Alt Urgell

O Alt Urgell é unha comarca da provincia de Lleida, en Cataluña. Está situada nos Pireneos e a súa capital é la Seu d'Urgell. En 2009 tiña 22.037 habitantes.

A comarca limita ao norte con Andorra, ao leste coa Cerdanya, o Berguedà e o Solsonès, ao oeste co Pallars Jussà e o Pallars Sobirà, e ao suroeste coa Noguera.

Localització de l'Alt Urgell
Localización da comarca en Cataluña
Padrinàs
Paisaxe da zona

Concellos

Actualmente a comarca está formada por 19 concellos.

Concello Poboación
(hab.)
Alàs i Cerc 386
Arsèguel 103
Bassella 259
Cabó 95
Cava 57
Coll de Nargó 619
Estamariu 118
Fígols i Alinyà 282
Josa i Tuixén 141
Montferrer i Castellbò 1.086
Oliana 1.945
Organyà 942
Peramola 387
El Pont de Bar 194
Ribera d'Urgellet 982
La Seu d'Urgell 13.060
Les Valls d'Aguilar 304
Les Valls de Valira 826
La Vansa i Fórnols 219

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Andorra-La Seu d'Urgell

O Aeroporto de Andorra-La Seu d'Urgell é un aeroporto público xestionado pola empresa Aeroports de Catalunya, utilizado como aeródromo xa que polo momento non ofrece voos comerciais regulares e acolle voos de aviación xeral e de emerxencia.

Está situado na comarca do Alt Urgell, entre os municipios de Montferrer i Castellbò e Ribera d'Urgellet. Está a 7 km de La Seu d'Urgell e a 27 km de Andorra la Vella.

As instalacións actuais reabríronse o 4 de xuño de 2010 co obxectivo de dinamizar o turismo e o desenvolvemento económico nas comarcas do Alto Pireneo. A recuperación deste aeroporto permitirá enlazar o Pireneo catalán e Andorra con outros puntos da xeografía catalá, española e europea.

Baixa Cerdanya

A Baixa Cerdanya é unha comarca da provincia de Xirona, en Cataluña. Está situada nos Pireneos e a súa capital é Puigcerdà. En 2009 tiña 18.656 habitantes. A comarca limita co Principado de Andorra polo norte, coa Alta Cerdanya (Francia) polo nordeste, co Ripollès e o Berguedà polo sur e co Alt Urgell polo oeste.

É un dos fragmentos nos que quedou dividido o territorio histórico da Cerdanya como consecuencia do Tratado dos Pireneos (1659). Oficialmente chámase simplemente Cerdanya, pero utilízase o nome de Baixa Cerdanya en contraposición á Alta Cerdanya.

Bassella

Bassella é un concello da comarca do Alt Urgell. O termo municipal de Bassella foi o máis afectado pola construción da vaira de Rialb.

Berguedà

O Berguedà é unha comarca da provincia de Barcelona, na zona setentrional de Cataluña. A súa capital é Berga. En 2009 tiña 41.744 habitantes.

A comarca limita ao norte coa Baixa Cerdanya, co Ripollès e Osona polo leste, co Bages polo sur, e co Alt Urgell e o Solsonès polo oeste.

Catedral de la Seu d'Urgell

A Catedral de la Seu d'Urgell, tamén chamada Catedral de Santa María d'Urgell ou Catedral de Urgell, é un templo católico dedicado a Santa María situado en La Seu d'Urgell (Alt Urgell), sede catedralicia da diocese católica latina de Urgell. É a única catedral integramente románica de Cataluña, considerada un exemplar único dentro do románico catalán polas súas características italianizantes, altamente visibles na ornamenta da fachada e na galería aberta da cabeceira.

O templo data do século XII e está presidido pola Virxe de Urgell, patroa da cidade. Esta talla policromada do século XIII, situada dentro da ábsida do altar maior, é de estilo románico e foi restaurada en 1922. A miúdo é chamada Nai de Deus de Andorra, xa que segundo a tradición estivo en Andorra durante a invasión musulmá.

É preciso subliñar que a cidade de la Seu d'Urgell ten precisamente este nome polo feito de ser a sede episcopal do Bispado de Urgell e pola catedral.

Condado de Urgell

O Condado de Urgell (en catalán: Comtat d'Urgell) foi un condado medieval histórico de Cataluña, independente entre 785 e 1413, cando quedou integrado definitivamente na Coroa de Aragón. O condado foi creado polos reis francos e pertenceu ao imperio Carolinxio (785-790).Orixinariamente reducido á comarca do Alt Urgell e Andorra, estendeuse cara ao sur polas comarcas da Noguera, o Solsonès, o Pla d'Urgell e o Urgell. Tiña a súa capital na cidade de Urgell, coñecida como La Seu polo dominio da súa catedral. Máis tarde a residencia dos condes trasladouse a Balaguer e o crecente poder dos nobres comportou a aparición de capitais rexionais como Agramunt, Castelló de Farfanya, Ponts e Linyola. Na vila de Agramunt acuñou a súa propia moeda, coñecida como agramuntesa.

O Condado de Urgell foi o máis destacado dos condados cataláns, só por detrás do condado de Barcelona, con política exterior estendida por Castela e Occitania.

Entidade municipal descentralizada

Unha Entidade municipal descentralizada (EMD, en catalán: Entitat municipal descentralitzada) é o nome que recibe en Cataluña a entidade local menor, consistente nun ou máis núcleos de poboación sen concello propio que se rexen conxuntamente por unha xunta de veciños, á fronte da cal hai un presidente.

La Seu d'Urgell

La Seu d'Urgell (antigamente Urgell ou Ciutat d'Urgell) é unha cidade e concello da provincia de Lleida, situado nos Pireneos cataláns, capital da comarca do Alt Urgell e cabeza do partido xudicial de La Seu d'Urgell. É a sede do bispado de Urgell (o catalán seu é o equivalente do galego sé, "catedral") e foino tamén do antigo Condado de Urgell.

Atópase preto da confluencia dos ríos Segre e Valira, nunha terraza fluvial. Forma parte do Urgellet, comarca natural pirenaica formada por 16 concellos do Alt Urgell e que xuntamente con Andorra correspondíase co territorio orixinario do Condado de Urgell, con capital en La Seu ata a expansión cara ao sur. A proximidade con Andorra está a repercutir no seu desenvolvemento demográfico e económico. En 2016 tiña unha poboación de 12.185 habitantes.

Montferrer i Castellbò

Montferrer i Castellbò é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña. Pertence á comarca do Alt Urgell e tiña en 2014 unha poboación de 1.027 habitantes repartidos en 27 entidades de poboación.

A capital municipal é a localidade de Montferrer. Inclúe a entidade municipal descentralizada de Vila i Vall de Castellbò, que incluía a antiga vila de Castellbò co seu termo. O actual concello é o resultado da anexión do concello de Castellbò ao de Aravell i Bellestar, cambiando a denominación pola actual e pasando a ser Montferrer a capital municipal. Anteriormente o concello de Aravell i Bellestar xurdira da fusión dos concellos de Aravell, Bellestar e Montferrer.

O concello forma parte do Parque Natural de l'Alt Pirineu. O aeroporto de La Seu d'Urgell atópase en terreos de Montferrer i Castellbò e do veciño concello de Ribera d'Urgellet.

Noguera

A Noguera é unha comarca da provincia de Lleida, en Cataluña. A súa capital e concello máis poboado é Balaguer. En 2009 tiña 40.213 habitantes.

A comarca limita co Pallars Jussà polo norte, Alt Urgell polo nordés, Segrià, Pla d'Urgell e Urgell polo sur, Solsonès e Segarra polo leste, e con Aragón polo oeste.

Organyà

Organyà é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña. Pertence á comarca do Alt Urgell e tiña en 2014 unha poboación de 841 habitantes.

En 1904 atopouse na reitoría da vila unha das prosas máis antigas escritas en lingua catalá, as Homilies d'Organyà. Trátase de seis sermóns con comentarios de varios evanxeos e epístolas. Datan de finais do século XII ou principios do século XIII.

Pallars Jussà

O Pallars Jussà é unha comarca da provincia de Lleida, no noroeste de Cataluña. A súa capital é Tremp. En 2009 tiña 13.840 habitantes.

A comarca limita ao norte coa Alta Ribagorça e o Pallars Sobirà, polo leste co Alt Urgell, ao leste coa comarca aragonesa da Ribagorza, e polo sur coa Noguera.

Pallars Sobirà

O Pallars Sobirà é unha comarca da provincia de Lleida, en Cataluña. Está situada nos Pireneos e a súa capital é Sort. En 2009 tiña 7.625 habitantes.

A comarca limita con Occitania (Francia) polo norte, Andorra polo leste, Alt Urgell e Pallars Jussà polo sur, e Alta Ribagorça e Val de Arán polo oeste.

Port del Comte

O Port del Comte é un macizo do Prepireneo catalán, situado entre as comarcas do Solsonès e o Alt Urgell. Fai tamén de divisoria de augas entre as concas do Cardener e o Segre. O seu cumio máis alto é o Pedró dels Quatre Batlles, de 2.383 m. Na vertente norte atópase a estación de esquí alpino do mesmo nome.

Os materiais, da época triásica e cretácea, son xeralmente calcarios e moi duros, onde só algunhas capas de margas foron claramente erosionadas nos sectores triásicos.

A vexetación arbórea é de carballo e piñeiro negral na base e de piñeiro rubio na maior parte do macizo. Nos sectores altos, por enriba dos 2.000 metros de altitude, hai piñeiro negro, ademais dalgúns abetos ata que son substituídos por prados alpinos.

O macizo está formado por varias unidades orográficas: a serra de Querol, o Puig Subirà, os Prats de Bacies, a serra de Port del Comte e a serra de Odèn, entre outras.

Provincia de Lleida

A provincia de Lleida (en aranés: Lhèida) é a máis occidental das catro provincias da Comunidade Autónoma de Cataluña, a súa capital é a cidade homónima de Lleida.

A provincia ten 399.439 habitantes, dos que aproximadamente un 30% vive na capital provincial. A superficie da provincia acada 12.150 km2.

Ribera d'Urgellet

Ribera d'Urgellet é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña. Pertence á comarca do Alt Urgell e tiña en 2014 unha poboación de 963 habitantes repartidos en 16 entidades de poboación. A capital é El Pla de Sant Tirs.

O concello formouse en 1968 ao unirse a El Pla de Sant Tirs os antigos concellos de Tost, Arfa e La Parròquia d'Hortó.

A principal actividade económica é a gandaría e a maioría dos terreos agrícolas están destinados a pastos. O aeroporto de La Seu d'Urgell atópase en terreos do concello e do veciño de Montferrer i Castellbò.

Serra do Cadí

A Serra do Cadí (en catalán: Serra del Cadí) é unha serra do norte de Cataluña situada no Prepireneo e que se estende en dirección oeste-leste dende o Moixeró e Tosa d'Alp ata o Pedraforca.

O Cadí ocupa parte das comarcas do Alt Urgell, a Baixa Cerdanya e o Berguedà. Esténdese uns 22,6 quilómetros de oeste a leste, dende o Cap de la Fesa ata o coll de Tancalaporta, separando o val da Vansa e o alto Berguedà do Urgellet e o Baridà.

A totalidade da serra forma parte do Parque Natural do Cadí-Moixeró, xunto coa serra de Moixeró, o macizo do Pedraforca e gran parte da Tosa d'Alp e o Puigllançada.

Os seus cumios máis altos son: el Vulturó (2.648 m), Pujolar de Roca Grossa (2.611 m) e Pic de Costa Cabirolera (2.604 m).

Solsonès

O Solsonès é unha comarca da provincia de Lleida, en Cataluña. Limita coas comarcas de Alt Urgell, Berguedà, Bages, Segarra, Anoia e Noguera, e a súa capital é Solsona. En 2009 tiña 13.759 habitantes.

Taurus Group

Taurus Group é unha empresa catalá de Oliana (Alt Urgell) adicada á fabricación, distribución e venda de electrodomésticos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.