Alxeciras

Alxeciras[1] (en castelán: Algeciras) é unha cidade e municipio do sur de España, situado no Campo de Xibraltar, provincia de Cádiz, Andalucía.

Está situada na baía de Alxeciras, un enclave xeográfico estratéxico por acharse no estreito de Xibraltar, lugar de contacto entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Esta situación fixo que posea o porto marítimo con maior tránsito de persoas e mercancías entre Europa e África, concretamente entre España e Marrocos[2].

Alxeciras con 121.414 habitantes é o décimo municipio de Andalucía e o segundo da provincia en termos poboacionais, tras Xerez da Fronteira e por diante da capital provincial, Cádiz.[3]

Coordenadas: 36°08′N 05°27′O / 36.133, -5.450

Alxeciras
Algeciras
Flag maritime algeciras
AlgecirasEscudo
Praza Alta
Torre Espolón Río Miel Pedestal da Deusa Diana
Arcos da Bajadilla Praia do Rinconcillo
Localización
Alxeciras en España

Alxeciras
Alxeciras
Alxeciras en Provincia de Cádiz

Alxeciras
Alxeciras
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaCádiz
ComarcaCampo de Xibraltar
Xeografía
Altitude20 (máx. 785) msnm
Superficie86 km²
Demografía
Poboación121.414 hab. (2018)
Densidade1.384,40 hab./km²
XentilicioAlxecireño, ña
Outros datos
Código postal11200-11209
AlcaldeJosé Ignacio Landaluce Calleja (PP)
www.algeciras.es
Port of Algeciras
Porto de Alxeciras.

Toponimia

Algeciras satelite
Imaxe satélite da Cidade de Alxeciras.

O nome Algeciras procede do árabe الجزيرة الخضراء Al-Yazira al-Jadrā', "a illa verde", pola illa que se encontraba na súa costa antes de ser anexionada polo porto.[4] Tamén podería proceder de الجزائر Al-Yazā'ir ("as illas"). Este nome naceu no ano 711 cos primeiros musulmáns que chegaron á Península Ibérica. Anteriormente, na época romana a cidade situada no que actualmente é o centro da cidade denominouse Iulia Traducta, nome que fai referencia a que foi poboada por disidentes ao imperio romano procedentes de Tánxer. Aparece designada tamén como Tingentera, interpretada como Tingis altera ou "a outra Tingis", e como Iulia Ioza en púnico.[5]

O xentilicio é "alxecireño-a". Como outras cidades da zona (La Línea, Xibraltar, Ceuta etc.) os seus cidadáns teñen un xentilicio particular popular, así aos alxecireños chámanselle "especiales", segundo pode ser, porque na zona dábase no pasado un viño chamado Especial.

Demografía

Evolución demográfica
1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2008
19.417 21.431 25.671 52.732 66.317 81.662 86.042 101.556 104.087 115.333

Economía

Alxeciras é o motor comercial da comarca. As súas industrias principais son a petroquímica e a pesca. O porto de Alxeciras é o máis importante de España en tráfico total de mercadorías, cun movemento total de 74,8 millóns de toneladas en 2008.[6]

Lugares de interese

Algeciras Plaza Alta
Praza Alta de Alxeciras e igrexa da Palma

Arqueoloxía

  • Fornos Romanos de El Rinconcillo
  • Factoría de salgaduras da rúa San Nicolás (s.I)
  • Restos da Mezquita Aljama (s.VIII)
  • Parque Arqueolóxico das Murallas Meriníes (s.XIII)

Arquitectura civil

  • Praza Alta de Alxeciras
  • Praza Juan de Lima
  • Vila Vella de Alxeciras
  • Acueduto de Alxeciras
  • Mercado de abastos de Alxeciras
  • Escola de arte

Arquitectura relixiosa

  • Capela de Nosa Señora de Europa
  • Igrexa de Nosa Señora da Palma
  • Capela da Caridade
  • Capela do Santo Cristo da Alameda

Zonas verdes

  • Parque María Cristina
  • Parque das Acacias
  • Parque do Saladillo
  • Parque do Centenario

Cultura

  • Museo municipal de Alxeciras
  • Museo de Arte Sacra
  • Teatro Florida
  • Fundación Municipal de Cultura José Luis Cano

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alxecireño. Consultado o 28-12-2013.
  2. "Memoria anual do Porto de Alxeciras 2008" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de maio de 2009. Consultado o 02 de novembro de 2009.
  3. Algeciras supera a Cádiz y es ya la segunda ciudad de la provincia, artigo en Europa Sur (en castelán).
  4. Henrique Florez (1752). España Sagrada: Theatro geographico-histórico de la Iglesia de España. Oficina de Antonio Marín. p. 36.
  5. Pascual Madoz (1845). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Establecimiento Literario-tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti.
  6. "O porto de Alxeciras segue liderando o Sistema Portuario Español". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 25 de decembro de 2009.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Afonso XI de Castela

Afonso XI de Borgoña, o Xusticeiro, nado en Salamanca o 13 de agosto de 1311 e finado en Xibraltar o 26 de marzo de 1350, foi rei de Castela, Galicia, León e Toledo entre outros reinos, ademais de ser bisneto de Afonso X o Sabio.

Ó morrer, era Rei de Castela, León, Toledo, Galicia, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, o Algarve, Alxeciras, e Señor de Molina.

Algeciras Club de Fútbol

O Algeciras Club de Fútbol é un club de fútbol de España, da cidade de Alxeciras, na provincia de Cádiz. Foi fundado en 1912 e actualmente milita no grupo IV da Segunda División B Española. No club militaron os dous únicos alxecireños que xogaron na Selección española de fútbol: Andrés Mateo e Juan López Hita.

Andalucía

Andalucía é unha Comunidade autónoma española situada no sur da Península Ibérica. Limita ao sur co Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, ao norte con Estremadura e Castela-A Mancha, ao leste coa Rexión de Murcia e ao oeste con Portugal.

Está formada por oito provincias: Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Málaga, Sevilla e Xaén. A capital da comunidade autónoma é Sevilla, cidade recoñecida no Estatuto de Autonomía como sede da organización institucional da Comunidade Autónoma, denominada Junta de Andalucía.

O novo Estatuto de Autonomía (2007) define Andalucía como unha "realidade nacional".

Ceuta

Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico.

Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que é parte do reino ibérico dende o século XVII.

Ceuta, como tamén Melilla, foi un porto libre antes de que España entrara na Unión Europea. En 2008 tiña unha poboación de 75.276 habitantes, formada por cristiáns, musulmáns e pequenas minorías de xudeus.

Foi considerada como parte da provincia de Cádiz ata o 14 de marzo de 1995, cando a cidade aprobou o seu Estatuto de Autonomía e quedou constituída como cidade autónoma. Desde 2004 está en proceso un novo estatuto para converter a cidade en comunidade autónoma.

Estación de Alxeciras

A Estación de Algeciras é unha estación de ferrocarril de Adif, situada na cidade de Alxeciras. É a terminal da liña Bobadilla-Alxeciras. Nela chegan e parten trens con destino a Ronda, Granada, Córdoba e Madrid.

Atópase moi ben comunicada, ao estar situada na antiga travesía da estrada Cádiz-Málaga, xusto en fronte dunha estación de autobuses e a 500 metros do porto e heliporto da cidade.

Estrella, Renfe

O Estrella era un servizo nocturno de Longa Distancia ofrecido por Renfe Operadora en España, que permitía unir grandes cidades saíndo da cidade de orixe pola tarde ou noite dun día determinado e chegando ao destino ao día seguinte pola mañá. Tiña unha velocidade comercial máxima de 160 km/h.

Era o servizo nocturno máis antigo que ofrecía RENFE dende a súa creación en 1985, e as súas rutas foron desaparecendo ao construirse as diferentes liñas de alta velocidade ou sustituíronse por Trenhoteles, servizo nocturno de gama alta. O 6 de abril de 2015 desapareceu o último Estrella que seguía circulando: o Estrella Costa Brava, entre Madrid e Barcelona.

Heliporto de Alxeciras

O Heliporto de Alxeciras é un heliporto público situado no porto da cidade andaluza de Alxeciras, na provincia de Cádiz. Foi inaugurado o 1 de xullo de 2010 polo ministro de fomento, José Blanco. É o segundo heliporto da rede Aena tras o heliporto de Ceuta.

Jimena de la Frontera

Jimena de la Frontera é un concello da provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía. Está situada na comarca de Campo de Xibraltar, a 112 km da capital provincial, Cádiz.

O municipio ten catro localidades: Jimena de la Frontera, Los Ángeles ou Estación de Jimena, San Pablo de Buceite e San Martín del Tesorillo. O seu territorio, situado entre a Baía de Alxeciras e a Serranía de Ronda, está incluído no Parque Natural dos Alcornocales (corticeiras).

Limita polo norte coas localidades de Cortes de la Frontera e Gaucín (ambas da provincia de Málaga), polo sur con Castellar de la Frontera e San Roque, polo leste coas poboacións de Málaga de Gaucín e Casares, e polo oeste con Alcalá de los Gazules.

La Línea de la Concepción

La Línea de la Concepción é unha cidade andaluza da provincia de Cádiz, pertencente á comarca do Campo de Xibraltar. No ano 2008 ten 64.240 habitantes. A súa extensión superficial é de 26 km² e ten unha densidade de 3333,68 hab./km². Atópase situada a unha altitude de 5 metros e a 134 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Os seus habitantes reciben o xentilicio de linenses.

Aséntase sobre o istmo areoso que une a Rocha de Xibraltar coa costa, no flanco este de a Baía de Alxeciras, entre Serra Carbonera e Xibraltar.

Librilla

Librilla é un concello español da Rexión de Murcia, situado no Bajo Guadalentín. Tiña unha poboación de 4.900 habitantes en 2014.

A localidade está situada xunto á rambla de Alxeciras e é atravesada polo río Orón. Sitúase baixo a sombra da serra de Carrascoy e ás faldras de El Castellar, en pleno val do Guadalentín. Limita cos municipios de Murcia ao norte e ao leste, Macho ao norte e Alhama de Murcia ao sur e oeste.

O Barranco dos Espectros divide a vila en dous. O nome da localidade ven do árabe Lymbraya, que significa precisamente "Barranco dos Espectros".

Los Barrios

Los Barrios é un municipio do sur de España, pertencente á provincia de Cádiz, Andalucía. Forma parte da comarca do Campo de Xibraltar e está situado a 12 metros de altitude. Está situado a 95 km de Cádiz e a 9 km de Alxeciras. En 2009 conta cunha poboación de 22.311 habitantes segundo o INE.

Paco de Lucía

Francisco Sánchez Gómez, coñecido como Paco de Lucía, nado en Alxeciras (Cádiz) o 21 de decembro de 1947 e finado o 25 de febreiro de 2014 en Xpu-há, un complexo turístico de Solidaridad (Quintana Roo, México), foi un guitarrista flamenco andaluz considerado un dos mellores mestres da guitarra de todos os tempos.

Pedro I de Castela

Pedro I de Castela, o Cruel ou o Xusticeiro, nado en Burgos en 1334 e finado en Montiel, Cidade Real, en 1369, foi rei de Castela e León entre o 26 de marzo de 1350, pouco antes de facer os 16 anos, até a súa morte en 1369. A finais do seu reinado ostentaba os títulos de rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, o Algarve, Alxeciras e señor de Biscaia e de Molina.

Pomponio Mela

Pomponio Mela, nado en Alxeciras c. 15 e finado en Roma c. 45, foi un xeógrafo hispano que viviu no século I despois de Cristo.

Porto da Baía de Alxeciras

O porto da baía de Alxeciras, tamén coñecido como porto de Alxeciras, é un porto comercial, pesqueiro e de pasaxeiros situado na baía de Alxeciras, no sur de Andalucía. Componse de numerosas infraestruturas marítimas diseminadas ao longo de toda a baía. Aínda que só as zonas urbanas de Alxeciras e La Línea de la Concepción se asoman á baía, existen tamén instalacións portuarias no resto da ribeira, pertencente tamén aos municipios de Los Barrios e San Roque. É xestionado pola Autoridade Portuaria da Baía de Alxeciras xunto ao porto de Tarifa, os dous pertencentes á provincia marítima de Alxeciras.

É o primeiro porto de España en tráfico total de mercadorías e o segundo do mar Mediterráneo, e en 2004 foi o 25º do mundo en transporte de colectores, colocándose no 2011 como o 2ª máis grande de Europa en volume de mercadorías e contenedores. En 2010 superou os 70 millóns de toneladas en tráfico total e máis de 2,8 millóns de contenedores. Totaliza máis de 10 km de peiraos nas súas diferentes dársenas, que xestionan todo tipo de tráfico de pasaxeiros e mercadorías.

Provincia de Cádiz

A provincia de Cádiz está situada ao sur de España, na comunidade autónoma de Andalucía. Posúe un dos climas máis benignos da Península Ibérica durante boa parte do ano.

Reino de Alxeciras

O reino de Alxeciras aparece tras a anexión en 1344 do reino meriní de Alxeciras á Coroa de Castela por parte de Afonso XI.

Desde ese momento o título de "Rei de Alxeciras" figurou entre os títulos dos monarcas casteláns, e até a actualidade faino entre os títulos da Coroa de España. Con todo tras a morte de Afonso XI mentres cercaba Xibraltar en 1350, grazas ao enfraquecemento que sufría a Coroa de Castela polas loitas dinásticas que sufría, Muhammed V de Granada puido cercar e reconquistar a cidade en 1369. O rei nazarí reconstruíu as súas murallas e repoboouna, pero en 1379 comprendendo que Castela xa se repuxo das súas loitas internas e que non podería conservar a cidade moito tempo, preferiu destruíla a que volvese a mans castelás.

Tras a destrución de Alxeciras o territorio do seu antigo reino pasou a pertencer sucesivamente a Tarifa, a Xerez da Fronteira e finalmente a Xibraltar, tras a súa conquista definitiva en 1462.

San José del Valle

San José del Valle é un concello español da provincia de Cádiz, en Andalucía. Pertence á comarca da Campiña de Xerez e tiña en 2014 unha poboación de 4.457 habitantes.

Atópase a unha altitude de 143 metros no centro da provincia, a 62 quilómetros da capital, Cádiz. As súas orixes remóntanse á época do Al-Andalus, existindo unha localización chamada Hisn Tanbul, vasalo de Alxeciras.

Xibraltar

Xibraltar (en inglés e castelán: Gibraltar) é un Territorio Británico de Ultramar situado no extremo meridional da Península Ibérica, ao leste da baía de Alxeciras, que se estende sobre a formación xeolóxica da rocha de Xibraltar (en inglés: the Rock of Gibraltar ou tamén, The Rock), península que domina a beira norte do estreito de Xibraltar, comunicando o mar Mediterráneo e o Océano Atlántico.

Xibraltar limita ao norte con España e alberga unha poboación de preto de 29.000 habitantes nunha superficie de menos de 7 km², cunha economía baseada no sector de servizos, principalmente como centro financeiro e turístico. Aproveitando a súa privilexiada posición estratéxica, é tamén unha base aeronaval das Forzas Armadas Británicas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.