Alpujarras

La Alpujarra (ou Las Alpujarras) é unha comarca histórica de Andalucía, no sur de España. Inclúe parte da provincia de Granada e parte da provincia de Almería, nas saias da parte sur de Serra Nevada.

Alpujarras-Location1
As "Alpujarras"
Alpujarras-pueblos
Capileira e Bubión, das aldeas das Alpujarras

Las Alpujarras e Galicia

Malia a distancia, a comarca de Las Alpujarras tivo unha importante relación histórica con Galicia na segunda metade do século XVI, cando, despois do remate da Reconquista e da posterior expulsión dos mouriscos do desaparecido reino de Granada, estes foron substituídos por colonos procedentes do norte peninsular, unha boa parte dos cales eran galegos, xurdindo o que poderiamos chamar a primeira grande emigración dirixida e documentada que fixeron os galegos. Foi auspiciada polo monarca Filipe II, reinado no que tivo lugar a difícil repoboación, que levou a Las Alpujarras milleiros de galegos, na súa maior parte de condición social pobre, moitos dos cales morreron polo camiño, falecendo outros ao chegaren ao seu punto de destino, no Hospital Real de Granada. Malia as penurias e as dificultades que tiveron que sufrir, moitos emigrantes galegos quedaron para sempre na súa nova e esixente terra de acollida, como o proban, aínda hoxe, os abundantes e característicos apelidos galegos, que se rexistran nas vilas e nas aldeas de Las Alpujarras. Algúns destes son: Rivas, Santiago, Portela, Gallego, Gallegos, Bolaños (por Bolaño), Chamorro, Pereira, Carballo, Rega, Moraña, Loureiro, Samos, Puga, Acosta, Dapena, Figueroa, Gándara, Abelenda, Abuín, Antelo, Agrela, Bayo, Bayón, Casal, Casanova, Arnela, Aneiros, Taboada, Saavedra, Rosón, Cachafeiro, Devesa, Pichel, Rivadeneira, Rivadulla, Vilasuso, Vilardebós, Vilela etc., apelidos que tamén se documentan na cidade de Granada, importante centro receptor, a posteriori, de emigrantes, o cal, ao estar preto de Las Alpujarras, recibiría, a través dos anos, moitos descendentes de repoboadores galegos, os cales, aguilloados pola necesidade, cambiarían o campo alpuxarreño pola urbe máis próxima na procura de traballo[1].

Notas

  1. Cabeza Quiles, Fernando, Galegos en Las Alpujarras granadinas. Noia. Edit. Toxosoutos. 2003. ISBN 84-95622-81-5

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
1 de xaneiro

O 1 de xaneiro é o primeiro día do ano do calendario gregoriano. Quedan 364 días para finalizar o ano, 365 nos ano bisestos.

Abén Humeya

Abén Humeya, de nome cristián Fernando de Válor e Córdoba e de nome musulmán Muhammad ibn Umayya, nado contra o 1545 e finado en 1569, foi un nobre mourisco.

Alpuxarras

O topónimo galego Alpuxarras pode referirse a:

Alpuxarras, lugar da parroquia de San Miguel de Negradas do concello do Vicedo;

As Alpuxarras, lugar da parroquia de Pinzás do concello de Tomiño.

Carboneras

Carboneras é un concello español, situado ao sueste da provincia de Almería. No ano 2005 contaba 7.267 habitantes. Ten unha extensión de 95 km², unha densidade de 76,5 hab/km², e as súas coordenadas son 36º 60' N, 1º 53' O. É un concello costeiro mediterráneo, a 68 kms da capital provincial. Os seus principais intereses son unha central térmica, a desalgadora máis grande de Europa, as súas festas de mouros e cristiáns e por un polémico hotel a medio construír na zona de El Algarrobico.

Cordilleira Penibética

A cordilleira Penibética é a máis sureña das Cordilleiras Béticas, e discorre pola costa Sur de Andalucía, desde a provincia de Cádiz ata a de Almería. Un pouco máis ao Norte, tras as denominadas unidades intermedias (conxunto de areas deprimidas, denominadas hoyas, entre as cales atópase a Hoya de Baza e de Guadix), atópanse as Cordilleiras Subbética e Prebética.

As serras principais que a conforman, de oeste a este, son Serra das Neves, Serra de Tejeda, Serra de Almijara, Serra Nevada, Serra da Contraviesa, Serra de Gádor, Serra de Baza e Serra dos Filabres.

Desde o punto de vista estrutural, atópase constituída por un complejísimo apilamiento de mantos de corremento que se superponen uns a outros, distinguíndose tres, estes son: o manto Alpujárride, o Nevado-Filábride e o Maláguide. O manto Alpujarride e o Filabride-Nevado afloran en Serra Nevada, constituíndo unha fiestra tectónica onde afloran materiais moi metamorfizados, predominando os micaesquistos paleozoicos.

Dinastía Omeia

A Dinastía omeia (Árabe بنو أمية banū umayya / الأمويون al-umawiyyūn); Persa امویان (Omaviyân), turco, Emevi) foi unha gran dinastía árabe que reinou en todo o mundo musulmán instaurando o califato Omeia na época do Califato de Damasco (661-750). Logo, tralo seu derrocamento e exterminio, a mans da dinastía Abbásida, estableceron o seu dominio na Península Ibérica cun dos últimos descendentes da dinastía, Abderramán I (Abd ar-Rahman I), este instaurou un débil emirato que se foi afianzando ata constituírse coma un califato independente, o Califato de Córdoba (756-1031).

Década de 1560

A década de 1560 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1560 e remata o 31 de decembro de 1569.

Fernando Cabeza Quiles

Fernando Cabeza Quiles, nado en Ponferrada en 1953, é un polígrafo galego que destaca pola súa obra sobre a toponimia de Galicia.

Filipe II de España

Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.

Desde a súa morte foi presentado polos seus defensores como arquetipo de virtudes, e como un monstro fanático e despótico polos seus inimigos. Esta dicotomía entre a Lenda Negra e a Lenda Branca ou Rosa foi favorecida por el mesmo, xa que se negou a que se publicaran biografías súas en vida, e ordenou a destrución da súa correspondencia.[Cómpre referencia]Aínda hoxe en día, a historiografía anglosaxoa e protestante presenta a Filipe II como un ser fanático, despótico, criminal, imperialista e xenocida. As súas vitorias foron minimizadas até o anecdótico (salvo uns poucos exemplos, como a Batalla de Lepanto) e as súas derrotas magnificadas en exceso, a pesar de que non supuxeron grandes cambios políticos ou militares, como a perda dunha parte da Grande y Felicísima Armada (a Armada Invencible) debido a un forte temporal que ademais os historiadores anglosaxóns "transformaron" nunha vitoria inglesa.[Cómpre referencia]Durante o seu goberno, o Imperio español dirixiu a exploración global e a extensión colonial a través do Atlántico e do Océano Pacífico, converténdose durante moito tempo no principal país e potencia europea e de todo o mundo. O seu imperio converteuse no primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abarcaba posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorrera no Imperio romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra as unhas coas outras.

Granada

Granada é unha cidade española, capital da provincia homónima, no territorio histórico de Granada, en Andalucía. Conta cunha poboación de 238.292 habitantes (01/01/2004) e de 450.000 na súa área metropolitana que se estende pola Veiga de Granada. Está situada aos pés de Serra Nevada, na confluencia dos ríos Genil, Darro e Beiro, cunha altitude media de 700 m sobre o nivel do mar. Ao bordo dunha fértil planicie, a Veiga de Granada, que está rodeada por tres macizos montañosos.

Mudéxar

Mudéxar é un termo que deriva da verba árabe مدجّن [mudaÿÿan] que significa "doméstico" ou "domesticado" e que se utiliza para designar aos musulmáns que ficaron en territorio conquistado polos cristiáns, e baixo o seu control político, durante o proceso de avance dos reinos cristiáns cara o sur (denominado Reconquista), que se desenvolveu ao longo da Idade Media na Península Ibérica.

Muhammad XII de Granada

Abū ʿAbd Allāh Muḥammad b. ʿAlī (أبو عبد الله محمد ابن علي) nado en Granada posiblemente no ano 1459 e finado en Fez, Marrocos no 1533, foi o derradeiro rei do Reino de Granada. Membro da dinastía dos nazarís, era coñecido entre os cristiáns como Boabdil el Chico ou Boabdil.

Arrebatoulle o trono o seu pai Muley Hacén e durante un tempo estivo en disputa por este tanto con el, coma co seu tío el Zagal. Abu 'Abd Allāh, na fala granadina debía pronunciarse como Bu Abdal-lah ou Bu Abdil-lah, e de aí derivou o nome castelán de Boabdil, ao cal se lle engadiu o epíteto d'o Chico para distinguilo do seu tío Abu 'Abd Allāh o Vello.

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Río Guadalfeo

O río Guadalfeo é un pequeno río español da vertente mediterránea, na Comunidade Autónoma de Andalucía, cunha lonxitude de 66 km.

Serra Nevada

Serra Nevada é un macizo montañoso pertencente ao conxunto da Cordilleiras Béticas, concretamente aos sistemas Penibéticos. Está situada en Andalucía, España, e esténdese desde o centro-sueste da provincia de Granada e parte do suroeste da provincia de Almería. No ano 1986 foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO e no 1999 foi declarada Parque Nacional polos seus valores botánicos, paisaxísticos e naturais. É o macizo montañoso máis alto de toda Europa occidental despois dos Alpes. A súa altitude máxima atópase no pico Mulhacén, de 3.482 metros.

Séculos Escuros

Denomínanse Séculos escuros a un período histórico que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. Caracterízase pola ausencia case total de literatura galega e polo estado de prostración e marxinación social da lingua galega a raíz da imposición do castelán. Esta entra nun período de decadencia e perde o seu uso nos rexistros oficiais, e dunha maneira paralela prodúcese unha enorme perda do poder político do reino de Galicia.

Verónica Sánchez

Verónica Sánchez Calderón, nada en Sevilla o 1 de xullo de 1977, é unha actriz española.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.