Améndoa

A améndoa (do latín vulgar amyndula, no latín clásico amygdalum, -i, de orixe grega, que denominaba tanto a árbore coma o froito)[1] é o froito da amendoeira, é unha drupa oblonga, engurrada e de cor verde, dentro contén a semente, branca, oblonga e apatelada, recuberta por unha película de cor canela.

A améndoa verde designa o froito tenro, recollido en xuño e xullo, e de sabor delicado. A améndoa amarga designa á velenosa e a améndoa doce á comestible.

Pódese comer en cru, en turróns, en confeitaría. A esencia de améndoa temén se utiliza en perfumaría.

California é a principal área produtora de améndoa, séguelle España.

Améndoa
Mandorle sgusciate
Valor nutricional por 100 g
Enerxía2,423 kJ (579 kcal)
21.6 g
Amidón0.7 g
Azucres 4.4 g
0.00 g
Fibra alimentaria12.5 g
49.9 g
Saturadas3.8 g
Monoinsaturadas31.6 g
Poliinsaturadas12.3 g
21.2 g
Triptófano0.214 g
Treonina0.598 g
Isoleucina0.702 g
Leucina1.488 g
Lisina0.580 g
Metionina0.151 g
Cistina0.189 g
Fenilalanina1.120 g
Tirosina0.452 g
Valina0.817 g
Arxinina2.446 g
Histidina0.557 g
Alanina1.027 g
Ácido aspártico2.911 g
Ácido glutámico6.810 g
Glicina1.469 g
Prolina1.032 g
Serina0.948 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
0%
1 μg
1 μg
Vitamina A1 IU
Tiamina (B1)
18%
0.211 mg
Riboflavina (B2)
85%
1.014 mg
Niacina (B3)
23%
3.385 mg
Ácido pantoteico (B5)
9%
0.469 mg
Vitamina B6
11%
0.143 mg
Ácido fólico (B9)
13%
50 μg
Colina
11%
52.1 mg
Vitamina C
0%
0 mg
Vitamina D
0%
0 μg
Vitamina E
171%
25.6 mg
Vitamina K
0%
0.0 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
26%
264 mg
Cobre
50%
0.99 mg
Ferro
29%
3.72 mg
Magnesio
75%
268 mg
Manganeso
109%
2.285 mg
Fósforo
69%
484 mg
Potasio
15%
705 mg
Selenio
4%
2.5 μg
Sodio
0%
1 mg
Cinc
32%
3.08 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga4.4 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient
Mandel Gr 99
Améndoas
Almendrados de Allariz (Ourense, España)
Amendoado de Allariz

Notas

  1. "Améndoa". Portal das Palabras. Consultado o 22 de novembro de 2016.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aguilar de Segarra

Aguilar de Segarra é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Bages.

Amendoeira

A amendoeira (Prunus dulcis) é unha árbore da familia das rosáceas. O seu froito é a améndoa.

A amendoeira é unha árbore de entre 6 e 12 metros de altura, de talo liso verde e castaño de novo, pasa a grisallo e lañado de adulto. As follas son simples, lanceoladas, estreitas e remate en punta, de cor verde luminosa e beiras dentadas. A flor, pentámera, preséntase solitaria ou en grupos de 2 a 4, é de cor branca ou rosada. Os froitos en forma de drupa oblonga. A árbore pode vivir de 50 a 80 anos. A súa madeira é de boa calidade, emprégase en ebastinaría, típica de climas cálidos, tolera mal o frío

A árbore menciónase na Biblia como orixinaria de Palestina, aínda que semella ser Persia o primeiro lugar onde se cultivou, os xudeus levárona a Exipto e os gregos introducírona en Europa, os árabes espallárona por todo o Mediterráneo. A mediados do século XIX chegou aos Estados Unidos, hoxe o primeiro produtor mundial de améndoas.

Aparato reprodutor feminino

O aparato reprodutor feminino é o aparato xenital situado na zona pélvica das mulleres no cal ten lugar a produción dos gametos femininos (óvulos), a fecundación e formación do cigoto, a xestación do embrión e a súa expulsión ao exterior (parto), e a produción de diversas hormonas. Consta de ovarios, trompas de Falopio, útero, vaxina e xenitais externos (vulva).

Bebida de améndoa

A bebida de améndoa (mal chamada de leite de améndoa) é un produto (leite vexetal) coa aparencia do leite de orixe animal, feito con puré de améndoas e auga. É popular como unha bebida refrescante no norte de África e Oriente Medio, rexión predominantemente musulmá. Mais recentemente, tornouse tamén unha bebida relativamente popular no occidente, principalmente entre os vexetarianos.É unha bebida importante no Mediterráneo, a rexión máis importante na produción de améndoas, desde a Idade Media; a razón para esta popularidade ten que ver coa facilidade en conservar, quer as améndoas, quer a mestura, ao contrario do leite de orixe animal, que ten unha caducidade temperá, a non ser que sexa transformado en queixo ou outros lácteos.

O leite de améndoas ás veces substitúe o leite de orixe animal nalgunhas receitas ou no caso de intolerancia á lactosa ou dietas especiais vexetarianas ou veganas.

Cianuro de hidróxeno

O cianuro de hidróxeno é un composto químico cuxa fórmula é: HCN. A solución de cianuro de hidróxeno en auga é chamada ácido cianhídrico. O cianuro de hidróxeno puro é un líquido incoloro, moi velenoso e altamente volátil, que ferve aos 26 °C. Ten un lixeiro cheiro améndoas amargas, que algunhas persoas non poden detectar debido a un trazo xenético. O cianuro de hidróxeno é lixeiramente ácido. Os seus sales son coñecidos como cianuros.

O cianuro de hidróxeno prodúcese en grandes cantidades en todo o mundo pola industria química. É usado en tinxiduras, explosivos, produción de plásticos etc. Pode ser producido provocando a reacción entre un cianuro e un ácido forte, ou directamente de amoníaco e monóxido de carbono.

As froitas que teñen unha semente grande, como o aguacate ou o albaricoque, xeralmente teñen pequenas cantidades de cianuro de hidróxeno na súa semente. As améndoas amargas, das que se extrae o aceite de améndoa, tamén o conteñen. Algúns miriápodos úsano como medio de defensa. Tamén pode atoparse nos gases producidos por motores de vehículos, no fume do tabaco e no fume da combustión de plásticos que conteñen nitróxeno.

Unha concentración de 300 partes por millón no aire é suficiente para matar a un humano en cuestión de minutos. A súa toxicidade débese ao ión cianuro CN-, que inhibe a respiración celular. Por esta razón, o cianuro de hidróxeno era moi usado na Alemaña nazi como método de execución en masa.

Drupa

Na botánica unha drupa é un froito monospermo de mesocarpio carnoso, coriáceo ou fibroso que arrodea un endocarpio leñoso (carabuña ou caroa) cunha soa semente no seu interior. Estas froitas desenvólvense dun só carpelo e, na súa meirande parte, de flores con ovarios superiores. Algúns dos froitos considerados drupas son:

Polidrupas:

Amora - Silveira - Rubus ulmifolius

Framboesa - Framboeseiro - Rubus idaeusDrupas:

Oliva - Oliveira - Olea europaea

Xuxuba - Xuxuba [Cómpre referencia] - Ziziphus lotus

Manga - Mangueira - Mangifera indica

Prunus, todas as especies deste xénero:

améndoa

albaricoque

cereixa

guinda

pexego

ameixa

abruño

Lima española [Cómpre referencia] - Limeira española [Cómpre referencia] - Melicoccus bijugatus

Noz - Nogueira - Juglans regia

Pacana ou noz pacana - Carya illinoinensis

Lichi - Lichi - Litchi chinensis

Longán - Longaneira [Cómpre referencia] - Dimocarpus longan

Rambután - Rambutaneira [Cómpre referencia] - Nephelium lappaceum

Korlán - Korlaneira [Cómpre referencia] - Nephelium hypoleucum

Keule [Cómpre referencia] - Gomortega keule

Pementa - Pementeira - Piper nigrum

Coco - Coqueiro ou coco - Cocos nucifera, drupa con mesocarpo fibroso ou seco.

Café - Cafeeira ou café - Coffea sp

Pistacho- Pistacheiro ou pistacho - Pistacia vera

Fariña

A fariña é un po resultante de moer o gran, xeralmente dos cereais (especialmente trigo, millo etc). É o principal ingrediente do pan, o alimento básico en moitas partes do mundo. Tamén se obtén fariña dalgúns legumes e de froitos secos, como a soia e a améndoa.

A fariña é rica en amidón, que é un hidrato de carbono complexo. Cando a fariña se mestura con auga, o glute, unha proteína, actúa dándolle unha estrutura elástica á masa que permite "traballala" e que reteña burbullas de gas, o que resulta nunha textura final esponxosa. Este é un efecto buscado no pan, pasteis etc.

Algúns individuos padecen dunha intolerancia ao glute denominada celiaquía ou enfermidade celíaca, o que lles impide comer pan, pastas, pasteis ou calquera produto derivado do trigo, avea ou cebada, cereais que conteñen glute, pero hoxe pódense atopar no mercado produtos derivados de fariña sen glute.

Huércal-Overa

Huércal-Overa é un concello español da provincia de Almería, en Andalucía. Tiña unha poboación de 18.530 habitantes en 2015.

Situada na conca do río Almanzora, é a capital da comarca do Levante Almeriense, próxima xa ao límite coa Rexión de Murcia.

As súas principais actividades produtivas son a gandería porcina, a améndoa, os cítricos, construción, distribución e tradicionalmente tamén o foi a produción dos encaixes de artesanía.

Lobarre

Lobarre (en castelán: Loarre e oficialmente Loarre/Lobarre) é un concello da provincia de Huesca, na comunidade autónoma de Aragón. Situado a 28 km da capital Huesca, abarca 74,6 km² e forma parte da comarca Hoya de Huesca.

Mandorla

A mandorla (ou vesica piscis) é un símbolo ou un halo de xeito oval no que están inseridos personaxes sagrados da relixión cristiá, sendo o máis común Cristo, mais tamén a Virxe ou os santos. Empregouse, principalmente, na arte románica e bizantina, sendo os exemplos máis antigos da arte paleocristiá do século V.

A palabra mandorla vén do italiano mandorla, que significa "améndoa". Nalgunhas linguas tamén se coñece co nome de "améndoa mística". Igualmente, emprégase tamén a expresión latina vesica piscis (vexiga de peixe) e consiste nun símbolo fixo con dous círculos do mesmo radio que se intersectan de xeito que o centro de cada círculo está na circunferencia do outro.

Manduas, Silleda

San Tirso de Manduas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1006 habitantes (498 homes e 508), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 917 habitantes.

Oliva

A oliva ( pronunciación ) e o froito da oliveira.

É unha drupa, da que a pel (epicarpio) está recuberta dunha materia cerosa impermeábel á auga, e unha polpa (mesocarpio) carnosa, rica en materia graxa, almacenada durante a época de lipoxénese, que vai entre fins de agosto e o inicio da maduración. En inicio verde, tórnase negra na completa madurez. A coia moi dura, ososa, está formada dun envoltorio (endocarpio) que se esclerosa no verán a partir de finais de xullo e contén unha améndoa con dous ovarios, dos cales un é, polo xeral, estéril e non funcional: ese gran (raramente os dous) produce un embrión, que dará unha oliveira nova se as condicións son favorábeis.

Ovario

O ovario, en todos os seres vivos con órganos diferenciados, é o órgano onde se producen os gametos femininos, tanto nos animais como nas plantas.

Pantocrátor

Na iconografía relixiosa cristiá, o termo pantocrátor aplícase para referirse a Deus pai omnipotente ou tamén a Cristo, como xuíz no Xuízo Final. O termo vén do grego pantokrátor -átoros, formado de pâs pantós, todo, e dun derivado de krátos, forza, poder, de onde o seu significado de todopoderoso. Na mitoloxía grega era un atributo de Zeus.

Representouse principalmente na arte bizantina e románica, na forma de Deus bendecindo ó espectador coa man dereita levantada; na man esquerda sostén o Libro dos Sete Selos (segundo a Apocalipse, cap. 5), cuxa apertura simboliza o comezo do Xuízo. Pode aparece-la figura completa, sentada no trono, ou só o busto. Cando representa a figura de Deus pai adoita mostra-lo fillo, Xesus, no colo.

Sexa como for, a figura inscríbese case sempre nun cerco oval en forma de améndoa, denominado mandorla, coas figuras dos catro evanxelistas ó redor formando o tetramorfo: Mateo (home), Marcos (león), Lucas (boi) e Xoán (aguia).

Nas igrexas cristiás pode aparecer esculpido no tímpano da portada ou pintado na bóveda da ábsida.

Piñón (semente)

Un piñón é a semente dos piñeiros (árbores do xénero Pinus (familia Pinaceae)), de casca dura e améndoa branca.

O nome piñón tamén pode designar a semente doutras árbores coníferas que teñen piñas, como as araucarias

O piñón (pinhão en portugués) procede da piña. Arredor de vinte especies de piñeiros producen piñóns grandes dabondo para que a súa colleita sexa produtiva; noutras especies, aínda que tamén comestíbeis, son demasiado pequenos e sen valor para a alimentación humana, é o que ocorre co piñeiro bravo (Pinus pinaster), típico de Galiza.

Non forma parte da cociña galega tradicional, mais, hoxe en día aparecen pola influencia da gastronomía mediterránea.

Rosáceas

As rosáceas (Rosaceae) son unha familia de plantas (e árbores) da orde Rosales.

É unha das familias máis importantes, por número de especies (case 3000), a súa importancia económica, e a súa ampla distribución (cosmopolita). A familia Rosaceae inclúe a maior parte das especies de froitas de consumo masivo: mazá, pera, marmelo, pexego, ameixa, cereixa, amorodo, améndoa, amora, framboesa etc. Tamén inclúe moitas especies ornamentais, principalmente, as rosas, flores por excelencia, con importancia para a xardinaría e a industria de perfumaría.

A familia das rosáceas é grande, cuns 100 xéneros, nos que se reparten ao redor de 3.000 especies, cuxa distribución é case mundial, orixinarias sobre todo das rexións tépedas e subtropicais do hemisferio boreal. Os xéneros máis numerosos son: Potentilla (300 especies), Prunus (200), Rosa (100) e Spiraea (100).

Tonsila

No campo da anatomía, a tonsila, antes denominada amígdala, é un órgano con forma de améndoa (en latín é o que significa, amendoíña), formado pola unión de numerosos nódulos linfáticos.

Dáselle este nome en especial á amígdala palatina pero, por extensión, tamén se denomina tonsila a calquera órgano constituído por un retículo de tecido linfoide e epitelial, que contén folículos linfáticos.

As tonsilas son tecido linfoide situado na farinxe e que constitúen o Anel de Waldeyer. Segundo a localización en que se atopen na farinxe, chámanse:

Tonsila farínxea (ou amígdala de Luschka): situada no teito ou bóveda da farinxe, na súa porción nasal. Nos nenos adoitan estar hipertrofiadas e entón chámanse adenoides, chegando a provocar insuficiencia respiratoria nasal e deformación facial (vexetacións), polo que adoitan extirparse.

Tonsila tubárica (ou amígdala de Gerlach): rodea o extremo farínxeo da Trompa de Eustaquio.

Tonsila palatina: tamén chamada amígdala palatina. Órgano par situado a ambos lados do istmo das fauces, na entrada da orofarinxe, entre os piares do veo do padal, a ámbolos lados da úvula. Cando se inflaman constitúen as típicas anxinas (non confundir coa anxina de peito) ou, tecnicamente, amigdalite. A súa extirpación denomínase amigdalectomía ou tonsilectomía.

Tonsila lingual: é un conxunto voluminoso de tecido linfoide situado na base da lingua.

Torta de Santiago

A torta de Santiago (nome oficial "Tarta de Santiago") é unha sobremesa tradicional e Indicación Xeográfica Protexida da cociña galega (orixinaria da capital, Santiago de Compostela) que pode atoparse en case todo o territorio español. Os ingredientes principais desta torta son a améndoa e os ovos.

Vitoria

Vitoria ou Gasteiz (en castelán: Vitoria; en éuscaro: Gasteiz; oficialmente Vitoria-Gasteiz) é unha cidade e concello do norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Áraba, en Euskadi. É ademais a sede do Parlamento e Goberno autonómicos.

Enclavada nun cruzamento de camiños, foi un importante punto estratéxico tanto no plano militar como no comercial e cultural ó longo da historia. Xa desde tempos romanos, nos que a calzada que unía Astorga e Bordeos pasaba por Áraba, estas terras foron un eixo de comunicacións entre a Meseta Central e Europa.

A actual Vitoria busca un modelo de desenvolvemento urbano de calidade, primando criterios de cohesión social, habitabilidade, respecto ó contorno, accesibilidade, conservación, recuperación do patrimonio e programas de integración e participación social. É unha cidade cunha intensa historia que se manifesta nun valioso patrimonio monumental.

Durante 2012 Vitoria foi Capital Verde Europea.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.