Almanzor

Almanzor, ou Abu Amir Muhamad "Al-Mansur bi-Allah", nado en Torrox no 938 e finado en Medinaceli o 10 de agosto de 1002, foi un xeneral do califato de Córdoba e o virtual gobernante de Al-Andalus durante a segunda metade do século X.

Almanzor
Busto de Almanzor (26 de marzo de 2016, Calatañazor) 01
Nacementoc. 13 de xaneiro de 930
 Alxeciras
Falecemento11 de agosto de 1002
 Medinaceli
SoterradoMedinaceli
NacionalidadeAl-Andalus
RelixiónSunnismo
Ocupaciónpolítico e militar
CónxuxeUrraka Sanoitz
FillosAbd al-Rahman Sanchuelo e Abd al-Malik al-Muzaffar
Algeciras Almanzor
Estatua de Almanzor colocada en Alxeciras no verán de 2002, en conmemoración dos mil anos do seu falecemento.

Traxectoria

Almanzor era membro dunha familia árabe de orixe iemení, con posesións preto de Alxeciras. Trasladouse moi novo a Córdoba para estudar xurisprudencia e literatura. Iniciou a súa carreira política como secretario do qadí Ibn al-Salim. As súas capacidades leváronmo a ser nomeado administrador da sultá Subh, de orixe navarra, e despois titor de Hisam. A morte prematura do califa Al-Hakam II puxo no poder ao seu sucesor Hisam, con só 11 anos.

Almanzor é nomeado entón visir e titor do califa mozo, o que o leva a se enfrontar con Al-Mushafí, verdadeiro director da política de palacio. Co apoio do seu sogro, o xeneral Galib, consegue que o califa lle outorgue publicamente os poderes absolutos do goberno, ao nomealo hajib, ou mordomo do pazo, que viña a ser como primeiro ministro, adicándose o califa á vida piadosa. Estamos no ano 978 e despois se desfacía do seu sogro Galib, traendo tropas dende África, para substituílas polas de Galib, e instauralas como garda persoal. Tras este enfrontamento, ao seu retorno a Córdoba foille dado o titulo de Al-Mansur bi-Allah ("O Vitorioso pola Graza de Deus"), de onde procede o nome de Almanzor, como se coñeceu no mundo cristián.

Puxo en marcha un programa de reformas tanto na administración civil como na militar, rematando coa organización tribal do exército, que era causa de continuos conflitos, e dispersando en diferentes unidades os membros máis destacados das familias. Expulsou aos mercenarios eslavos que chegaran a se converter nunha caste privilexiada na corte cordobesa, o que lle achegou unha enorme popularidade.

Entre os anos 977 e 1002 levou a cabo 57 expedicións sen ser vencido, de aí o título de Al-Mansur (O vitorioso) co que pasaría á historia. Así, asolou Salamanca (977), venceu ás tropas unidas de Ramiro III de León, García Fernández de Castela e Sancho II de Navarra en Gormaz, Langa e Estercuel. Saqueou Barcelona no 985, arrasou Coimbra, León e Zamora (987 e 988), Osma no ano 990 e castigou Astorga e Santiago de Compostela no 997.

Construíu un novo pazo en Córdoba, onde trasladou a administración, chamado Madinat al-Zahira, e o seu fillo e sucesor, Abd al-Malik, foi quen de rematalo. Co seu segundo fillo, coñecido como Sanchuelo, extinguiuse a dinastía de gobernantes e sucesores de Almanzor.

En 1002, nunha expedición contra San Millán de la Cogolla, caeu enfermo e morreu en Medinaceli.

Almanzor en Galiza

A súa xesta máis importante foi o saqueo de Santiago de Compostela o 10 de agosto de 997, cando incendiou e destruíu a catedral e o sepulcro do Apóstolo, e obrigou aos cativos cristiáns a levar as campás da Catedral e mais as súas portas até Córdoba.

Corre a lenda de que cando Almanzor entrou na cámara sepulcral, atopou un monxe rezando ante o sartego do Apóstolo, e que conmovido pola súa devoción ordenou respecta-la súa vida e o propio sepulcro. Trátase dunha versión dulcificada das conquistas de Almanzor, posiblemente procedente dos propios cronistas árabes. Manuel Chamoso Lamas, estudoso da historia da catedral de Santiago escribe o seguinte:

Véxase tamén

Bibliografía

10 de agosto

O 10 de agosto é o 222º día do ano no calendario gregoriano e o 223º nos anos bisestos. Quedan 143 días para finalizar o ano.

Castelo de Aranga

O castelo de Aranga, tamén coñecido como castelo de Almanzor, Hermanzón ou Barmanzón, foi construído na Alta Idade Media no territorio de Pruzos enriba do antigo Castro de Almanzor, sito a 317 m de altitude nun outeiro que domina a desembocadura do río Cambás no río Mandeo, con boas condicións de defensa natural. As ruínas están próximas ó lugar do Barreiro, na parroquia de Aranga, no concello de Aranga.

Coruña del Conde

Coruña del Conde é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León), comarca da Ribeira del Duero, partido xudicial de Aranda de Duero. A súa poboación é de 125 habitantes (INE 2012).

Dinastía Omeia

A Dinastía omeia (Árabe بنو أمية banū umayya / الأمويون al-umawiyyūn); Persa امویان (Omaviyân), turco, Emevi) foi unha gran dinastía árabe que reinou en todo o mundo musulmán instaurando o califato Omeia na época do Califato de Damasco (661-750). Logo, tralo seu derrocamento e exterminio, a mans da dinastía Abbásida, estableceron o seu dominio na Península Ibérica cun dos últimos descendentes da dinastía, Abderramán I (Abd ar-Rahman I), este instaurou un débil emirato que se foi afianzando ata constituírse coma un califato independente, o Califato de Córdoba (756-1031).

Década de 970

A década de 970 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 970 e remata o 31 de decembro de 979.

Década de 980

A década de 980 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 980 e remata o 31 de decembro de 989.

Pedro de Mezonzo

Pedro Martínez Exióniz, máis coñecido como Pedro de Mezonzo, nado no lugar de Chacente no Condado de Présaras, actual Curtis, contra o ano 930, foi un relixioso galego católico, bispo de Iria Flavia-Santiago de Compostela. Morreu o 10 de setembro de 1003. Nomeado santo, foi líder espiritual do país en momentos de gran tribulación.

Pico Almanzor

O pico Almanzor, tamén coñecido como Plaza del Moro Almanzor, é unha montaña do centro da península ibérica, o cumio máis alto da serra de Gredos e de todo o Sistema Central, con 2592 msnm de altitude e unha prominencia de 1690 m. Está considerada un «pico ultraprominente», categoría que inclúe ás montañas cunha prominencia maior de 1500 m.

Localízase na provincia castelán-leonesa de Ávila, España. O seu cumio forma parte da divisoria entre os municipios de Zapardiel de la Ribera e Candeleda.

O Almanzor é un pico moi pouco erosionado, de formación granítica, levantado durante a oroxenia alpina. Pertence ao chamado Circo de Gredos e o seu ámbito é hábitat dunha subespecie da píntega común, Salamandra salamandra almanzoris, que toma o seu nome do pico e que é endémica duns poucos vales glaciares da serra.

O seu nome provén de Almanzor, líder militar e relixioso durante o Califato de Córdoba. A lenda conta que Almanzor foi o primeiro en subir a este pico.

Porta do Camiño (Santiago de Compostela)

A Porta do Camiño de Santiago de Compostela era a primeira porta pola que entraban á cidade os peregrinos que acudían polo Camiño Francés. Desde este lugar pódese contemplar o Convento de San Domingos de Bonaval, sede do Museo do Pobo Galego desde 1963.Antigamente existía un arco que formaba unha das sete entradas á cidade amurallada de Compostela, tras ser arrasada polas tropas do árabe Almanzor.

Provincia de Ávila

A provincia de Ávila forma parte da comunidade autónoma de Castela e León. A súa capital é Ávila e conta cunha poboación de 167.032 habitantes e unha superficie de 8.050 km².

Xeograficamente distínguense tres rexións diferenciadas:

A zona norte, continuación da Meseta Norte, caracterizada polas súa paisaxe chá e os seus materiais sedimentarios. É unha zona de clima continental con longos e fríos invernos e veráns curtos pero calorosos. Comprende as comarcas da Moraña e a Terra de Arévalo.

A zona central, onde se localizan as zonas de montaña (Serra de Gredos, Serra da Paramera, Serra de Ávila, Serra de Villafranca) coas súas grandes formacións de granito que alcanzan a súa maior altitude na Praza do Mouro Almanzor, que con 2.596 metros é o cume culminante da Serra de Gredos e a máis elevada de todo o Sistema Central. O seu clima de montaña caracterízase en moitas zonas por temperaturas moi baixas no período invernal e veráns curtos e pouco calorosos.

Para rematar, a zona sur que comprende o Val do Tiétar e o Val do Alberche, caracterizado pola súa baixa altitude e un clima máis benigno. Nesta parte é fácil atopar cultivos de laranxeiras e de oliveiras. As poboacións máis importantes desta zona son Areas de San Pedro e Candeleda.

Serra de Gredos

A serra de Gredos é unha serra do centro de España pertencente ao Sistema Central, situada entre as provincias de Salamanca, Cáceres, Ávila, Madrid e Toledo. A súa máxima altitude dáse na provincia de Ávila na Praza do Mouro Almanzor a 2.592 msnm, que divide os termos municipais de Zapardiel de la Ribera e Candeleda.

Está declarada parque rexional dentro de Castela e León, e é o único parque rexional, xunto co de Picos de Europa en León, da comunidade autónoma. Gredos é unha das serras máis extensas do Sistema Central e está composta por cinco vales fluviais: Alto Tormes, Alto Alberche, Tiétar Oriental, Tiétar Occidental e a Vera, e val do Ambroz.

En torno ás súas grandes moles graníticas basculan tres comunidades autónomas: Castela e León, Estremadura e Madrid; estendéndose de leste a oeste dende San Martín de Valdeiglesias a Hervás e de norte a sur do val do Tormes a Rosarito. O seu agreste relevo serviu de refuxio á tribo celta máis meridional, os vetóns, e a outros rebeldes históricos como El Empecinado ou o maquis.

Sistema Central

O Sistema Central é unha cordilleira situada no centro da Península Ibérica que ten unha orientación oeste-leste en a súa metade oeste, e orientación suroeste-nordés na súa metade este. Ten unha lonxitude aproximada de 600 km e vai desde o centro de Portugal ao Sistema Ibérico, situado no centro-nordés de España.

Constitúe a separación natural entre Castela e León, ao norte, e Castela-A Mancha, Comunidade de Madrid e Estremadura, ao sur. Tamén representa a división da Meseta Central entre a Submeseta Norte e a Submeseta Sur. Salvo algunha excepción menor, constitúe a divisoria entre as concas do Douro e do Texo.

A maior elevación do sistema é o pico Almanzor (2.592 m), situado na Serra de Gredos. As montañas do Sistema Central teñen unha prominencia media de 1.200 metros e unha base que oscila dos 500 a 1.200 metros.

O Sistema Central está formado por moitas serras, entre as que cabe destacar: a Serra de Guadarrama, a Serra de Somosierra, a Serra de Gredos e a Serra de Gata.

Vermudo II

Vermudo II de León e de Galiza, nado cara ao 956 e finado no Bierzo no 999, foi rei da Galiza a partir de 982 e de León desde 985 e até a súa morte. Xúlgase que teña sido fillo bastardo de Ordoño III. Foi cognominado o Gotoso, por sufrir de gota.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.