belt en inglés) que se atopa desde o oeste de Ohio ata o leste de Nebrasca) e que produce as maiores colleitas mundiais de millo, ademais de importantes cantidades doutros cereais, brotes de soia, gañado vacún e porcino. A agricultura en California produce unha enorme cantidade de cultivos de regadío de gran valor, especialmente froitas e hortalizas. Florida e Texas tamén son grandes produtores de froitas e hortalizas, mentres que os estados de Idaho, Washington, Oregón, Maine, Dacota do Norte e o sueste do Canadá o cultivo de patacas. Outros produtos agropecuarios relevantes son o algodón, as aves, os produtos lácteos e a cana de azucre.[76][77]

Silvicultura e pesca

Declaration of Independence (1819), by John Trumbull
Acta da Declaración de Independencia de John Trumbull depositado no Capitolio dos Estados Unidos.
Wounded Knee aftermath3
Campo de batalla de Wounded Knee despois do masacre de 1890.

A silvicultura é un subsector importante da economía canadense, especialmente na Columbia Británica, Ontario e Quebec.[78] Tamén hai industrias de produtos forestais nos estados do oeste (especialmente en Washington, Oregon e California) e do sueste dos Estados Unidos.[79][80][81]

A pesca é a principal actividade económica de Groenlandia, pero é pouco importante no Canadá, nos Estados Unidos e México, a pesar de que as capturas son elevadas e que algunhas áreas costeiras dependen dos ingresos resultantes das vendas de peixe e marisco. Ademais das augas que bañan Groenlandia, os principais caladoiros de pesca atópanse preto das costas setentrionais do Pacífico e do Atlántico, as costas do Atlántico meridional e o Golfo de México.[82] Ademais, grandes frotas dedicadas á pesca do atún teñen as súas bases no sur de California e ao oeste de México.[83]

Minería

A extracción de minerais é unha actividade económica que reporta cada vez máis importancia nos Estados Unidos, Canadá e México.[84] Estados Unidos foi un dos principais produtores mundiais de petróleo durante moitos anos,[85] Canadá foi un importante produtor desde finais da década de 1940[86] e México converteuse nun dos principais países na produción mundial de petróleo a finais da década de 1970.[87] Os Estados Unidos ocupa o segundo lugar entre os produtores de gas natural do mundo e é tamén un dos primeiros países produtores de carbón, extraído todo nos vastos xacementos dos Apalaches. O mineral de ferro é desde fai tempo importante nos Estados Unidos e Canadá, obtido sobre todo dos xacementos situados ao redor do extremo occidental do lago Superior. Recentemente extraéronse grandes cantidades deste mineral na área fronteiriza entre as provincias de Quebec, Terranova e Labrador, ao leste de Canadá. Entre os minerais que se explotaron en considerables proporcións atópanse o cobre, a prata, o chumbo, o zinc, o níquel, o xofre, o asbesto, o uranio, os fosfatos e o potasio.[88]

Industria

A industria foi desde hai moito tempo o principal sector económico dos Estados Unidos. A concentración de fábricas está situada nas áreas urbanas do cinto industrial que se estende desde Boston a Chicago. Con todo, desde a década de 1950 as manufacturas expandíronse considerablemente noutras partes do país, especialmente nas grandes cidades de California e os estados do sueste. A produción está moi diversificada, con énfase nos metais primarios e elaborados, o procesamento de alimentos, a maquinaria, o equipo electrónico e aeroespacial, os vehículos de motor, os produtos químicos e téxtis, a confección, o papel e o material impreso.[89]

A industria tamén é unha importante actividade económica en Canadá. As fábricas céntranse nas cidades de Ontario, o Quebec, a Columbia Británica e Alberta, pero, sen dúbida, Toronto e Montreal constitúen os principais núcleos industriais. As empresas canadenses elaboran unha gran variedade de produtos, especialmente alimentos procesados e bebidas, equipamento para transporte, papel e outros produtos derivados da actividade forestal, metais primarios e fabricados, produtos químicos e equipamento eléctrico e electrónico.[90]

A industria converteuse progresivamente unha parte importante da economía mexicana desde a década de 1940. A industria pesada, coa siderurxia e a eléctrica, ten unha longa tradición en México. Dentro da industria manufactureira destacan os produtos químicos, a roupa e o calzado, os alimentos procesados, os vehículos de motor e os seus repostos, os materiais de construción, e os equipamentos eléctricos e electrónicos. As empresas maquiladoras, establecidas preto da fronteira cos Estados Unidos, dedícanse á ensamblaxe de produtos para a importación a ese país. A Cidade de México é, con diferenza, o seu principal centro industrial, pero algunhas outras cidades (como Monterrey e Guadalaxara) contan con importantes concentracións fabrís.[91]

Enerxía

América do Norte consome grandes cantidades de enerxía. En canto a Canadá, este país ten unha maior dependencia da hidroeléctrica que os Estados Unidos de América e México, pero tamén usa altas cantidades de petróleo e gas natural.[92] O gran consumo de enerxía de Estados Unidos require grandes importacións de petróleo e gas natural, destinadas a complementar a considerable produción interna de carbón, petróleo, gas natural e enerxía hidroeléctrica e nuclear.[93] A produción de enerxía de México aumentou significativamente nos anos setenta e principios de 1980, favorecida por un aumento na demanda interna e externa de petróleo e de gas natural. En 2008, México foi o sétimo maior produtor de petróleo de todo o planeta e o terceiro de toda América.[94]

Poboación

Inuit women 1907
Dona esquimó de Alasca (circa 1907)
CurtisIndian
Amerindio norteamericano (circa 1890)

América do Norte tivo unha poboación dispersa ata épocas relativamente recentes. Coa importante excepción dos habitantes da zona central de México (as mesetas e os vales que rodean o actual Cidade de México), os pobos indíxenas do subcontinente vivían diseminados xeograficamente e posuían unha gran diversidade cultural. Os asentamentos europeos no subcontinente iniciaron un cambio case total na súa xeografía humana, xa que os europeos minguaron e desprazaron aos pobos indíxenas, a forma de vida destes sufriu grandes alteracións. A maioría da poboación actual de América do Norte é de ascendencia europea, pero tamén engloba outros grupos significativos tales como mestizos e negros así como existen importantes minorías de amerindios e de persoas provenientes de Asia.

Nel sitúase a segunda illa meirande do mundo (Groenlandia), e tamén medran as árbores máis altas do mundo (sequoias) que chegan ata os 83 metros de altura con diámetros de ata 9 metros. É o subcontinente con maior consumo enerxético e a rede de transportes e comunicacións máis densa do mundo. Inclúe a maior vía acuática de comunicación (Golfo de México -> río Mississippi -> Grandes Lagos -> Canle de San Lourenzo -> Atlántico Norte).

Xeoloxía

A masa está asentada sobre a Placa de Norteamérica. Comprendendo o Escudo Canadense. A masa desprendeuse de Europa e de África do norte a finais da era precámbrica, hai 570 millóns de anos.

Notas

  1. Encyclopædia Britannica (ed.). "North America" (en inglés). Consultado o 30/05/2015.
  2. Departamento de montes (ed.). "Capítulo 34. América del Norte (excepto a México)". Evaluación de los recursos forestales mundiales 2000 (PDF) (en castelán). FAO forestal. ISSN 1014-2886. Consultado o 3 de xullo de 2014.
  3. The Naming of America: Fragments We've Shored Against Ourselves Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
  4. The Naming of America (en inglés)
  5. El nom d'Amèrica
  6. Prehistoric Beringia - A Beginner's Guide to the Homeland of the Peoples of the Americas (en inglés)
  7. Linguists demonstrate Siberian-North American link (en inglés)
  8. The Canadian Encyclopedia (en inglés)
  9. Leif Ericson - Columbus 'Predecesor by Nearly 500 Years (en inglés)
  10. UNESCO (en inglés)
  11. "Anthropology: Kennewick Man's Contemporaries". Science (en inglés). abril 1998. Consultado o 19/07/2014.
  12. Science Daily, ed. (abril 2006). "Kennewick Man Skeletal Find May Revolutionalize Continent's History" (en inglés). Consultado o 19/07/2014.
  13. John McIntosh: The discovery of America by Christopher Columbus: and the origin of the North American Indians. Editado por W. J. Coates. Orixinal do ano 1836 da Universidade de Míchigan. Dixitalizado o 1 de xullo de 2005. 152 páxinas.
  14. Samuel Eliot Morison: The European Discovery of America. The Northern Voyages A.D. 500-1600. Nova York: Oxford University Press (1971).
  15. Gaspar Corte Real: Explorer (en inglés)
  16. Laura Matthew i Michel R. Oudijk: Indian conquistadors: indigenous allies in the conquest of Mesoamerica. Editado pola Universidade de Oklahoma Press, 2007. ISBN 0-8061-3854-8.
  17. David E. Stannard: American holocaust: the conquest of the New World. Editat per Oxford University Press US, 1993. ISBN 0-19-508557-4
  18. Biografía de Hernán Cortés (en castellà)
  19. Panfilo de Narvaez: Explorer (en inglés)
  20. Álvar Núñez Cabeza de Vaca: Explorer (en inglés)
  21. Hernando De Soto: Explorer (en inglés)
  22. Francisco Vasquez de Coronado: Explorer and Conquistador (en inglés)
  23. www.enchantedlearning.com (en inglés)
  24. Gerhard, Peter. 2000: Geografía histórica de la Nueva España, 1519 - 1821. Cidade de México: Universidad Nacional Autónoma de México.
  25. Richard E. Bohlander (editor): World Explorers and Discoverers. Nova York et al.: Macmillan publishing co. (1992).
  26. Simon Dresner: Rivers of Destiny. Aldus Books Limited, Londres, 1971.
  27. Richard E. Bohlander (editor): World Explorers and Discoverers. Macmillan publishing company, Nova York et al., 1992.
  28. www.blupete.com (en inglés)
  29. www.library.thinkquest.org Arquivado 14 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  30. ThinkQuest Arquivado 25 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  31. René-Robert Cavelier, Sieur de La Salle: North American Explorer (en inglés)
  32. The Canadian Encyclopedia (en inglés)
  33. BabyNames (en inglés)
  34. Sir Humphrey Gilbert: Explorer (en inglés)
  35. First English Settlement in the New World Arquivado 24 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  36. Jamestown Settlement (en inglés)
  37. Timeline of Plymouth Colony 1620 - 1692 Arquivado 26 de abril de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
  38. Massachusetts Colony Arquivado 06 de xullo de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
  39. The Capture of New Amsterdam (en inglés)
  40. State of Delaware (A brief history) Arquivado 02 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  41. The French Founders of North America and Their Heritage, Sabra Holbrook, Atheneum, Nova York, 1976. ISBN 0-689-30490-0.
  42. The Colony of Georgia (en inglés)
  43. Seymour I. Schwartz: The French and Indian War. 1754 - 1763. The Imperial Struggle for North America. Edison, Nova Jersey, 1999.
  44. AbsoluteAstronomy.com (en inglés)
  45. American War of Independence (1775 - 1782) (en inglés)
  46. La Independencia de México (1810 - 1821) (en castelán)
  47. Canadian Autonomy - Government Essay Arquivado 02 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
  48. African American World (en inglés)
  49. The United States Becomes a World Power Digital History (en inglés)
  50. Indian Wars and Westward Expansion Arquivado 14 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
  51. www.mnsu.edu Arquivado 04 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
  52. The Wounded Knee Massacre (en inglés)
  53. www.u-s-history.com (en inglés)
  54. The U.S.-Mexican War (en inglés)
  55. Salas Elgart, Pedro Félix: El Tratado Interamericano de Asistencia Reciproca de Rio de Janeiro, 1947. Editado pola Editorial Jurídica de Chile, 1962. 291 páxinas.
  56. Nuestra Historia (en castelán)
  57. The United States and the Mexican Revolution: “A Danger for All Latin American Countries,” Letters from Venustiano Carranza (en inglés) e (en castelán)
  58. U.S. Library of Congress (en inglés)
  59. 1994 – North American Free Trade Agreement (NAFTA): Creating the World's Largest Free Trade Area Arquivado 02 de maio de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
  60. Cox, Allan i Robert Brian Hart: Plate tectonics: How it works. Editat per Wiley-Blackwell, 1986. ISBN 0-86542-313-X.
  61. "cddhcu" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de abril de 2006. Consultado o 30 de maio de 2015.
  62. "census.gov". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de maio de 2015.
  63. "Univisión". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2012. Consultado o 30 de maio de 2015.
  64. Table 4: Estimates of the Population by Race and Hispanic Origin for the United States and States: July 1, 2007 Arquivado 05 de outubro de 2011 en Wayback Machine. Oficina del Censo de los Estados Unidos. Consultado el 01-05-2008. CNN en español
  65. Percent of People 5 Years and Over Who Speak Spanish at Home: 2007 U.S. Census Bureau 2007 American Community Survey. Consultado el 31 de diciembre de 2007.
  66. Según el estudio de Demografía de la lengua española (en la página 33), con datos de la Oficina de Censos de Estados Unidos, en el año 2005 había 42,71 millones de «hispanos», de los que el 85 % hablaban español como lengua materna (36,31 millones). Si en 2007 la población hispana es de 45,50 millones, el 85 % son 38,68 millones
  67. I Acta Internacional de la Lengua Española Arquivado 26 de maio de 2008 en Wayback Machine., elcastellano.org Arquivado 24 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. (Teniendo en cuenta los hispanos ilegales en Estados Unidos, que, sumados a los legales, son casi 55 millones):EFE[Ligazón morta].
  68. North American Religion Atlas (en inglés)
  69. North American Religions Arquivado 22 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
  70. EconomyWatch (en anglès)
  71. Security and Prosperity Partnership Of North America Arquivado 07 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en anglès)
  72. Agriculture and Trade in North America (en inglés)
  73. EconomyWatch (en inglés))
  74. U.S. Library of Congress (en inglés)
  75. Encyclopedia of the Nations (en inglés)
  76. Canada - Agricultural Census 2001 (en inglés)
  77. Major Crops Grown in the United States (en inglés)
  78. Canadian Forests Website (en inglés)
  79. www.wa.gov (en inglés)
  80. www.oregon.gov (en inglés)
  81. National Forests in California (en inglés)
  82. United States Protects America's Arctic from Industrial Fishing Arquivado 10 de outubro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
  83. Tuna need revives Pacific fishing areas Arquivado 22 de outubro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
  84. International Energy Agency (iae) (ed.). "Resources to Reserves 2013" (PDF) (en inglés). Consultado o 26 de novembro do 2017. Tecnoloxías do petróleo, gas e carbón para os mercados enerxéticos do futuro
  85. Harold F. Williamson e outros (1963)). The American Petroleum Industry, 1899-1959, the Age of Energy. Evanston, Illinois: Northwestern Univ. Press.
  86. W.A. Ver Wiebe (1950)). North American and Middle Eastern Oil Fields. Wichita (Kansas).
  87. An Update on Mexico's Oil Production--The Rapid Collapse of Cantarell by the Numbers (en inglés)
  88. Mining North America: An Environmental History since 1522 (en inglés)
  89. Encyclopedia of the Nations (en inglés)
  90. Canadian Industry Profiles (en anglès)
  91. Encyclopedia of the Nations (en inglés)
  92. Hydropower in Canada: Approaching a New Century Arquivado 29 de marzo de 2007 en Wayback Machine. (en anglès)
  93. Official Energy Statistics from the U.S. Government (en inglés)
  94. Energy Information Administration Arquivado 29 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén

Outros artigos

América

América ( pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

Ás veces, e de forma incorrecta, chámase con este nome aos Estados Unidos de América.

América Central

América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é un subcontinente de América sitúase entre América do Norte e América do Sur, entre o océano Atlántico e o Pacífico. Ten 758.000 quilómetros cadrados e comprende as grandes e pequenas antillas e ós países centroamericanos.

Apalaches

Os Apalaches (en inglés Appalachians) é un sistema montañoso de América do Norte que vai de Terranova e Labrador (Canadá) ata o centro de Alabama (Estados Unidos), aínda que a parte máis setentrional dos mesmos morre na península de Gaspé, en Quebec. Constitúen o elemento morfolóxico máis destacable da parte oriental de América do Norte.

Trátanse de montañas antigas formadas no Paleozoico con relevos suavizados pola prolongada acción dos axentes esóxenos.

O sistema divídese nunha serie de cordais, nas que a media de altura dos picos é 900 m. O cumio máis elevado é o Monte Mitchell, en Carolina do Norte que mide 2.040 metros e é o punto máis alto dos Estados Unidos ao leste do Mississippi e de todo o leste de Norteamérica.

Os montes Adirondac e o río Hudson dividen os Apalaches en Apalaches do Norte e Apalaches do Sur.

Baía

Para o nome de muller véxase Baia.

Unha baía, badía ou golfo é unha porción de mar ou océano rodeada pola maioría da súa beira por terra (xusto ó contrario que un cabo). Acostúmase a asignar á baía as formas de maior peche, e ao golfo as de menor. Algúns destes entrantes son creados por penínsulas ou mares (ou lagos) interiores con desaugamento oceánico.

Golfo é o nome máis común en galego, mais entre os falantes do inglés e portugués entre outras linguas, é preferido o nome de baía. A distinción non é do todo clara entre golfo e baía. Así, en galego baía sóese referir a un golfo pequeno, malia que a baía de Hudson sexa un dos máis grandes golfos do mundo ou en Venezuela, o "golfete de Coro", un golfo pequeno, é dependente á súa vez do golfo de Venezuela, de maior tamaño.

As baías ou golfos que dependen de outros golfos ou baías, ou que son de menor tamaño ou profundidade reciben outros nomes como enseada, rada, cala ou caleta.

As baías tiveron e teñen grande importancia estratéxica e económica: son en xeral lugares ideais para a construción de portos, por ofreceren abrigo contra as mareas, ondas etc.

Canadá

O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.

O Canadá é o segundo maior país do mundo, por extensión territorial.

O Canadá é unha federación, unha democracia parlamentaria, constituída por 10 provincias e 3 territorios. O país forma parte da Commonwealth de Nacións e a xefa de estado do país é a raíña Isabel II de Inglaterra, que está representada no Canadá por un gobernador xeral. O xefe do goberno é o primeiro ministro, posto ocupado actualmente por Justin Trudeau. A capital do país é Otava.

O país obtivo súa independencia en 1 de xullo de 1867, do Reino Unido. Esta, porén, continuou a ter o control do Ministerio do Exterior do Canadá. O Canadá obtivo independencia total en 1931, segundo os termos do Estatuto de Westminster.

O Canadá é un dos países máis multiculturais do mundo. Tendo sido colonizada por franceses e ingleses, cerca dun terzo da poboación do Canadá posúe ascendencia inglesa, escocesa ou irlandesa; e un cuarto da poboación do país posúe algún grao de ascendencia francesa. Os tres maiores grupos minoritarios do país son italianos, alemáns e chineses.

Os Estados Unidos son o maior parceiro económico do Canadá. Por causa da súa grande poboación e do seu maior poder económico e influencia cultural, os Estados Unidos dominan gran parte da economía e da cultura do Canadá - aínda que moitos canadenses loitan para que eles sexan os principais responsables do control da economía do seu país, e para manter a cultura canadense viva e en pé, que desde o comezo do século XX viuse asociada á cultura norteamericana.

Continente

Un continente é unha grande extensión de terra que presenta algunha diferenza salientable respecto das veciñas. En xeografía pódese considerar un tipo de MUG (macro unidade xeográfica), que está establecida por criterios físico-históricos. Por isto, atopamos continentes como Europa e Asia que forman unha única extensión de terra (Eurasia) pero habitualmente son considerados de xeito separado.

O feito de que a definición de continente sexa pouco clara deu lugar á existencia de diferentes modelos, con diferente número de continentes que varía de catro a sete. Así mesmo, estes modelos foron cambiando ao longo da historia coa descuberta de novos territorios.

Na súa acepción máis estendida, a zona continental tamén inclúe as illas situadas a pouca distancias das costas continentais. Dende un punto de visto científico, os continentes inclúen as illas que se atopan nas placas tectónicas, como por exemplo a illa de Madagascar pertence a África.

Era viquinga

A Era viquinga foi un período da historia de Europa (posterior á Idade de Ferro xermánica), especialmente do Norte de Europa e da historia de Escandinavia, que durou entre os séculos VIII e XI. Os viquingos escandinavos exploraron Europa a través de océanos e ríos para comerciar e guerrear. Acadaron as terras de Islandia, Groenlandia, Newfoundland e Anatolia. Ademais, hai evidencias que apoian a lenda de Vinland, segundo a cal os viquingos chegaron máis ao oeste de América do Norte.

Fútbol

O fútbol é un deporte por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ó número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van a acotío ó estadio para apoiaren o seu equipo favorito. Os países de Europa e Sudamérica son os que dominan o xogo a nivel internacional.

A FIFA é o organismo encargado de organiza-lo fútbol a nivel mundial, e para facilitar ese traballo, creou diversas organizacións continentais. Así, temos en Europa á UEFA; en África á CAF; en América do Norte, Central e Caribe, á CONCACAF; en Sudamérica á CONMEBOL; en Asia á AFC; e en Oceanía á OFC.

Dentro das competicións a nivel mundial, o torneo máis relevante é o Copa do Mundo, polo que a seleccións nacionais se refire, que se disputa cada catro anos. En canto a clubs, o torneo máis importante é a Copa Mundial de Clubs da FIFA, que disputan os campións de tódalas confederacións. Este torneo substitúe á antiga Copa Intercontinental.

Grandes Lagos, América do Norte

Os Grandes Lagos son un conxunto de cinco lagos situados na América do Norte, entre o Canadá e os Estados Unidos de América. A bacía hidrográfica dos Grandes Lagos e do Río San Lourenzo é o maior reservatorio de auga doce do mundo. A rexión dos Grandes Lagos-San Lourenzo é unha zona densamente habitada na América do Norte, onde o centro económico e ademais o 40% da poboación canadense están concentradas, e onde innúmeras grandes cidades canadenses e norteamericanas están localizadas.

Imperio Británico

O Imperio Británico foi o conxunto das colonias que os exploradores ao servizo dos reis da Gran Bretaña foron ocupando en practicamente todo o mundo, a partir do século XVI. En 1921, coa sinatura do Tratado de Versalles, que rematou oficialmente a Primeira Guerra Mundial, o Reino Unido obtivo o mandato de administrar algunhas das antigas colonias alemás, chegando dese modo a estender o seu dominio a unha área de cerca de 31 millóns de km² e unha poboación de cerca de 458 millóns de persoas, na América do Norte (o Canadá), en África (practicamente toda a África oriental e parte da occidental), en Asia (parte do Medio Oriente e do subcontinente indio) e tamén Australia e partes de Oceanía.

Lago

Un lago (do latín lacus) é un accidente xeográfico constituído por unha grande extensión de auga (ou nalgún caso doutro líquido), en xeral auga doce, rodeada de terra e sen movemento fluído (isto é, sen corrente). Esa auga pode provir:

da choiva;

dunha nacente local; ou

de cursos de auga, como ríos que desauguen nesa depresión.Normalmente, a auga dos lagos é auga doce, mais existen no mundo algúns importantes lagos salgados, como o Gran Lago Salgado da América do Norte ou o Mar Morto no Oriente Medio (Israel e Palestina).

Nalgúns casos, o termo lago úsase para describir unha bacía que, aínda estando baldeira a maior parte do tempo, pode chegar a encherse de auga en condicións estacionais de chuvias fortes.

As dimensións dos lagos son moi variábeis, desde algúns metros ata varias centenas de quilómetros, como son os Grandes Lagos da América do Norte ou os Grandes Lagos Africanos.

Aos lagos de pequenas dimensións chámaselles 'estanques', e os máis pequenos aínda, 'pozas', 'poceiras' ou 'charcas'.

Os lagos maiores, sen saída marítima, son tamén chamados mares interiores, como o mar Caspio; regra con moitas excepcións, falando tamén de Mar Morto e do Gran Lago Salgado.

A súa profundidade tamén varía desde algúns centímetros ata varias centenas de metros - o Lago Baikal, na Siberia, é o máis profundo do mundo, con 1743 metros.

A orixe dos lagos é variábel e depende da xeomorfoloxía do terreo. Poden ser de orixe tectónica, ou sexa, teren sido formados por fenómenos xeolóxicos, ou poden ter sido formados pola erosión do terreo, ben por fenómenos climáticos, ou ben pola acción de ríos ou glaciares. En zonas como a Antártida, poden existir lagos sub-glaciares, isto é, debaixo do xeo, como o Lago Vostok.

Un lago pódese formar nun cráter antigo, como a caldeira do 'Cráter Lake', nos Estados Unidos de América.

É importante non confundir un lago cunha planicie de inundación, que ten unha orixe e unha dinámica diferente. Á volta dun lago, porén, pode existir unha planicie de inundación.

O estudo ecolóxico dos lagos é a limnoloxía.

Con moita frecuencia, o lago ten un 'emisario', por onde a auga se coa en sentido ao mar.

Montaña

Unha montaña é un accidente xeográfico, unha elevación sobre o terreo lindeiro formada normalmente a partir de sinclinais e erosión. A unha secuencia de montañas chámase cordilleira. Unha montaña ten unha altitude bastante superior a un outeiro, aínda que non exista unha altitude específica para esa diferenciación. Así, cada autoridade no asunto asume valores convenientes, aínda que a montaña sexa tipicamente escarpada, de grande inclinación e con superposición de relevos.

A superficie do planeta Terra é nun 24% montañosa; o 10% da poboación mundial vive en terreo montañoso. Todos os ríos nacen en montañas, o que torna máis de metade da humanidade dependente das montañas por seren responsábeis da auga fluvial.

Montreal

Montreal (en francés e oficialmente: Montréal) é a maior cidade da provincia do Quebec, no Canadá, a segunda máis populosa do país, e tamén a segunda cidade francófona máis populosa do mundo. É tamén unha rexión administrativa do Quebec. Sitúase na illa de Montreal, no río San Lourenzo. É un dos principais centros industriais, comerciais e culturais de América do Norte.

Montreal posúe a segunda maior poboación francófona do mundo, estando só por detrás de París. Porén, Montreal tamén posúe unha considerábel comunidade anglófona, e un crecente número de persoas cuxo idioma materno non é nin o francés nin o inglés.

A palabra "Montreal" é a versión arcaica, escrita de forma simplificada, de Mont-Royal, un monte localizado na cidade, no centro da illa.

Montreal é un dos centros culturais máis importantes do país, aloxando varios eventos nacionais e internacionais. Entre eles, están a Juste pour Rire, un dos maiores festivais de comedia do mundo, o Festival de Jazz de Montreal, un dos maiores festivais de Jazz do mundo, e o Grand Prix de Montreal. A cidade, en total, aloxa máis de 70 eventos internacionais por ano. Con todos estes eventos, aliado ao seu centro antigo, a Vieux Montreal, a cidade é considerada a cidade máis europea de América do Norte.

Montreal posúe unha das poboacións mellor educadas do mundo, posuíndo a maior concentración de estudantes universitarios per capita de toda América do Norte. A cidade posúe 4 universidades -dúas delas francófonas e dúas delas anglófonas- e 12 facultades. É un centro de industria de alta tecnoloxía -especialmente na área de medicina e na industria aeroespacial.

Patrimonio da Humanidade

O título de Patrimonio da Humanidade (ás veces Patrimonio Mundial) é concedido pola UNESCO, organización das Nacións Unidas para a Cultura, Ciencia e Educación, a sitios específicos do planeta (exemplos: bosques, cordilleiras, lagos, desertos, edificios, complexos ou cidades) que foron nomeados e confirmados para a súa inclusión na lista mantida polo Programa Patrimonio da Humanidade.

O programa de clasificación adícase a catalogar e preservar lugares de excepcional importancia cultural ou natural, como patrimonio común da humanidade. Os lugares da lista poden obter fondos do World Heritage Fund baixo determinadas condicións.

O programa foi fundado pola Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural, adoptado pola Conferencia Xeral da UNESCO de 16 de novembro de 1972.

En xullo de 2018, estaban catalogados un total de 1.092 sitios (845 culturais, 209 naturais e 38 mixtas) en 167 países diferentes. Italia, con 54 sitios, ten máis que calquera país, seguido da China (53), España (47), Francia (44), Alemaña (44), India (37) e México (35).

The Guardian

The Guardian é un xornal británico propiedade de Guardian Media Group. Publícase de luns a sábado en formato Berliner. Ata 1959 foi chamado The Manchester Guardian, reflectindo as súas orixes locais. O xornal aínda segue sendo coñecido por este nome especialmente en América do Norte, aínda que ten a súa base en Londres desde 1964 (con servizos de imprenta tanto en Manchester como en Londres).

As editorais deste xornal adoitan ser normalmente de tendencias esquerdistas. Unha enquisa feita polo grupo MORI entre abril e xuño do 2000 mostrou que o 80% dos lectores de The Guardian eran votantes do partido Laborista. De acordo con outra enquisa feita en 2004, o 44% dos lectores deste xornal votaron ao partido laborista e un 37% aos liberal demócratasFoi o primeiro xornal británico en imprimir en formato Berliner. En novembro de 2005 The Guardian tivo unha media de 378.618 exemplares vendidos, comparado cos 904.955 exemplares de Daily Telegraph, os 692.581 de The Times e 261.193 de The Independent

O xornal coñécese ás veces como "The Grauniad" como resultado de frecuentes erros tipográficos.

Vancouver

Vancouver é unha cidade do Canadá, na provincia da Columbia Británica. Localízase na costa do Pacífico, no suroeste da provincia.

Con cerca de 550 mil habitantes distribuídos en 113 quilómetros cadrados (na cidade propiamente dita) e 2,14 millóns de habitantes na súa zona metropolitana, a densidade demográfica de Vancouver é a segunda máis alta da América do Norte, só por detrás de Nova York. É un importante polo de transportes canadense, posuíndo o porto con máis movementos do Canadá e o segundo aeroporto internacional con máis movementos do país.

Un clima lene no inverno e morno no verán, alén dunha bela paisaxe natural en torno da cidade e moitos parques, praias e outros lugares de recreación, fai de Vancouver un importante polo turístico do Canadá. Vancouver é considerada por moitos como unha das mellores cidades do mundo para vivir (en numerosas investigacións, aparece en terceiro lugar, só detrás de Xenebra e Zürich, ambas en Suíza).

A cidade foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno en 2010, a Copa Grey en 2005, o Campionato Mundial de Hóckey Xunior e o Fórum Urbano Mundial, os dous últimos en 2006.

Países do mundo | América do Norte
Países
Países con parte do seu
territorio en América do Norte

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.