Alvia

O Alvia é un servizo ferroviario de longa distancia de Renfe Operadora. Caracterízase por ser de rodadura desprazable, o que permite percorrer vías de ancho ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de ancho entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.

Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a minusválidos e cafetería.

Renfe serie 120
Tren Alvia Madrid-Barcelona (serie 120, fabricado por CAF)
Renfe clase 130
Tren Alvia Madrid-Xixón (serie 130, fabricado por Talgo)
Renfe clase 130
Alvia S130 en Alacant

Historia

Os primeiros trens en ofrecer este servizo foron os da serie 120 de Renfe en outono de 2005, cando foron inauguradas as circunvalacións de Zaragoza e Lleida da L.A.V. Madrid-Camp de Tarragona e o cambiador de ancho de Puigvert de Lleida. Substituíron a case toda a totalidade dos trens Altaria que unían Madrid e Barcelona.

En outono de 2007 recibíronse as primeiras cabezas motoras da nova serie 130 de Renfe que acopláronse a ramas de remolques Talgo para substituí-la locomotora 252 ou 269 que tiraba destes coches nos percorridos Madrid-Xixón e Alacant-Xixón, de forma que os servizos Altaria e Talgo que cubrían estas relacións rebautizáronse como Alvia.

Coa apertura da L.A.V. Madrid-Valladolid pasáronse estes últimos servizos Alvia a circular pola mesma cambiando de ancho en Valdestillas ou Valladolid e engadíronse servizos Alvia ao recibirse máis cabezas da serie 130 con destino Santander (un dende Alacant), Bilbao e Hendaia.

O 20 de febreiro de 2008 púxose en servizo o tramo entre o cambiador de ancho de Roda de Berà e Barcelona, polo que os Alvia Madrid-Barcelona deixaron de circular nesta liña para ser substituídos por trens AVE, pasando os trens S120 de CAF a circular nas relacións Madrid-Logroño, Madrid-Pamplona e Madrid-Hendaia (antes cubertas por Altaria) e aproveitando parte da L.A.V. Madrid-Barcelona.

O 15 de setembro de 2008 comezaron a circular desde Barcelona ata Vigo, o 14 de decembro de 2008 entre Barcelona e Bilbao e Irún, e o 14 de xuño de 2009, nas rutas Madrid - Huelva e Madrid - Cádiz.

Frota

Os trens Alvia están compostos por dúas cabezas motoras e unha rama de remolques (Talgo) ou ben unha unidade autopropulsada de 4 coches, sendo empregadas as seguintes composicións nas seguintes relacións:

Percorridos

Realiza as seguintes rutas:

  • Madrid-Cádiz
  • Madrid-Huelva
  • Madrid-Vinaròs
  • Madrid-Logroño
  • Madrid-Pamplona
  • Madrid-Bilbao
  • Madrid-Hendaia
  • Madrid-Xixón
  • Madrid-Santander
  • Madrid-León
  • Madrid-Vitoria
  • Madrid-A Coruña
  • Madrid-Pontevedra
  • Madrid-Ferrol
  • Madrid-Ponferrada
  • Barcelona-Bilbao
  • Barcelona-Hendaia
  • Barcelona-A Coruña
  • Barcelona-Vigo
  • Barcelona-Xixón
  • Alacant-Xixón
  • Alacant-Santander
  • Alacant-A Coruña
  • Alacant-Pontevedra
  • Xixón-Orpesa
  • Xixón-Cádiz
  • Santander-Cádiz

Véxase tamén

Ligazóns externas

Accidente de Angrois

O accidente ferroviario de Angrois de 2013 foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, en Santiago de Compostela. Foi o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e de España, se ben hai hipóteses que sinalan que o máis grave da historia de España foi o accidente de Torre del Bierzo, que tamén facía ruta dende a meseta ata Galicia. Ademais, tamén foi o primeiro accidente de tren mortal producido nunha liña de alta velocidade en España. Das 224 persoas que viaxaban no tren, 144 resultaron feridas e 80 morreron.

Diurno (Renfe)

Diurno foi o nome comercial que recibiu o servizo de pasaxeiros diúrno da Unidade de Negocio de Grandes Liñas e, posteriomente, de AVE - Longa Distancia realizados por RENFE e Renfe Operadora respectivamente. Substituíu gradualmente aos antigos trens Rápidos e estivo operativo entre 1990 e 2012.

Estación da Gudiña

A Gudiña é unha estación de tren de Adif, situada na vila da Gudiña, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa distancia e ata 2013 tiña tamén servizos de media distancia.

Estación da Rúa-Petín

A Rúa-Petín é unha estación de Adif situada no concello da Rúa, na provincia de Ourense, moi preto do seu límite co concello de Petín. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Guillarei

A estación de Guillarei é unha estación de tren de Adif situada na parroquia de Guillarei, no concello de Tui, provincia de Pontevedra. Conta con amplos servizos de longa e media distancia. Ademais ten unha función loxística.

Estación de León

A estación de León é unha estación de tren de Adif situada na cidade de León. É de carácter terminal e provisional. Substitúe desde o 18 de marzo do 2011 á histórica Estación do Norte, clausurada ao tráfico con motivo das obras que supoñerán o soterramento das vías férreas coincidiento coa chegada da alta velocidade á cidade leonesa.

A estación está situada xunto á prolongación da avenida Ordoño II e a escasos metros da antiga estación. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Ourense - Empalme

A Estación de Ourense-Empalme é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2010, recibiu 321 772 pasaxeiros.

Estación de Palencia

A estación de Palencia, tamén coñecida como estación do Norte, é a principal estación de ferrocarril da cidade española de Palencia, na comunidade autónoma de Castela e León. Ten amplos servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Encóntrase preto do centro da cidade, ao lado do Parque de los Jardinillos de la Estación e da estación de autobuses da capital.

Estación de Redondela

A estación de Redondela, coñecida anteriormente como Redondela de Galicia, é unha das tres estacións de tren de Adif na cidade de Redondela, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia.

Estación de Sahagún

A estación de Sahagún é unha estación de ferrocarril de Adif situada no concello de Sahagún, na provincia de León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Santiago de Compostela

A estación de Santiago de Compostela é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Santiago de Compostela. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

En 2010 recibiu 1.771.974 pasaxeiros, sendo a estación con maior número de viaxeiros de toda Galicia.

Estación de Segovia-Guiomar

Segovia-Guiomar é a estación ferroviaria de alta velocidade de Adif da cidade de Segovia. Atópase na liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, a uns 6 quilómetros do centro da cidade, na contorna do polígono industrial de Hontoria.

Estación de Valladolid-Campo Grande

A estación de Valladolid-Campo Grande, tamén coñecida como estación do Norte, é a principal estación de ferrocarril da cidade de Valladolid. Encóntrase fronte á prolongación da Acera de Recoletos, preto da Plaza de Colón e do Parque do Campo Grande. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

En 2010 recibiu 2.235.103 pasaxeiros.

Estación de Vigo-Guixar

A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.

Estación de Zaragoza-Delicias

A estación de Zaragoza–Delicias é unha estación intermodal de ferrocarril e autobuses situada no barrio de Las Delicias da cidade aragonesa de Zaragoza.

É un edificio de gran envergadura, inaugurado o 7 de maio de 2003 e que ademais, dende o 5 de maio de 2007 alberga ademais a Estación Central de Autobuses. Desde o 11 de xuño de 2008, tres días antes da inauguración da Exposición Internacional de 2008, opera o servizo de proximidades nas vías 7 e 8.

Estación do Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras é unha estación de Adif situada no concello do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación dos Peares

Os Peares é unha estación de tren de Adif, situada nos Peares, no concello da Peroxa, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.

Estrella, Renfe

O Estrella era un servizo nocturno de Longa Distancia ofrecido por Renfe Operadora en España, que permitía unir grandes cidades saíndo da cidade de orixe pola tarde ou noite dun día determinado e chegando ao destino ao día seguinte pola mañá. Tiña unha velocidade comercial máxima de 160 km/h.

Era o servizo nocturno máis antigo que ofrecía RENFE dende a súa creación en 1985, e as súas rutas foron desaparecendo ao construirse as diferentes liñas de alta velocidade ou sustituíronse por Trenhoteles, servizo nocturno de gama alta. O 6 de abril de 2015 desapareceu o último Estrella que seguía circulando: o Estrella Costa Brava, entre Madrid e Barcelona.

Longa distancia Renfe

Renfe AVE - Longa Distancia, é a denominación comercial do conxunto de servizos ferroviarios de longo percorrido ofertados por Renfe. Son os trens anteriormente operados baixo a Unidade de Negocio de Grandes Liñas, para comunicar grandes cidades de tódala xeografía española.

Circulan servizos de Longa Distancia por tódala rede ferroviaria española, tanto pola rede de largo ibérico, como por vías de largo estándar internacional. Algúns servizos poden operar nas redes portuguesa e francesa. No pasado tamén se teñen operado servizos até Suíza e Italia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.