Alma máter

Alma máter[1] é unha locución latina que significa literalmente "nai nutricia" (que alimenta) e que se emprega para referirse metaforicamente a unha universidade, aludindo á súa función provedora de alimento intelectual, xeralmente para referirse ao sitio onde determinada persoa cursa ou cursou os seus estudos universitarios.

A locución era empregada na Antiga Roma para describir á deusa nai e, máis tarde, á Virxe María, pero a orixe do seu uso actual é o lema Alma Mater Studiorum («nai nutricia dos estudos») da universidade máis antiga do mundo occidental en funcionamento ininterrompido: a Universidade de Boloña, fundada en 1088. A locución pasou a moitas linguas modernas co significado de academia no sentido de comunidade científica.

En relación, ha de engadirse que a palabra matriculación, por exemplo, derívase tamén de mater. De aí suxírese que a institución universitaria alimenta de coñecementos e coida dos seus alumnos.

Emprégase tamén para describir a unha persoa que é a forza impulsora dunha institución ou iniciativa. Este uso é impropio e derívase de interpretar «alma» como o substantivo equivalente a «espírito vivificador» (do latín anima), e non como o adxectivo latino (almus, -a, -um) que significa «nutricio» (do verbo alere, alimentar).

Alma Mater, Lorado Taft
Representación alegórica da alma máter nun grupo escultórico na Universidade de Illinois en Urbana-Champaign

Simboloxía

A alma máter é o símbolo principal da Universidade da Habana, representada nunha estatua de bronce ao alto da escalinata da devandita universidade, obra do escultor checo Mario Korbel.

Notas

  1. RAG

Véxase tamén

Ligazóns externas

Carlo Rubbia

Carlo Rubbia, nado o 31 de marzo de 1934 en Gorizia, é un físico de partículas italiano e inventor.

Clemente X, papa

Emilio Altieri, nado en Roma o 13 de xullo de 1590, papa Clemente X (en latín Clemens X, en italiano Clemente X) do 29 de abril de 1670 ao 22 de xullo de 1676. "De fulmine magno" nas profecías de San Malaquías. Intervén na elección do rei de Polonia e obtivo o nomeamento de Jan III Sobieski estimado pola súa profunda fe cristiá e por combater os turcos na batalla de Chaezim. Celebrou o 15º Xubileu de 1675.

Donald Arthur Glaser

Donald Arthur Glaser, nado en Cleveland, Ohio, o 21 de setembro de 1926 e finado o 28 de febreiro de 2013, foi un físico e neurobiólogo norteamericano galardoado no ano 1960 co Premio Nobel de Física.

Edward Mills Purcell

Edward Mijos Purcell, nado en Taylorville o 30 de agosto de 1912 e finado en Cambridge (Massachusetts) o 7 de marzo de 1997, foi un físico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1952.

Erik Axel Karlfeldt

Erik Axel Karlfeldt, nado en Karlbo o 20 de xullo de 1864 e finado en Estocolmo o 8 de abril de 1931, foi un poeta sueco, secretario da Academia Sueca e premio Nobel de Literatura.

Gerd Binnig

Gerd Binnig, nado en Frankfurt am Main en 1947, é un físico alemán que recibiu o Premio Nobel de Física en 1986 canda o seu colega da empresa Heinrich Rohrer por inventaren o microscopio de efecto túnel, que permite ver átomos individuais, obtendo unha imaxe moi precisa da superficie dun material.

Heinrich Rohrer

Heinrich Rohrer, nado en Buchs o 6 de xuño de 1933 e finado en Wollerau o 16 de maio de 2013, foi un físico suízo.

Horst Ludwig Störmer

Horst Ludwig Störmer, nado o 6 de abril de 1949 en Frankfurt, Alemaña, é un físico alemán.

Inocencio XII, papa

Antonio Pignatelli, nado en Spinazzola, preto de Bari (Italia) o 13 de marzo 1615, e finado en Roma o 27 de setembro de 1700, papa baixo o nome de Inocencio XII (en latín Innocentius XII, en italiano Innocenzo XII) — Rastrum in porta nas profecías de San Malaquías.

O seu pontificado contrastou co dos seus predecesores, do feito de que inclinaba para Francia máis ben que para Alemaña. Este papa benevolente , cheo de abnegación e piadoso, morreu o 27 de setembro de 1700 despois de celebrar o mesmo ano o décimo sexto Ano Santo.

Isabel Aguirre

Isabel Aguirre de Úrcola, nada en Vilagarcía de Arousa en 1937, é unha arquitecta e paisaxista galega.

Johannes Georg Bednorz

Johannes Georg Bednorz, nado en Neuenkirchen o 16 de maio de 1950, é un físico alemán.

Martinus J. G. Veltman

Martinus Justinus Godefriedus Veltman, nado o 27 de xuño de 1931 en Waalwijk, é un físico neerlandés.

Mathematics Genealogy Project

Mathematics Genealogy Project (en galego: Proxecto de xenealoxía de matemáticas) é unha base de datos en liña para a xenealoxía académica das matemáticas. Contén dende 2007 información de datas de gradación, alma máter, supervisores doutorais e estudantes doutorais de máis de 100 000 matemáticos.

Melvin Schwartz

Melvin Schwartz, nado en Nova York o 2 de novembro de 1932 e finado en Twin Falls o 28 de agosto de 2006, foi un físico estadounidense.

Otto Stern

Otto Stern, nado en Sohrau o 17 de febreiro de 1888 e finado en Berkeley o 17 de agosto de 1969, foi un Físico alemán, nacionalizado estadounidense.

Pío IV, papa

Giovanni Angelo Medici di Marignano en italiano, nacido en Milán o 31 de marzo de 1499 e finado en Roma o 9 de decembro de 1565, foi papa de 1559 a 1565 baixo o nome de Pío IV (en latín Pius IV, en italiano Pio IV). O seu nome é asociado ao final do concilio de Trento.

Richard E. Taylor

Richard Edward Taylor, nado o 2 de novembro de 1929 en Medicine Hat, Alberta, é un físico americano-canadense.

Steven Chu

Steven Chu, nado o 28 de febreiro de 1948 en St. Louis (Missouri), é un científico estadounidense.

Wilhelm Wien

Wilhelm Wien, nado en Fischhausen, Prusia Oriental, en 1864 e finado en Múnic en 1928, foi un físico alemán, Premio Nobel de Física en 1911.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.