Almanaque Gallego

Este artigo é do "Almanaque Gallego" editado na Arxentina, 29 volumes de 1898 a 1927. Para o homónimo editado en 1909, un só número, véxase: Almanaque Gallego (A Habana).
Almanaque Gallego
Título orixinalAlmanaque Gallego
Autor/aManuel Castro López et alii.
Ilustrador/aMúltiples.
CubertaVarios.
OrixeArxentina.
LinguaCastelán e galego.
Tema(s)Galicia.
Data de pub.1898 - 1927.
FormatoAlmanaque.

O Almanaque Gallego foi unha publicación anual que se editou en Buenos Aires entre 1898 e 1927, editada por Manuel Castro López. Aínda que predominan os textos en castelán, o galego está ben representado no almanaque.

Descrición

Entre os colaboradores estaban Cayetano Aldrey Salvado, Manuel Bares Giráldez, Alfredo Brañas, Xosé María Cao Luaces, Eugenio Carré Aldao, Fortunato Cruces, Julio Dávila, Manuel Pérez Pérez (Numael Ezper), Alfredo Fernández, Manuel López Lorenzo, Andrés Martínez Salazar, Eduardo Pondal, José Rodríguez Carracido, Bernardo Rodríguez Ribeira, José Salgado Rodríguez, Galo Salinas, Francisco Tettamancy, Florencio Vaamonde, Avelina Valladares, Marcial Valladares, Indalecio Varela Lenzano ou Adolfo Vázquez Gómez.

No Almanaque Gallego para 1923 publicouse por primeira vez o Conto gallego de Rosalía de Castro. Noutros volumes reproducíronse cadros de Ovidio Murguía e ilustracións de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Consérvanse algúns exemplares do Almanaque Galego nas bibliotecas das seguintes institución:

Ano I, 1898, en PDF.
Ano I, 1898, en PDF
Ano III, 1900, en PDF.
Ano III, 1900, en PDF

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Adolfo Rey Ruibal

Adolfo Rey Ruibal nado na Coruña en 1867 e finado en Buenos Aires en marzo de 1923, foi un escritor e xornalista galego.

Almanaque

Un almanaque é unha publicación anual que inclúe información como previsións de tempo, datas de labores no agro, táboas de mareas e información tabular xeralmente organizada segundo o calendario. Tamén se atopa información astronómica e estatísticas diversas, tales como a saída e do posta do sol e lúa, eclipses, horas de marea alta, festivais relixiosos, e mais tamén poden ter contidos literarios e todo tipo de información.

Almanaque de Galicia

Almanaque de Galicia foi o nome de varias publicacións:

O Almanaque de Galicia, publicado en Lugo a partir de 1858 por Manuel Soto Freire

O Almanaque de Galicia, publicado en Ferrol en 1891.

O Almanaque de Galicia, publicado en Buenos Aires en 1909, por Fortunato Cruces.

Andrés Martínez Salazar

Andrés Martínez Salazar, nado en Astorga o 8 de febreiro de 1846 e falecido na Coruña o 6 de outubro de 1923, foi un historiador, investigador e editor do rexurdimento galego.

Antonia Santos García

Antonia Josefa Santos García, nada en Mondoñedo o 30 de xuño de 1831, e finada cara 1905, foi unha fotógrafa galega.

Bernardo Rodríguez Ribeira

Bernardo Rodríguez Ribeira, nado en San Xiao de Vea (A Estrada) o 8 de xaneiro de 1853 e finado en Buenos Aires o 26 de maio de 1924, foi un escritor e xornalista galego.

Contos da miña terra

Contos da miña terra é un relato breve de Rosalía de Castro., publicado en 1864. É a única prosa en galego da autora, alén dos prólogos dos poemarios Cantares gallegos (1863, anterior a Contos da miña terra) e Follas novas (1880, posterior).

Gallego

Gallego ou Gállego poden referirse a:

Gallego, filme de 1988, dirixido por Manuel Octavio Gómez.

El Correo Gallego (1978-), un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela.

El Ideal Gallego (1917-), un xornal que se edita na Coruña.

El Pueblo Gallego (1924-1979), un xornal que se editou en Vigo.

Banco Gallego, unha entidade financeira de ámbito principalmente galego.

Río Gállego, un río aragonés, afluente do Ebro.

Alto Gállego, unha comarca situada ao norte de Aragón

Almanaque Gallego (1898-1927), unha publicación anual que se editou en Bos Aires.

Partido Gallego Independiente (1977-1978), un partido galego de centro promovido por José Luis Meilán Gil e David Pérez Puga

Almanaque Gallego (1898-1927), unha publicación anual que se editou en Bos Aires.

Folklore Gallego, foi unha sociedade creada en 1881 na cidade da Coruña.

Solidarismo Gallego (1907-1908), un periódico editado na Coruña.

Ideal Gallego (1925-1930), un periódico editado na Habana.

Jesús Couto Fernández

Jesús Couto Fernández, nado en 1864 e finado en Santiago de Compostela o 2 de maio de 1942, foi un tipógrafo e xornalista galego.

José Bouchet

José Bouchet Blanco, nado en Xanza, Valga, o 19 de marzo ou 19 de abril de 1848 ou 1852 (segundo as fontes) e finado en Buenos Aires o 6 de marzo ou 16 de marzo ou 6 de abril de 1919, foi un pintor galego.

José Salgado Rodríguez

José Salgado Rodríguez, nado en Santo André de Cesar (Caldas de Reis) en 1852 e finado na vila de Caldas de Reis o 20 de maio de 1916, foi un avogado, empresario e político galego.

Julio Dávila

Julio Dávila Díaz, nado en Ortigueira o 26 de agosto de 1871 e finado en Madrid o 12 de xuño de 1971, foi un historiador, xeógrafo e escritor galego.

Leopoldo Basa Villadefrancos

Leopoldo Basa Villadefrancos, nado na Coruña o 29 de maio de 1866 e finado en Donostia o 19 de decembro de 1947, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Castro López

Manuel Castro López, nado en Lugo o 22 de xullo de 1860 e finado en Bos Aires o 25 de xuño de 1926, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel de la Peña Cagigao

Manuel de la Peña Cagigao, nado en Ferrol e finado na mesma cidade o 1 de abril de 1865, foi un xornalista galego.

Ramón Salgado Toimil

Ramón Salgado Toimil, nado en Lugo o 11 de novembro de 1883 e finado en Foz o 1 de xullo de 1942, foi un mestre e pedagogo galego.

Salvador José Zapata

Salvador José Zapata, nado en Guísamo (Bergondo) o 24 de decembro de 1781 e finado na Habana o 21 de abril de 1854, foi un farmacéutico galego.

Víctor Castro Rodríguez

Víctor Castro Rodríguez, nado en Negreira o 20 de xaneiro de 1879 e finado en Ferrol en 1942, foi un farmacéutico, xornalista e escritor galego.

Xulio Sigüenza

Xulio Sigüenza Raimúndez, nado na Coruña o 5 de xaneiro de 1898 e finado en Vigo o 15 de abril de 1965, foi un xornalista e escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.