Almanza

Almanza é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 615 habitantes (2011).

Coordenadas: 42°39′32″N 5°2′9″O / 42.65889, -5.03583

Almanza - Mapa municipal
Localización do concello na provincia de León

Localidades

  • Almanza
  • Cabrera de Almanza
  • Calaveras de Abajo
  • Calaveras de Arriba
  • Canalejas
  • Castromudarra
  • Espinosa de Almanza
  • La Vega de Almanza
  • Villaverde de Arcayos

Véxase tamén

Ligazóns externas

Afonso VIII de León e Galicia

Afonso VIII de León e Galicia, denominado pola historiografía española como Afonso IX, nado en Zamora, Reino de León, o 15 de agosto de 1171 e finado en Sarria, Reino de Galicia o 23 de setembro de 1230, foi rei de León e Galicia (Adeffonsus Rex Legionensium et Gallecie) desde o 22 de xaneiro de 1188 até a súa morte, o 23 de setembro de 1230.Segundo a numeración cronolóxica real da coroa galego-leonesa, correspóndelle o ordinal VIII, pero, historicamente asignóuselle o ordinal IX, como forma de entroncar as cronoloxías de León e de Castela —en Castela reinaba por aquel entón Afonso VIII de Castela—. Ademais, nas Sete Partidas do seu neto Afonso X o Sabio, este afirmaba ser Afonso IX.

Carlos Francisco de Croix

Carlos Francisco de Croix, nado en Lille en 1699 e finado en Valencia en 1786, marqués de Croix, foi un militar e político ao servizo do Reino de España.

Diego Osorio de Escobar

Diego Osorio de Escobar y Llamas, nado na Coruña en 1608 e finado en Puebla de los Ángeles (México) o 17 de outubro de 1673 foi un relixioso galego, bispo de Puebla (1656-73) e vicerrei interino de Nova España dende en 1664.

García Sarmiento de Sotomayor

Don García Sarmiento de Sotomaior, Marqués de Sobreso e 2º Conde de Salvaterra , nado na Cañiza en 1595 e finado o 26 de xuño de 1659 en Lima, foi un galego vicerrei de Nova España, dende o 23 de novembro de 1642 ao 13 de maio de 1648, e do Perú, dende 1648 ata 1655.

José Sarmiento Valladares

José Sarmiento de Valladares y Arines, primeiro duque de Atrisco, bautizado o 4 de maio de 1643 en San Román de Saxamonde, Redondela, e finado o 10 de setembro de 1708 en Madrid, foi vicerrei de Nova España.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Ramón Santamarina

Ramón Joaquín Manuel Cesáreo Santamarina, nado en Ourense o 25 de febreiro de 1827 e finado en Buenos Aires o 23 de agosto de 1904, foi un facendado arxentino de orixe galega.Traballou como peón de campo e co que gañaba foi mercando bois e carretas, comezando un negocio de carretas co que foi creando a súa fortuna. Mercou numerosas estancias e finalmente fundou unha firma que continúa vixente: Santamarina e Hijos. Os seus fillos continuaron traballando nesta empresa familiar e catro deles adicáronse a funcións públicas: Antonio Santamarina, Jorge Alejandro Santamarina, Ramón Santamarina II, Enrique Santamarina.Varios lugares da cidade de Tandil, coma unha escola, unha rúa, un hospital e un club deportivo, levan o seu nome, e o pobo Ramón Santamarina da provincia de Buenos Aires foi nomeado na honra do seu fillo, Ramón II.

Rodrigo Pacheco y Osorio

Rodrigo Pacheco e Osorio, marqués de Cerralbo, nado en Ciudad Rodrigo no ano 1580 e morto en Bruxelas (Flandres) en abril de 1640, foi un destacado aristócrata leonés que ocupou altos cargos nos reinados e Filipe III e Filipe IV. Fillo de Juan Pacheco de Toledo e Inés de Toledo, foi gobernador e capitán xeral do reino de Galiza entre os anos 1615 e 1624, foi nomeado vicerrei de Nova España o 3 de novembro de 1624.

A súa primeira acción como vicerrei foi prender a unha flotilla holandesa que pretendía invadir o porto de Acapulco, poñendo en estado de defensa ao devandito porto para evitar unha invasión holandesa ou francesa, xa que o Imperio dos Habsburgo se atopaba en guerra con estes países. Neste período a cidade de México tivo a peor inundación da súa historia. Pensouse mesmo que a cidade desaparecería, pois a auga ascendeu até os 2 metros e tardou máis de catro anos en retirarse por completo.

Como as incursións de indios alzados producíanse no norte do Nuevo Reino de León, foi fundado un presidio ao que se chamou Cerralvo en honra do vicerrei.

En 1635 regresou Rodrigo Pacheco á Península ibérica para ser embaixador en Viena.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.