Alternativa Canguesa de Esquerdas

A Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) é unha coalición política de Cangas do Morrazo que se presentou ás eleccións municipais do 27 de maio do 2007 ás do ano 2011 e ás do ano 2015.

Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE)
Coalición política de Cangas (Galicia)
Logo Alternativa Canguesa de Esquerdas
Dirixentes e organización
LíderMariano Abalo
(Voceiro)
Historia
Fundación2007
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
Socialismo
Nacionalismo
Comunismo
Independentismo
Representación
Concelleiros en Cangas
4 / 21
Outros datos
Páxina webwww.acesquerdas.org

Etapas anteriores

Mariano Abalo Costa, funcionario do Servizo de Correos, encabeza a lista da ACE, foi presidente da Xestora Municipal, deputado provincial e leva de concelleiro en Cangas pola FPG dende 1999.

A FPG, acadou 645 e 967 votos nas eleccións municipais de 1999 e 2003 respectivamente, logrando un concelleiro en ambos casos.

O número dous na lista é Xosé Manuel Pazos Varela, profesor, ex-parlamentario e anteriormente cabeza de lista de INMO (Iniciativa Polo Morrazo), partido que acadou en Cangas 422 votos e ningún concelleiro nas eleccións municipais do 2003 e que este ano non se presenta alí (aínda que si en Moaña).

Pola súa parte, Esquerda Unida acadou 327 e 496 votos, en 1999 e 2003 respectivamente.

Estrutura interna

A ACE é un reagrupamento de xentes de esquerda de Cangas.

Está conformada polos seguintes grupos ou partidos políticos:

Resultados electorais

Nas eleccións municipais do 27 de maio de 2007 acadaron en Cangas 1.890 votos, sendo o 13,1% dos votos, e 2 concelleiros e 1 concelleira sobre un total de 21.

No ano 2011 acadarían 1.744 votos, o que supuxo o 12,77% dos sufraxios, mantendo 2 concelleiros e unha concelleira.

No ano 2015 acadou 2.268 votos, o que supuxo o 17,14 % dos sufraxios e 4 concelleiros.

Goberno

Nas eleccións de 2007, por decisión da asemblea aberta de veciñas e veciños, a Alternativa Canguesa de Esquerdas negociou co BNG e co PSOE (que acadaran 6 e 4 edís, respectivamente) o goberno do municipio.

Mariano Abalo Costa ocuparía o posto de Concelleiro de Urbanismo, o número dous da Alternativa, Xosé Manuel Pazos Varela sería o encargado da Concellería de Cultura e Educación, mentres que a número tres da coalición, Maruchi Álvarez Barreiro tomaría a delegación da Concellería de Persoal.

O 28 de xaneiro de 2010 rompíase dito pacto (a decisión da mesma asemblea aberta) polos supostos ataques do BNG contra as competencias dos edís de ACE [1] e polo coloboracionismo dos nacionalistas cos promotores do porto deportivo de Massó. Ficaba, entón o bipartito nun goberno de minoría, non reclamado polo PP.

A Alternativa Canguesa de Esquerdas continua na oposición dende a ruptura do pacto de gobernoas até a actualidade, xa que nas eleccións de 2011, por mor da perda de votos do Bloque Nacionalista Galego e do PSOE, que repercutirían sobre o PP e UPAC, facilitouse o acceso ao goberno destas dúas forzas conservadoras.

No ano 2015 tras quedar 2º nas eleccións, ACE fíxose coa alcaldía grazas ó apoio dos 4 concelleiros do BNG e os 3 de ASpuN. Deste xeito Xosé Manuel Pazos Varela acolleu o título de alcalde. ACE fíxose coas concellerías de urbanismo ,mocidade e voluntariado e ,medioambiente e turismo.

Notas

  1. O proxecto do porto de ¨Massó¨ dinamita o Goberno de Cangas. Galicia Hoxe

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Clara Millán González

Clara Millán González, nada en Liméns (Cangas) en 1966, é unha política galega do BNG.

Comarca do Morrazo

A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia). Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).

É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.

Frente Popular Galega

A Frente Popular Galega é unha organización política galega situada ideoloxicamente no marxismo-leninismo e no independentismo, que traballa pola consecución dunha República Galega.

A súa acción política guíase polos principios de: independencia nacional, socialismo, anticolonialismo, democracia popular, anti-imperialismo, solidariedade internacionalista e auto-organización.

Mariano Abalo

Mariano Abalo Costa, nado en Cangas en abril de 1951, é un político galego. Funcionario do Servizo de Correos, foi concelleiro en Cangas, deputado provincial en Pontevedra e Presidente da Xestora Municipal de Cangas.

Partido Comunista de los Pueblos de España

O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Son (partido político)

SON é un partido político instrumental galego creado no ano 2015 promovido por ANOVA e Esquerda Unida para concorrer ás eleccións municipais dese ano en diversas localidades de Galicia.

A súa finalidade foi a de ofrecer soporte legal para aquelas agrupacións políticas municipais que por motivos legais non tivesen posibilidade de presentarse ás eleccións no seu concello. Así mesmo tamén buscaría sumar votos para poder acadar representación nas Deputacións Provinciais.

As candidaturas unidas a esta coalición levaron a palabra SON no seu nome, ben como prefixo ou sufixo engadido ao nome do partido político, ou baixo a fórmula "Son de" máis o nome do concello correspondente.

Xosé Manuel Pazos

Xosé Manuel Pazos Varela, nado en Coiro (Cangas) en 1957, é un escritor e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.