Almería

Almería é unha cidade costeira do sur de España, capital da provincia de Almería, en Andalucía. É considerada así mesmo capital da comarca metropolitana de Almería e da comarca turística denominada Costa de Almería.

A cidade sitúase no extremo sueste da Península Ibérica e está rodeada ao oeste pola serra de Gádor, ao norte pola serra Alhamilla e o leste polo val e delta do río Andarax. Ao sur atópase o Mar Mediterráneo. Con arredor de 190.000 habitantes segundo o censo de 2008, Almería é unha cidade de crecente relevancia nos ámbitos económico, cultural e deportivo, e un importante nó de comunicacións grazas ao seu porto e aeroporto internacionais.

Coordenadas: 36°50′0″N 2°28′3″O / 36.83333, -2.46750

Almería
Bandera de Almería
Escudo ciudad de Almería
Alcazaba sobre puerto Almería-2
Cable Ingles Almeria Almeria Puerta de Purchena fcm
Almeria cathedral Parque Nicolás Salmerón fuente
2007-12-18-04706 Spain Almeria
Almería
Localización
Almería en España

Almería
Almería
Almería en Provincia de Almería

Almería
Almería
PaísFlag of Spain.svg España
Comunidade AutónomaFlag of Andalucía.svg Andalucía
ProvinciaAlmería
ComarcaComarca metropolitana de Almería
Xeografía
Altitude23 msnm
Superficie296.21 km²
Demografía
Poboación187,521 hab. (INE 2008)
Densidade633,07 hab./km²
XentilicioAlmeriense
Urcitano, -a
Outros datos
Código postal04001 - 04009
AlcaldeLuis Rogelio Rodríguez-Comendador. (PP)
aytoalmeria.es

Historia

Fundada no 955 por Abderramán III nun emprazamento dominado anteriormente por outras urbes coma a ibera Ucri ou a romana Portus Magnus, Almería desenvolveu un importante papel durante o Califato de Córdoba, chegando a ser o porto máis importante do al-Ándalus dos omeias. Alcanzou o seu máximo esplendor durante a taifa, no século XI, converténdose baixo o reinado de Almotacín nun emporio comercial e cultural. Tras a incorporación á Coroa de Castela no 1489, deciman a poboación os piratas, pragas e terremotos. A recuperación non será visible ata finais do século XIX, co rexurdir da minería e a exportación da uva de mesa, e de novo a partir dos anos 1960 do século XX, grazas á explosión da agricultura intensiva, ó turismo, a construción e o mármore.

No ano 2005 foi a sede dos XV Xogos Mediterráneos.

Patrimonio histórico

Entre o seu patrimonio histórico-artístico, cabe destacar a alcazaba musulmá (séculos X a XV), a catedral-fortaleza (século XVI), o cargadoiro de mineral ou Cable Inglés (finais do século XIX), ou o Museo de Almería, inaugurado no 2006.

Símbolos populares

Indalo

O símbolo por excelencia de Almería e a súa provincia é o indalo, orixinalmente unha pintura rupestre neolítica descuberta na cova dos Letreros (no actual Parque Natural de Serra de María-Los Vélez) en 1868 que representa a un home cazando cun arco.

Nos anos 1940 do século XX, o Movimiento Indaliano idealizou o símbolo, querendo ver nel un home que sostiña o arco da vella. O seu nome foi dado en honor a San Indalecio e proviría en última instancia do ibero indal eccius, «mensaxeiro dos Deuses».

Trátase dun símbolo moi arraigado na sociedade almeriense e é frecuente velo por todos lados. Atopamos un, por exemplo, no escudo da Unión Deportiva Almería.[1]

O sol de Portocarrero

Outro símbolo moi unido á cidade é o erroneamente chamado sol de Portocarrero, altorrelevo que presenta un radiante sol antropomorfo rodeado de grilandas e que aparece esculpido no testeiro da capela funeraria do bispo Diego Férnandez de Villalán, na catedral de Almería. Por unha confusión histórica, é relacionado tradicionalmente este símbolo con outro bispo da diocese almeriense, Juan del Castillo y Portocarrero, do que toma nome a pesar de ser o mandato deste moi posterior.[2] O escudo da Universidade de Almería, por exemplo, está baseado neste símbolo.[3]

Patróns

A patroa da cidade é a Virxe do Mar, que celebra a súa festividade o sábado anterior ó último domingo do mes de agosto. A súa imaxe foi atopada na praia de Torregarcía, preto da capital, polo vixía da torre homónima, Andrés de Jaén, o 22 de decembro de 1502.[4] A lenda di que a imaxe, románica, puido formar parte dos restos dun barco naufragado o ser un mascarón de proa que os fieis vestiron como Virxe. Moi preto da torre construíuse a Ermida de Torregarcía en torno a cal se celebra unha romaría o segundo fin de semana de cada xaneiro.

O patrón da cidade e diocese de Almería é San Indalecio, fundador da diocese da antiga Urci no século I e un dos Sete Homes Apostólicos, primeiros evanxelizadores da Península Ibérica por encomenda de San Paulo.[5] A súa festividade se celebra o 15 de maio.

Galería de Imaxes

Sol Portocarrero

Sol de Portocarrero.

Escultura indalo

Escultura dun indalo na praza Marqués de Heredia.

Descargaderoalmería

O Cable Inglés

Outras Almerías no mundo

  • Flag of the Philippines.svg: Almería, provincia de Bilirán.
  • Flag of the United States.svg: Almeria, unha comunidade no estado de Alabama.
  • Flag of the United States.svg: Almeria, unha comunidade no estado de Nebrasca.

Notas

  1. http://www.udalmeriasad.com
  2. Ruiz García, Alfonso (2008.). Ciudad de Almería. Colección: Guías de Almería: Territorio, cultura y arte. Almería: Instituto de Estudios Almerienses. ISBN 978-84-8108-430-6.
  3. http://www.ual.es
  4. http://www.virgendelmar.com/principal.htm
  5. http://www.diocesisalmeria.es/index.php?option=com_content&view=article&id=77&Itemid=66

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aeroporto de Almería

O Aeroporto de Almería é un aeroporto xestionado por Aena, situado ao leste da cidade de Almería (España), a uns 9 quilómetros do centro. O aeroporto atópase próximo tamén aos principais núcleos turísticos da provincia como son o Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar, El Ejido, Mojácar, Almerimar, Roquetas de Mar ou Vera.

En 2009 viaxaron polo aeroporto 791 830 pasaxeiros, cun descenso do 22,7% con respecto ás cifras de 2008; e houbo un total de 15 391 operacións de aeronaves, un 15,8% menos que o ano anterior. Tamén pasaron polo aeroporto de Almería un total de 16 328 toneladas de carga, ua perda do 23,8% con respecto a 2008.O Aeroporto Internacional de Almería é o cuarto en importancia de Andalucía. Conta con voos nacionais e internacionais, con destinos como Madrid, Barcelona, Melilla, Londres, Bruxelas e cidades alemás, británicas e do ámbito da Unión Europea.

Andalucía

Andalucía é unha Comunidade autónoma española situada no sur da Península Ibérica. Limita ao sur co Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, ao norte con Estremadura e Castela-A Mancha, ao leste coa Rexión de Murcia e ao oeste con Portugal.

Está formada por oito provincias: Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Málaga, Sevilla e Xaén. A capital da comunidade autónoma é Sevilla, cidade recoñecida no Estatuto de Autonomía como sede da organización institucional da Comunidade Autónoma, denominada Junta de Andalucía.

O novo Estatuto de Autonomía (2007) define Andalucía como unha "realidade nacional".

Arsenio Iglesias

Arsenio Iglesias Pardo, tamén coñecido como o Bruxo de Arteixo ou o Raposo de Arteixo, nado en Arteixo o 24 de decembro de 1930, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol galego que estivo unido durante boa parte da súa carreira ao Deportivo da Coruña, onde acadou importantes éxitos deportivos. Arsenio Iglesias é hoxe unha das figuras máis destacadas do deportivismo. Xogaba de dianteiro.

El Mundo

El Mundo del siglo XXI, máis coñecido como El Mundo, é un xornal español. Ten a súa sede en Madrid e conta con edicións rexionais en lugares como Galicia, Cataluña, País Vasco, Andalucía, Almería, Huelva, Comunidade Valenciana, Castela-A Mancha, Castela e León, Illas Baleares, Alacant ou Cantabria. Tamén conta con edición aberta en Internet chamada elmundo.es. O seu director é Pedro J. Ramírez.

A empresa editora, Unidad Editorial S. a., é dona tamén do Grupo Recoletos, ambas propiedade á súa vez do grupo RCS MediaGroup (Rizzoli), que controla o diario italiano de maior tirada, o Corriere della Sera, e que marca as directrices xerais de acción. O Grupo Unidad Editorial está presidido pola historiadora e académica María del Carmen Iglesias Cano e edita, ademais do diario El Mundo, outras publicacións como Marca, Expansión, Telva ou La aventura de la Historia, entre outras.

O 8 de marzo de 2010 El Mundo lanzou Orbyt, a plataforma de contidos de pago na que ademais de contar con catro seccións específicas, tamén se pode consultar a hemeroteca do xornal, opinar, interactuar coa redacción e beneficiarse de promocións ou descontos exclusivos.

Fernando Castro Santos

Fernando Castro Santos, nado en Lourido (Poio) o 20 de febreiro de 1952, é un adestrador de fútbol galego.

José Luis Oltra

José Luis Oltra Castañer, nado en Valencia o 24 de marzo de 1969, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista.

José Manuel Corral

José Manuel Corral García, nado na Coruña o 8 de decembro de 1952, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista.

Primeira división española 2007/08

A tempada 2007/08 da Primeira División de España de fútbol comezou o 25 de agosto de 2007 e terminou o domingo 18 de maio de 2008 debido á Eurocopa organizada en Austria e Suíza a partir do 7 de xuño de 2008. O torneo estivo organizado pola Liga de Fútbol Profesional (LFP).

O 4 de maio de 2008 proclámase campión da liga o Real Madrid Club de Fútbol, tras gañar ao Osasuna no Reyno de Navarra por 1-2 con goles de Puñal de penalti e de Robben e Higuaín. Descenden a 2ª División o Levante, Real Murcia e o Real Zaragoza. Na xornada 36, o Villarreal proclamábase, por primeira vez na súa historia, subcampión de Liga ao gañar por 0-2 ao Recreativo de Huelva no estadio Novo Colombino. O Sevilla FC confirma o seu posto na Copa da UEFA gañando ao Real Betis no Estadio Manuel Ruiz de Lopera por 2 goles a 0. O Racing de Santander queda sexto e certifica o seu posto europeo por primeira vez na súa historia tras gañarlle ao Osasuna por 1 gol a 0.

Primeira división española 2010/11

A tempada 2010/11 da Primeira División Española de fútbol foi a 80ª edición desta competición. Comezou o 28 de agosto de 2010 e finalizou o 22 de maio de 2011. O FC Barcelona proclamouse campión por terceira tempada consecutiva e logrou a 21ª liga da súa historia, con dúas xornadas aínda por disputarse. O único representante galego foi o Deportivo da Coruña, que acabou perdendo a categoría, e houbo un único árbitro galego, o ascendido ese mesmo ano Ignacio Iglesias Villanueva.

Os azulgrana sentenciaron o seu terceiro título consecutivo na xornada 36ª, conseguindo 96 puntos, a segunda mellor marca da súa historia. Barcelona, Real Madrid e Valencia clasifícanse de xeito directo para a Liga de Campións, e o Villarreal, que xogará a rolda previa. O Sevilla e o Athletic Club clasifícanse para a UEFA Europa League, que tamén xogou o Atlético de Madrid aínda que xogando unha rolda previa. Por outro lado, Deportivo da Coruña, Hércules e Almería perderon a categoría.

Primeira división española 2013/14

A tempada 2013–14 da Primeira División (por motivos de patrocinio Liga BBVA) foi a 83ª edición da máxima categoría do fútbol en España. Comezou o 17 de agosto de 2013 e finalizou en maio de 2014. O Barcelona defendía o título que foi conseguido polo Atlético de Madrid.

O único representante galego foi o Celta de Vigo, tras o descenso do Deportivo da Coruña na tempada anterior. Xunto ó Deportivo deixaron a categoría o Mallorca e o Zaragoza, que foron substituídos polo Villarreal, Elche e o Almería.

Segunda división española 1978/79

A tempada 1978–79 da Segunda División de España foi a 47ª edición deste torneo. A categoría estivo composta por 20 equipos, dos cales Almería, Málaga e Real Betis ascenderon á Primeira División. Real Jaén, Terrassa, Barakaldo e Racing de Ferrol descenderon á Segunda División B.

Segunda división española 1981/82

A tempada 1981–82 da Segunda División de España foi a 50ª edición deste torneo. A categoría estivo composta por 20 equipos, dos cales Celta de Vigo, UD Salamanca e CD Málaga ascenderon a Primeira División mentres que Burgos CF, AD Almería, Levante UD e Getafe Deportivo descenderon a Segunda División B.

Segunda división española 2011/12

A tempada 2011–12 da Segunda División Española de fútbol foi a 81ª edición desta competición. Comezou o 21 de agosto de 2011 e finalizou o 17 de xuño de 2012, coas eliminatorias de ascenso finais.

Segunda división española 2012/13

A tempada 2012–13 da Segunda División (por motivos de patrocinio Liga Adelante) de fútbol é a 82ª edición da categoría de prata do fútbol español. A competición comezou o 17 de agosto de 2012 e está programado que remate o 9 de xuño de 2013, data a partir da cal os equipos que rematan entre o terceiro e sexto posto xogarán unha eliminatoria para decidir quen acompañará aos dous primeiros á Primeira División (Liga BBVA), e que rematará o 23 de xuño.

Segunda división española 2015/16

A tempada 2015–16 da Segunda División (por motivos de patrocinio Liga Adelante) de fútbol foi a 85ª edición da categoría de prata do fútbol español. A competición comezou en agosto de 2015 e finalizou en xuño de 2016 coas eliminatorias de ascenso finais.

Segunda división española de fútbol

A Segunda División de España, oficialmente La Liga 2 e coñecida como La Liga SmartBank por razóns de patrocinio, é a segunda categoría da Liga española de fútbol, inmediatamente inferior á Primeira División e por riba da Segunda División B.

En xogo dende a tempada 1928-1929, está organizada pola Liga de Fútbol Profesional, sendo unha das dúas ligas profesionais de fútbol existentes no Estado xunto coa Primeira.

Unión Deportiva Almería

A Unión Deportiva Almería é un club de fútbol español da cidade de Almería. Foi fundado en 1989 baixo a denominación de Almería Club de Fútbol, adoptando a denominación actual en 2001. Actualmente compite na Segunda División, logo de descender na tempada 2014-15.

O equipo viviu os seus anos máis exitosos no século XXI, ascendendo a Primeira División na tempada 2006-07, e permanecendo 4 tempadas na mesma, ademais de chegar a unhas semifinais da Copa do Rei en 2011.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.