Alonso de Ojeda

Alonso de Ojeda, nado en Torrejoncillo del Rey, Cuenca en 1468 e finado en Santo Domingo en 1515, foi un navegante, gobernador e conquistador español. Percorreu as costas da Güiana, Venezuela, Trinidad, Tobago, Curaçao, Aruba e Colombia. É famoso por dar o nome Venezuela á rexión que explorou nas súas dúas primeiras viaxes e por descubrir o lago de Maracaibo e fundar Santa Cruz (La Guairita).

Alonso de Ojeda
AlonsoDeOjeda
Nacementoc. 1466
 Torrejoncillo del Rey
Falecementoc. 1515
 Santo Domingo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónexplorador e Conquistadores españois

Traxectoria

Naceu en Torrejoncillo del Rey (Cuenca) en 1468, no seo dunha familia fidalga de poucos recursos. Na súa mocidade estivo ó servizo do duque de Medinaceli, Luis de la Cerda, como paxe. Alonso de Ojeda era parente próximo dun alto membro do Tribunal da Inquisición, do seu mesmo nome, quen lle presentou ó bispo de Badaxoz, e moito despois de Burgos e presidente da Xunta de Indias, Juan Rodríguez de Fonseca.

Participou na toma de Granada, onde deixou constancia das súas dotes militares, da súa destreza como espadachín e da súa audacia.

O mozo Ojeda gañou en breve a boa vontade do bispo, quen ofreceu dispensarlle a súa protección á primeira oportunidade. Alonso tiña vinte e seis anos en 1494.

O bispo soubo distinguir a ambición que podía servirlle nos plans que por entón maduraba para anular o poder de Cristovo Colón.

Chegada á Española

En setembro de 1493, grazas a Rodríguez de Fonseca, embarcouse con Cristovo Colón na súa segunda viaxe a América, chegando á illa da Española. En xaneiro de 1494, Colón encargoulle que buscase algúns tripulantes extraviados no territorio da illa. Puido penetrar con só quince homes na rexión do Cibao, onde gobernaba un cacique caribe chamado Caonabo. Era Cibao, zona rica en minas de ouro e Ojeda regresou á La Isabela para informar ó Almirante, afectado alí dunhas febres.

Colón partiu para aquelas terras en marzo de 1494 e fixo fundar a fortaleza de Santo Tomás, da que nomeou alcaide a Ojeda.

Caonabo e os seus guerreiros atacaron o forte en canto tiveron oportunidade e Ojeda venceunos. A lenda di que logrou apresar persoalmente a Caonabo empregando unhas cadeas de ouro e enganando ó cacique facéndolle crer que eran pezas reais.

Tamén participou Alonso de Ojeda na Batalla de la Vega Real ou Batalla de Jáquimo, alcumando a Ojeda como «O Centauro de Jaquimo», na que, baixo o seu mando, os españois venceron ós indíxenas. Esta batalla enfrontaría a un número de indíxenas cifrado en dez mil por frei Bartolomé de las Casas fronte a tan só ó redor de catrocentos españois, aínda que é moi posible que estas cifras sexan esaxeradas. Posteriormente, en 1496, regresou a España.

Antillas Neerlandesas

As Antillas Neerlandesas (AA.NN.) (en neerlandés Nederlandse Antillen, en Papiamento: Antia Hulandes), tamén coñecidas como as Antillas Holandesas, foi un estado autónomo no Caribe dentro do Reino dos Países Baixos. Aínda que foi disolto, todas as súas illas constituíntes permanecen como parte do reino baixo un estatuto xurídico diferente. O término aínda se utiliza para referirse a estas illas do Caribe neerlandés.

As Antillas Neerlandesas consisten en dous grupos de illas distintos. En primeiro lugar, as "Illas de Barlovento" ou "illas ABC", Aruba, Bonaire e Curaçao, atópanse no sur do Mar Caribe, xusto á beira da costa de Venezuela. En segundo lugar, as de "Sotavento" ou "Illas SSS", Sint Maarten, Saba e San Eustaquio, forman parte das Antillas Menores; están aproximadamente a 800 – 900 km ao nordeste das Illas de ABC. Os holandeses colonizaron as diversas illas no século XVII e uníronas como as Antillas Neerlandesas en 1954.

As Antillas Neerlandesas foron disoltas o 10 de outubro de 2010. Curaçao e Sint Maarten convertéronse en países constituíntes dos Países Baixos xunto a Aruba, que se convertera nun país constituínte distinto en 1986; mentres que Bonaire, San Eustaquio e Saba (as "Illas BES") se converteron en municipios especiais dentro da normativa dos Países Baixos.

Aruba

Aruba é unha illa das Antillas Menores, a máis occidental do grupo de Sotavento a 25 km ao norte da península de Paraguaná, ao noroeste de Venezuela e ao sur do Mar Caribe, xusto ao oeste da illa de Curação. Formou parte das Antillas Neerlandesas, aínda que na actualidade forma parte do Reino dos Países Baixos de forma separada ás Antillas Neerlandesas. Obtivo a súa autonomía dentro do Reino dos Países Baixos, o 1 de xaneiro de 1986.

A illa forma parte do Reino dos Países Baixos (Xunto ás Antillas Neerlandesas e os Países Baixos). Aruba e as Antillas Holandesas non forman parte da Unión Europea a semellanza doutros territorios de soberanía europea que comparten este status (como Groenlandia, (Dinamarca), Polinesia francesa, (Francia) e illas Caimán, (Reino Unido). Porén, existen outros territorios exteriores a Europa de soberanía de países da Unión Europea, que se son parte integrante desta (como a Güiana Francesa en Sudamérica).

Bonaire

A illa de Bonaire, municipio especial dos Países Baixos que abrangue a illa homónima e a deshabitada de Klein, constitúe un territorio de ultramar da Unión Europea. Está situada no sur do mar Caribe, fronte á costa occidental de Venezuela, e forma parte do grupo de illas de Sotavento das Antillas Menores, xunto coas illas de Aruba e Curaçao.

Con 288 km² de superficie, é a segunda illa en tamaño das Antillas Neerlandesas, logo de Curaçao. A súa capital é Kralendijk, situada na costa centroccidental da illa.

A súa poboación é duns 10.635 habitantes (ano 2005). A maior parte dos seus habitantes son mulatos, produto da mestizaxe, entre europeos e africanos. Con todo, podemos observar que unha importante parte da súa poboación ten variadas orixes, entre as que debemos destacar os Países Baixos, República Dominicana, Venezuela, Colombia, Suriname e os Estados Unidos, entre outros países.

Colombia

Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o Mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.

O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou coa creación do Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes de que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa. Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.

Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado.

Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina, forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD. Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo.

Conquista española das nacións chibchas

A Conquista española das nacións chibchas refírese ó período de conquista levado a cabo polo Imperio Español das nacións chibchas, principalmente os muiscas e os taironas que habitaban a actual Colombia, comezando o proceso da colonización española de América.

Curaçao

Curaçao (Curaçao en neerlandés, Kòrsou en papiamento) é unha illa no sur do Mar Caribe, a uns 50 km da costa occidental de Venezuela, que forma parte do Caribe Neerlandés. O País de Curaçao papiamento: Pais Kòrsou), que inclúe a illa principal e a pequena illa deshabitada de Klein Curaçao ("Pequeno Curaçao"), é un país do Reino dos Países Baixos. Ten unha poboación de máis de 150.000 habitantes nun área de 444 km² a súa capital é Willemstad.

Antes do 10 de outubro de 2010, cando se disolveron as Antillas Neerlandesas, Curaçao administrouse como o territorio insular de Curaçao (holandés: Eilandgebied Curaçao, papiamento: teritorio Insular dei Kòrsou), un dos cinco territorios insulares das antigas Antillas Holandesas.

Francisco Pizarro

Francisco Pizarro, nado en Trujillo (Cáceres) o 16 de marzo de 1478 e finado en Lima o 26 de xuño de 1541, foi un explorador e conquistador castelán.

Gerardo Doval

Gerardo Doval Rodríguez Formoso, nado en Noia o 21 de setembro de 1863 e finado en Madrid o 23 de abril de 1940, foi un avogado e político galego.

Golfo de Venezuela

O golfo de Venezuela é un golfo situado na parte meridional do mar Caribe, ao norte de América do Sur, entre as penínsulas de Paraguaná e da Guajira. As súas augas e costas pertencen a Venezuela e os estados de Zulia e Falcón, e Colombia (departamento de La Guajira). Colombia e Venezuela enfróntanse desde ai anos un diferendo polos límites marítimos sobre o golfo. Cabe destacar que se usa o arquipélago Los Monjes como a fronteira imaxinaria entre o mar Caribe marítimo e devandito corpo de auga.

Juan de la Cosa

Juan de la Cosa, nado posiblemente en Santoña, Cantabria entre 1450 e 1460 e finado en Turbaco, Colombia o 28 de febreiro de 1510, foi un navegante e cartógrafo español coñecido por ter participado en sete das primeiras viaxes a América e por ter debuxado o mapa máis antigo conservado no que aparece o continente americano.

De la Cosa tivo un papel destacado na primeira e segunda viaxe de Cristovo Colón ás Antillas e en 1499 participou como piloto maior na expedición de Alonso de Ojeda ás costas do continente suramericano. Ao seu regreso a Andalucía, debuxou o seu famoso mapamundi e pouco despois volveu embarcarse cara ás Indias, esta vez con Rodrigo de Bastidas. Nos anos seguintes alternou viaxes a América baixo o seu propio mando con encargos especiais da Coroa, incluíndo unha misión como espía en Lisboa e a participación na Xunta de pilotos de Burgos de 1508. En 1509 emprendeu a que sería a súa derradeira expedición, de novo xunto a Ojeda, para tomar posesión das costas da actual Colombia. La Cosa morreu nun enfrontamento armado con indíxenas antes de poder chegar a exercer o seu cargo de alguacil maior de Urabá.

La Tortuga

La Tortuga é unha illa pertencente á República Bolivariana de Venezuela, estando incluída dentro das Dependencias Federais Venezolanas.

Lista de personaxes da serie Isabel

Personaxes da serie televisiva Isabel.

Luis Barrena

Luis Barrena Alonso de Ojeda, nado en Sigüenza (Guadalaxara) en 1895 e finado en Outes o 21 de agosto de 1936, foi un avogado e político español.

Mapa de Juan de la Cosa

O mapa de Juan de la Cosa é un mapa pintado sobre pergamiño, de 93 cm de alto por 183 de ancho, conservado no Museo Naval de Madrid. Unha inscrición no mesmo sinala que foi realizado polo mariñeiro cántabro Juan de la Cosa en 1500 en El Puerto de Santa María (Cádiz). A súa decoración indica que probablemente foi feito por encargo dalgún membro poderoso da corte dos Reis Católicos.Está considerado como a representación do continente americano máis antiga conservada, no que aparecen as terras descubertas até finais do século XV polas expedicións castelás, portuguesas e inglesas a América. Tamén mostra unha gran parte do Vello Mundo, segundo o estilo típico dos portulanos medievais, incluíndo noticias da recente chegada de Vasco da Gama á India en 1498.É a única obra cartográfica conservada das realizadas polas testemuñas presenciais das primeiras viaxes de Cristovo Colón ás Indias. O mapa fai alusión ao descubridor mediante unha grande imaxe de San Cristovo que cobre a zona onde debería estar Centroamérica. Cuba represéntase como unha illa, en contra da opinión de Colón, que a consideraba unha península das Indias.

Miajadas

Miajadas é unha vila situada ao sur da provincia de Cáceres e practicamente no centro xeográfico de Estremadura.

A vila de Miajadas é coñecida como a "Capital Europea do Tomate".

Ten unha poboación de 10 241 habitantes.

Tomás de Torquemada

Tomás de Torquemada nado en Torquemada ou Valladolid en 1420 e finado en Ávila o 16 de setembro de 1498 foi un presbítero dominico castelán, confesor da raíña Isabel a Católica e primeiro inquisidor xeneral de Castela e Aragón no século XV.

Torquemada iniciou o maior período de persecución a xudeoconversos, entre 1480 a 1530.

Vasco Núñez de Balboa

Vasco Núñez de Balboa, nado en Jerez de los Caballeros (Estremadura) en 1475 e finado o 15 de xaneiro de 1519, foi un explorador, gobernante e conquistador español. Coñecido como o descubridor do océano Pacífico e fundador en 1510 da primeira cidade permanente na terra continental americana, Santa María la Antigua del Darién (Colombia).

Venezuela

Venezuela é un país federal suramericano, limitado ao norte polo mar Caribe, ao leste polo océano Atlántico e pola Guïana, ao sur polo Brasil e ao oeste por Colombia. O país, alén da porción continental, inclúe tamén un número elevado de illas nas Pequenas Antillas que constitúen dúas divisións administrativas diferentes: o estado de Nova Esparta e as Dependencias Federais. Ten fronteira marítima cos territorios autónomos neerlandeses de Aruba, e das Antillas Holandesas, e tamén con Trinidad e Tobago. Desde 2005, é un membro efectivo do Mercosur. A súa capital é Caracas.

Onomástica do rueiro de Vigo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.