Alvarellos Editora

Alvarellos Editora é unha pequena empresa editorial galega fundada en Lugo na primavera de 1977. Publicou arredor de 400 títulos [1] e dende 2004 a súa sede está en Santiago de Compostela.

Historia

O seu fundador, Enrique Alvarellos, puxo en marcha esta empresa a partir da imprenta da súa propiedade aproveitando o rexurdimento das letras galegas que se producía co fin do franquismo. Naceu coa idea de lle dar a oportunidade de publicar aos escritores noveis e súa primeira edición foi a novela Botei corenta anos, da autoría do fundador. Na década de 1990 especializouse en edicións de luxo de facsímiles dos séculos XVIII e XIX.

Dende 2004 dirixe a editorial Henrique Alvarellos, fillo de Enrique Alvarellos.

Notas

  1. "As editoriais vivimos nunha resistencia cultural constante", Praza, 8 de setembro de 2017

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alejandra Juno

Alejandra Juno Rodríguez Villar, coñecida como Alejandra Juno, nada en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1973, é unha actriz, escritora galega en lingua castelá.

Beatriz Fernández Herrero

Beatriz Fernández Herrero, nada en Vigo en 1959, é unha profesora e escritora galega.

Carmen González Ledo

Carmen González Ledo, nada en Allariz en 1910 e finada na Coruña o 17 de xaneiro de 1989, foi unha escritora galega.

Distribución editorial galega

A distribución editorial en Galicia de libros galegos ou en galego está controlada principalmente por dous grupos. O primeiro e maior chámase Distribucións Arnoia, e controla en exclusiva os títulos das seguintes editoriais (os números referidos son os principais ISBN de cada editorial, e poden verse máis no artigo referido a ISBN):

Edicións do Cumio (8289);

Ediciós do Castro (7492, 8485);

Edicións Espiral Maior (88137, 89814, 95625);

Rinoceronte Editora;

Alvarellos EditoraAdemais, posuía a Librería Cervantes (pechada en 2007) na rúa Policarpo Sanz e a Librería Gran Vía case na Praza de América, as dúas en Vigo.

Ata o 2007, distribuía tamén:

Edicións Laiovento (87847, 89896);

Editorial Toxosoutos (605, 89129, 96259);

Ir Indo Edicións (7680);Destas tres, as dúas primeiras pasaron a ser distribuídas polo outro grupo, que é o Consorcio Editorial, que agrupa tamén de sempre a:

Sotelo Blanco Edicións (7824);

Baía Edicións (89803, 96128);

Edicións A Nosa Terra (Promocións Culturais Galegas) (89976, 95350, 96203, 96403);Pola súa banda, Ir Indo Edicións pasou a ser distribuída por Torre Libros.

Outras editoras teñen unha distribución propia. É o caso da Editorial Galaxia (7154, 8288) ou outras editoriais de menor tamaño:

Franka Editorial;

Editorial Ronsel (88413);

Edicións Positivas (87783);

3C3 (932667);

Editorial Trifolium (932716), de Oleiros;

Tristram (89377);

Nigra (controlada pola asturiana Trea baixo a forma de Nigratrea);

a ourensá Linteo;

Kalandraka Editora (8464) e Oqo Editora etc.Pola contra, Edicións Xerais de Galicia (7507, 8302, 9782) está distribuída pola súa casa matriz, o Grupo Anaya, que tamén controla Editorial Obradoiro (8124), Rodeira-Edebé (8116), Everest (241 e 403), Luis Vives (263), SM (348) e Santillana en Galicia.

Caso á parte é a edición institucional: a Xunta de Galicia (453, 89231) é o principal editor de libros do país, tanto directamente das súas consellerías (Cultura ou Turismo pero tamén Medio Rural ou Industria) coma dos centros relacionados (Consello da Cultura Galega [87172], Museo do Pobo Galego, (CIRP) pero a súa distribución non é tan voluminosa. Tamén hai que contar coa importante edición das deputacións provinciais e dos concellos, así coma as Universidade da Coruña (9749), Universidade de Santiago (7191, 8121, 9750) e Universidade de Vigo (8158), da Real Academia Galega (87987) e da Fundación Pedro Barrié de la Maza (87819, 89748).

Elena Varela Arias

María Elena Varela Arias, nada en Lugo en 1956, é unha historiadora galega.

Engracia Vidal Estévez

Engracia Vidal Estévez, nada en Cambados en 1930, é unha relixiosa e escritora galega.

Federico García Lorca

Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada.Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz, membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), o poeta español máis lido de tódolos tempos. Morreu fusilado polas autoridades franquistas un mes despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé ao inicio da Guerra civil española.

Helena Villar Janeiro

Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá o 28 de setembro de 1940, é unha escritora galega. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017.

Igrexa de Santa Mariña de Gomariz

A igrexa de Santa Mariña de Gomariz é un templo de orixe medieval (concretamente da segunda metade do século XII), que conserva gran parte da súa fisonomía románica, o que fai que sexa un moi bo exemplo deste tipo de arquitectura rural de Galicia.

Jorge Mira

Jorge Mira Pérez, nado o 30 de outubro de 1968 na parroquia de Baio (Zas), é un físico, investigador, divulgador científico e colaborador en diferentes medios de comunicación galego. Dende decembro de 2016, é membro correspondente da Real Academia Galega polas súas investigacións desenvolvendo modelos matemáticos para estudar a lingua galega.

Leandro Carré Alvarellos

Leandro Carré Alvarellos, nado na Coruña o 30 de agosto de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1976, foi un escritor galego..

María Mariño

María Mariño Carou, nada en Noia o 8 de xuño de 1907 e finada en Seoane do Courel, Folgoso do Courel, o 19 de maio de 1967, con escasa obra (poética en galego e narrativa en castelán), foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX, encadrada na xeración do 36, reivindicada para a literatura galega pola xeración Brais Pinto, especialmente por Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín. Da súa autoría son Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza (1990). Compaxinou a súa actividade intelectual cunha vida discreta e moi apartada dos cenáculos literarios. En plenario do 7 de xullo de 2006, os membros da Real Academia Galega decidiron dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2007.

María Xosé Justo Martín

María Xosé Justo Martín, nada en Verín, é unha arquiveira e escritora galega.

Olga Díaz Fernández

Olga Díaz Fernández, nada en Meira en 1951, é unha profesora e escritora galega.

Pura Pardo Gayoso

Purificación Pardo Gayoso, nada en Lugo en 1919, foi unha política galega.

Quero peixe!

Quero peixe! (en islandés: Ég vil fisk!) é un libro infantil escrito e ilustrado por Áslaug Jónsdóttir publicado orixinalmente no ano 2007.

Foi traducido ó galego por Lawrence Schimel (coa colaboración de Henrique Alvarellos) e foi publicado por Alvarellos Editora no ano 2019.

Vida Gallega

Vida Gallega foi unha revista mensual gráfica que fundou Jaime Solá en Vigo. O primeiro número saíu en xaneiro de 1909 con portada de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e o último en 1938, publicándose un total de 697 números.

Xosé Moreiras Santiso

Xosé Antonio Moreiras Santiso, nado en Vilela (Rodeiro) o 12 de marzo de 1939 e finado en Castelló de la Plana o 8 de abril de 1996, foi un frade e escritor galego.

Xurxo Martínez

Xurxo Martínez González, nado en Coia (Vigo) en 1984, é un escritor e investigador galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.