Alternativa Galega de Esquerda

Alternativa Galega de Esquerda é unha coalición política galega creada para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 polo partido nacionalista galego Anova - Irmandade Nacionalista, Esquerda Unida (federación galega de EU), EQUO Galicia (federación galega de EQUO) e Espazo Ecosocialista Galego. Actualmente só segue activa a nivel do Parlamento Europeo, onde está representada pola eurodeputada Lidia Senra, de Anova

Alternativa Galega de Esquerda
Coalición electoral de esquerdas
Logo de Alternativa Galega de Esquerdas
Dirixentes e organización
LíderXosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz
Historia
Fundación2012
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
Socialismo
Nacionalismo galego
Ecoloxismo
Feminismo
Representación
Parlamento Europeo
1 / 54
Outros datos
Páxina webwww.ageuropa.gal/

Historia

Tras a saída en febreiro de 2012 de Encontro Irmandiño (EI) e Máis Galiza (+G) do Bloque Nacionalista Galego, barallouse a converxencia de ambas as forzas para presentarse ás próximas eleccións autonómicas. En marzo o EI lanzou a súa oferta de crear unha plataforma electoral, que foi secundada por Movemento pola Base e Fronte Popular Galega, e que se materializou en Anova - Irmandade Nacionalista; máis tarde uniuse tamén un sector de Unidade da Esquerda Galega.

Doutra banda, +G comezou a súa propia plataforma xunto a Acción Galega e Espazo Ecosocialista Galego, que se denominou Compromiso por Galicia (CxG); posteriormente tamén se uniron a CxG o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), Esquerda Nacionalista, Espazo Socialista Galego (escindidos o tres do BNG tamén), un sector de Unidade da Esquerda Galega, o Partido Galeguista Demócrata (PGD), Alternativa Popular Galega (APGA) e Terra Galega (TeGa).

A pesar de barallarse durante meses a posibilidade de que ANOVA e CxG converxesen ou se presentasen xuntos ás eleccións, aos poucos esta posibilidade foise diluíndo. ANOVA tomaba un cariz máis anticapitalista e soberanista, e CxG un perfil máis socialdemócrata e moderado.

Tras o anunciou do adianto das eleccións autonómicas, ANOVA manifestou a súa vontade de conformar unha ampla coalición de esquerdas, que englobaría ao Bloque Nacionalista Galego, Compromiso por Galicia, ANOVA e Esquerda Unida;[1] EQUO Galicia tamén mostrou a súa predisposición a unirse á fronte.[2] Pola súa banda Compromiso por Galicia tamén se ofreceu a ANOVA, pero unicamente a ANOVA, concorrer xuntos en coalición.[3]

O 4 de setembro o Consello Político de Esquerda Unida aceptou presentarse con ANOVA nas eleccións;[4] igualmente uníronse á coalición EQUO Galicia, tras ser aprobado nunha votación horizontal polos afiliados e simpatizantes desta federación,[5][6]

O primeiro nome da coalición foi Alternativa Galega,[7] pero debido a que xa estaba rexistrado para outro partido político tiveron que substituílo polo definitivo, Alternativa Galega de Esquerda.[8]

Malia a anunciarse a incorporación de Compromiso por Galicia (CxG) á coalición,[9] esta finalmente presentarase en solitario.[10] En setembro de 2012 Espazo Ecosocialista Galego decidiu abandonar CxG e incorporarse a Alternativa Galega.[11]

Nas eleccións celebradas o 21 de outubro de 2012 obtivo 200.101 votos (13,99%), o que lle reportou 9 deputados. 4 deputados foron pola Coruña, 3 por Pontevedra, 1 por Lugo e outro por Ourense.

Evolución do voto

Eleccións ao Parlamento de Galicia

Ano Candidato Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
2012 Xosé Manuel Beiras 9 parlamentarios 13,99% 9 200.101 13,92% 200.101

Notas

  1. Beiras expón unha «alianza estratéxica» para as eleccións galegas a BNG, EU e Compromiso por Galicia Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 31 de agosto de 2012.
  2. Equo ve "con bos ollos" a proposta de Beiras de conformar unha fronte electoral amplo "contra o PP" Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine., Que, 1 de setembro de 2012.
  3. Compromiso ofrécelle a Anova un pacto electoral, El País, 30 de agosto de 2012.
  4. Esquerda Unida acepta presentarse en coalición con Beiras ás eleccións galegas Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 4 de setembro de 2012.
  5. {{Cita web |url=http://www.equova.org/2012/09/equo-galicia-apuesta-por-un-frente-electoral-amplio-el-21-o-para-frenar-al-partido-popular/ |título=[[EQUO Galicia |data-acceso=17 de setembro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120921021422/http://www.equova.org/2012/09/equo-galicia-apuesta-por-un-frente-electoral-amplio-el-21-o-para-frenar-al-partido-popular/ |dataarquivo=21 de setembro de 2012 |urlmorta=si }}
  6. Equo súmase á coalición electoral con EU e Anova, La Opinión de A Coruña, 5 de setembro de 2012.
  7. Beiras e EU asinan o pacto no que non estará Compromiso por Galicia Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 8 de setembro de 2012.
  8. Anova e EU presentaranse como 'Alternativa Galega de Esquerda', Europa Press, 11 de setembro de 2012.
  9. Compromiso por Galicia aposta por unha “coalición técnica” con EU e Beiras, El País, 6 de setembro de 2012.
  10. Compromiso por Galicia descólgase do pacto de esquerdas, O País, 8 de setembro de 2012.
  11. Espazo Ecosocialista incorpórase a Alternativa Galega de Esquerda, Galiciaé, 19 de setembro de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

AGE

As siglas AGE poden referirse a:

Alternativa Galega de Esquerda.

Asociación Galega de Editoras.

Alternativa Galega

Alternativa Galega (AG) foi un partido político galego de ideoloxía centrista, dirixido por Pastor Alonso Paz, antigo alcalde de Noia polo BNG e formado por antigos membros de Coalición Galega. Nas eleccións xerais españolas de 1993 e nas eleccións ao Parlamento de Galiza de 1993 só obtivo pouco máis de 3.000 votos e ningún escano. O partido disolveuse un tempo despois e parte dos seus membros pasaron anos máis tarde a Terra Galega.

No 2012, Terra Galega inseríuse na coalición Compromiso por Galicia en vista das eleccións autonómicas dese mesmo ano.

En setembro de 2012, Esquerda Unida e Anova - Irmandade Nacionalista crean unha coalición electoral de cara aos comicios autonómicos do 21 de outubro chamada Alternativa Galega. Por mor de que esta etiqueta segue rexistrada desde o ano 1993, en referencia ao devandito partido dirixido por Pastor Alonso Paz, vense na obriga de mudar o nome por Alternativa Galega de Esquerda.

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Composición do Parlamento de Galicia

No Parlamento de Galicia sentan 75 deputados (71 nas dúas primeiras lexislaturas). A maioría absoluta son 38 deputados (36 nas dúas primeiras lexislaturas).

Compromiso por Galicia

Compromiso por Galicia é unha formación política galega nacionalista, socialdemócrata e progresista constituída en maio de 2012 por Máis Galiza, o Espazo Ecosocialista e Acción Galega (Rafael Cuíña, Teresa Táboas, Xosé Manuel Pérez Bouza), así como outras tamén pequenas formacións, Terra Galega, PNG-PG, PG, PGD e CG. Máis Galiza, algúns integrantes de Acción Galega, e o PNG-PG, proveñen do BNG. Porén, unha das formacións fundadoras, o Espazo Ecosocialista, decidiu posteriormente a súa saída da organización.Formouse tras diferenzas co novo proxecto común liderado polo Encontro Irmandiño, liderado por Xosé Manuel Beiras, que leva outra folla de ruta.O 21 de xuño de 2012, anunciouse a incorporación do colectivo Unidade da Esquerda Galega, grupo escindido do PSdeG-PSOE.. Porén, apenas un mes máis tarde, o seu responsable, Óscar Lomba, abandonaría CxG para integrarse en Anova - Irmandade Nacionalista, a formación de Beiras.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012 participou en solitario, despois de fracasaren as negociacións para concorrer con Anova - Irmandade Nacionalista e Esquerda Unida en coalición.O 21 de xaneiro de 2017, tralo segundo Congreso Nacional de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro substituíu a Xoán Bascuas como Secretario Xeral.

Consuelo Martínez García

María Consuelo Martínez García, nada en Vigo en 1961, é unha sindicalista e política galega.

Daniel Salgado

Daniel Salgado García, nado en Monterroso o 27 de outubro de 1981, é un poeta e xornalista galego.

EQUO Galicia

EQUO Galicia intégrase na federación estatal española EQUO, nada en setembro de 2010 como fundación e convertida en partido político en outubro do 2011.

EQUO Galicia está impulsada por persoas provenientes de movementos ecoloxistas, organizacións sindicais e feministas, así coma do mundo da cultura e do movemento 15M. Como todas as organizacións de cada comunidade autónoma federadas en EQUO, goza de soberanía no seu eido territorial.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.

Espazo Ecosocialista Galego

Espazo Ecosocialista Galego foi un partido político galego que cualificaba como neogaleguista, ecosocialista, plural e aberto.

Naceu como colectivo cidadán no contexto do Movemento 15-M, que entenderon como evidencia da desafección de parte da sociedade cara á esquerda e ao nacionalismo en particular. Deciden así comezar un traballo que acade poñer en valor os puntos comúns das diferentes forzas sociais e políticas aliñadas baixo un ideario esquerdista e anovador, redefina o concepto clásico de partido e coordine as accións socias existentes en Galicia. O proceso culmina coa constitución dunha nova forza política galeguista e de corte ecosocialista. De cara ás eleccións autonómicas do 2012 decidiron inserirse na coalición electora Alternativa Galega de Esquerda.

Eva Solla

Eva Solla Fernández, nada en Castrelos (Vigo) en 1984, é unha enfermeira e política galega.

É militante e líder de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia e deputada de En Marea no Parlamento de Galicia, onde ocupa o posto de Vicepresidenta segunda.

Francisco Trigo

Francisco Trigo Durán, nado en Cambados o 22 de xuño de 1952, é un arquitecto técnico e político galego.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Guillerme Vázquez

Guillerme Vázquez Vázquez, nado en Pontevedra en 1952, é un político galego, integrante do Bloque Nacionalista Galego. O 10 de maio de 2009 foi designado por votación para ocupar o cargo de voceiro nacional deste partido, dimitindo do cargo tralas eleccións galegas de 2012.

Juan Manuel Fajardo

Juan Manuel Fajardo Recouso, nado en Vilagarcía de Arousa en 1973, é un político galego.

Lidia Senra

Lidia Senra Rodríguez, nada na Pobra do Brollón o 14 de xuño de 1958, é unha destacada sindicalista do agro galego. Foi membro da Executiva da Coordinadora Labrega Europea (CPE) durante catro anos.

Novo proxecto común

O Novo Proxecto Común foi a denominación que recibiu o proxecto de reorganización que aconteceu no nacionalismo galego após da escisión que sufriu o BNG no ano 2012. Nel participaron tanto partidos que foran integrantes do BNG, coma Máis Galicia ou Encontro Irmandiño, coma outras formacións políticas e militantes de outros partidos.

Ramón Vázquez Díaz

Ramón Vázquez Díaz, nado en Lugo en 1973, é un mestre e político galego.

Xosé Manuel Beiras

Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras ou simplemente Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936, é un político e catedrático en economía galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas.

Ten sido membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova), asemade ten impulsado coalicións electorais con representación parlamentar como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea. Nese tempo, foi tamén portavoz no Parlamento de Galicia do BNG (1985-2005) e AGE (2012-2016).

No eido profesional ten estado á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago (USC). Tamén é un prolífico escritor, ex-numerario da Real Academia Galega (RAG).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.